Xa está aquí o novo patrocinador do primeiro equipo masculino do Boiro Voleibol, recente campión da 1ª división do voleibol nacional. Trátase do Club Náutico de Boiro que coincidindo coa súa apertura e presentación ó público participa co noso ambicioso proxecto de seguir medrando como equipo e, por suposto, como entidade. Con este acordo, a xunta directiva do noso club mostrase enormemente agradecida e satisfeita xa que supón un apoio serio e comprometido que esperamos prolongar máis alá desta temporada 2011-2012. Desta maneira o nome do equipo será Náutico Boiro Voleibol e a publicidade aparecerá no noso sitio web así como nas prendas de xogo e nas pancartas a pé de pista cando os nosos equipos actúen como locais. Moitas gracias por colaborar co voleibol boirense.
martes, 30 de agosto de 2011
luns, 29 de agosto de 2011
FIN DAS ED 2011 DE VOLEI PRAIA
Na mañá de hoxe tivo lugar a última sesión no areal de Barraña das escolas deportivas de volei praia xestionadas polo Boiro Voleibol. Deste xeito báixase o telón a un exitoso verán en canto a afluencia de novas promesas do voleibol da nosa vila. Agardamos con impaciencia o comezo dunha nova edición con maior repercusión, si cabe. Moitas gracias a tódolos participantes por facer que a familia siga medrando, ata o ano que vén.
¡Ata o ano que vén! |
martes, 23 de agosto de 2011
Xente do Boiro Voleibol, A. Armental "Naranxo":
Adrián Armental: “O Redesyl somos moito de emocións, estando ben, podemos gañar a calquera equipo da Liga”
Adrián Armental |
-(Charo) O teu paso polo volei divídese en dúas etapas.
-(Adrián) Sí, a primeira empezaría con 17 anos ou así.
-Como empezaches?
-Pola praia.
-Que raro...
-(risas) Si, case todo dios empeza pola praia porque hai colegueo. En pista hai máis rivalidade: por exemplo, eu hoxe xogo contra calquera chaval de Ourense, e cando está enfrente, o teu equipo vai contra o del. E vas alá, xogas e veste; non hai máis trato. Pero na praia non; valo ver, vas charlar, tomar algo...
-Porque deixaches a primeira vez?
-Acumulouseme un pouco todo, estou traballando, na banda, na charanga... E de feito non era para volver, pero o proxecto nestes últimos anos está a ser moi bo, antes non había a seriedade que hai hoxe en día. Lévase un par de anos con un traballo moi bo. E iso tamén me atraiu para volver. Iso motiva para facer as cousas ben e que veña máis xente.
-Hai orgullo Redesyl ou aspirades a xogar no Hipescar?
-Sempre se aspira a máis. Sempre. Pero para aspirar hai que gañar primeiro con isto. Despois xa se verá; os mellores irán para arriba e os demais quedarán en baixo, traballando.
-Que pasou este ano, que todo o mundo apostaba por vós, e ao final non se chegou aos resultados esperados?
-Faltábanos cohesión como conxunto. Individualmente penso que somos bastante bos dentro do nivel de segunda. No que fallamos foi en compactar o grupo. Tamén somos moito de emocións, cando estamos ben, estamos moi ben e podemos gañar a calquera equipo da liga, pero aos cinco minutos estamos fatal, e xa nada.
-E que tal vos levades entre vós? Non é problema de que haxa piques?
-Non, non, ese non é o problema. Nós levámonos moi ben. Eu lévome particularmente ben, por exemplo con Diego Romero, xogando e fóra do volei. E con Diego Alcalde, tamén. Levámonos moi ben todos.
-E cos equipos contrarios?
-Aí si que se intenta picar para baixar a moral ao contrario. Eu polo menos. Cando lle fas unha acción boa, sempre te lle encaras un pouco, en plan, “toma, aí che vai”. O que máis e o que menos intenta facer ruído cada vez que hai algo bo.
-Tes algún xogador referencial?
-Chicho é un xefe. Daslle unha pelota na man e é unha pasada. Ademais agora está con chavalitos pequenos na praia e é moi bo. Trae todo moi ben preparado e máis fala ben. Eu espero que acabe adestrando algún equipo.
Iago tamén é un crack, agora está lesionado, pero hai que telo presente.A primeira vez que me levou a adestrar ese tipo botei na cama tronzado dous días. É un fenómeno, e tense desvivivo por isto.
“A primeira vez que Iago me levou adestrar, botei na cama tronzado dous días”
-Tes feito máis deportes, a parte do volei?
-Si, estiven uns meses en boxeo. É totalmente distinto, pero si que é importante, en ambos os dous, ter os brazos longos. Tamén en que son dous deportes que os ves e non che atraen moito, pero xógalos e é unha pasada.
-Notaches diferenza entre un deporte individual ou en equipo, a forza do grupo?
-Si, pero realmente iso foi o que faltou no equipo, e o que habería que mellorar. Cando un estaba ben estabamos todos, pero cando estabamos mal tamén estabamos todos, e hai que intentar ir cara a meta de estar sempre ben no campo, tirar uns polos outros. A verdade é que é complicado, xa se traballou, e inténtase mellorar, pero non se sabe ben como.
-Daquela, como ides enfrentar a temporada que vén?
-O mellor que se poida desde logo. Oxalá saia ben, oxalá. A ver, por agora aínda tampouco está moi claro o equipo que vai ser, hai que escoller o equipo, ver quen queda, quen non...
-Que é o que máis valoras do club?
-O club ten algo especial, o trato, o bo rollo. Mira, Emilio, que xogou en equipos grandes, cando chegou aquí xa dixo que isto era especial, hai algo na xente que che obriga a quedar aquí e pasalo ben. Xa poderás gañar ou perder, pero bótanse moitas risas, pásase moi ben. Inténtase gañar, pero disfrútase sempre.
“Xa poderás gañar ou perder, pero bótanse moitas risas”
-E do seguemento da afección, que opinas?
-En Primeira é moi bo, axudou moito xogar aquí todos os partidos na casa, porque antes xogábase en Ribeira, e iso estaba máis apartado, aparte ás aforas de Ribeira. Os equipos xa están sempre na grada. Agora, deberíase atraer xente que non sexa de volei, e neste sentido este ano foi o récord, houbo bantante apoio.
-Será por non ser un deporte maioritario?
-Aquí non, pero o volei é o deporte que máis fichas ten no mundo. Por exemplo, en Sudamérica hai moitísimos equipos. En Polonia é o deporte estrela. En Italia: fútbol, motos, coches e tamén o volei; os estadios énchense. Aquí non nos damos conta tanto porque estamos con fútbol, fútbol, fútbol. E os cartos van todos para o futbol.
-Segues as ligas superiores?
-Eu non moito, de vez en cando miras un partido de superliga, algún video... Pero non é como no futbol, non hai esa febre de mirar tres partidos seguidos. Deberíase seguir máis. E que con iso tamén hai unha mentalidade bastante chunga, a xente pensa que é aburrido. Pero unha vez que o probas, sabes o que é. A min gústame o deporte, vexo bolei, vexo baloncesto, tenis... De feito hoxe en día penso que o canal que máis miro é teledeporte.
Charo López
luns, 22 de agosto de 2011
VITORIA BOIRENSE EN CABÍO NO CBVP 2011:
As boirenses María Triñanes e Rebeca González acadaron o 1º posto na última proba desta XI edición do CBVP celebrada na vila de Pobra do Caramiñal. Ante multitude de afeccionados conseguiron este meritorio triunfo tendo por rivais á parella favorita do Volei praia Vigo Luci Paz e Kinga Maculewicz. Parabéns para as nosas rapazas.
As rapazas "Supersandwich" en acción |
xoves, 11 de agosto de 2011
PABLO BUGALLO ACADA UN 7º POSTO MUNDIAL:
¡Parabéns rapaces! |
sábado, 6 de agosto de 2011
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)