Os nosos representantes na concentración |
luns, 31 de outubro de 2011
SEIS DOS NOSOS NA CONCENTRACIÓN DA SELECCIÓN GALEGA:
sábado, 29 de outubro de 2011
RESULTADOS DO 29-30 DE OUTUBRO:
CALASANCIAS CORUÑA 1-3 REYCA BOIRO VOLEIBOL
(26-28, 13-25, 26-24, 21-25)-(Liga Galega Cadete Masculina)
Primeira vitoria do Reyca |
AULE (León) 0-3 NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(12-25, 13-25, 19-25)-(1ª Div. Nacional Masculina)
Vitoria en 50 minutos do primeiro equipo masculino do Boiro Voleibol nunha pista sempre complicada como é a do AULE. Non poden comezar mellor a competición ligueira os pupilos de Emilio Palacio, cunha vitoria incontestable no luminoso e cun dominio total no terreo de xogo. Dende o comezo do encontro os nosos dominaban o K1 con facilidade baseándose nunha gran recepción. O servicio do Náutico impedía a correcta construcción leonesa, feito que se traducía en numerosos bloqueos de fermosa factura e en constantes contraataques culminados con éxito. Memorable actuación do central Óscar Gómez, atínadísimo en ataque e impenetrable en bloqueo deixando claro que estamos ante un xogador dunha categoría moito maior á 1ª división nacional. Con este triunfo a clasificación ten ós boirenses no máis alto despois desta primeira xornada. A próxima semana recibiremos no polideportivo da Cachada ó CID Jovellanos de Gijón, equipo que tamén comezou a competición con vitoria. Polo Náutico Boiro Voleibol xogaron: Iván Souto "Pas", Narciso Abalo, Cristóbal Álvarez, Gustavo Romero, Óscar Gómez, Jesús Vázquez e Adrián Alves (líbero). Como reservas estaban Daniel Eiras, Daniel Agra, Miguel Vázquez, Manuel Pérez e Antón Pérez.
CD CONXO 1-3 O SECRETO BOIRO VOLEIBOL
(23-25, 25-19, 12-25, 22-25)-(2ª Div. Feminina)
CV VAGALUME 0-3 REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(20-25, 28-30, 21-25)-(2ª Div Masculina)
Espectacular actuación de Óscar Gómez en León |
(23-25, 25-19, 12-25, 22-25)-(2ª Div. Feminina)
Rebe, moi atinada en Santiago |
Volven á senda da vitoria as xogadoras de O Secreto Boiro Voleibol. Comezaron mandando no marcador ó longo do 1º set. Só a relaxación nos puntos finais fixo que o resultado fose máis axustado do que se podía imaxinar. No 2º parcial esta proseguiu esta relaxación custándolles ás nosas a derrota neste parcial pero unha recuperación do xogo propia do actual campión de liga levounas a imporse nas dúas seguintes mangas e polo tanto partido cun xogo por momentos espectacular. Destacar a actuación da central Alicia Novoa, con boas actuacións en ataque e bloqueo e a contundencia de Rebeca González en contraataque. Por O Secreto Boiro Voleibol xogaron: Ángela Triñanes, Sandra Lojo, Alicia Novoa, Ángela Fernández, Andrea Barreiro, Rebeca González e Carla Castro (líbero). Como suplentes estaban Evelyn Urrutia e Luisa Ferreirós.
(20-25, 28-30, 21-25)-(2ª Div Masculina)
O Redesyl mantense líder |
xoves, 27 de outubro de 2011
PARTIDOS DO 29-30 DE OUTUBRO:
SÁBADO 29:
CALASANCIAS CORUÑA - REYCA BOIRO VOLEIBOL
(12:15h, P. Calasancias)-(Liga galega cadete masculina)
AULE (León) - NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(18:00h, FCAFD)-(1ª Div. Nacional masculina)
DOMINGO 30:
CD CONXO - O SECRETO BOIRO VOLEIBOL
(12:00h, O Restollal)-(2ª Div. Feminina)
CV VAGALUME - REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(12:00h, P. Univ. Esteiro)-(2ª Div. Masculina)
mércores, 26 de outubro de 2011
ARRANCAN AS ESCOLAS DEPORTIVAS 2011-2012:
O vindeiro luns 31 de outubro arranca a agardada por tod@s edición 2011-2012 das Escolas Deportivas do Boiro Voleibol. A incripción farase na casa da cultura situada no parque da Cachada. Desde a xunta directiva do Club Voleibol Cabo de Cruz agardamos seguir contando coa participación de moitos rapaces e rapazas e paseniño facer que o voleibol medre na nosa vila. Para calquera consulta ou dúbida podedes contactar co técnico responsable do Boiro Voleibol, Emilio Palacio (687235416). A espera rematou.
SIGUE A CEV EN DIRECTO:
¡Sigue a CEV en directo! |
Lokomotiv Novosibirsk (RUS) 3-0 Hypo Tirol Innsbruck (AUS)
(25-19, 25-19, 25-20) Ver partido
PGE Skra Belchatow (POL) 3-1 Tours VB (FRA)
(25-22, 25-21, 19-25, 25-22) Ver partido
Fenerbahçe Grundig Istanbul (TUR) 3-2 Lube Banca Marche Macerata (ITA)
(25-22, 28-26, 25-27, 25-27, 15-13) Ver partido
Caja 3 Voleibol Teruel (ESP) 1-3 Zaksa Kedzierzyn-Kozle (POL)
(22-25, 16-25, 28-26, 24-26) Ver partido
martes, 25 de outubro de 2011
¡ANOTADE ADESTRADORES!
A partires do día 1 de xaneiro de 2011 entrou en vigor a modificación das regras oficiais de xogo de voleibol que recolle a norma referente ó uso de dous líberos. Por eso, para esta tempada 2011-2012 e seguintes, a regra dos dous líberos é de aplicación en tódalas competicións oficiais da RFEVB. A modo de consulta para os posibles interesados: no seguinte enlace podedes observar un partido da CEV que se disputou a semana pasada entre os equipos de Trentino PlanetWin365 e Caja 3 Voleibol Teruel. O equipo italiano aproveitase da norma dos dous líberos, botádelle un ollo.
Para ver o regulamento preme aquí |
TRES BOIRENSES NA SELECCIÓN GALEGA:
Os xogadores do Boiro Voleibol Xian Pérez (nº 2 na imaxe), Ismael Martínez (nº 4) e Fran Dieste (nº 6) estiveron concentrados a pasada fin de semana coa selección galega cadete de voleibol co obxectivo de formar parte dos 12 seleccionados que acudirán ó campionato de España de autonomías. O feito non será sinxelo pero traballarán para conseguilo como veñen facendo ata o de agora. Parabéns rapaces, a seguir no día a día. Noraboa tamén para tódolos adestradores implicados no traballo de base do noso club. Bo traballo
Xian, Isma e Fran coa selección galega |
domingo, 23 de outubro de 2011
NOVA VITORIA DO CMA DE SORIA DE PABLO BUGALLO:
Cidade do Medio Ambiente de Soria, equipo da Superliga masculina española e no que milita o central boirense Pablo Bugallo mantense invicto na competición regular tras desfacerse do Multicaja Fábregas Sport de Zaragoza por un claro 3-0 no polideportivo dos Pajaritos ante uns 800 siareiros. Os de José Luis Moltó acceden ó liderato da SVM a espera de que se celebre o resto da xornada. Pablo Bugallo que partiu como titular e xogou todo o encontro conseguiu 5 puntos de ataque, 1 punto directo de saque e 1 bloqueo, o que fai un total de 7 puntos. Parabéns Pablo e a seguir no máis alto.
Estadísticas do encontro: http://www.rfevb.com/cnac/super/masculina/est%5CSM/est016.pdf
Triple bloqueo do CMA de Soria con Pablo Bugallo |
sábado, 22 de outubro de 2011
Resultados do 22-23 de outubro:
NÁUTICO BOIRO VB. 4-0* MEX. DE OURO VB. RIANXO
(Amigable da 1ª Div. Nacional Masculina)
Vitoria do Náutico no primeiro derbi do ano |
O SECRETO BOIRO VOLEIBOL 0-3 AUTOS RICO UDC A
(23-25, 11-25, 16-25)-(2ª Div. Feminina)
Derrota de O Secreto por 0-3 |
mércores, 19 de outubro de 2011
ENCONTROS DA PRÓXIMA FIN DE SEMANA:
SÁBADO 22:
NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL - MEX. DE OURO VB. RIANXO
(18:00h, A Cachada)-(Amigable da 1ª Div. Nacional masculina)
DOMINGO 23:
O SECRETO BOIRO VOLEIBOL - AUTOS RICO UDC A
(11:30 h, A Cachada)-(2ª Div. Feminina)
XENTE DO BOIRO VOLEIBOL, ANA BUGALLO:
Ana Bugallo: "Tes que entregarte, ver o teu futuro no volei"
Ana Bugallo |
Desta volta atacamos á canteira: Ana Bugallo, de 13 anos. Malia a súa xuventude vai xa pola súa cuarta temporada no club. É unha infantil aplicada, que ten xogado con cadetes e xuvenís. Tamén foi receptora titular da selección galega infantil o ano pasado, conseguindo a cuarta praza no campionato estatal en Murcia. Entrégase nos partidos e nos adestramentos, prefire a pista á praia, e é tremendamente autoesixente: "din que ás veces me esixo demasiado, pero é que, se sei que podo facer algo mellor, quero facelo mellor". A irmá de Pablo Bugallo ten o listón moi alto na casa, pero isto en lugar de intimidala, dalle máis ganas para seguir pelexando.
-(Charo) És a miña entrevistada máis nova, aínda que o volei xa non é unha novidade para ti. Canto tempo hai que empezaches?
-(Ana) Esta é a miña cuarta temporada.
-Es infantil, pero tamén xogas con outros equipos, non é?
-Si, coas cadetes. E a temporada pasada adestraba tamén coas xuvenís.
-Xa estiveches concentrada coa selección galega, como foi a experiencia?
-Realmente emocionante! O adestrador animoume moito, e acabei xogando como titular, de receptora, na selección galega infantil. Participei en varias concentracións: tres en Noia, unha en Sada de tres dias... e despois foi o campionato.
Rodolfo, o adestrador de infantil na selección, contou comigo, e para min foi unha experiencia incrible: Estar no campionato de España en Murcia.
"Competir en Murcia foi unha experiencia incrible!"
-Cales son as tuas aspiracións, a curto e a medio prazo?
-Este ano aspiro a aprender bastante. Estamos na galega, e aínda que perdamos partidos, tamén xogamos con equipos de moito máis nivel que nós, así que contentas por enfrentar o reto.
A min encantaríame poder estar uns anos máis na selección galega. E sería un soño que me concentraran para a española, pero claro, é moi dificil, hai que ter moito nivel. É un sacrificio, tes que ter unha personalidade moi boa...
Ter a Pablo como irmán axúdame a facerme unha idea, el cóntame as súas experiencias, todo o esforzo, os adestramentos... E aínda con todo o duro que é di que pagou a pena. Viaxou moito, coñeceu moita xente... De todos xeitos eu confórmome con estar no Boiro, que estou en familia.
-En que sentido dis que é importante a personalidade?
-Pois porque non podes ser unha persoa con mal xenio nun partido, tes que apoiar. Tes que pensar en equipo, non é un deporte individual. A actitude no campo é fundamental, funcionar ben como equipo e despois facer un bo xogo. E tamén entregarte, ver o teu futuro no volei.
-Que é o máis duro ou dificil deste deporte?
-Pois, non che saberia dicir, tal vez a tensión no campo.
-E o máis agradecido?
-A min o que máis me gusta no Boiro é o equipo, a relación que ai entre a xente. Pero claro, a satifación de gañar... ainda que nós estamos unidas mesmo cando perdemos (risas).
-Cantas horas ao dia chegas a pasar en Barraña durante o circuito de voleipraia?
-Buff... (risas). Moitas, como unhas doce horas. Chegar ás dez da maña e marchar tamén sobre as dez da noite. Nas probas de boiro, por exemplo, empezamos ás dez da mañá e ás doce da noite seguiamos xogando pachangas cos amigos. Pero iso soamente nos circuitos. Durante a semana só de cinco a nove.
-Así que non vos cansabades?
-Que va! O cansanzo séntese ao día seguinte.
-Praia ou pista?
-Pois non sei, para min son deportes totalmente diferentes, até cambia a bóla. Na praia disfrutas moito, eu pasoo moi ben xogando con Sara, pero a pista tamén ten o seu, é hai moito máis espectáculo, sen dúbida. Ademais é un equipo completo... Non sei, penso que quedaría coa pista.
-A túa familia está moi vinculada ao volei.
-Si, dos catro irmáns, xogamos tres ao volei: Pablo, Sara e máis eu. E o meu pai está na directiva do Club. El vennos ver aos partidos sempre que pode, danos a súa opinión sobre o que facemos ben e no que fallamos, e sempre está aí apoiándonos.
"Claro, para min Pablo sempre foi o mellor"
-Hai piques cando xogas con Sara?
-Algunha vez en praia, pero na pista non. Sacando que xa chegaramos picadas da casa (risas). Pero gústame moito xogar con ela, temos moita complicidade. Mola ter alguén tan próximo no propio campo. E mira que discutimos moito, que nolo di todo o mundo, pero compenétrome moi ben co ela.
-E o teu irmán, -xogador de Superliga- apréndeche algún truco?
-Eu dígolle que ten que ser o meu adestrador persoal, e dime que si, o que pasa é que como está pouco tempo na casa normalmente aproveitamos para facer outras cousas. Cando non está intentamos ir velo a algún campionato, fomos a Soria ver o Preeuropeo, a Ribadesella... Sempre que o vemos éntrannos ganas de xogar. Claro, para min Pablo sempre foi o mellor. Cando eramos máis pequenos pelexabamos moito, pero cando marchou a primeira vez para Palencia, había un vacío enorme na casa, menos mal que falamos practicamente a diario por teléfono, ademais estou moi orgullosa del.
Charo López
martes, 18 de outubro de 2011
NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL:
Colaboración do Club Náutico Boiro - Marina de Cabo de Cruz - Boiro Voleibol. Dous clubes deportivos boirenses nados en Cabo de Cruz xuntan os seus esforzos para facer medrar o deporte boirense.
Moitas gracias ó Club Náutico de Boiro pola súa colaboración |
sábado, 15 de outubro de 2011
RESULTADOS DA XORNADA:
TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL 0-3 C.V. OURENSE
(9-25, 20-25, 12-25)-(Liga galega xuvenil masculina)
Cómoda vitoria dos xuvenís do CV Ourense na súa visita á Cachada nun encontro que dominaron de principio a fin. A baixa intensidade mostrada polos rapaces do Trillizos provocaba a desconfianza en todo momento, feito que desencadeaba en constantes erros de servicio, recepción e ataque. Moito traballo queda aínda por facer nun equipo moi novo e plagado de xogadores en idade cadete na que parece que será unha tempada difícil para os de Boiro. Paciencia, seriedade e disciplina son os ingredientes para atopar o camiño axeitado neste grupo de xogadores e sen dúbida que o proxecto chegará a bo porto. Polo Trillizos Boiro Voleibol xogaron: Daniel Vázquez, Fran Dieste, Xian Pérez, Abel Sánchez, Martín Herrera, Miguel Lorenzo e Lois Vázquez (líbero). Como reservas estaban Ismael Martínez, Raúl Lojo, Óscar Refojo, Alfonso Rey e Adrián Gatbache.
Bloqueo de Xian e Alfonso |
REYCA BOIRO VOLEIBOL 1-3 C.V. OURENSE
(18-25, 26-24, 15-25, 20-25)-(Liga galega cadete masculina)
Bo partido o visto na tarde de sábado no encontro correspondente á liga galega cadete masculina no que os boirenses plantaron cara a un rival máis experimentado como é o C.V. Ourense. Comezaban os nosos a disputa con dúbidas e con algunha que outra imprecisión, o que permitía a vitoria ourensá no primeiro parcial. No segundo o Reyca reducía erros, sobre todo de servicio, feito que lles permitía permanecer por diante no tanteador durante todo o segundo set. De aquí en diante puidose ver un encontro bastante bo por parte dos nosos, mostrando o bo traballo que se está facendo nos adestramentos e a boa progresión que levan estes rapaces. Polo Reyca Boiro Voleibol xogaron Ismael Martínez, Fran Dieste, Xian Pérez, Adrián Gatbache, Raúl Lojo, Óscar Refojo e Lois Vázquez (líbero). Como reserva actuou Daniel Gey.
Oscar e Fran na rede |
ZALAETA B 3-0 PROBOIN BOIRO VOLEIBOL
(25-8, 25-17, 25-21)-(2ª Div. Feminina)
Cae o actual campión |
Crónica de Narciso Abalo
REDESYL BOIRO VOLEIBOL 3-2 C.V.OURENSE B
(25-15, 21-25, 25-17, 21-25, 15-8)-(2ª Div. Masculina)
Nova vitoria pola mínima do equipo filial masculino ás ordes de Felipe García, demostrando a dureza desta 2ª división autonómica na que deberán empuxar e loitar moito durante esta tempada que recén arrancou. O equipo mellora semana a semana e pódese dicir que aínda non está ó 100% pero con traballo de contado veremos a mellor cara do Redesyl. Baixo a boa dirección do experimentado colocador Andrés Martínez o equipo gaña en constancia respecto á pasada tempada e coa boa aportación de tódolos atacantes, tanto centrais como de banda, serán un equipo moi a ter en conta nesta edición 2011-2012 da liga autonómica senior. Con esta vitoria aúpase ó liderato o noso equipo filial masculino, algo totalmente anecdótico tras soamente dúas xornadas ligueiras pero que aportará moral para seguir traballando. Polo Redesyl xogaron: Andrés Martínez, Ignacio Cibeira "Frigu", Xavier Sarille, Alén García, Pablo Suárez, Martín Herrera e Adrián Armental (líbero). Como reservas estaban Dani García, Diego Romero, Fran López, Juan "Mande" e Felipe Resúa.
O Redesyl, líder |
xoves, 13 de outubro de 2011
O VINDEIRO SÁBADO TOD@S TEMOS UNHA CITA CO CLUB:
O vindeiro sábado día 15 de outubro terá lugar o acto de presentación co noso novo patrocinador, o Club Náutico de Boiro. O evento celebrarase ás 11:30h no porto de Cabo de Cruz e tódolos xogadores e xogadoras do Boiro Voleibol (desde os máis cativos ata os maiores) deberán estar alí debidamente uniformados co chándal oficial para presentarse ante o novo sponsor e os medios de comunicación. Correde a voz para que non falle ninguén e que este novo inversor se leve unha boa impresión de nós xa que nos días que corren é moito de alabar unha colaboración como a que esta entidade tivo co noso club. Agardámosvos a tod@s.
mércores, 12 de outubro de 2011
ENCONTROS DO PRÓXIMO SÁBADO 15 DE OUTUBRO:
TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL - CV OURENSE
(16:00h, A Cachada)-(Liga Galega Xuvenil Masculina)
REYCA BOIRO VOLEIBOL - CV OURENSE
(18:00h, A Cachada)-(Liga Galega Cadete Masculina)
REDESYL BOIRO VOLEIBOL - CV OURENSE B
(18:00h, A Cachada)-(2ª Div. Masculina)
ZALAETA B - PROBOIN BOIRO VOLEIBOL
(17:30h, Pav. Instituto Xalaeta)-(2ª Div. Feminina)
martes, 11 de outubro de 2011
ADIÁNTASE O ADESTRAMENTO DO MÉRCORES:
Con motivo da festividade do día de mañá os horarios dos adestramentos dos nosos equipos senior masculino (1ª Div. Nacional e 2ª Div. Autonómica) adiantaranse para ás 19:00h, tendo como esceario o polideportivo de Barraña. Correde a voz para que a mensaxe chegue a todo o mundo.
domingo, 9 de outubro de 2011
Resultados do 8-9 de outubro:
PROBOIN BOIRO VOLEIBOL 3-0 CALASANCIAS CORUÑA
(25-14, 25-22, 26-24)-(2ª Div. Feminina)
O Proboin vence por 3-0 |
Bo arranque das rapazas ás ordes de Andrés Martínez e Narciso Abalo ante un Calasancias de Coruña que se presentaba no polideportivo da Cachada cun gran número de xogadoras de curta idade. A pesares da curta preparación das nosas xogadoras senior nesta pretemporada e da importante baixa de xogadoras como María Triñanes parece ser que souberon sobrepoñerse e, unha vez máis, dar a cara nunha categoría á que lle teñen a medida tomada. O encontro comezou con claro dominio local, ben plantadas no campo e cun ataque solvente para danar o entramado herculino. Máis axustado estivo o encontro no segundo e terceiro set, no que a falta de continuidade no cambio e o efectivo saque dunha das centrais visitantes levaron a igualdade ós tanteadores. Polo Proboin Boiro Voleibol xogaron: Sandra Lojo, Ángela Triñanes, Anael Gómez, Rebeca González, Katy Fernández, Ángela Fernández e Carla Castro (líbero). Como reservas actuaban Elena García, Evelyn Urrutia e Patri Rodríguez.
EMEVE 2-3 REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(26-24, 20-25, 25-15, 19-25, 16-18)-(2ª Div. Masculina)
Importante vitoria do filial ante o EMEVE |
Axustada e importantísima vitoria no tie-break a que se trae de terras lucenses o equipo filial masculino que dirixe Felipe García. Tal e como reflexa o tanteador foi un encontro cuns parciais pouco usuais no que ámbolos dous equipos se intercambiaban importantes rachas de bo xogo e de consecución dos puntos. Baixo a boa dirección dos colocadores do Redesyl Andrés Martínez e Dani García o equipo gaña en orde semana a semana. Ponse deste xeito a primeira pedra desta 2ª división masculina 2011-2012 nun 5º set de infarto que decidiu o bo facer do central xuvenil do Boiro Voleibol Martín Herrera, moi contundente en ataque neste parcial. Cabe destacar tamén a boa actuación dos locais, equipo a ter en conta para a edición ligueira desta temporada e da cancha do cal non van escapar moitos máis puntos que os que onte se viñeron para Boiro na mañá de onte. Polo Redesyl Boiro Voleibol xogaron: Andrés Martínez, Roberto Rodríguez "Tito", Alén García, Xavier Sarille, Pablo Suárez, Martín Herrera e Adrián Armental (líbero). Como reservas estaban Ignacio Cibeira, Dani García, Diego Alcalde, Juan "Mande" e Fran López.
EMEVE 3-1 REYCA BOIRO VOLEIBOL
(25-22, 27-25, 23-25, 25-13)-(Liga galega cadete masculina)
Comezo prometedor do Reyca |
Moi bo encontro do equipo cadete masculino nesta estrea na liga galega ante un rival con moita tradición como é o EMEVE de Lugo. Os axustadísimos parciais describen moi ben o transcurso do partido no que o Reyca deu a cara en case que todo momento, exceptuando o último tramo do 4º set. Moi boa actuación do colocador boirense Ismael Martínez, distribuindo con intelixencia e moito tino o xogo durante todo o encontro. Cabe destacar a aportación en ataque do receptor Xian Pérez e do oposto Fran Dieste así como o debut de Dani Gey na liga galega disputando 2 sets. A evolución dos nosos rapaces sigue o seu camiño e agardamos nun futuro non moi lonxano recoller os froitos deste bo traballo. Polo Reyca xogaron: Ismael Martínez, Fran Dieste, Adrián Gatbache, Xian Pérez, Raúl Lojo, Óscar Refojo e Lois Vázquez (líbero). Como reserva actuou o debutante Dani Gey.
EMEVE 3-0 TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL
(25-19, 25-17, 25-21)-(Liga galega xuvenil masculina)
Cae o Trillizos en Lugo |
Contundente derrota do equipo xuvenil masculino do Boiro Voleibol que xogou moi por debaixo das súas posibilidades ante un equipo máis experimentado que non mostrou debilidades en ningún momento do choque. Saíron atenazados os nosos á cancha da Casa do Deporte, feito que lles impediu rendir e plantarlle cara ó EMEVE. Defectos actitudinales froito da extrema xuventude do noso equipo xuvenil foron os desencadeantes do tropezo boirense. Agardamos melloría nas vindeiras semanas xa que o compromiso nos adestramentos por parte dos rapaces é moi elevado, condición indispensable para a correcta formación dos nosos deportistas máis xóvenes (3 cadetes no equipo titular e 7 en total na convocatoria). Polo Trillizos xogaron: Daniel Vázquez, Fran Dieste, Alfonso Rey, Martín Herrera, Xian Pérez, Abel Sánchez e Lois Vázquez (líbero). Como reservas estaban Ismael Martínez, Adrián Gatbache, Miguel Lorenzo, Raúl Lojo e Dani Gey.
martes, 4 de outubro de 2011
ÁNIMOS PARA DOUS DOS NOSOS:
¡Ánimo! |
Arrancan as ligas autonómicas:
SÁBADO 8:
VOLEIBOL TOFFE - PROBOIN BOIRO VOLEIBOL
(11:30h, PM de Rianxo)-(Amigable 2ª Div. Feminina)
PROBOIN BOIRO VOLEIBOL - CALASANCIAS CORUÑA
(18:00h, "A Cachada")-(2ª Div. Feminina)
DOMINGO 9:
EMEVE - REYCA BOIRO VOLEIBOL
(11:00h, Casa do Deporte)-(Liga galega cadete masculina)
EMEVE - REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(11:00h, Casa do Deporte)-(2ª Div. Masculina)
EMEVE - TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL
(12:30h, Casa do Deporte)-(Liga galega xuvenil masculina)
domingo, 2 de outubro de 2011
Resultado dos amigables en Barraña:
TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL 3-1 CV NOIA
(26-24, 20-25, 25-17, 25-18)-(Xuvenil Masculino)
Nova vitoria do Trillizos |
Nova vitoria do equipo xuvenil masculino do Boiro Voleibol antes do comezo da liga galega o vindeiro sábado cando visiten a cancha do EMEVE de Lugo. Pese a que aínda quedan moitas asperezas por limar no xogo dos nosos o triunfo chegou a peto boirense tras demostrar unha mellora na orde defensiva e unha maior constancia no ataque dos nosos xogadores de banda. Os locais contaban coas baixas dos habituais nas convocatorias xuvenís Xian Pérez e Alfonso Rey, mais coseguiron impoñerse a estes contratempos co bo facer da colectividade do grupo. Destacados na tarde de onte foron na faceta ofensiva o receptor Daniel Sieira e a dirección dos colocadores Ismael Martínez e Daniel Vázquez; na faceta defensiva os líberos Arsenio Santos e Lois Vázquez cumpriron con nota. Polo Trillizos Boiro Voleibol xogaron Daniel Vázquez, Fran Dieste, Daniel Sieira, Abel Sánchez, Miguel Lorenzo, Martín Herrera e Arsenio Santos (líbero). Como reservas estaban Adrián Gatbache, Ismael Martínez, Daniel Gey e Lois Vázquez.
REDESYL BOIRO VOLEIBOL 3-1* CV NOIA
(25-19, 23-25, 25-21, 25-23)-(2ª Div. Masculina)
O Redesyl debe mellorar |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)