REDESYL BOIRO VOLEIBOL 3-0 CVP GÓMEZ LOR MULTIÓPTICAS
(25-14, 26-24, 25-22)-(2ª Div. Autonómica Masculina)
Pablo Redondo nas alturas |
O bo estado de forma do equipo filial masculino continúa. Malia as importantes baixas que os castigan, os de Adrián Alves están sacando adiante os partidos desta competición autonómica con solvencia. O do sábado foi un encontro no que os nosos foron de máis a menos. No transcurso do primeiro set viuse a mellor versión do Redesyl. Xavier Sarille e Xian Pérez eran os puñais ofensivos dun equipo atinado en recepción e moi activo en bloqueo-defensa. A partires de aquí o acerto baixou en tódalas facetas do xogo para vivir dous finais de set igualados. Unha vez máis o Redesyl demostrou que é un equipo ó que lle custa marcar o ritmo do xogo e os pontevedreses, equipo con xogadores de moito percorrido nesta categoría, competiron ata o final. Polo JEALSA xogaron: Ismael M., Xian P., Xavier S., Lois V., Borja V., Fran D. e Felipe R. (líbero). Como reservas agardando a súa oportunidade atopábanse Daniel V., Pablo R., Juan O., Félix R. e Diego R.