sábado, 26 de novembro de 2011

RESULTADOS DO SÁBADO 26 DE NOVEMBRO:

BOIRO VOLEIBOL 3-0 BERTAMIRÁNS FC
(25-11, 25-17, 25-17)-(Liga provincial cadete feminina)
Emma, unha das destacadas ante o Bertamiráns FC
Vitoria en tres sets das rapazas ás ordes de Emilio Palacio nun encontro que controlaron dende o comezo do mesmo. O servicio das boirenses foi clave no primeiro parcial xa que a receptora Ana Bugallo conseguía manter unha extraordinaria xeira que lles serviría ás nosas para acadar a vitoria neste xogo. No arranque do segundo Bertamiráns apretou tamén co saque pero o bo facer das receptoras boirenses e o tino en ataque de Emma Ordóñez facían que a balanza se desnivelase ó noso favor de novo. O derradeiro set foi un calco do anterior. Bo nivel de saque das boirenses e moi boa dirección da colocadora Sara Bugallo, que conseguía distribuir de xeito acertado os balóns que lle chegaban ás súas mans. Polo Boiro Voleibol xogaron: Melissa Novoa, Ana Bugallo, Emma Ordóñez, Alejandra Galbán, Sara Bugallo, Sandra Fernández e Claudia Pinaque (líbero). Como reservas actuaban Marta García, Isabel Gómez, Antía Sampedro e Sara Lojo. Preme aquí para ver a clasificación.


REYCA BOIRO VOLEIBOL 3-1 IES AMES
(25-17, 25-18, 24-26, 25-9)-(Liga galega cadete masculina)
Doble bloqueo de Lois Vázquez e Raúl Lojo
Vitoria merecida a que conseguiu o equipo cadete masculino do Boiro Voleibol ante o IES Ames nesta liga galega cadete masculina. A efectividade do servicio boirense sumada á contundencia do seu ataque por bandas da man de Xian Pérez e Fran Dieste facían que o primeiro e o segundo parcial caesen do noso lado con bastante solvencia. No terceiro os boirenses apagaron a maquinaria do seu xogo e permitiron ós visitante smeterse no encontro. Continuos erros de servicio e falta de concentración defensiva imposibilitaban ós de Boiro anotarse o encontro pola vía rápida. No cuarto e derradeiro set viuse a mellor cara dos nosos. Moi atinados en recepción e cunha xeira moi boa de servicios por parte de Fran Dieste e Ismael Martínez conseguían gañar con moita comodidade o parcial para anotarse o encontro por 3-1. Polo Reyca Boiro Voleibol xogaron: Ismael Martínez, Fran Dieste, Raúl Lojo, Óscar Refojo, Lois Vázquez, Xian Pérez e Adtián Gatbache (líbero). Como reserva estaba Dani Gey que posteriormente participaría en dous sets.

O SECRETO BOIRO VOLEIBOL 3-1 CV BRUXAS
(20-25, 25-17, 25-21, 25-16)-(2ª Div. Autonómica feminina)
O Secreto reencóntrase coa vitoria
Presentábase un encontro crucial para as xogadoras de O Secreto Boiro Voleibol despois da derrota da pasada semana ante o último clasificado. Comezou o partido moi igualado cun bo xogo na rede das visitantes que para nada facían referencia á praza que ocupan na táboa clasificatoria. Isto, sumado ós nervios das nosas, propiciou que o primeiro set fose para o CV Bruxas. A partir de aquí as locais foron mellorando o seu xogo, cun saque efectivo e cunha María Triñanes e Rebeca González moi atinadas en contraataque, que lles serviu para anotarse os seguintes tres sets e deixar os dous puntos da vitoria en Boiro. Por O Secreto Boiro Voleibol xogaron: Sandra Lojo, Elena García, Alicia Novoa, Ángela Fernández, Andrea Barreiro, Rebeca González e Carla Castro (líbero). Como reservas estaban María Triñanes, Katy Sampedro, Luisa Ferreirós, Sara Bugallo e Ana Bugallo.

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL 3-0 AURIA VELLA VOLEYOURENSE
(25-21, 25-15, 25-23)-(1ª Div. Nacional masculina)
Miguel Vázquez tivo unha boa actuación no oposto
O Náutico Boiro Voleibol seguirá unha semana máis na cima da clasificación desta 1ª división nacional masculina gracias a esta vitoria sobre o equipo ourensán. De novo coas baixas de Óscar Gómez e Narciso Abalo afrontaban os de Emilio Palacio a sempre perigosa papeleta de medirse ó Auria Vella Voleyourense. No primeiro parcial entraban os nosos moi concienciados en que podía ser un encontro complicado e mediado o mesmo disfrutaban dunha renda suficiente para rematalo con tranquilidade a pesares dos numerosísimos erros non forzados que se cometeron. No segundo xogo os de Emilio Palacio reducían erros para intentar non pasar momentos comprometidos a final de set. Cunha boa actuación en recepción e cun inspirado Miguel Vázquez no oposto cerrábase o parcial cun amplo tanteador de 25-15. A primeira metade do terceiro foi un calco do anterior. Boa actuación dos receptores boirenses Manuel Pérez e Cristóbal Álvarez para distanciarse no luminoso. A relaxación final permitía ós visitantes acercarse e deixar o seu tanteador parcial en 23. Polo Náutico Boiro Voleibol xogaron: Iván Souto "Pas", Miguel Vázquez, Jesús Vázquez "Pivot", Antón Pérez, Gustavo Romero, Cristóbal Álvarez e Adrián Alves "Chicho" (líbero). Como reservas estaban Daniel Eiras, Rubén Taibo, Manuel Pérez e Daniel Agra.

CV PONTEVEDRA 1-3 REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(25-23, 14-25, 15-25, 23-25)-(2ª Div. Autonómica masculina)
Destacada actuación de Frigu en Pontevedra
Vitoria en Pontevedra que lle permite ó equipo filial masculino do Boiro Voleibol compartir liderato nesta 2ª división autonómica. Comezaba o encontro cos nosos desatinados en recepción e cun ataque pouco preciso, o que facía que os locais conseguiran unha ampla vantaxe ben avanzado o set (19-11). A partires de aquí os de Felipe García melloraron de xeito incrible para conseguir incluso chegar a estar por diante no luminoso pero finalmente o set quedou en peto local. No segundo parcial os nosos non deron opcións ós pontevedreses. Cunha destacadísima actuación do oposto Ignacio Cibeira "Frigu" o Redesyl anotábase os dous seguintes parciais con bastante solvencia para colocar ó seu equipo 1-2 no luminoso. No cuarto os locais apretaban para poñer en apretos ós boirenses pero o tino dos nosos en momentos finais do encontro e un inspirado Frigu impedía a reacción local. Polo Redesyl Boiro Voleibol xogaron: Andrés Martínez, Ignacio Cibeira "Frigu", Martín Herrera, Pablo Suárez, Alén García, Diego Romero e Adrián Armental "Nara" (líbero). Como reservas estaban Dani García, Juan Lorenzo "Doc", Xavier Sarille, Fran López "Chepe" e Juan "Mande".

4 comentarios:

Adrián Alves dixo...

¡¡Biiingoooooo!!

Sí señor. Noraboa para todo o club por este pleno de vitorias. A seguir así que virán moitos máis.

FORZA CV BOIRO!!!

Dani dixo...

Grandes chicos Grandes

Jesus_pivot dixo...

Enhorabuena a todos los equipos, que volvamos a ganar todos en la misma jornada es dificil pero se repite en este club en varias ocasiones, a seguir trabajando.

Brasi dixo...

bos resultados de todo o club asi da gusto jeje

boa victoria do equipo de 2º, lástima ese 1º set. aora quedan dous partidos para acabar a 1º volta a ver si podemos ganar os dous e manternos cunha única derrota. sería importante porque na 2º volta temos 5 partidos en casa e 3 fóra. temos que facer da cachada un fortín chavales!! jajajaj