xoves, 13 de xullo de 2017

ROTOGAL E CONCELLO DE BOIRO, NOVOS SPONSOR:

Rotogal e Concello apoian o volei
A espera rematou. A empresa local ROTOGAL e o CONCELLO DE BOIRO compartirán na tempada 17-18 a sponsorización principal do primeiro equipo do Boiro Voleibol. O conxunto que adestra Emilio Palacio, que na pasada tempada alzou o título de Copa Galicia e rozou coa punta dos dedos o ascenso á máxima categoría do volei nacional, tén agora novos compañeiros de viaxe para seguir na loita da elite do voleibol español. Unha vez pechado este acordo a dirección deportiva xa traballa para conformar un equipo no que a primeira cara nova podería ser a do canteirán Pablo Nieto, que tralo seu paso pola Concentración Permanente da Selección Española Xuvenil regresa a Boiro para tentar facer carreira no equipo da súa terra. Estase a traballar tamén na incorporación dun par de xogadores foráneos que axuden ao bloque das últimas campañas a volver a ser un equipo punteiro na Superliga 2 que mesture experiencia cos novos talentos da canteira. A Xunta Directiva do Boiro Voleibol quere agradecer profundamente o apoio destas empresas pola aposta que fan no noso proxecto, permitíndonos seguir entre os mellores clubes de España e darlle saída aos nosos mellores deportitas no primeiro nivel. Tentaremos non defraudar.

Ningún comentario: