mércores, 29 de outubro de 2014

AS RAPAZAS, PROTAGONISTAS NO SEPTETO IDEAL DA PASADA XORNADA:

O pleno de vitorias apreta a entrada no septeto ideal
As competicións autonómicas femininas protagonizaron a fin de semana no entorno do Boiro Voleibol. Tres vitorias en tres encontros deixáronnos boas actuacións individuais e unha dura pugna por facerse cun hoco no equipo ideal da semana, que definitivamente queda deste xeito: colocadora, Laura Martínez: a súa capacidade de xestión do caudal ofensivo do JEALSA foi determinante para que as de Mario Iglesias recuperasen a senda dos triunfos na 2ª Autonómica. Cada intervención súa na liña de saque transformábase en amplas vantaxes no luminoso para as súas. Oposta, Ada Villar: participativa no xogo de ataque do JEALSA cadete feminino foi sen lugar a dúbida unha das razóns pola cal os dous puntos da vitoria non fuxiron rumbo Cambados. Receptora 1, Rebeca González: a de Boiro foi a punta de lanza da nosas nun encontro no que a súa alta efectividade en ataque foi unha das chaves do triunfo. Receptora 2, Alejandra Moledo: segunda inclusión da noiesa no equipo ideal gracias á súa facilidade para puntuar. O sábado non foi unha excepción e a súa aportación ofensiva foi vital para a vitoria do JEALSA sobre o XAV Cambados. Central 1, Alejandra Galbán: non cabe ningunha dúbida de que foi a xogadora franquicia do JEALSA no encontro xuvenil. Mostrouse efectiva en ataque, contundente en bloqueo e especialmente inspirada desde os 9 metros. Central 2, Xiana Rivas: a súa presenza preto da rede catapultaron á nova xogadora do primeiro equipo feminino a formar neste combinado ideal. Líbero, Paula Rial: extraordinaria exhibición defensiva a mostrada por Paula no encontro senior que lle permite por méritos propios ser a mellor líbero do Boiro Voleibol nesta semana.

Ningún comentario: