REDESYL BOIRO VOLEIBOL 3-2 FISIOTERAPIA CINESIA NOIA
(25-27, 18-25, 25-17, 25-21, 15-10)-(2ª Div. Autonómica Masculina)
O bloqueo do Redesyl volveu a raiar a alto nivel |
Importantísimo triunfo o acadado polo equipo filial masculino ante os veciños do CV Noia. Malia as numerosas e importantes baixas que padecían os de Adrián Alves, souberon sobrepoñerse e plantexar un partido moi serio que finalizaría cunha traballadísima vitoria. A igualdade reinaba nos primeiros compases do encontro cando o bloqueo boirense faría acto de presencia para intimidar ós atacantes visitantes. Co 23 iguales un punto de bloqueo do central Borja Vilas outorgaba a primeira oportunidade de set para o Redesyl, neutralizada por un remate do ex Boiro Voleibol Marcos Figueira. Un ataque en diagonal por zona 2 do receptor Xavier Sarille volvía a poñer ós nosos en situación de adiantarse no encontro, máis aínda cando caía en campo boirense un penalti que era desaprovaitado polos nosos que vían como tras dous erros os noieses golpeaban primeiro. Esta derrota parcial fixo dubidar, e moito, ó equipo da Cachada. Neste segundo parcial os de Agustín Mourís dominaron con moita claridade o xogo e non dubidaron para colocarse cun 2-0 que semellaba definitivo. Nada máis lonxe da realidade e os ánimos dos nosos mudaron unha situación que se convertía en crítica durante o transcurso do 3º set cando se produxo a lesión do oposto Xian Pérez. Fran Dieste, Xavier Sarille e Lois Vázquez acompañaron a extraordinaria actuación de Andrés Martínez para consumar unha remontada que deixa ós nosos a tiro de pedra dos noieses, líderes desta 2ª División. Polo Redesyl xogaron Daniel V., Xian P., Xavier S., Diego R., Fran D., Borja V. e Felipe R. (líbero). Tamén xogaron Andrés M., Pablo R., Lois V., Juan O. e Félix R.
2 comentarios:
Nn vos olvidar da lesion de Marcos Figueira a principio do 3o set q tamen foi importante.e q en noia habia lesionados como Alex Gonzalez tamen.
Houbo ausencias destacadas por ambolos dous equipos, nun Derbi que tivo duas partes, unha na que dominou o Noia e outra na que dominou Cabo de Cruz, E que o final puido levarse calquera. Bo partido
Publicar un comentario