Emilio traballa cos máis novos |
martes, 27 de decembro de 2011
ENTREVISTA A EMILIO PALACIO EN TELEBARBANZA:
mércores, 21 de decembro de 2011
Por cortesía do xogador cadete Raúl Lojo, que nos edita este vídeo de felices festas para todo o club, aproveitamos dende a xunta directiva e toda a familia do Boiro Voleibol para desexarvos un bo nadal e que o no ano 2012 a familia siga medrando para que os éxitos sociais e por suposto deportivos non paren de chegar á nosa vila. ¡Felices festas xente!
sábado, 17 de decembro de 2011
RESULTADOS DO 17 E 18 DE DECEMBRO:
REYCA BOIRO VOLEIBOL 3-0 VOLEIBOL DUMBRÍA
(25-13, 25-15, 25-18)-(Liga galega cadete masculina)
Importantísima vitoria a do equipo cadete masculino fronte a un rival que se antoxa directo na pelexa polos postos altos desta liga galega. O encontro comezaba co Reyca mandando en tódalas facetas do xogo. A boa recepción permitía que o colocador boirense Ismael Martínez xestionase o xogo con solvencia e a efectividade en ataque do receptor Xian Pérez desequilibraba a balanza en favor dos nosos nesta primeira manga. No segundo set a dinámica do equipo era a mesma. Motivados para cambiar as sensacións da mediocre actuación que se fixera a semana anterior en terras coruñesas saltouse ó terreo de xogo con convencimento para facer un bo traballo. Sin ningunha dúbida o bo facer en defensa dos rapaces do Boiro Voleibol e o tino en ataque do oposto Fran Dieste foron as claves para que o segundo tamén quedase na casa. No terceiro puidose ver a mellor cara dos centrais boirenses. Especialmente atinado estivo Raúl Lojo que fixo un gran traballo en bloqueo e ataque axudando ó equipo a cerrar a manga e o encontro por 3-0. Polo Reyca Boiro Voleibol xogaron: Ismael Martínez, Fran Dieste, Xian Pérez, Lois Vázquez, Raúl Lojo, Óscar Refojo e Adrián Gatbache (líbero). Como reserva estaba Dani Gey.
Destacada actuación defensiva dos boirenses do Reyca |
REDESYL BOIRO VOLEIBOL 3-0 NARÓN VOLEA
(25-20, 25-20, 25-19)-(2ª Div. Autonómica masculina)
O Redesyl comerá o turrón compartindo o liderato |
Cómodo triunfo do equipo filial masculino no que significaba a despedida da primeira volta da competición ligueira desta 2ª división autonómica. Comezaba o encontro con igualdade no luminoso e cunha intensidade moi baixa por parte dos nosos. Esta situación mantíñase ata que se chegou ós momentos quentes da manga onde a experiencia e o bo facer do Redesyl desequilibraban a balanza a favor dos de Felipe García. A tónica do inicio do encontro mantíñase tamén neste segundo xogo. A carencia de intensidade entre os boirenses provocaba que o nivel defensivo non fose o desexado e que os naroneses se mantivesen preto no tanteador. O técnico local movía moito o banco para intentar cambiar a dinámica máis o desenlace foi calcado ó do set precedente. No terceiro set repetíase a historia dos dous sets anteriores. O Redesyl, ben avanzado o set pisaba o acelerador e desmarcábase para cerrar o set e o encontro. Con esta vitoria os rapaces que dirixe Felipe García rematan a primeira volta no máis alto da clasificación empatados a puntos con dous equipos máis: Xuvenil Teis e Lancer-Zenale San Sadurniño. Polo Redesyl Boiro Voleibol xogaron: Andrés Martínez, Roberto Rodríguez, Martín Herrera, Pablo Suárez, Xavier Sarille, Diego Romero e Adrián Armental (líbero). Como reservas estaban Alén García, Felipe Resúa, Ignacio Cibeira, Fran López e o colocador xuvenil Daniel Vázquez.
NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL 3-1 MEX. DE OURO VB. RIANXO
(25-20, 23-25, 26-24, 25-21)-(1ª Div. Nacional masculina)
O Náutico mantén o liderato tras imporse no derbi comarcal |
Vitoria boirense no derbi comarcal da 1ª división nacional masculina na que un bo puñado de adeptos ó noso deporte e medios de comunicación se achegaban á Cachada para disfrutar do encontro. Comezaba o choque co Náutico moi acertado. O excelente servicio boirense impedía que o rival construise con comididade o seu ataque. A orde defensiva dos xogadores de Emilio Palacio posibilitaba contraataque tras contraataque que o Náutico se escapase no luminoso. Chegábase ós momentos importantes do primeiro set cunha vantaxe suficiente como para cerralo cun 25-20. No segundo a intensidade decreceu entre os locais. Apatía impropia do equipo e desorde defensiva propiciaban que os rianxeiros se metesen no encontro a base de ataques nos que asumían moito risco. O parcial chegaba cos visitantes en condicións de igualar o tanteador e así o fixeron. O terceiro foi un set de idas e voltas. Na primeira metade do mesmo mandaban os visitantes mais tras concentrarse no seu xogo demostraron os boirenses por que son os actuais líderes e campións da categoría. Nun final de infarto, dous acertos en defensa deixaron na casa a manga. Con 2-1 no tanteador xeral os boirenses saltaron á cancha con máis tranquilidade. Recuperábanse as sensacións do primeiro set e o Náutico cabalgaba decidido a cerrar o encontro. Un par de accións espectaculares, na que cabe destacar un bloqueo do central Antón Pérez, fixeron que os dous puntos da vitoria permanecesen en Boiro. Polo Náutico Boiro Voleibol xogaron: Iván Souto, Narciso Abalo, Jesús Vázquez, Óscar Gómez, Cristóbal Álvarez, Miguel Vázquez e Adrián Alves (líbero). Como reservas estaban Rubén Taibo, Diego Romero, Antón Pérez, Daniel Agra e Manuel Pérez.
CV PONTEVEDRA 2-3 O SECRETO BOIRO VOLEIBOL
(25-22, 20-25, 23-25, 25-12, 10-15)-(2ª Div. Autonómica feminina)
Importantísima a vitoria que o primeiro equipo feminino conseguiu en terras pontevedresas ante un rival do que agora está a tan só unha vitoria de distancia na táboa clasificatoria. Comezaba o encontro coas nosas nerviosas e inseguras, cometendo un bo puñado de erros que daban aire ás locais para anotarse, non sen problemas, o primeiro set. No segundo o ánimo das boirenses aumentou considerablemente e con el o nivel de xogo. Consistentes na liña defensiva e coa baza en ataque de Rebeca González conseguían distanciarse no marcador para rematar chegar a final de set sen pasar apuros (20-25). O Secreto comezaba o terceiro coa dinámica ascendente tralo xogo realizado intres antes pero o CV Pontevedra mellorou sustancialmente o seu xogo para facer que a igualdade reinase na pista. O desenlace foi de 25-23 para as de Andrés Martínez e Narciso Abalo. No cuarto as sensacións de nerviosismo e inseguridade volvían. Erros infantís e, por suposto, acerto do equipo rival, facían deste set un paseo para as locais (25-12). Saltaron as nosas ó tie-break convencidas de gañar o encontro. A manga estaba sendo moi axustada ata que a central Alicia Novoa chegou á liña de saque para conectar 4 saques consecutivos que percutiron con forza na liña de recepción pontevedresa. Deste xeito O Secreto ceraba o encontro con este vital 3-2. Por O Secreto Boiro Voleibol xogaron: Ángela Triñanes, Sandra Lojo, Alicia Novoa, Ángela Fernández, María Triñanes, Rebeca González e Sheila Outeiral (líbero). Como reservas estaban Ana Bugallo, Andrea Barreiro, Katy Sampedro e Luisa Ferreirós.
O Secreto volve a ser o equipo sólido de temporadas pasadas |
IES AMES B 1-3 BOIRO VOLEIBOL
(22-25, 7-25, 25-20, 24-26)-(Liga provincial cadete feminina)
As cadetes collen o tren da vitoria |
As de Emilio Palacio continúan mellorando semana a semana non só os resultados, sinon tamén o seu xogo que nos trae sensacións alentadoras do futuro deste cadro de xogadoras. O encontro da mañá do domingo comezaba equilibrado no primeiro parcial, no que o servicio boirense marcaba a diferencia e traía a vitoria parcial cara a terras barbanzás. No segundo set a repercusión do servicio das nosas elevábase á máxima potencia, tendo ás irmás Ana e Sara Bugallo como cabezas visibles nesta faceta. Na terceira manga as locais melloraron a súa recepción froito entre outras cousas da caída na efectividade do saque boirense. Esto creou inseguridade entre as nosas levándoas a cometer erros en ataque e defensa que ata ese momento non sucedera. O desenlace foi de 25-20 a prol de IES Ames B. O cuarto xogo tivo que resolverse pola mínima nos momentos decisivos e un par de accións de defensa máis contraataque boirense desequilibraron o choque ó noso favor. Polo Boiro Voleibol xogaron: Melissa Novoa, Ana Bugallo, Emma Ordóñez, Alejandra Galbán, Sara Bugallo, Sandra Fernández e Sheila Outeiral (líbero). Como reservas estaban Claudia Pinaque, Antía Sampedro, Ángela Alves, Isabel Gómez e Sara Lojo
venres, 16 de decembro de 2011
TÍTULO INVERNAL PARA O CMA SORIA:
"Título" invernal para o CMA Soria de Pablo Bugallo |
xoves, 15 de decembro de 2011
CAMPAÑA DE CAPTACIÓN DE SOCIOS:
O vindeiro sábado 17 de decembro a partires das 10:30h da mañá o Club Voleibol Cabo de Cruz celebrará na rúa peonil de Boiro (ó lado da plaza de abastos) unha xornada de captación de socios e venda de lotería de nadal para toda a afluencia de público que por alí se presente. Agardamos a asistencia de tódolos xogadores e xogadoras do noso club uniformados co chándal oficial para botar unha man nesta tarefa social que ano tras ano resulta exitosa. Pasaremos lista e recordade que entre todos formamos esta gran familia. Non falles ó teu club, él nunca o fai.
mércores, 14 de decembro de 2011
PARTIDOS DO 17 E 18 DE DECEMBRO
SÁBADO 17:
REYCA BOIRO VOLEIBOL - VOLEIBOL DUMBRÍA
(16:00h, A Cachada)-(Liga galega cadete masculina)
REDESYL BOIRO VOLEIBOL - NARÓN VOLEA
(16:00h, A Cachada)-(2ª Div. Autonómica masculina)
NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL - MEXILLÓN DE OURO VB. RIANXO
(18:00h, A Cachada)-(1ª Div. Nacional masculina)
CV PONTEVEDRA - O SECRETO BOIRO VOLEIBOL
(19:30h, Est. da Xuventude)-(2ª Div. Autonómica feminina)
DOMINGO 18:
IES AMES B - BOIRO VOLEIBOL
(11:00h, P. Milladoiro)-(Liga provincial cadete feminina)
sábado, 10 de decembro de 2011
ZALAETA 3-2 TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL
(25-20, 25-23, 23-25, 17-25, 15-13)-(Liga galega xuvenil masculina)
O Trillizos mostra dúas caras na súa visita ó Zalaeta |
STA. Mª DEL MAR 2-3 REYCA BOIRO VOLEIBOL
(25-18, 15-25, 25-22, 20-25, 15-17)-(Liga galega cadete masculina)
Si a fortuna facía que no partido xuvenil a balanza se desequilibrase para os rivais, nesta ocasión o tie-break premiaba ós rapaces do Reyca nun final moi axustado. Foi un encontro de ida e volta, tolo, onde se puideron ver múltiples facetas no xogo dos nosos. O acerto en ataque do oposto Fran Dieste axudaba moito ó Reyca para remintar o 1-2 a sets. Nesta situación os nosos sacaron a súa mellor versión para levarse o encontro tras remontar o adverso e complicado resultado que auguraba unha dolorosa derrota. Polo Reyca Boiro Voleibol xogaron: Ismael Martínez, Fran Dieste, Óscar Refojo, Raúl Lojo, Xian Pérez, Lois Vázquez e Adrián Outeiral (líbero). Como reservas comezaba Dani Gey.
O Reyca mantén unha boa clasificación ná táboa |
FISIOTERAPIA CINESIA NOIA 1-3 REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(17-25, 19-25, 25-22, 14-25)-(2ª Div. Autonómica masculina)
Vitoria do equipo filial masculino do Boiro Voleibol no derbi rexional desta 2ª división autonómica. Os de Felipe García seguen deste xeito encaramados ós postos altos da táboa clasificatoria. O encontro comezaba de cara para os nosos. A boa recepción e a excelente dirección de Andrés Martínez marcaban a diferencia no inicio do partido. Destacados neste tramo tamén foron o líbero Adrián Armental e o receptor Diego Romero, que convertía en punto cada balón que atacaba. A orde defensiva facía dano na moral noiesa, que unha e outra vez vían como o Redesyl contraatacaba con éxito un alto porcentaxe de accións de defensas positivas. O segundo parcial foi similar ó primeiro. Os receptores boirenses seguían atinados e a primeira liña de defensa (bloqueo) permitía manter un alto nivel de defensa. No terceiro parcial os locais medraron gracias ós erros dos nosos. A porcentaxe de recepcións boas baixaba e os nosos colocadores non podían xestionar o xogo en condicións óptimas. Mentras, o Noia asumía riscos no seu servicio para contrarrestar o adverso resultado de 0-2. A táctica funcionoulles e anotáronse a manga por 25-22. No cuarto todo volvía a comezar. O acerto en K2 dos boirenses facía que o luminoso presentase unha vantaxe moi ampla en case que todo o parcial, levando así os dous puntos da vitoria de camiño a Boiro. Cabe salientar unha anécdota interesante do encontro xa que o colocador en idade cadete de primeiro ano Ismael Martínez substituíu ó seu pai, Andrés Martínez, no segundo parcial para facer deste xeito o debut en categoría senior. Polo Redesyl Boiro Voleibol xogaron: Andrés Martínez, Roberto Rodríguez, Pablo Suárez, Martín Herrera, Diego Romero, Xavier Sarille e Adrián Armental (líbero). Como reservas estaban Ismael Martínez, Ignacio Cibeira, Felipe Resúa, Alén García e Diego Alcalde. Causou baixa por lesión o colocador Dani García.
Encontro moi serio do Redesyl no derbi comarcal da 2ª div. |
O SECRETO BOIRO VOLEIBOL 3-1 XAV CAMBADOS
(21-25, 25-17, 25-21, 25-16)-(2ª Div. Autonómica feminina)
Vitoria máis complicada do que se esperaba de O Secreto Boiro Voleibol contra o equipo do Salnés. O partido serviu para facer bastantes rotacións no campo e poñer en práctica os aspectos tácticos que se están entrenando. Comezaron as locais moi confiadas e cometendo bastantes erros, sobre todo en servicio. Este factor púxolle en bandexa a vitoria no primeiro set ás cambadesas. A partires de aquí, un cambio en actitude e unha boa organización en bloqueo-defensa propiciou que os tres seguintes xogos caeran de lado boirense para deixar na Cachada os dous puntos da vitoria. Por O Secreto Boiro Voleibol xogaron: Ángela Triñanes, Andrea Barreiro, Katy Sampedro, Alicia Novoa, María Triñanes, Ana Bugallo e Sheila Outeiral (líbero). Como reservas estaban Sandra Lojo, Evelyn Urrutia, Elena García e Rebeca González. A próxima semana o noso equipo senior feminino desprázase á cancha do CV Pontevedra, segundo clasificado e co que se pechará a primeira volta da competición.
O Secreto volve a vencer |
BOIRO VOLEIBOL 3-0 NARÓN VOLEA
(25-8, 25-22, 25-11)-(Liga provincial cadete feminina)
As cadetes continúan en forma |
Vitoria do equipo cadete feminino ás ordes de Emilio Palacio por un resultado de 3-0. Comezaban as boirenses moi fortes e mostrando moita solvencia desde a liña de saque cunha gran actuación nesa faceta de Ana Bugallo que lles permitía anotarse a primeira manga por un claro 25-8. No segundo parcial as visitantes melloraban no cambio e en gran parte beneficiábanse dos erros das nosas para dar máis batalla e achegarse na recta final para rematar cun 25-22. No terceiro e derradeiro xogo as boirenses volvían ás costumes do inicio do encontro. Efectividade no servicio e ataque atinado facían a ampla distancia no luminoso que se víu no final do encontro. Polo Boiro Voleibol xogaron: Melissa Novoa, Ana Bugallo, Emma Ordóñez, Antía Sampedro, Sara Bugallo, Sandra Fernández e Sheila Outeiral (líbero). Como reservas estaban Claudia Pinaque, Marta García, Ángela Alves, Isabel Gómez e Sara Lojo
venres, 9 de decembro de 2011
ENCONTROS DO SÁBADO 10 DE DECEMBRO:
ZALAETA - TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL
(10:00h, Pav. Instituto de Zalaeta)-(Liga galega xuvenil masculina)
BOIRO VOLEIBOL - NARÓN VOLEA
(11:00h, A Cachada)-(Liga provincial cadete feminina)
STA. Mª DEL MAR - REYCA BOIRO VOLEIBOL
(12:00h, Colexio Sta. Mª Del Mar)-(Liga galega cadete masculina)
FISIOTERAPIA CINESIA NOIA - REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(17:00h, P. Alonso Rodríguez)-(2ª Div. Autonómica masculina)
O SECRETO BOIRO VOLEIBOL - XAV CAMBADOS
(18:00h, A Cachada)-(2ª Div. Autonómica feminina)
xoves, 8 de decembro de 2011
O NÁUTICO CAE NAS SEMIFINAIS DA COPA GALICIA:
EMEVÉ LABORATORIOS NUPEL 3-0 NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(25-22, 25-23, 25-20)-(Semifinais da Copa Xunta de Galicia 2011)
O Náutico non consigue dar a sorpresa mais deixa boa imaxe |
luns, 5 de decembro de 2011
COPA GALICIA MASCULINA, FASE FINAL:
O Náutico buscará a sorpresa en Lugo, ¿conseguirao? |
mércores, 30 de novembro de 2011
RESULTADOS DESTA XORNADA (3-6 DE DECEMBRO):
FIS. S. SADURNIÑO 2-3 O SECRETO BOIRO VOLEIBOL
(30-28, 25-21, 15-25, 19-25, 13-15)-(2ª Div. Autonómica feminina)
Segunda vitoria consecutiva para O Secreto Boiro Voleibol nunha cancha tan complicada como é a de San Sadurniño, o que lle reporta máis mérito. Comezaron as nosas xogadoras cometendo bastantes erros e deixando escaparse ás locais no marcador. O xogo mellorou e por dúas ocasións conseguiron recurtar desventaxas de cinco puntos pero a pesares de ter tres balóns para gañar o set éste foi a parar a mans do conxunto ferrolano. Esta derrota ficho dano no ánimo das boirenses, que volveron ó mal xogo da manga anterior. Outra vez voltaron a recurtar distancias no luminoso ata o 21-21 pero tres erros consecutivos en recepción fixeron que se perdera tamén o segundo parcial. No terceiro xogo comezaban mandando as locais cun parcial inicial de 6-2. Cando parecía que tiñan o partido encarrilado, as xogadoras de O Secreto Boiro Voleibol sacaron a relucir o seu mellor xogo e, cun parcial mediado o set de 0-8, marcaron a que sería a dnámica posterior do set, impoñéndose neste por un claro 15-25. Na cuarta manga repetían xogo efectivo e vistoso, ademais da necesaria vitoria. Unha recepción bastante precisa e a boa actitude en defensa facían que as nosas atacantes resolvesen os puntos na rede sen moita complicación. No tie-break o luminoso estivo tremendamente igualado, cos dous equipos loitando por acadar a vitoria, a cal se veu para Boiro gracias a unha recta final de set xogada con moita cabeza. Por O Secreto Boiro Voleibol xogaron: Ángela Triñanes, Elena García, Alicia Novoa, Katy Sampedro, María Triñanes, Rebeca González e Sheila Outeiral (líbero). Tamén xogaron Ángela Fernández e Evelyn Urrutia.
O Secreto remonta 2 sets en contra en San Sadurniño |
FISIOTERAPIA CINESIA NOIA 3-0 BOIRO VOLEIBOL
(25-23, 25-20, 25-19)-(Liga provincial cadete feminina)
As cadetes continúan mellorando o seu xogo |
Caen as de Emilio Palacio en Noia ante un rival máis rodado por un resultado de 3-0. No primeiro set as nosas chegaban a estar por riba no luminoso gracias ó acerto en servicio de Ana Bugallo, que como xa é costume nela, conseguía xeiras incribles dende a liña de saque. Nos momentos cruciais da manga o nerviosismo das boirenses producto da súa extrema xuventude decantaba a balanza para o conxunto anfitrión. No segundo a igualdade non abandoaba a pista ata ben mediado o parcial. Unha gran xeira de servicios nas locais marcaba a diferencia e permitíalles abrir distancia no tanteador ó colocarse 2-0 a sets. Cabe destacar o bo facer neste parcial en ataque de Emma Ordóñez. A xogadora infantil mostra calidade e carácter para a práctica do voleibol polo que se auguran tempos futuros exitosos neste conxunto. De novo no terceiro a contundencia no servicio era clave. As noiesas estiveron máis atinadas e anotáronse o parcial e o encontro para alegría do público presente no polideportivo Alonso Rodríguez. Polo Boiro Voleibol xogaron: Melissa Novoa, Ana Bugallo, Emma Ordóñez, Alejandra Galbán, Sara Bugallo, Sandra Fernández e Sheila Outeiral (líbero). Como reservas estaban Claudia Pinaque, Marta García, Isabel Gómez, Antía Sampedro e Sara Lojo.
martes, 29 de novembro de 2011
CINCO DOS NOSOS COA SELECCIÓN GALEGA:
Emma e Ana formarán a nosa representación feminina |
O vindeiro fin de semana terán lugar en Noia as concentracións das seleccións galegas infantil feminina e cadete masculina. O Boiro Voleibol enviará cinco representantes á cita co combinado autonómico: por parte das rapazas estarán Emma Ordóñez e Ana Bugallo; pola banda dos homes teremos alí a Fran Dieste, Ismael Martínez e a Xian Pérez. Os xogadores deberán presentarse no polideportivo Alonso Rodríguez o sábado día 3 ás 10:45h. A concentración rematará o domingo 4 ás 18:15h sendo o mesmo recinto o lugar de recollida dos xogadores e xogadoras. En nome de toda a familia do Boiro Voleibol felicitar ós cinco afortunados e ós seus adestradores polo bo traballo que están levando a cabo. Agora toca disfrutar da experiencia, aprender todo o que se poida e continuar co traballo diario no club.
sábado, 26 de novembro de 2011
RESULTADOS DO SÁBADO 26 DE NOVEMBRO:
BOIRO VOLEIBOL 3-0 BERTAMIRÁNS FC
(25-11, 25-17, 25-17)-(Liga provincial cadete feminina)
Emma, unha das destacadas ante o Bertamiráns FC |
REYCA BOIRO VOLEIBOL 3-1 IES AMES
(25-17, 25-18, 24-26, 25-9)-(Liga galega cadete masculina)
Doble bloqueo de Lois Vázquez e Raúl Lojo |
O SECRETO BOIRO VOLEIBOL 3-1 CV BRUXAS
(20-25, 25-17, 25-21, 25-16)-(2ª Div. Autonómica feminina)
Presentábase un encontro crucial para as xogadoras de O Secreto Boiro Voleibol despois da derrota da pasada semana ante o último clasificado. Comezou o partido moi igualado cun bo xogo na rede das visitantes que para nada facían referencia á praza que ocupan na táboa clasificatoria. Isto, sumado ós nervios das nosas, propiciou que o primeiro set fose para o CV Bruxas. A partir de aquí as locais foron mellorando o seu xogo, cun saque efectivo e cunha María Triñanes e Rebeca González moi atinadas en contraataque, que lles serviu para anotarse os seguintes tres sets e deixar os dous puntos da vitoria en Boiro. Por O Secreto Boiro Voleibol xogaron: Sandra Lojo, Elena García, Alicia Novoa, Ángela Fernández, Andrea Barreiro, Rebeca González e Carla Castro (líbero). Como reservas estaban María Triñanes, Katy Sampedro, Luisa Ferreirós, Sara Bugallo e Ana Bugallo.
O Secreto reencóntrase coa vitoria |
NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL 3-0 AURIA VELLA VOLEYOURENSE
(25-21, 25-15, 25-23)-(1ª Div. Nacional masculina)
O Náutico Boiro Voleibol seguirá unha semana máis na cima da clasificación desta 1ª división nacional masculina gracias a esta vitoria sobre o equipo ourensán. De novo coas baixas de Óscar Gómez e Narciso Abalo afrontaban os de Emilio Palacio a sempre perigosa papeleta de medirse ó Auria Vella Voleyourense. No primeiro parcial entraban os nosos moi concienciados en que podía ser un encontro complicado e mediado o mesmo disfrutaban dunha renda suficiente para rematalo con tranquilidade a pesares dos numerosísimos erros non forzados que se cometeron. No segundo xogo os de Emilio Palacio reducían erros para intentar non pasar momentos comprometidos a final de set. Cunha boa actuación en recepción e cun inspirado Miguel Vázquez no oposto cerrábase o parcial cun amplo tanteador de 25-15. A primeira metade do terceiro foi un calco do anterior. Boa actuación dos receptores boirenses Manuel Pérez e Cristóbal Álvarez para distanciarse no luminoso. A relaxación final permitía ós visitantes acercarse e deixar o seu tanteador parcial en 23. Polo Náutico Boiro Voleibol xogaron: Iván Souto "Pas", Miguel Vázquez, Jesús Vázquez "Pivot", Antón Pérez, Gustavo Romero, Cristóbal Álvarez e Adrián Alves "Chicho" (líbero). Como reservas estaban Daniel Eiras, Rubén Taibo, Manuel Pérez e Daniel Agra.
CV PONTEVEDRA 1-3 REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(25-23, 14-25, 15-25, 23-25)-(2ª Div. Autonómica masculina)
Vitoria en Pontevedra que lle permite ó equipo filial masculino do Boiro Voleibol compartir liderato nesta 2ª división autonómica. Comezaba o encontro cos nosos desatinados en recepción e cun ataque pouco preciso, o que facía que os locais conseguiran unha ampla vantaxe ben avanzado o set (19-11). A partires de aquí os de Felipe García melloraron de xeito incrible para conseguir incluso chegar a estar por diante no luminoso pero finalmente o set quedou en peto local. No segundo parcial os nosos non deron opcións ós pontevedreses. Cunha destacadísima actuación do oposto Ignacio Cibeira "Frigu" o Redesyl anotábase os dous seguintes parciais con bastante solvencia para colocar ó seu equipo 1-2 no luminoso. No cuarto os locais apretaban para poñer en apretos ós boirenses pero o tino dos nosos en momentos finais do encontro e un inspirado Frigu impedía a reacción local. Polo Redesyl Boiro Voleibol xogaron: Andrés Martínez, Ignacio Cibeira "Frigu", Martín Herrera, Pablo Suárez, Alén García, Diego Romero e Adrián Armental "Nara" (líbero). Como reservas estaban Dani García, Juan Lorenzo "Doc", Xavier Sarille, Fran López "Chepe" e Juan "Mande".
Miguel Vázquez tivo unha boa actuación no oposto |
(25-23, 14-25, 15-25, 23-25)-(2ª Div. Autonómica masculina)
Destacada actuación de Frigu en Pontevedra |
ESPAÑA-ESLOVAQUIA NA GRAN FINAL DO PRE-PREOLÍMPICO:
España na gran final |
As seleccións nacionais de Epaña e Eslovaquia mediranse na tarde de hoxe (18:00h) na final do torneo de clasificación para o Preolímpico coa mente posta en vencer para seguir optando a participar nos XXOO de Londres 2012. O partido tivo un precedente esta mesma semana na liguiña de clasificación e no que os eslovacos conseguiron doblegar ós de Fernando Muñoz por un bastante cómodo resultado de 3-1. Poderemos presenciar un gran duelo entre dous grandes xogadores a nivel continental como son por parte dos nosos o oposto Ibán Pérez e por parte dos eslovacos o receptor Lukas Divis, non lle perdades ollo a este home. Para seguir o livescore de toda a xornada preme aquí.
COPA GALICIA MASCULINA (CUARTOS DE FINAL):
BERTAMIRÁNS FC 1-3 NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(25-20, 23-25, 18-25, 12-25)-(1/4 final da Copa Xunta de Galicia masculina)
O Náutico pasa ás semifinais da Copa Xunta de Galicia |
ESPAÑA Á FINAL DO PRE-PREOLÍMPICO:
España xogará a gran final ante Eslovaquia |
A selección española xogará a final deste torneo pre-preolímpico ante Eslovaquia tras derrotar por 1-3 (25-23, 18-25, 22-25, 25-27) a Estonia. Comezaba o encontro cos estonios moi conectados en bloqueo e intimidando deste xeito ós atacantes da vermella. Producto desta desconfianza o set caía en saco estonio. A partires deste momento mellorou exponencialmente o xogo dos de Fernando Muñoz. Volveu a brillar na dirección Guillermo Hernán quen avasteceu de modo extraordinario ós seus xogadores de banda. Unha vez máis un atinado Iban Pérez daba a cara e pasaba a ser o gran pilar en ataque deste equipo. Agora toca subir o último escalón para seguir mantendo vivo o soño de Londres 2012.
venres, 25 de novembro de 2011
ESPAÑA-ESTONIA POR UN POSTO NA GRAN FINAL:
España-Estonia en semifinais |
Hoxe a partires das 20:30h a selección española xógase o pase á final deste torneo de clasificación para o Preolímpico ante Estonia. Tras doblegar a Austria os de Fernando Muñoz intentarán mostrar a súa mellor versión para seguir mantendo vivo o soño de Londres 2012. Para elo contarán cun Ibán Pérez enrachado e cun director de orquesta de luxo como é o colocador ex-Teruel Guillermo Hernán. Na outra semifinal de seguro que se vivirá un encontro electrizante. Eslovacos e turcos combatirán pola gloria a partires das 18:00h a través deste enlace. Para seguir en directo os tanteadores de toda a xornada preme aquí.
xoves, 24 de novembro de 2011
ESPAÑA GAÑA A AUSTRIA E PASA A SEMIFINAIS:
España a semifinais |
A selección española masculina xa está en semifinais do torneo de clasificación para o Preolímpico tras doblegar a unha combativa Austria por 3-1 (25-22, 19-25, 19-25, 18-25). O encontro non comezaba ben xa que os austríacos se anotaban o primeiro parcial aproveitándose dos erros dos de Fernando Muñoz. A partires de aquí veuse outra España. Unidos en defensa e baixo a extraordinaria dirección do colocador Guillermo Hernán conseguirían os nosos anotarse os tres seguintes xogos con relativa comodidade. Cabe destacar a actuación dos receptores Sergio Noda e Manuel Sevillano e do oposto do Unicaja de Almería Ibán Pérez que culminou cunha cifra de 27 puntos.
MATCH BALL PARA ESPAÑA NA TARDE DE HOXE:
España xógase os XXOO ante Austria ás 18:00h |
mércores, 23 de novembro de 2011
SIGUE AS CLASIFICATORIAS PARA O PREOLÍMPICO:
Sigue en directo á selección |
ESLOVAQUIA 3-1 ESPAÑA
(26-28, 25-18, 25-23, 25-14)-(2012 European Qual. Olympic Games)
ENCONTROS DA VINDEIRA FIN DE SEMANA:
VENRES 25:
BERTAMIRÁNS FC - NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(21:15h, PM Bertamiráns)-(Copa Xunta de Galicia Masculina)
SÁBADO 26:
BOIRO VOLEIBOL - BERTAMIRÁNS FC
(11:00h, A Cachada)-(Liga provincial cadete feminina)
REYCA BOIRO VOLEIBOL - IES AMES
(16:00h, A Cachada)-(Liga galega cadete masculina)
O SECRETO BOIRO VOLEIBOL - CV BRUXAS
(16:00h, A Cachada)-(2ª Div. Autonómica feminina)
NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL - AURIA VELLA VOLEYOURENSE
(18:00h, A Cachada)-(1ª Div. Nacional masculina)
CV PONTEVEDRA - REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(19:30h, Estadio da Xuventude)-(2ª Div. Autonómica masculina)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)