xoves, 30 de outubro de 2014

O NÁUTICO - CV MEDITERRÁNEO, PARTIDO ESTRELA PARA ESTE SÁBADO 1 DE NOVEMBRO:

LICEO B - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(10:30h, Colexio Liceo La Paz)-(Liga Zonal Infantil Feminina)

LICEO - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(10:30h, Colexio Liceo la Paz)-(Liga Galega Cadete Feminina)

ZALAETA - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(10:30h, P. Zalaeta)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)

SANTA MARÍA DEL MAR - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(12:00h, Santa María del Mar)-(Liga Galega Cadete Masculina)

ZALAETA - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(12:00h, P. Zalaeta)-(2ª División Autonómica Feminina)

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL - CV MEDITERRÁNEO DE CASTELLÓN
(19:00h, A Cachada)-(Superliga 2 Masculina)

mércores, 29 de outubro de 2014

AS RAPAZAS, PROTAGONISTAS NO SEPTETO IDEAL DA PASADA XORNADA:

O pleno de vitorias apreta a entrada no septeto ideal
As competicións autonómicas femininas protagonizaron a fin de semana no entorno do Boiro Voleibol. Tres vitorias en tres encontros deixáronnos boas actuacións individuais e unha dura pugna por facerse cun hoco no equipo ideal da semana, que definitivamente queda deste xeito: colocadora, Laura Martínez: a súa capacidade de xestión do caudal ofensivo do JEALSA foi determinante para que as de Mario Iglesias recuperasen a senda dos triunfos na 2ª Autonómica. Cada intervención súa na liña de saque transformábase en amplas vantaxes no luminoso para as súas. Oposta, Ada Villar: participativa no xogo de ataque do JEALSA cadete feminino foi sen lugar a dúbida unha das razóns pola cal os dous puntos da vitoria non fuxiron rumbo Cambados. Receptora 1, Rebeca González: a de Boiro foi a punta de lanza da nosas nun encontro no que a súa alta efectividade en ataque foi unha das chaves do triunfo. Receptora 2, Alejandra Moledo: segunda inclusión da noiesa no equipo ideal gracias á súa facilidade para puntuar. O sábado non foi unha excepción e a súa aportación ofensiva foi vital para a vitoria do JEALSA sobre o XAV Cambados. Central 1, Alejandra Galbán: non cabe ningunha dúbida de que foi a xogadora franquicia do JEALSA no encontro xuvenil. Mostrouse efectiva en ataque, contundente en bloqueo e especialmente inspirada desde os 9 metros. Central 2, Xiana Rivas: a súa presenza preto da rede catapultaron á nova xogadora do primeiro equipo feminino a formar neste combinado ideal. Líbero, Paula Rial: extraordinaria exhibición defensiva a mostrada por Paula no encontro senior que lle permite por méritos propios ser a mellor líbero do Boiro Voleibol nesta semana.

sábado, 25 de outubro de 2014

PLENO DE VITORIAS PARA AS RAPAZAS DO BOIRO VOLEIBOL:

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-0 X.A.V. CAMBADOS
(25-12, 25-18, 25-12)-(2ª División Autonómica Feminina)

As senior estrean o seu casilleiro de vitorias
Balsámico triunfo o do noso primeiro equipo feminino sobre o XAV Cambados trala derrota sufrida ante o CV Bruxas na primeira xornada da competición autonómica. Foi un encontro controlado de cabo a rabo polas boirenses. O ritmo imposto polo JEALSA no seu complexo defensivo era demasiado para un equipo, o cambadés, que xogaba a rachas. Esta irregularidade visitante enchía de confianza ás branquiazuis que, cunha atinada dirección da colocadora Laura Martínez, conseguía anotarse os sets sen maiores trabas. Destacable a actuación defensiva das de Mario Iglesias, impedindo en todo momento que o balón caese en firme boirense. Polo JEALSA xogaron: Laura M., Mariana D., Rebeca G., Melissa N., Noelia D., Xiana R. e Paula R. (líbero). Tamén xogaron Sara B., Sheila P., Alejandra M., Katy S. e Alejandra G.

mércores, 22 de outubro de 2014

TRES ENCONTROS PARA DISFRUTAR NA CACHADA DESTE SÁBADO 25:

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - C.V. SANTIAGO
(11:00h, A Cachada)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - X.A.V. CAMBADOS
(17:00h, A Cachada)-(Liga Galega Cadete Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - X.A.V. CAMBADOS
(18:30h, A Cachada)-(2ª División Autonómica Feminina)

martes, 21 de outubro de 2014

IVÁN SOUTO, MVP DA PRIMEIRA XORNADA DA SUPERLIGA 2 MASCULINA. ¡PARABÉNS!

Equipo ideal da primeira xornada da SM-2
A RFEVB acaba de anunciar que o colocador do Náutico, Iván Souto, é o MVP da primeira xornada de liga na categoría de prata do volei español. Os seus 8 puntos (5 ataques, 2 bloqueos e 1 ace) e o 41% de efecitividade que repartiu entre os seus atacantes son motivos máis que suficientes para outorgar este galardón a Iván por segunda vez na súa carreira. Tamén nos alegramos de informar a inclusión de Gabriel Del Carmen no septeto ideal gracias ós 25 tantos que conseguíu o pasado sábado na Cachada. Aquí non remata a cousa xa que Emilio P. aparece entre os mellores sacadores gracias ós 2 puntos directos que conseguíu; Cristóbal Á. aparece como 3º mellor receptor gracias ó seu 78% de eficacia e o líbero Adrián A. como 3º mellor líbero cun 73% de acerto dunha xornada que deixa a Gabriel Del Carmen como o máximo anotador da categoría. Consulta os tops da xornada neste enlace. ¡A seguir traballando!

A VITORIA DO NÁUTICO CATAPULTA A 3 DOS SEUS XOGADORES Ó #7IDEALBOIROVOLEIBOL:

O Náutico, protagonista no 7 ideal desta xornada
O triunfo do Náutico sobre o CV Melilla na primeira xornada da SM-2 centra tódalas miradas do fin de semana e inclúe a 3 dos protagonistas do choque entre os destacados da fin de semana no Boiro Voleibol. Colocador, Iván Souto: a súa mestría na dirección elevou a un 41% a efectividade dos seus atacantes. 2 puntos de bloqueo, 1 ace e 5 puntos de ataque para un total de 8 son motivos máis que suficientes para formar entre os mellores da xornada. Oposto, Xian Pérez: a súa actuación ofensiva no Municipal de San Sadurniño foi uha das chaves que abriron a porta da vitoria do JEALSA xuvenil Masculino ante o Aldebarán. Receptor 1, Gabriel Del Carmen: os seus 25 puntos ante o CV Melilla (58% de efectividade en ataque) son o aval que presenta o 7 do Náutico para militar no equipo ideal da fin de semana. 2 bloqueos e 2 puntos directos de saque acompañan ós 21 de ataque para elevar os seus a números de MVP da xornada. Receptora 2, Melissa Novoa: a súa aportación axudou a que as xuvenís regresaran de Monforte cos 2 puntos da vitoria debaixo do brazo. Segura en recepción, activa en defensa e efectiva en ataque Melissa acompaña a Gabriel no posto de punta receptor esta semana. Central 1, Emilio Palacio: malia non saír de inicio Emilio convertíuse no máximo bloqueador do Náutico na tarde do sábado (3). A súa intervención en momentos decisivos do encontro decantou a balanza sempre en favor dos boirenses e un ataque seu por zona 3 hacia un ángulo imposible servía para anular o único balón de partido do que disfrutaron os melillenses. O encontro rematou con 2 saques seus que complicaban tremendamente a recepción visitante e deixaban a vitoria na Cachada. Central 2, Christopher Rodríguez: por segunda semana consecutiva a súa actuación na LGCM mete ó cadete boirense entre os destacados. A conexión Rubén-Christopher funcionou á perfección en San Sadurniño e a segunda vitoria dos cadetes veuse para Boiro. Líbero, Irea Triñanes: gran actuación en recepción e defensiva a da líbero cadete a pesar da derrota no PM A pinguela.

sábado, 18 de outubro de 2014

O NÁUTICO GOLPEA PRIMEIRO NA SM-2, RESULTADOS DA XORNADA:

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL 3-2 CV MELILLA
(26-24, 23-25, 21-25, 26-24, 16-14)-(Superliga 2 Masculina)

Gaby (25 puntos), máximo artilleiro da SM-2 trala primeira xornada
Na tarde do sábado o polideportivo da Cachada vestía as súas mellores galas para subir o telón desta Superliga 2 Masculina 2014-15. Máis de 400 espectadores vían como os homes que prepara Emilio Palacio se facían cunha traballada vitoria sobre un reforzadísimo rival como é o CV Melilla. O encontro chegaba ó primeiro tempo técnico cunha vantaxe visitante de 5 puntos (3-8) froito dunha recepción deficiente por parte do Náutico que vía como o servicio do central Morabet Abdeselam abría por primeira vez fenda no luminoso. Tralo parón os boirenses reaccionaron e conseguiron igualar o set máis alá do seu ecuador. Chegado este momento o receptor vigués Gabriel Del Carmen erixíuse na auténtica figura dun encontro que o converte no máximo artilleiro da competición despois desta primeira xornada (25 puntos). A súa aportación ofensiva foi clave para colocar ós boirenses por diante nun set que se pechaba cun remate fóra de límites do oposto visitante Ramsés Ballesteros. Lonxe de virse abaixo os melillenses reaccionaron. A mestría na dirección por parte do colocador internacional Cosme Prenafeta atopaba unha e outra vez os ataques centrais dun atinadísimo Morabet Abdeselam que remataría o encontro con 22 dianas e permitiría a igualada dos seus. O terceiro foi un set de alternativas. Os nosos chegaban ó segundo tempo técnico en vantaxe (16-13) pero os erros non forzados sumados ó acerto ofensivo do central Joaquín Lizana volteaban un encontro no que agora o CV Melilla dominaba por 1-2. A faena complicábaselle ós branquiazuis e a figura do receptor arxentino do CV Melilla Leo Porolli emerxía a base de block-outs para levar a igualdade ó tramo decisivo da 4ª manga (24-24). Foi neste intre cando o hombro dereito de Gabriel Del Carmen enviaba ó firme da Cachada un remate por zona 4 e un ace que levaba a ledicia ás bancadas e o choque a un vibrante tie-break. No 5º os nosos, empuxados polos ánimos dos siareiros, comezaban mandando no set con autoridade (8-3 ó cambio de campo). De novo a pantasma dos erros non forzados regresaba para igualar o parcial chegada a decea de puntos. Tralo 11-11 un bloqueo directo e un remate de Leo Porolli colocaban un 11-13 que semellaba definitivo. O Náutico, demostrando unha vez máis o seu instinto de supervivencia, repúxose. Emilio Palacio conseguía nun intrépido rally un bloqueo vital que colocaba o 12-13 e cambiaba o rumbo do choque. Na seguinte acción o bloqueo-defensa local volveu a carburar e colocaba a igualada gracias a un remate fintado de Gaby en contraataque que pasaba entre a antena e as mans do bloqueo melillense como un fío por unha agulla. Na seguinte acción un novo mans-fóra de Leo Porolli por zona 4 outorgaba un balón de partido para os seus que de inmediato neutralizaba o Náutico grazas a un ángulo imposible hacia zona 5 por parte de Emilio Palacio. O propio Emilio dirixíase á liña de saque onde na súa intervención foi vital para que nas dúas últimas accións do encontro o mellor xogador dos visitantes na tarde do sábado se chocase primeiro coas mans de Mario Iglesias e despois coa rede deixando deste xeito a vitoria en Boiro. Preme aquí para consulta tódolos resultados da xornada e aquí para ver a estadística do choque. Formación do Náutico: Iván S., Narciso A., Cristóbal Á., Gabriel Del Carmen, Mario I., Jesús V. e Adrián A. (líbero). Tamén xogaron Ismael M., Emilio P., Germán R., Gustavo R. e Miguel V.

mércores, 15 de outubro de 2014

HORARIOS DO SÁBADO 18, CANDO A SUPERLIGA 2 REGRESA Á CACHADA:

TOMYMOBILE SAN SADURNIÑO - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(10:00h, PM San Sadurniño)-(Liga Galega Cadete Masculina)

CV RIBEIRA SACRA - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(10:30h, PM A Pinguela)-(Liga Galega Cadete Feminina)

CV RIBEIRA SACRA - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(12:00h, PM A Pinguela)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)

ALDEBARÁN SAN SADURNIÑO - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(12:00h, PM San Sadurniño)-(Liga Galega Xuvenil Masculina)

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL - CV MELILLA
(19:00h, A Cachada)-(Superliga 2 Masculina)

martes, 14 de outubro de 2014

EQUIPO IDEAL DO BOIRO VOLEIBOL TRALA PRIMEIRA XORNADA DAS LIGAS GALEGAS:

Primeiro equipo ideal da 2014-15
A primeira fin de semana ligueira deixounos as seguintes actuacións destacadas d@s nos@s: Colocador, Rubén Martínez: a súa labor de dirección no colexio Valle Inclán foi vital para a vitoria dos nosos cadetes sobre As Mariñas de Oleiros. Rubén foi tamén un seguro de vida para o JEALSA na liña de saque, desde onde conseguiu un bo puñado de puntos par os seus. Oposto, Alexis Sanlés: gran debut en liga galega o de Alexis e por extensión de todo o equipo infantil. Destacado en labores de defensa e saque, facetas onde axudou a que o JEALSA estivera a piques de anotarse o seu primeiro set como equipo. Receptora 1, Alejandra Moledo: gran actuación ofensiva a da noiesa na vitoria das xuvenís ante o IES de Ames. O seu servicio en potencia castigou constantemente a liña de recepción das amienses. Receptor 2, Sergio Castaño: foi a punta de lanza en ataque dos infantís en Oleiros. A súa actuación en recepción e saque foi sobresaínte no debut dos máis pequenos en terras coruñesas. Central 1, Lois Vázquez: malia xogarse tan só set e medio no PM de Bertamiráns a actuación do pequeno dos irmáns Vázquez foi merecedora de formar no equipo ideal da xornada. O seu ataque foi unha das principais armas que esgrimía o seu colocador para danar o entramado defensivo do IES de Ames. Central 2, Christopher Rodríguez: seguro en recepción e atinado en saque. Esas son as credenciais que presenta o central do JEALSA cadete masculino para ser un dos destacados da xornada no Boiro Voleibol. Líbero, Sheila Outeiral: por todos é coñecido a calidade de Sheila nesta posición e o pasado sábado quedou patente unha vez máis. Segura en recepción e disciplinada en defensa axudou na vitoria das xuvenís por 0-3.

domingo, 12 de outubro de 2014

RESULTADOS NO DEBUT DOS NOSOS EQUIPOS NAS LIGAS GALEGAS 2014-15:

AS MARIÑAS OLEIROS 0-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(21-25, 13-25, 16-25)-(Liga Galega Cadete Masculina)

Primeiros dous puntos para o JEALSA cadete masculino
Vitoria en tres sets do noso equipo cadete masculino na súa visita a un reforzado equipo de As Mariñas. O choque comezaba frío, con indecisións en ambos bandos. Pasada a metade de set foi o servicio do pequeno dos Martínez o que golpearía con forza na liña de recepción local para poñer en vantaxe ós nosos e pechar cunha renda cómoda o primeiro set. A partires de aquí o JEALSA atopouse máis cómodo na cancha do colexio Valle Inclán. Malia que en ataque non se mantivo unha eficacia tan sobresaínte coma en outras ocasións o ritmo de xogo marcado polos boirenses foi demasiado para os coruñeses e os dous puntos da vitoria puxeron como destino A Cachada. A vindeira semana visita ó sempre complicadísimo Municipal de San Sadurniño, a preparalo a conciencia. Polo JEALSA xogaron: Rubén M., Daniel O., Pablo N., Darío O., Gabriel S., Christopher R. e Borja S. (líbero). Como reservas estiveron Álvaro P., Manuel T., Pablo D. e Álex V.

mércores, 8 de outubro de 2014

O COMEZO DAS LIGAS GALEGAS PROTAGONIZAN ESTA XORNADA DE SÁBADO:

AS MARIÑAS OLEIROS - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(10:00h, Valle Inclán)-(Liga Galega Infantil Masculina)

AS MARIÑAS OLEIROS - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(11:30h, Valle Inclán)-(Liga Galega Cadete Masculina)

IES DE AMES - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(16:00h, PM Bertamiráns)-(Liga Galega Cadete Feminina)

IES DE AMES - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(16:00h, PM Bertamiráns)-(Liga Galega Xuvenil Masculina)

IES DE AMES - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(18:00h, PM Bertamiráns)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)

CV BRUXAS - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(20:00h, PM Bertamiráns)-(2ª División Autonómica Feminina)

luns, 6 de outubro de 2014

DESANLACES DA COPA PROMESAS, FEDERACIÓN E GALICIA:

O bloqueo dalle as dúas vitorias ós nosos en Noia
A pasada fin de semana deixounos o desenlace dos primeiros torneos oficiais para os nosos equipos nesta nova 2014-15. A colleita pódese catalogar de positiva xa que tres dos nosos equipos remataron subcampións (Copa Promesas Masculina, Copa Federación Masculina e Copa Galicia Masculina) e un deles colgouse a medalla de bronce (Copa Promesas Feminina). Os cadetes, na súa visita a Ferrolterra, gañaban por 3-0 a Narón Volea (25-10, 25-12, 25-13) e perecían por 0-3 ante o EMEVE (25-18, 25-21, 25-20) nunha mañá na que os de Adrián Alves estiveron lonxe de mostrar a súa mellor versión. Ó mesmo tempo as cadetes que dirixe Emilio Palacio disputaban a Copa Promesas Feminina no Polideportivo Municipal da Pinguela. A mañá saldouse con dúas derrotas para as boirenses. Primeiro caían por 3-0 ante EMEVE (25-12, 25-17, 25-9) e a continuación por 2-1 ante CV Ribeira Sacra (19-25, 25-19, 25-18) nun encontro que deixou moi boas sensacións para as nosas. A tarde do sábado trasladaba tódalas miradas ó Alonso Rodríguez noiés onde se disputou a xornada final da Copa Federación Masculina. Os nosos desfixéronse en primeiro lugar do que a posteriori se alzaría co triunfo, o Fisioterapia Cinesia Noia por 1-2 (20-25, 20-25, 25-19) nun choque dominado polos boirenses dende o comezo. A continuación repetiríase triunfo sobre EMEVE (12-25, 24-26, 25-21) gracias a unha espectacular actuación dos nosos en bloqueo. Para a mañá de domingo quedaba o prato forte. O Náutico non cumpliu coas expectativas na xornada decisiva da Copa Galicia Masculina e perdeu nun encontro para esquecer ante o Intasa San Sadurniño por 3-0 (25-19, 25-23, 25-21) na súa estrea matutina. Minutos despois afrontarían o seu encontro ante EMEVE con outra actitude e rozaron o título nunha disputa que remataría cun 2-1 para os locais grazas á aportación dos seus homes máis destacados (Marlon Palharini e Juan Díaz-Romeral).

mércores, 1 de outubro de 2014

NARÓN, MONFORTE, LUGO E NOIA DESTINOS NA DERRADEIRA XORNADA DE COPA GALICIA:

SÁBADO 4:

NARÓN VOLEA - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(11:30h, PM A Gándara de Narón)-(Copa Promesas Masculina 2014)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - EMEVÉ
(11:30h, PM A Pinguela de Monforte)-(Copa Promesas Feminina 2014)

EMEVÉ - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(13:00h, PM A Gándara de Narón)-(Copa Promesas Masculina 2014)

CV RIBEIRA SACRA - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(13:00h, PM A Pinguela de Monforte)-(Copa Promesas Feminina 2014)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - FISIOTERAPIA CINESIA NOIA
(16:00h, Alonso Rodríguez de Noia)-(Copa Federación Masculina 2014)

EMEVÉ - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(17:30h, Alonso Rodríguez de Noia)-(Copa Federación Masculina 2014)

DOMINGO 5:

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL - INTASA SAN SADURNIÑO
(10:00h, P. Municipal de Lugo)-(Copa Galicia 2014)

EMEVÉ - NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(11:15h, P. Municipal de Lugo)-(Copa Galicia 2014)