xoves, 28 de novembro de 2013

ENCONTROS PROGRAMADOS PARA ESTE SÁBADO 28 NA CACHADA:

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - MEXILLÓN DE OURO VB RIANXO
(10:00h, A Cachada)-(Liga Galega Cadete Masculina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - XAV CAMBADOS
(10:00h, A Cachada)-(Liga Galega Cadete Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - CV XAV CAMBADOS
(12:00h, A Cachada)-(Liga Galega Infantil Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - XAV CAMBADOS
(12:00h, A Cachada)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)

REDESYL BOIRO VOLEIBOL - MEXILLÓN DE OURO VB RIANXO
(16:00h, A Cachada)-(2ª Div. Autonómica Masculina)

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL - AD CÁCERES EXTREMADURA
(19:00h, A Cachada)-(Superliga 2 Masculina)

martes, 26 de novembro de 2013

EQUIPO IDEAL DO BOIRO VOLEIBOL, XORNADA DO 23 E 24 DE NOVEMBRO:

7 ideal do 23 e 24 de novembro
Difícil elección a desta xornada por mor da gran cantidade de vitorias e actuacións sobresaíntes que colleitaron os nosos equipos nas súas respectivas competicións. Alá imos cos destacados da semana. Colocador, Ismael Martínez: sendo xuvenil de primeiro ano conseguiu suplir con garantías a todo un Iván Souto e colaborar para sacar adiante un encontro na categoría de prata do voleibol español. Si cabe a tarefa cobra maior relevancia tendo en conta que este partido se trataba dun derbi a domicilio ante o Intasa San Sadurniño. Oposta, Isabel Gómez: baluarte en ataque das xuvenís. Isa foi unha das causas polas que o JEALSA mantivo opcións de vitoria ata o desenlace do choque. Receptor 1, Cristóbal Álvarez: con 21 puntos e case un 70% de efectividade en recepción o Diablo foi o pilar sobre o que o Náutico construíu a vitoria no Municipal de San Sadurniño. Outra convocatoria máis e o vigués desmárcase claramente na pelexa polo MVP da temporada no Boiro Voleibol. Receptor 2, Adrián Gatbache: extraordinaria actuación do receptor xuvenil en San Sadurniño. Xa sexa en labores de recepción ou de ataque, Naji estivo moi atinando colaborando activamente na vitoria por 0-3 xuvenil e no serio partido plantexado polo filial masculino. Central 1, Alejandra Galbán: foi o auténtico escape ofensivo das xuvenís no seu encontro ante o CV Santiago. Nun encontro lento, cheo de imprecisións, Alejandra foi un oasis que convertía en punto cada balón que atacaba. Central 2, Óscar Refojo: acertadísimo en ataque e ordeado en bloqueo axudou a crear incertidume na defensa do San Sadurniño Xuvenil e a que o seu equipo tivese moitas oportunidades de contraataque. Líbero, Daniel Olveira: xogador infantil, destacou na posición de líbero na vitoria do xuvenil masculino en terras ferrolás. 

domingo, 24 de novembro de 2013

CÓNICAS DE SAN SADURNIÑO, SANTIAGO E OURENSE (23-24 DE NOVEMBRO):

INTASA SAN SADURNIÑO 2-3 NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(25-21, 16-25, 25-17, 24-26, 11-15)-(Superliga 2 Masculina)

O Náutico supera as baixas e volve coa vitoria de San Sadurniño
A terceira xa está aquí. Nunha cancha sempre complicada como é o xélido Polideportivo Municipal de San Sadurniño, ante un equipo impaciente por conseguir a súa primeira vitoria do ano e con imprevistos tan importantes como as baixas de última hora do colocador Iván Souto e do receptor Manuel Pérez conseguían os boirenses volver coa vitoria a terras  barbanzás, sumando deste xeito o seu terceiro triunfo na categoría de prata do volei español. O encontro comezaba co Náutico atinado, mandando no primeiro tempo técnico por 3-8 e mostrando unha gran fluidez na súa construcción. O servicio de Narciso Abalo e os erros locais por toque de rede permitían que o Náutico arrancase o choque dominando claramente o xogo. A partires de aquí os nosos perderon chispa. Os locais puntuaban con maior puntualidade mentres os de Emilio Palacio cometían erros que os afogaban no luminoso. O 1-0 era inevitable. No segundo parcial as cousas volveron a cambiar. A intensidade no bloqueo-defensa dos de Emilio Palacio colleron o timón do encontro e empataron o choque. No terceiro set os locais mostraron a súa mellor versión. O ex Boiro Voleibol Pablo Suárez e o seu compañeiro no medio da rede ferrolana Juan Montero desetabilizaban á defensa de segunda liña do Náutico, que pouco podería facer para ver como o Intasa se levaba a manga con suma claridade. Cun desfavorable 2-1 e mentalmente tocados pola maneira na que se perdera o 3º os boirenses saltaban á cancha cun baixón anímico considerable. Deste xeito os de Eloy Mahía tomaban distancias no 4º no que parecía ser xa o desenlace do encontro. Unha vez máis co Náutico en pista, o que parece ser non é. Como en datas pasadas a casta branquiazul saíu unha vez máis a relucir para remontar un 20-14 en contra cun Cristóbal Álvarez extraordinario dende a liña de saque. Un bloqueo directo de Narciso Abalo poñería por primeira vez no parcial as táboas no tanteador que finalmente se decantaría de lado do Náutico gracias un ataque de mans-fóra de Miguel Vázquez. No tie-break só houbo un equipo. O Náutico aproveitou a inercia dos momentos precedentes e pechou o encontro cunha gran dirección do colocador xuvenil Ismael Martínez. Consulta aquí a estadística do encontro. Polo Náutico xogaron: Ismael M., Narciso A., Cristóbal Á., Miguel V., Mario I., Emilio P. e Adrián A. (líbero). Como reservas ficaban Daniel V., Jesús V., Antón P., Gustavo R. e Xian P.

xoves, 21 de novembro de 2013

SAN SADURNIÑO, SANTIAGO E OURENSE DESTINOS NESTA NOVA XORNADA:

SÁBADO 23:

SAN SADURNIÑO - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(10:00h, PM San Sadurniño)-(Liga Galega Cadete Masculina)

SAN SADURNIÑO - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(12:00h, PM San Sadurniño)-(Liga Galega Xuvenil Masculina)

INTASA SAN SADURNIÑO B - REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(17:00h, PM San Sadurniño)-(2ª Div. Autonómica Masculina)

INTASA SAN SADURNIÑO - NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(19:30h, PM San Sadurniño)-(Superliga 2 Masculina)

DOMINGO 24:

DOMPA GESTIÓN - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(10:30h, PM Os Remedios)-(Liga Galega Cadete Feminina)

CV SANTIAGO - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(12:00h, O Restollal)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)

DOMPA GESTIÓN - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(12:00h, PM Os Remedios)-(2ª Div. Autonómica Feminina)

ESCOLA DOMPA GESTIÓN - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(12:30h, A Carballeira)-(Liga Galega Infantil Feminina)

mércores, 20 de novembro de 2013

EQUIPO IDEAL DO BOIRO VOLEIBOL. XORNADA DO 16 E 17 DE NOVEMBRO:

As vitorias masculinas ante o Burgas, protagonistas
A sección masculina copa a práctica totalidade do equipo ideal do Boiro Voleibol desta última xornada. As diversas vitorias dos equipos de base na 6ª data das ligas galegas e a excelente actuación do Náutico na Superliga 2 ante a CDV Textil Santanderina son os protagonistas deste novo combinado que a continuación presentamos. Colocador, Iván Souto: 4 puntos de bloqueo, excelente dirección e 2 aces. Esas son as credencias que presenta o santiagués para optar claramente a entrar no equipo ideal. Oposta, Paula Vázquez: a súa excelente actuación ofensiva e dende a liña de saque axudou claramente a que o JEALSA infantil feminino conseguira estrear o casilleiro de vitorias nesta tempada.  Receptor 1, Cristóbal Álvarez: máximo anotador da xornada na Superliga 2 Masculina (21 puntos) e cun magnífico 81% en recepción foi o baluarte sobre o que o Náutico tentou o asalto á vitoria ante un poderosísimo rival. Receptor 2, Pablo Nieto: axudou de maneira clara nas vitorias dos infantís e cadetes ante o Burgas. A contundencia en ataque do receptor do JEALSA foi demasiado para os ourensáns. Central 1, Fran Dieste: 5 puntos de ataque (71% de efectividade) e un bloqueo directo no partido que o Redesyl gañou ante o Burgas por 3-0 son motivos suficientes como para incluir a Fran no 7 ideal. Central 2, Christopher Rodríguez: gran actuación ofensiva que axudou enormemente a que os puntos da vitoria en infantís e cadetes se quedasen en Boiro. Líbero, Felipe Resúa: rozando o 70% de efectividade en recepción e conseguindo 6 defensas positivas sobre 7 intentos Felipe foi un dos piares sobre os que o xoven equipo de Adrián Alves se apoiou para doblegar ó Burgas Volei na 2ª División Autonómica.

martes, 19 de novembro de 2013

CRISTÓBAL ÁLVAREZ MÁXIMO ANOTADOR DA 5ª XORNADA DA SUPERLIGA 2:

Cristóbal (21 pts) mellor artilleiro na categoría de prata
O volei en Boiro segue a escribir a súa historia na elite e así o demostran os feitos recentes que seguen a ter como protagonistas a xogadores do noso club. Cristóbal Álvarez, receptor do Náutico Boiro Voleibol foi o mellor atacante (20 puntos) e máximo anotador (21) da 5ª xornada da Superliga 2 Masculina. Malia a derrota do seu equipo ante a CDV Textil Santanderina a actuación do vigués foi extraordinaria, axudando a manter as opcións de vitoria para os seus ata o final de cada set. Como non podía ser doutra maneira, o "Diablo" forma parte esta semana do 7 ideal que a Real Federación Española nomea en función das estadísticas de cada xornada. Hai que destacar tamén a inclusión do noso colocador Iván Souto no top 3 de mellores bloqueadores da fin de semana con 4 puntos directos. Si queredes repasar a estadística do encontro entre o Náutico e os cántabros podedes facelo premendo neste enlace. Forza Boiro Voleibol.

domingo, 17 de novembro de 2013

RESULTADOS DUNHA XORNADA CHEA DE LUCES E SOMBRAS:

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL 1-3 CDV TEXTIL SANTANDERINA
(25-19, 17-25, 27-29, 20-25)-(Superliga 2 Masculina)

Triple bloqueo do Náutico no encontro do sábado
Axustada derrota do primeiro equipo masculino ante un dos equipos fortes desta categoría de prata do volei español. Os cántabros presentaron as súas credenciais na Cachada avalados por xogadores dunha calidade contrastada tales como o central brasileiro Elvis de Oliveira, ex-compañeiro de Pablo Bugallo no CMA Numancia de Soria; o oposto internacional júnior Fran Calzón ou o colocador Pablo Cabrera, antigo xogador do Caravaca murciano da Superliga. O encontro arrancaba co Náutico moi atinado. O altísimo nivel de servicio que estaban a mostrar os de Emilio Palacio impedía que os potentes atacantes visitantes entrasen en escea. Froito desta situación o bloqueo-defensa branquiazul tomou as rendas do set para pechalo con relativa comodidade. Non foi así na segunda manga. A intensidade no xogo dos boirenses baixou considerablemente a medida que a Textil se acomodaba na cancha. Neste momento chegábase á chave do encontro. Nun igualadísimo terceiro set onde os nosos dispuxeron de ata 2 oportunidades de pechalo, os cántabros daban un golpe enriba da mesa e deixaban tocado a un equipo que puido ter un desenlace ben distinto de ter aproveitado as súas oportunidades de ruptura. Cos ánimos locais tocados presentábase un novo panorama de difícil dixestión para os nosos. A irregularidade no xogo branquiazul neste parcial viuse reflexada no tanteador, chegando por diante ó primeiro tempo técnico (8-5) e por detrás ó segundo (10-16). Motivados polo seu orgullo e levados en bolandas polos máis de 300 siareiros que abarrotaron a Cachada a reacción dos boirenses non se fixo esperar, igualando o luminoso no momento decisivo do set. Chegados a este punto foi cando o bloqueo de Elvis de Oliveira decantou a balanza e salvagardou 3 puntos valiosísimos para os seus. Consulta a estadística do encontro aquí. A vindeira semana derbi en San Sadurniño, a preparalo a conciencia. Polo Náutico xogaron: Iván S., Narciso A., Cristóbal A., Gustavo R., Mario I., Emilio P. e Adrián A. (líbero). No banco de suplentes estaban Ismael M., Jesús V., Antón P., Manuel P. e Miguel V.

mércores, 13 de novembro de 2013

FIN DE SEMANA REPLETO DE VOLEIBOL NA CACHADA, ¡A DISFRUTAR!

SÁBADO 16:

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - CVO DIVINA PASTORA
(10:30h, A Cachada)-(Liga Galega Infantil Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - VOLEYOURENSE
(10:30h, A Cachada)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - VOLEYOURENSE
(12:00h, A Cachada)-(Liga Galega Cadete Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - CALDARIA VOLEYOURENSE
(16:00h, A Cachada)-(2ª Div. Autonómica Feminina)

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL - CDV TEXTIL SANTANDERINA
(19:00h, A Cachada)-(Superliga 2 Masculina)

DOMINGO 17:

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - ASESORES VILA CASTRO - BURGAS VOLEI
(10:30h, A Cachada)-(Liga Galega Infantil Masculina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - ASESORES VILA CASTRO - BURGAS VOLEI
(10:30h, A Cachada)-(Liga Galega Xuvenil Masculina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - ASESORES VILA CASTRO - BURGAS VOLEI
(12:00h, A Cachada)-(Liga Galega Cadete Masculina)

REDESYL BOIRO VOLEIBOL - ASESORES VILA CASTRO - BURGAS VOLEI
(12:00h, A Cachada)-(2ª Div. Autonómica Masculina)

martes, 12 de novembro de 2013

AMPLA REPRESENTACIÓN DO NÁUTICO NO SEPTETO IDEAL DESTA XORNADA:

O Náutico copa o #7idealBoiroVoleibol desta semana
A segunda vitoria do Náutico na Superliga 2 non pasa desapercibida para nós e ata catro dos seus integrantes formarán no #7idealBoiroVoleibol desta xornada. Colocador, Iván Souto: situando a catro dos seus compañeiros por riba dos 10 puntos, volveu a dar unha lección maxistral de dirección de xogo. Ademais, cos seus 4 aces axudou a desestabilizar a recepción do cvleganés.com. Oposto, Narciso Abalo: co seu máis que aceptable 41% de efectividade en ataque (14 puntos), 2 bloqueos directos e a xeira de servicios que brindou a posibilidade de xogar o tie-break o xogador crucense entra de xeito merecido no equipo ideal, demostrando que semana a semana volve a ser o xogador desequilibrante de antes da lesión. Receptor 1, Cristóbal Álvarez: repetindo unha semana máis gracias ó 93% de recepcións positivas e 52% de perfectas sobre 27 intentos. Polo pundonor e autoconfianza que transmite ó resto do equipo en partidos igualados coma o do sábado merecida a presencia do vigués. Receptor 2, Ana Bugallo: vital a aportación de Ana en recepción, servicio e ataque no encontro que as cadetes venceron ante as veciñas noiesas nunha disputada batalla que se decidiu no 5º set. Central 1, Emilio Palacio: soberbio en ataque (85% de efectividade) contribuíu de maneira directa en poñer a salvo 2 puntos para o seu equipo. Central 2, Laura Olveira: atinada en recepción e bloqueo e moi participativa en ataque destacou por riba das demais na derrota que as infantís sufriron ante o Fisioterapia Cinesia A-Solucións Noia. Líbero, María Triñanes: partido completísimo da líbero de emerxencia que Mario Iglesias adaptou a un esquema repleto de baixas. Sobresaínte en recepción e rapidísima en defensa foi a única luz nun partido cheo de sombras para o noso primeiro equipo feminino.

sábado, 9 de novembro de 2013

VITORIA POR 3-2 DO NÁUTICO NA SUPERLIGA 2 NUNHA CACHADA ATEIGADA:

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL 3-2 CVLEGANÉS.COM
(20-25, 23-25, 25-27, 25-22, 15-12)-(Superliga 2 Masculina)

A Cachada vibrou co xogo dos seus
O noso primeiro equipo masculino segue a escribir con letras de ouro a súa travesía pola categoría de prata do voleibol español. Coa baixa por lesión de Jesús Vázquez, nunha Cachada ata a bandeira e cunha afección volcada co seu equipo conseguiron os de Emilio Palacio a súa segunda vitoria consecutiva nesta Superliga 2 Masculina. Na fronte, o cvleganés.com presentaba as súas credenciais da man do receptor Manuel De Amo (21 puntos), do central Juan Villaescusa e do oposto Ramsés Ballesteros, MVP e máximo anotador na 1ª xornada da SM-2. A igualdade foi a tónica do encontro ó longo dos seus 5 sets. Tan só os errores privaron ó Náutico de comezar mandando no encontro, nun primeiro set que se anotaron os madrileños froito das imprecisións dos locais e no que os nosos se mantiveron por diante ata o segundo tempo técnico. O segundo parcial foi de clara cor branquiazul. Apoiados nunha gran recepción e na maxistral dirección de Iván Souto conseguiron os nosos mandar na manga de comezo a fin. No terceiro a igualdade foi máxima. Os dous equipos utilizaban o seu servicio como unha arma de destrucción masiva que facía que o dominio fose alterno. Tan só no desenlace de set puideron os leganenses deixar atrás ós de Boiro, cunha actuación moi destacada do altísimo central Juan Villaescusa que se mostrou imparable en labores ofensivas. A balanza persisitiría equilibrada no 4º xogo. Os ataques, ó igual que no resto do choque, superaban claramente ás defensas. Foi nos momentos quentes, onde se gañan os sets, cando unha xeira espectacular do oposto boirense Narciso Abalo dende a liña de saque perforaba a recepción madrileña, forzando deste xeito o tie-break e dando a posibilidade de seguir pelexando polos 2 puntos en xogo. Desta forma se chegaba ó set definivo. A tensión palpábase no ambiente, mais os nosos non se amilanaron e saíron ó terreo de xogo convencidos de conseguir o triunfo. Era o momento do todo ou nada e os madrileños comezaron máis atinados. Moi precisos en saque e contundentes en bloqueo chegaban por diante (5-8) ó cambio de campo. Foi neste momento cando o bloqueo-defensa boirense marcou a diferencia. Mario Iglesias, paciente buscando a súa oportunidade en bloqueo, fortificou a rede e parou unha e outra vez ós atacantes visitantes que xa non conseguirían facer dubidar ó Náutico de que esta vitoria se quedaba na Cachada. Consulta a estadística do encontro aquí. Polo Náutico xogaron: Iván Souto, Narciso Abalo, Cristóbal Álvarez, Gustavo Romero, Mario Iglesias, Emilio Palacio e Adrián Alves (líbero). Como reservas estaban Ismael Martínez, Fran Dieste, Manuel Pérez, Miguel Vázquez e Antón Pérez.

xoves, 7 de novembro de 2013

NOVA XORNADA: A CACHADA ESTRÉASE NA SUPERLIGA 2 MASCULINA. ¡ANÍMATE!

SÁBADO 9:

FISIOTERAPIA CINESIA A-SOLUCIÓNS NOIA - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(11:00h, Alonso Rodríguez)-(Liga Galega Infantil feminina)

FISIOTERAPIA CINESIA A-SOLUCIÓNS NOIA - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(11:00h, Alonso Rodríguez)-(Liga Galega Xuvenil feminina)

FISIOTERAPIA CINESIA A-SOLUCIÓNS NOIA - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(12:30h, Alonso Rodríguez)-(Liga Galega Cadete feminina)

FISIOTERAPIA CINESIA NOIA A-SOLUCIÓNS NOIA - REDESYL BOIRO VB
(18:30h, Alonso Rodríguez)-(2ª Div. Autonómica Masculina)

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL - CVLEGANÉS.COM
(19:00h, A Cachada)-(Superliga 2 Masculina)

DOMINGO 10:

GALITRANS VIAJES EMBAJADOR UDC - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(12:00h, P. Universitario de Elviña)-(2ª Div. Autonómica Feminina) 

mércores, 6 de novembro de 2013

IVÁN SOUTO ESPASANDÍN MVP DA 3ª XORNADA DA SUPERLIGA 2 MASCULINA:

Estamos de noraboa. A RFEVB recén acaba de publicar na súa web que o colocador do noso primeiro equipo masculino é o xogador máis valioso da 3ª xornada da Superliga 2. Con 7 puntos, Iván foi o 4º máximo anotador do Náutico na súa vitoria na cidade condal ante o FC Barcelona. Ademais, o colocador santiagués conseguíu que tres dos seus compañeiros superasen a decena de puntos certificando o 45% de acertos ofensivos ó longo dos cinco sets disputados. En definitiva, obra mestra de dirección. A esta boa nova súmase tamén a inclusión do central Mario Iglesias no septeto ideal da xornada, avalado polos 5 bloqueos e pola sua actuación en ataque ante os culés. Na lista de mellores receptores (3º) tamén entrou Cristóbal Álvarez cun 71% de eficacia e 14 puntos que axudaron na primeira vitoria do Náutico na categoría de prata do volei español. ¡Parabéns campións!

SEPTETO IDEAL DO BOIRO VOLEIBOL. XORNADA DO 2-11-2013:

Náutico, Xuv. Masc. e Cadete Fem. protagonistas no septeto
O 7 ideal do Boiro Voleibol desta semana xa está aquí. Os destacad@s da xornada son: colocadora, Lea Gatbache: gran actuación da directora de orquesta cadete no encontro xuvenil no que as nosas visitaron a cancha do Zalaeta. A pesar da derrota Lea destacou polo seu descaro á hora de elixir a mellor opción de ataque para o seu equipo. Oposta-Colocadora, Paula Vázquez: clara protagonista na primeira vitoria da temporada para o noso equipo cadete feminino. Atinadísima en ataque e intelixente na construcción foi un dos piares no triunfo do JEALSA sobre o Club Vigo Voleibol. Receptor 1, Cristóbal Álvarez: espectacular o encontro do vigués ante o FC Barcelona. Foi o puntal sobre o que os de Emilio Palacio apoiaron todo o seu xogo ofensivo na visita á cidade condal, da que o "Diablo" se levou máis dunha trintena de puntos rozando o 50% de efectividade en ataque. Receptor 2, Xian Pérez: notable actuación a do pequeno dos irmáns Pérez no Municipal de Dumbría para axudar a manter invicto ó equipo xuvenil masculino na LGXM. Contundencia en ataque e acerto en recepción son os atributos que outorgan a Xian a presencia neste equipo ideal. Central 1, Mario Iglesias: superando amplamente a decena de puntos nos dous choques que o Náutico disputou a pasada fin de semana, o rianxeiro asegurouse un posto de privilexio no 7 da xornada. Foi un auténtico pesadelo en bloqueo para os atacantes do FC Barcelona, que viron como ata 5 veces os seus remates se estrelaban na muralla do Náutico. Central 2, Lois Vázquez: a velocidade e o seu tempo de ataque fai de Lois un central difícil de parar para os rivais. Único xogador que repite convocatoria respecto ó septeto da semana pasada. Xa temos dominador na carreira polo MVP da temporada. Líbero, Irea Triñanes: rapídisima de reflexos e cunha predisposición defensiva óptima, a súa aportación foi determinante na estrea do casilleiro de triunfos das cadetes en Vigo.

luns, 4 de novembro de 2013

A PRIMEIRA VITORIA DO NÁUTICO EN SM-2, PROTAGONISTA DA XORNADA:

FC BARCELONA 2-3 NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(25-23, 25-20, 23-25, 17-25, 12-15)-(Superliga 2 Masculina)

Destacadísima actuación de Cristóbal  en Barcelona
O 3 de novembro do 2013 será recordado por todos nós como o día no que o Náutico conseguíu a súa primeira vitoria na Superliga 2. Nunha praza esixente e ante un complicadísimo rival lograron os de Emilio Palacio estrear o seu casilleiro particular de vitorias nesta categoría de prata do volei español. Custoulles ós boirenses coller o pulso ó choque e as circunstancias non axudaban en absoluto. Escasos minutos despois do arranque Narciso Abalo tiña que abandoar a cancha do Parc Esportiu de Llobregat por unhas molestias no seu nocello. A pesar de todo a igualdade non abandoaría o luminoso ata ben avanzado o parcial onde o altísimo bloqueo catalán marcaba a diferencia e fortificaba o seu campo para poñerse por diante no encontro. A flamante fichaxe do FC Barcelona procedente do Vikingos de Miranda, o central venezolano Carlos Vegas, mailo seu compañeiro de posición Jordi Marcé (ex-Voleibol Andorra) tomaban as rendas do seu equipo mostrándose imparables na rede. No segundo set os boirenses tomaban a iniciativa chegando por diante ós dous primeiros tempos técnicos (7-8 e 15-16). Foi neste momento cando os erros condeaban ós branquiazuis, que chegaron a mandar no luminoso por 18-20, poñendo no marcador un 2-0 que semellaba definitivo. Nada máis lonxe da realidade. Os boirenses conxuráronse entre set e set e volveron ó terreo de xogo dispostos a revertir a situación. Como si de maxia se tratase o xogo dos nosos encheuse de alegría e pundonor. Froito dunha melloría extraordinaria en saque e cun estelar Cristóbal Álvarez (13 puntos) conseguiron os de Boiro o punto de inflexión desexado. Os altos centrais cataláns xa non puntuaban con facilidade e pouco a pouco o ritmo da maquinaria branquiazul foi demasiado para un FC Barcelona que nada puido facer ante o aluvión galego. Polo Náutico xogaron: Iván Souto, Narciso Abalo, Cristóbal Álvarez, Manuel Pérez, Emilio Palacio, Mario Iglesias e Adrián Alves (líbero). Tamén xogaron Jesús Vázquez, Antón Pérez, Gustavo Romero e Miguel Vázquez.