domingo, 9 de outubro de 2011

Resultados do 8-9 de outubro:

PROBOIN BOIRO VOLEIBOL 3-0 CALASANCIAS CORUÑA
(25-14, 25-22, 26-24)-(2ª Div. Feminina)
O Proboin vence por 3-0
Bo arranque das rapazas ás ordes de Andrés Martínez e Narciso Abalo ante un Calasancias de Coruña que se presentaba no polideportivo da Cachada cun gran número de xogadoras de curta idade. A pesares da curta preparación das nosas xogadoras senior nesta pretemporada e da importante baixa de xogadoras como María Triñanes parece ser que souberon sobrepoñerse e, unha vez máis, dar a cara nunha categoría á que lle teñen a medida tomada. O encontro comezou con claro dominio local, ben plantadas no campo e cun ataque solvente para danar o entramado herculino. Máis axustado estivo o encontro no segundo e terceiro set, no que a falta de continuidade no cambio e o efectivo saque dunha das centrais visitantes levaron a igualdade ós tanteadores. Polo Proboin Boiro Voleibol xogaron: Sandra Lojo, Ángela Triñanes, Anael Gómez, Rebeca González, Katy Fernández, Ángela Fernández e Carla Castro (líbero). Como reservas actuaban Elena García, Evelyn Urrutia e Patri Rodríguez.

EMEVE 2-3 REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(26-24, 20-25, 25-15, 19-25, 16-18)-(2ª Div. Masculina)
Importante vitoria do filial ante o EMEVE
Axustada e importantísima vitoria no tie-break a que se trae de terras lucenses o equipo filial masculino que dirixe Felipe García. Tal e como reflexa o tanteador foi un encontro cuns parciais pouco usuais no que ámbolos dous equipos se intercambiaban importantes rachas de bo xogo e de consecución dos puntos. Baixo a boa dirección dos colocadores do Redesyl Andrés Martínez e Dani García o equipo gaña en orde semana a semana. Ponse deste xeito a primeira pedra desta 2ª división masculina 2011-2012 nun 5º set de infarto que decidiu o bo facer do central xuvenil do Boiro Voleibol Martín Herrera, moi contundente en ataque neste parcial. Cabe destacar tamén a boa actuación dos locais, equipo a ter en conta para a edición ligueira desta temporada e da cancha do cal non van escapar moitos máis puntos que os que onte se viñeron para Boiro na mañá de onte. Polo Redesyl Boiro Voleibol xogaron: Andrés Martínez, Roberto Rodríguez "Tito", Alén García, Xavier Sarille, Pablo Suárez, Martín Herrera e Adrián Armental (líbero). Como reservas estaban Ignacio Cibeira, Dani García, Diego Alcalde, Juan "Mande" e Fran López.

EMEVE 3-1 REYCA BOIRO VOLEIBOL
(25-22, 27-25, 23-25, 25-13)-(Liga galega cadete masculina)
Comezo prometedor do Reyca
Moi bo encontro do equipo cadete masculino nesta estrea na liga galega ante un rival con moita tradición como é o EMEVE de Lugo. Os axustadísimos parciais describen moi ben o transcurso do partido no que o Reyca deu a cara en case que todo momento, exceptuando o último tramo do 4º set. Moi boa actuación do colocador boirense Ismael Martínez, distribuindo con intelixencia e moito tino o xogo durante todo o encontro. Cabe destacar a aportación en ataque do receptor Xian Pérez e do oposto Fran Dieste así como o debut de Dani Gey na liga galega disputando 2 sets. A evolución dos nosos rapaces sigue o seu camiño e agardamos nun futuro non moi lonxano recoller os froitos deste bo traballo. Polo Reyca xogaron: Ismael Martínez, Fran Dieste, Adrián Gatbache, Xian Pérez, Raúl Lojo, Óscar Refojo e Lois Vázquez (líbero). Como reserva actuou o debutante Dani Gey.

EMEVE 3-0 TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL
(25-19, 25-17, 25-21)-(Liga galega xuvenil masculina)
Cae o Trillizos en Lugo
Contundente derrota do equipo xuvenil masculino do Boiro Voleibol que xogou moi  por debaixo das súas posibilidades ante un equipo máis experimentado que non mostrou debilidades en ningún momento do choque. Saíron atenazados os nosos á cancha da Casa do Deporte, feito que lles impediu rendir e plantarlle cara ó EMEVE. Defectos actitudinales froito da extrema xuventude do noso equipo xuvenil foron os desencadeantes do tropezo boirense. Agardamos melloría nas vindeiras semanas xa que o compromiso nos adestramentos por parte dos rapaces é moi elevado, condición indispensable para a correcta formación dos nosos deportistas máis xóvenes (3 cadetes no equipo titular e 7 en total na convocatoria). Polo Trillizos xogaron: Daniel Vázquez, Fran Dieste, Alfonso Rey, Martín Herrera, Xian Pérez, Abel Sánchez e Lois Vázquez (líbero). Como reservas estaban Ismael Martínez, Adrián Gatbache, Miguel Lorenzo, Raúl Lojo e Dani Gey.

11 comentarios:

Anónimo dixo...

ai un datiño mal, no segundo set foron 29-25???

Adrián Alves dixo...

Correxido, graciñas. Crónicas en curso...

Brasi dixo...

pois non é por joder pero sigue estando algo mal jejej o importante é o resultado final 2-3 moi ben chavales!!!

Anónimo dixo...

As rapazas xogaron un amistoso o sábado pola mañá,si fora doutro equipo seguro que había crónica verdade Chicho?

Andrés "Araña" dixo...

sí, o sábado pola mañana xogouse un amistoso en Rianxo contra o Toffe, e as rapaza de Boiro gañaron 0-3. Chicho non estuvo alí e non sabe a crónica xa que non ya din eu. Non teño nin os parciales. Foi un partido de presentación para o equipo rianxeiro ó cal lle fixemos un favor. Para nos foi un entrenamento antes de comenzar a liga. Imagino que o anónimo veu ver o partido xa que ten tanto interés na crónica do mismo. Do club os que estaban alí eran Pivot, Emilio e o equipo. Axudádelle a Chicho a facer as crónicas, que seguro que veñen ben esas mans, e non solo as críticas. (estas últimás sonche más doadas de facer, podo estar hasta tumbado...). Noraboa ós equipos do clube e a esas persoas que poñen os seus granitos de area para que esto vaia funcionando. Un abrazo

BlackBandana dixo...

Buenas!
Cómo sufrimos los de 2º en Lugo...pero la victoria así sabe mejor!jeje.
Del partido, poco que añadir, buen primer set que perdimos en el último momento, buenas remontadas en el segundo y quinto set y el resto del partido por rachas. Cuando la rece llegaba bien los colocadores le sacaban partido y gracias a eso nuestros centrales se inflaron a puntos, muy bien por el centro, sí señor!
De todas formas estamos muy muy verdes y nos falta mucho ritmo, orden en defensa y efectividad en ataque(sobre todo por las alas, jeje).

De paso que andaba por Lugo pude ver a los juves, que aunque no jugaron su mejor cara estoy seguro que en cuanto recuperen alguna baja que tienen por ahí, Chicho les meta caña y rueden un poco más darán un gran juego, sin duda.

Y finalmente enhorabuena a las chicas de Segunda!!
Acusando las bajas y la falta de entrenamiento, no jugaron al alto nivel que nos tienen acostumbrado pero se llevaron de todas formas el partido con relativa comodidad.

Sin más, a entrenar duro!nos vemos el viernes en el pabellón de las astillas...digo...de la cachada.

Adrián Alves dixo...

Xa vexo que aquí hai que andar con pés de plomo...á mínima a rajar, q carallo é gratis!.

Si fora para botar unha man seguro que non aparecían anónimos ni almas caritativas. Non puxen a crónica porque así o decidín e como eu son o editor do blog (coa axuda de Andrés) fago o que me sae de dentro, algún problema?? En caso afirmativo deixo a edición a unha destas solidarias persoas que se ocultan baixo un anónimo (xa non sei si por medo ou si por ignorancia á hora de fedellar...).

Eso, que agardo a túa oferta ansiosamente para que te encargues de todo esto dun modo máis atento para todo o mundo.

P.D: e non olvides que gracias á xente que traballa para o club ti podes xogar ó voleibol en Boiro, PANOLI

Brasi dixo...

ha dicho!!! jejeje
asilindralle ai chicho!!! jejej

Anónimo dixo...

FELICIDADES a los dos equipos de 2ª por sus victorias. En especial, a los chicos, que para no variar y como el año pasado se sufre en Lugo pero se gana 2-3. A seguir asi y a mejorar que aun queda mucho.
Saludos desde GDL

CHOLO

Dani dixo...

2º round c.v. ourense! a mentalizarse que podemos jugar bien desde el primer punto chavales!!!

FORZAAAAAAAAAA

Anónimo dixo...

no teneis mal ekipo pa 2º chavales, Lugo a pesar de que juega con juveniles de 1 año tiene un ekipo bastante nivelado pa estar arriba en esa categoria, y habeis sabido estar a la altura y llevaros el partido... a los juveniles y cadetes mas caña que poco a poco sacais a algun chavaliño.
suerte pa lo que queda de liga