Rotogal e Concello apoian o volei |
A espera
rematou. A empresa local ROTOGAL e o CONCELLO DE BOIRO compartirán
na tempada 17-18 a sponsorización principal do primeiro equipo do
Boiro Voleibol. O conxunto que adestra Emilio Palacio, que na pasada
tempada alzou o título de Copa Galicia e rozou coa punta dos dedos o
ascenso á máxima categoría do volei nacional, tén agora novos
compañeiros de viaxe para seguir na loita da elite do voleibol
español. Unha vez
pechado este acordo a dirección deportiva xa traballa para conformar
un equipo no que a primeira cara nova podería ser a do canteirán
Pablo Nieto, que tralo seu paso pola Concentración Permanente da
Selección Española Xuvenil regresa a Boiro para tentar facer
carreira no equipo da súa terra. Estase a traballar tamén na
incorporación dun par de xogadores foráneos que axuden ao bloque
das últimas campañas a volver a ser un equipo punteiro na Superliga
2 que mesture experiencia cos novos talentos da canteira. A Xunta
Directiva do Boiro Voleibol quere agradecer profundamente o apoio
destas empresas pola aposta que fan no noso proxecto, permitíndonos
seguir entre os mellores clubes de España e darlle saída aos nosos
mellores deportitas no primeiro nivel. Tentaremos non defraudar.