XORNADAS DE DEPORTE ESCOLAR
(Benxamíns, alevíns e infantís)
Ata Noia se desplazaron na mañá do sábado os rapaces e rapazas do Boiro Voleibol para competir nesta concentración do deporte en idade escolar. Un bo número de cativos boirenses competiron contra outras escolas deportivas como as de Cee, Noia, Rianxo ou Padrón. Foi unha boa mañá de voleibol para todos na que se apreciou unha vez máis o bo traballo que están a facer o técnicos do Boiro Voleibol cos máis pequenos, demostrando que o futuro do clube está en boas mans.
EMEVE LAB. NUPEL B 2-3 REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(Benxamíns, alevíns e infantís)
A nosa canteira voltando de Noia |
EMEVE LAB. NUPEL B 2-3 REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(25-15,8-25,25-20,12-25,13-15)-(2ª división autonómica masculina)
K1 do Redesyl Boiro Voleibol |
Balsámica vitoria a domicilio do equipo filial masculino ás ordes de Antón Pérez que se reencontra co triunfo tralas dúas derrotas da xornada anterior. O Redesyl recuperaba efectivos para esta disputa. O receptor Manuel Pérez "Cholo" viaxaba por primeira vez co equipo tras superar a súa lesión muscular. O encontro foi de ida e volta, con alternativas para os dous bandos pero que caeu en saco boirense por consistencia colectiva nos momentos importantes do partido. Certo é que o equipo mostrou outra cara ben diferente á vista fai sete días, pero deberán facer firme esta situación nas próximas datas con boas actuacións, traballo e compromiso nos adestramentos. Polo Redesyl Boiro Voleibol xogaron: Luis Lustres, Roberto Rodríguez "Tito", Xavier Sarille, Diego Romero, Fran López "Chepe", Antón Pérez e Juan Lorenzo "Doc". Tamén xogaron Rubén Taibo "Mechas", Alén García, Manuel Pérez "Cholo" e Juan "Mande".
ZALAETA 0-3 HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL
(16-25,22-25,18-25)-(1ª división nacional masculina)
Contundente vitoria dos rapaces que dirixe Emilio Palacio en terras coruñesas. O Hipescar demostrou unha semana máis que os automatismos e engranaxes do equipo funcionan ás mil maravillas. Non deron opción ós locais en case que ningún momento do partido. Bloqueo ben posicionado e orde táctica na segunda liña facían do K2 boirense o seu punto forte unha semana máis. En canto ó K1 cabe destacar a intelixencia do colocador boirense Iván Souto "Pas" elixindo sempre a mellor opción para o seu equipo. A recepción boirense rozou a perfección un sábado máis, con Cristóbal Álvarez e Manuel Pérez moi atinados nesta tarefa. Causaron baixa para o encontro Iago Vidal por lesión e Óscar Gómez por motivos persoais. Polo Hipescar Boiro Voleibol xogaron: Iván Souto "Pas", Narciso Abalo, Cristóbal Álvarez, Manuel Pérez Andrade, Jesús Vázquez "Pivot", Antón Pérez e Adrián Alves "Chicho" (líbero). Como reservas estaban Daniel Eiras, Ignacio Cibeira "Frigu", Miguel Vázquez, Gustavo Romero e o xuvenil Martín Herrera. Con esta nova vitoria o Hipescar alcanza o liderado da 1ª división nacional grazas ós pinchazos do Club Vigo Voleibol e do Universidade de Valladolid ante CV Rianxo e San Sadurniño respectivamente. Os de Emilio Palacio visitarán o próximo sábado ó equipo vallisoletano dende o máis alto da clasificación gracias a un set average favorable, nun partido que semella vital de cara as aspiracións dos boirenses á acudir á fase de ascenso á liga FEV nacional.
O Hipescar en recepción |
Equipo | J | G | P | PS | SF | SC | PF | PC | Pts |
1 | Hipescar Boiro Voleibol | 9 | 7 | 2 | 0 | 25 | 13 | 860 | 772 | 16 |
2 | Club Vigo Voleibol | 9 | 7 | 2 | 0 | 23 | 12 | 794 | 718 | 16 |
3 | Universidad de Valladolid | 9 | 7 | 2 | 0 | 24 | 15 | 866 | 808 | 16 |
4 | Aule | 9 | 5 | 4 | 0 | 21 | 17 | 843 | 844 | 14 |
5 | C.V. Rianxo | 9 | 4 | 5 | 0 | 18 | 17 | 785 | 774 | 13 |
6 | Zalaeta | 9 | 3 | 6 | 0 | 12 | 20 | 704 | 737 | 12 |
7 | Aldebarán San Sadurniño | 9 | 3 | 6 | 0 | 12 | 22 | 722 | 788 | 12 |
8 | CID Jovellanos | 8 | 3 | 5 | 0 | 15 | 18 | 736 | 725 | 11 |
9 | Auria Vella Voleyourense | 9 | 1 | 8 | 0 | 9 | 25 | 668 | 812 | 10 |
BOIRO VOLEIBOL 3-1 MEXILLÓN DE OURO VOL. RIANXO
(14-25,25-18,25-18,25-16)-(Liga provincial cadete feminina)
Cómoda vitoria das pupilas de Juan Resúa nun partido que comezaba con dificultades debido ás numerosísimas imprecisións das locais pero que a medida que avanzaba o encontro se correxían e transformaban en acerto en saque, recepción e ataque. Cabe destacar a aportación de Ana Bugallo en ataque xa que se sigue mantendo partido tras partido rondando os 20 puntos (19 hoxe). Polo Boiro Voleibol xogaron: Sheila, Ana, Sara, Alba, Katy e Alejandra. Como reservas esperaban a súa oportunidade Melissa e Andrea.
EMEVE LAB. NUPEL B 3-2 PROBOIN BOIRO VOLEIBOL
(25-22,25-22,24-26,18-25,15-11)-(2ª división autonómica feminina)
Agardando o bloqueo Ali, Rebe e Luci |
EMEVE LAB. NUPEL 3-1 REYCA BOIRO VOLEIBOL
(25-15,25-22,22-25,25-15)-(Liga galega cadete masculina)
K2 do Reyca |
BOIRO VOLEIBOL 3-0 MEXILLÓN DE OURO VOL. RIANXO
(25-12,25-19,25-20)-(Liga provincial xuvenil feminina)
Vitoria en apenas unha hora de xogo das xuvenís do Boiro Voleibol nesta liga provincial xuvenil feminina. Saíron concentradas en facelo ben as de Juan Resúa, mostrando grandes avances no seu xogo. Unha gran xeira de servicios por parte de Ana Bugallo (11 consecutivos) metía no peto o primeiro parcial para as boirense. Nos dous seguintes a clave estivo no acerto en saque, que impedía ás rianxeiras construir xogadas claras de ataque. Polo Boiro Voleibol xogaron: Patri, Andrea, Ana, Katy, Adriana, Ángela e Iria (líbero). Como reservas actuaron Sheila, Alba, Sara e Sindy.
EMEVE LAB. NUPEL 3-0 TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL
(25-16,25-20,25-20)-(Liga galega xuvenil masculina)
Os xuvenís dos Trillizos en recepción |