TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL 0-3 CLUB VIGO VOLEIBOL
(18-25, 12-25, 8-25)-(Liga galega xuvenil masculina)
Xian Pérez ataca un balón no encontro de onte |
Derrota en tres sets do equipo xuvenil masculino nun encontro que se prevía moi complicado para os nosos e no que se contaba coas baixas de última hora de Arsenio Santos e do central Martín Herrera, xa que se atopaba en Oviedo co primeiro equipo. Por todos é coñecido que este equipo aínda ten moito camiño por andar debido á súa extrema xuventude e que en momentos importantes a falta de experiencia faise notar. No primeiro set o bo facer dos xogadores boirenses permitía situarse cerca no luminoso mediado o parcial (12-14) pero a medida que avanzaba o mesmo os vigueses distanciábanse para cerrar con comodidade a manga. Nos dous parciais seguintes a intensidade local decaíu e os rapaces vigueses aproveitaron para anotarse o encontro pola vía rápida. Polo Trillizos Boiro Voleibol xogaron: Daniel Vázquez, Fran Dieste, Xian Pérez, Abel Sánchez, Miguel Lorenzo, Raúl Lojo e Adrián Gatbache (líbero). Como reservas estaba Ismael Martínez, Dani Gey e Lois Vázquez.
REYCA BOIRO VOLEIBOL 0-3 CLUB VIGO VOLEIBOL
(7-25, 14-25, 15-25)-(Liga galega cadete masculina)
O Reyca continúa formándose, ánimo |
Derrota do Reyca ante o gran favorito nesta liga galega cadete masculina nun encontro que sirve para que os rapaces do Boiro Voleibol sigan adquirindo experiencia nunha liga tan dura como é a autonómica. A non continuidade do xogo boirense poñía en bandexa a vitoria olívica en tres sets baseándose nunha atinda defensa. Os erros en ataque dos nosos non lles permitían meterse no encontro en ningún momento. Agora o que toca é traballar para que no futuro veñan tempos mellores, que coñecendo o compromiso e a entrega deste conxunto de seguro que así será. Polo Reyca Boiro Voleibol xogaron: Ismael Martínez, Fran Dieste, Raúl Lojo, Óscar Refojo, Xian Pérez, Lois Vázquez e Adrián Gatbache (líbero). Como reservas estaban Dani Gey, Ruben Martínez, Pablo Nieto e Darío Outeiral.
O SECRETO BOIRO VOLEIBOL 1-3 DOMPA GESTIÓN A
(25-19, 23-25, 24-26, 15-25)-(2ª División autonómica feminina)
Leve melloría no xogo de O Secreto |
Nova derrota do primeiro equipo feminino do Boiro Voleibol que dirixen Andrés Martínez e Narciso Abalo. Moito teñen que mellorar as nosas para recuperar a versión de tempadas pasadas onde eran un dos conxuntos dominadores da categoría e favoritas para alzarse co título de liga. Melloraron respecto a partidos anteriores, sobre todo na súa actitude e disciplina defensiva pero o bo facer do equipo rival, o cal xogou por encima do nivel esperado, imposibilitou o triunfo local. Cabe destacar a actuación da líbero debutante Sheila Outeiral, que iniciou con bo pé a súa andadura no primeiro equipo. Por O Secreto Boiro Voleibol xogaron: Ángela Triñanes, Elena García, Rebeca González, María Triñanes, Ana Bugallo, Ángela Fernández e Sheila Outeiral (líbero). Como reservas aparecían Sandra Lojo, Andrea Barreiro, Luisa Ferreirós e Evelyn Urrutia.
SALUS VOLEIBOL OVIEDO 0-3 NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(14-25, 23-25, 20-25)-(1ª Div. Nacional Masculina)
Vitoria en tres sets do primeiro equipo masculino do Boiro Voleibol en terras asturianas ante un rival recén descendido da liga FEV española. Comezaba o encontro cun xogo brillante dos de Emilio Palacio, trenzando moi ben as accións de ataque producto dunha boa recepción e dunha excelente dirección do colocador Iván Souto. Rápidamente conseguía o Náutico distanciarse no luminoso e manter unha ampla vantaxe ata o final do parcial no que se anotaron un 14-25 a favor. No 2º xogo os ovetenses apretaron os dentes para darlle unha alegría á súa afección. O xogo dos locais mellorou pero os boirenses demostraron, unha vez máis, ser un conxunto moi sólido e sacar o seu talento nos momentos decisivos dos encontros. O resultado foi dun axustado 23-25. No terceiro set volvía o nivel de xogo do inicio do encontro por parte dos nosos. Presión co servicio e cun forte complexo defensa-contraataque permitían adquirir unha ampla vantaxe que levou o luminoso a un 10-17 favorable para os de Boiro. No tramo final do xogo conseguiron os locais arreglar un pouco o resultado para rematar 20-25. Polo Náutico Boiro Voleibol xogaron: Iván Souto "Pas", Narciso Abalo, Manuel Pérez, Cristóbal Álvarez, Jesús Vázquez, Antón Pérez e Adrián Alves "Chicho". Como reservas estaban Daniel Eiras, Rubén Taibo, Miguel Vázquez, Martín Herrera e Gustavo Romero.
O Náutico mantense líder tras vencer en Oviedo |
CD CONXO 3-2 BOIRO VOLEIBOL
(9-25, 25-15, 24-26, 25-23, 15-11)-(Liga provincial cadete feminina)
Bo partido das cadetes en Santiago de Compostela |
Axustadísima derrota das rapazas que dirixe Emilio Palacio na súa visita ás santiaguesas do CD Conxo. Comezaron moi ben o encontro as nosas no primeiro parcial no que, gracias a unha excelente racha de servicios de Ana Bugallo, dominaban con facilidade de principio a fin. No segundo xogo as locais melloraron moito. Máis atinadas en defensa provocaban moitos erros nas xogadoras boirenses, feito que facía que o set caera en peto local por un claro 25-15. O terceiro foi un continuo ir e vir de ámbolos dous equipos. Non puido resolverse esta igualdade ata o final de set onde o potente saque boirense quebraba o entramado do CD Conxo para anotarse a manga pola mínima. No cuarto set as boirenses volvían a mandar no luminoso, tanto que chegaban a poñerse cun 17-23 no luminoso e a dous puntos de cerrar o partido. Foi neste momento cando os erros das nosas daban folgos ás santiaguesas que conseguirían remontar e levar o encontro o tie-break. Este foi dominado polas locales dende o comezo. Na parte final do set as boirenses conseguiron achegarse un pouco no tanteador (13-11) pero non foi suficiente a acabaron cedendo o set e o partido. Polo Boiro Voleibol xogaron: Sara Bugallo, Ana Bugallo, Alejandra Galbán, Antía Sampedro, Melissa Novoa, Enma Ordóñez e Sheila Outeiral (líbero). Tamén xogaron Marta García, Sara Lojo, Claudia Pinaque, Isabel e Sandra Fungueiriño.
2 comentarios:
Outro fin de semana difícil...Que non decaia o ánimo que nos imos a levantar tod@s.
FORZA CV BOIRO!!!
a seguir trabajando y entrenando chicos y chicas. No hay otra magia. Un abrazo y en especial a las chicas.
Publicar un comentario