luns, 25 de marzo de 2013

12 DOS NOSOS NAS CONCENTRACIÓNS DA SELECCIÓN GALEGA:

Isma, Ana e dez boirenses máis coa selección galega
O traballo das seleccións galegas de categorías inferiores bota a andar esta semana santa. Os seleccionadores autonómicos vivirán a súa primeira toma de contacto estes 25, 26 e 27 de marzo cos xogadores e xogadoras que nos representarán nos campionatos estatales. Por parte boirense a representación será numerosa, premiando así o traballo dos preparadores do noso club coa base: Ismael Martínez e Lois Vázquez (cadete masculino) exercitaranse este luns 25 no polideportivo Paco Paz da cidade das burgas. Rubén Martínez, Darío Outeiral, Pablo Nieto, Christopher Rodríguez, Daniel Olveira, Álvaro Pérez e Gabriel Seijas (infantil masculino) concentraránse o martes 26 en Noia. Ana Bugallo (cadete feminino) viaxará o mércores 27 ata o Paco Paz (Ourense) ó igual que Emma Ordóñez e Lea Gatbache (infantil feminino) que, pola súa banda, terán que desplazarse a Noia. Estupenda oportunidade para seguir aprendendo rapaces, aproveitádea ó máximo.

sábado, 23 de marzo de 2013

A FASE DE ASCENSO A SUPERLIGA 2 NON SERÁ NA CACHADA:

Os tricampións buscarán o ascenso deportivo en Tarragona
O Club Voleibol Sant Pere I Sant Pau de Tarragona albergará do vindeiro 3 ó 5 de maio a fase de ascenso a Superliga 2 que concentrará ós seis mellores equipos da 1ª División Nacional. Voley Playa Madrid, CD Universidade de Granada, Tarragona 2017 SPSP, IGS Energías Renovables Cieza (Murcia), Universidade de Valladolid e Náutico Boiro Voleibol pelexarán esa fin de semana, salvo renuncia dalgún deles, por lograr o ascenso á categoría de prata do voleibol español. A nova, coñecida na tarde do venres, significou un duro revés para a xunta directiva do Boiro Voleibol quen, cargados de ilusión, profesionalidade e  enxeño deseñaron un ambicioso e a vez realista proxecto que nos permitiría disfrutar con total seguridade do mellor play-off  de ascenso das últimas tempadas. Seis semanas nos separan do evento, seis semanas de duro traballo que os nosos rapaces aproveitarán para honrar o lema do club que di que "caer está permitido pero levantarse é obrigatorio". Moito ánimo rapaces, ¡a polo ascenso!

domingo, 17 de marzo de 2013

TAN SÓ OS INFANTÍS RESISTEN A ESTA DURA DERRADEIRA XORNADA:

REYCA BOIRO VOLEIBOL 3-2 CALASANCIAS CORUÑA
(Agardando parciais)-(Liga galega infantil masculina)

Os pequenos fixeron vibrar ó público da Cachada
Traballada vitoria no tie-break do equipo infantil masculino que dirixe Adrián Alves ante os coruñeses do Calasancias. O nerviosismo apoderábase dos nosos nos compases iniciais do choque, elemento que xogaba claramente na contra do equipo e permitía ós herculinos tomar a dianteira no partido grazas a un servicio demoledor. Pasados os puntos e pasados os minutos o Reyca asentouse na cancha. A entrada de Pablo Nieto no posto de receptor sentoulle ó equipo como un soplo de aire fresco e a maquinaria branquiazul comezou a traballar de verdade. A boa recepción permitía ó pequeno da saga dos Martínez (Rubi) construir o xogo con comodidade e moito criterio. Deste xeito os atacantes boirenses puideron atopar a maneira de danar a defensa visitante tendo como principais estiletes ofensivos ó central Christopher Rodríguez e ó receptor Darío Outeiral. Con 2-1 no tanteador xeral e cunha ampla vantaxe no 4º set o equipo sufriu un tremendo baixón. O Calasancias aproveitou a oportunidade brindada polos nosos e levaron o encontro ó tie-break. No descanso entre sets a conxura era clara: "este partido non se nos escapa". Mostrando unha defensa en segunda liña extraordinaria e unha eficacia en contraataque non menos boa conseguían os nosos abrir unha fenda no luminoso que xa sería definitiva. Tras este triunfo tan só dous son os equipos desta liga galega (EMEVE (1º) e Manuela Rial Mouzo (2º)) os que se lle resistiron esta tempada ós máis pequenos da sección masculina do Boiro Voleibol. Hai futuro. Polo Reyca formaban: Rubén M., Álex V., Darío O., Daniel O., Christopher R. e Gabriel S. Tamén xogaron Pablo N., Manuel T. e Adrián F.

mércores, 13 de marzo de 2013

AS LIGAS GALEGAS BAIXAN O TELÓN ESTE SÁBADO NA CACHADA:

REYCA BOIRO VOLEIBOL - CALASANCIAS CORUÑA
(10:00h, A Cachada)-(Liga galega infantil masculina)

INGENIERÍA TRAZOS BOIRO VOLEIBOL - CALASANCIAS CORUÑA
(10:00h, A Cachada)-(Liga galega cadete feminina)

NAVALES CHICOLINO BOIRO VOLEIBOL - CALASANCIAS CORUÑA
(12:00h, A Cachada)-(Liga galega infantil feminina)

O SECRETO BOIRO VOLEIBOL - CALASANCIAS CORUÑA
(12:00h, A Cachada)-(Liga galega xuvenil feminina)

REDESYL BOIRO VOLEIBOL - NARÓN VOLEA
(18:00h, A Cachada)-(2ª Div. Autonómica masculina)

domingo, 10 de marzo de 2013

XORNADA: O NÁUTICO ALCANZA O ANSIADO TRICAMPIONATO NO PAÍS VASCO

VOLEIBOL BERA BERA 0-3 NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(13-25, 20-25, 19-25)-(1ª Div. Nacional masculina)

¡O Náutico fai historia e consegue o triplete!
Chegou o día que todos agardabamos e, finalmente, o Náutico Boiro Voleibol proclamouse no polideportivo Pío Baroja de San Sebastián campión por terceiro ano consecutivo desta 1ª División do voleibol español. Os homes dirixidos polo mítico central ex-internacional absoluto José Luis Moltó pouco puideron facer ante un Náutico que chegaba a terras vascas con moito en xogo e coa intención de voltar a Galicia co título ligueiro baixo o brazo. O encontro comezaba igualado nos seus primeiros compases. Os nosos mostrábanse lixeiramente tensionados pero de contado a presión co servicio facilitaba que o bloqueo-defensa comezase a marcar as diferencias. Iván Souto torpedeaba dende a liña dos 9 metros as opcións de vitoria locais na primeira manga. No segundo xogo o nivel xeral do partido foi inferior. Os boirenses non conseguían xogar coa intensidade que acostuman e os locais aproveitábanse para seguir a estela dos branquiazuis no luminosos nun pouco vistoso set. No desenlace do mesmo de novo o servicio barbanzano marcaba as diferencias e poñía terra de por medio nun tanteador que semellaba definitivo para ledicia dos nosos. Mario Iglesias era agora o verdugo dos vascos. No terceiro e derradeiro persistían as sensacións do parcial anterior. Ritmo lento e xogo pouco vistoso foron os ingredientes dun set que coroaba por terceira tempada consecutiva ós rapaces de Emilio Palacio e poñía o nome de Boiro no panorama do volei nacional. Polo Náutico xogaron: Iván S., Emilio P., Cristóbal A., Gustavo R., Jesús V., Mario I. e Adrián A. (líbero). Como reservas estaban Rubén T., Miguel V., Xavier S e Manuel P.

venres, 8 de marzo de 2013

HORARIOS: O NÁUTICO VIAXA Ó PAÍS VASCO A POLO SEU 3º TÍTULO DE LIGA

SÁBADO 9:

EMEVE - NAVALES CHICOLINO BOIRO VOLEIBOL
(10:30h, Casa do deporte)-(Liga galega infantil feminina)

EMEVE - REYCA BOIRO VOLEIBOL
(10:30h, Casa do deporte)-(Liga galega infantil masculina)

EMEVE - O SECRETO BOIRO VOLEIBOL
(10:30h, Casa do deporte)-(Liga galega xuvenil feminina)

EMEVE - INGENIERÍA TRAZOS BOIRO VOLEIBOL
(12:00h, Casa do deporte)-(Liga galega cadete feminina)

EMEVE B - REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(12:00h, Casa do deporte)-(2ª Div. Autonómica masculina)

VOLEIBOL BERA BERA (San Sebastián) - NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(16:00h, Pol. Pío Baroja)-(1ª Div. Nacional masculina)

EMEVE - TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL
(Horario por determinar)-(Liga galega xuvenil masculina)

domingo, 3 de marzo de 2013

ADVERSIDADE NOS RESULTADOS DA XORNADA. ¡A SEGUIR CO DURO TRABALLO!

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL 3-0 UNIVERSIDADE DE BURGOS
(25-20, 25-16, 25-19)-(1ª Div. Nacional masculina)

O Náutico escalou a muralla do UBu e superou outra "final"
Importantísimo paso adiante o que deron os homes que dirixe Emilio Palacio na súa carreira por lograr o terceiro título de 1ª Div. Nacional de xeito consecutivo. Presentábase no polideportivo da Cachada un sempre perigoso equipo burgalés tendo como mellor arma un altísimo bloqueo. O choque comezaba un tanto frío. Os visitantes tentaban por tódolos medios complicar a recepción boirense coñecedores de que moitas das súas opcións de vitoria pasaban por quebrar a construcción blanquiazul e intimidar en bloqueo ós atacantes do Náutico. Os nosos resistiron á perfección e o colocador Iván Souto atopou o xeito de adentrarse na muralla visitante gracias a unha boa recepción. Deste xeito chegaban os nosos a primeira vitoria parcial, factor clave para tranquilizar os posibles nervios dun encontro con tantas cousas en xogo. O segundo set comezaba polos mesmos derroteiros. Ó tremendo acerto dos locais na sua recepción+ataque sumábase agora o aporte en bloqueo. Mario Iglesias, Jesús Vázquez, Emilio Palacio e Iván Souto fortificaron o poboado boirense para defenderse dos altos atacantes do UBu e poñer terra de por medio nun partido que agora tiña un claro dominador, o Náutico. Coa tranquilidade de ter gran parte da colleita a salvo afrontaban os nosos este terceiro xogo. O preparador local aproveitaba a ocasión para rotar ós seus xogadores e ofrecerlles minutos ós máis novos da escadra. Éstes non rexeitaron a oportunidade e cumpliron á perfección co seu cometido levando ó seu equipo a un triunfo que definitivamente demostra que a popular "maldición da charanga" non é tal. O Náutico formaba con: Iván S., Emilio P., Cristóbal Á., Gustavo R., Jesús V., Mario I. e Adrián A. (líbero). Tamén xogaron Rubén T., Miguel V., Antón P., Manuel P. e Xavier S.