luns, 25 de xullo de 2011

PABLO BUGALLO DECIDE O SEU FUTURO:

O CMA Soria contará con P. Bugallo
Definitivamente o CMA Soria da Superliga masculina será o destino do boirense Pablo Bugallo para a vindeira campaña 2011-2012. Pablo remata nesta tempada o seu periplo na concentración permanente da selección española júnior en Palencia donde, ás ordes de Ricardo Maldonado, conseguiu varios dos maiores fitos desta selección na súa historia. Co seu 1.98m de estatura Pablo completará o trío de centrales cos que contará o adestrador do equipo soriano José Luis Moltó, xunto con Marc Altayó e Elvis de Oliveira. A presencia de José Luis Moltó no banco foi determinante para que o boirense aceptase a oferta soriana por riba de outras da Superliga nacional. O CMA Soria vén de rematar 4º na competición da SVM por detras tan só de entidades tan poderosas como CAI Voleibol Teruel, Unicaja Almería e FC Barcelona. Cabe destacar tamén que Pablo compartirá vestiario con xogadores destacadísimos no panorama nacional tales como Fran Ruiz, Daniel Rocamora, Aharón Gámiz ou Alfonso Flores. Para ver en acción ó noso veciño deberemos esperar ata o 3 de marzo de 2012, día no que os sorianos visitan o Polideportivo Municipal de Coia para medirse ó Club Vigo Voleibol. Moita sorte na túa nova aventura.

domingo, 24 de xullo de 2011

CLAUSURADO O I CLINIC CBVP:

Inmellorables sensacións as que experimentaron os asistentes a este I Clinic do Circuito Barbanza de volei praia celebrado na xornada de onte na praia de Barraña. Agradecer a Cristóbal Álvarez do Volei Praia Vigo a adicación e o compromiso mostrado con este deporte e con todos nós ademais da súa maña para transmitir coñecementos relacionados con esta práctica. Agardamos repetir en próximas edicións.

Cristóbal ilustrou con tino ós presentes en Barraña

venres, 22 de xullo de 2011

I CLINIC VOLEI PRAIA CBVP:

Mañá, sábado 28 de xullo, celebrarase o I Clinic de volei praia organizado polo CBVP (Circuito Barbanza de volei praia) no areal boirense de Barraña. A actividade será de 10:30h-13:30h en xornada de mañá e a partires das 16:30h na xornada de tarde. O clinic será impartido polo experimentado xogador do VPV (Vigo volei praia) e receptor do primeiro equipo masculino do Boiro Voleibol Cristóbal Álvarez e contará con exercicios teórico-prácticos para o perfeccionamento técnico e táctico desta modalidade deportiva. Agardamos a vosa presencia e aprender todos xuntos dunha personalidade tan destacada dentro do volei praia autonómico e nacional.

Cristóbal imparte o I Clinic do CBVP

martes, 19 de xullo de 2011

CALENDARIO DA 1ª DIVISIÓN NACIONAL MASCULINA:

A terras castelás se deberá desplazar na primeira xornada desta 1ª División Nacional 2011-2012 o primeiro equipo masculino do Boiro Voleibol para enfrontarse ó Universidade de León e comezar deste xeito a defensa do título conquistado na tempada pasada. Precisamente, o combinado de Emilio Palacio voltará ó lugar onde se proclamou campión, no polideportivo da facultade de ciencias da actividad física e o deporte de León. A tempada finalizará con outra longa viaxe, nesta ocasión os xogadores boirenses recalarán en terras burgalesas para medirse ó recén descendido da liga FEV Universidade de Burgos.



O Boiro Voleibol visitará León na primeira data

sábado, 16 de xullo de 2011

PLANIFICAMOS A 2011-2012:

Co obxectivo de planificar a formación das plantillas da próxima temporada 2011-2012, o corpo de técnicos do Boiro Voleibol convoca esta xuntanza para o próximo mércores 20 de xullo na que deberán estar presentes tódolos xogadores e xogadoras do club que teñan en mente participar no proxecto do vindeiro curso. A reunión terá lugar ás 20:00h no centro social de Boiro e a asistencia por parte de todos será imprescindible. Saúdos.



mércores, 13 de xullo de 2011

III PROBA DO CIRCUITO GALEGO DE VOLEI PRAIA:

O pasado fin de semana do 9 e 10 de xullo tivo lugar no areal do Ézaro en Dumbría a terceira proba do circuito galego de volei praia para categorías inferiores. Preto de 300 deportistas de moitos clubes da nosa comunidade citáronse para competir pola coroa e polo dominio autonómico nesta modalidade en categorías sub-15, sub-17, sub-19 e sub-21.


O Boiro Voleibol, cerca da cabeza


SUB-15:
Ismael Martínez
En categoría masculina o xogador do Boiro Voleibol Ismael Martínez conseguiu, por terceira vez consecutiva nesta tempada de verán, o primeiro posto xunto cos seus compañeiros do COVP Víctor Conde, Nuno Paz e Cristian González. Este feito permítelles afianzarse na primeira praza da clasificación xeral. En rapazas o ouro foi a parar de novo a mans das ourensás Gladys Giráldez, Ivette Giráldez, Patricia González e Eva Dieguez do COVP.


SUB-17:

Daniel Vázquez na semifinal sub-17
Os vigueses Pablo Penedo e Carlos López continúan dominando a categoría masculina tras derrotar na final a Iago Varela (Aldebarán), Pablo Rodríguez (EMEVE) e Borja Álvarez (VPV). O bronce foi para os xogadores do noso club Daniel Vázquez, Abel Sánchez e Ismael Martínez que caeron en semifinais por un axustadísimo 2-1 ante os futuros subcampións da proba. En rapazas Carla e Antía Rodríguez impuxéronse á parella formada por Nuria Salgado e Elena Sardiña, as cales siguen ó frente da clasificación xeral.
SUB-19:
Arsenio Santos

Os vigueses Pablo Penedo e Óscar Sánchez derrotaron na final a Martín Betancurt e Rubén Sixto do Aldebarán, feito que lles permite seguir ó mando da xeral tralas probas disputadas. En categoría feminina Sofía Hidalgo e Sara Rivera sorprenderon na final a Paula Martínez e Alexandra del Castillo do CV Marineda.







SUB-21:

Xavi-Mechas en acción
Boris Trillo e Alexandre Ismael Prada do COVP colgáronse o ouro tras derrotar na final ós novos líderes da clasificación xeral, os coruñeses Jorge Lendoiro e Brais Gómez do CV Zalaeta. A competición feminina foi suspendida por ausencia de participantes, polo que a xogadora do Boiro Voleibol Rebeca González e a súa compañeira María Aguiar seguen ó frente da xeral do autonómico.

sábado, 9 de xullo de 2011

Xente do Boiro Voleibol, Rebeca González:

 “volei-praia é verán, sol, risas, festa, festa...”

Rebeca González
Foi estudar Económicas para Coruña para poder ter o volei cerca. E a praia. Esta xogadora do Proboin xa pasou pola Liga FEV competindo co Calasancias. Pero a última tempada desfrutouna de novo en Boiro, a canteira da que saiu. Onde é unha das estrelas femininas: Leva seis anos consecutivos sendo a campioa galega da súa categoría en volei-praia. Con 15 anos estreouse no sub-18 estatal, quedando cuartas (con Sandra de parella). O verán seguinte, terceiras en Melilla. Un ano máis tarde cuartas en Benidorm. O seguinte, en Riazor, conseguiron o segundo posto. E o ano pasado proclamouse campioa xunto con Majo, chegando ao máis alto do podium español.  Este ano, repetiu ouro no campionato galego, e xa se prepara, con nova parella (María Aguiar), para ir ás illas Canarias a polo estatal. Tanto en pista como en praia ten ganas de dalo todo: quere máis adestramento, máis ritmo, máis tensión e as consecuentes e merecidas victorias.


-(Charo) Onde comezaches a facer volei?
-(Rebeca) Aquí en Boiro, na escola, con Antón o profesor de Educación Física en cuarto de primaria. E comezamos a ir a volei con Fran. Estivemos ese ano, ou dous como moito. Despois Fran marchara un tempo, e deixáramolo. Até terceiro da ESO, que volvemos con Juan Resua, e até hoxe. E por moito tempo (risas).

-Que tal o paso polo Calasancias?
-Ben, pero era moi distinto a acá. Aquí tes outro trato, somos unha familia, e nós as sete de sempre. Non hai problemas. Alí é distinto; é un equipo, cada xogadora vai máis ao seu.

-Como foi esa experiencia de pasar pola liga FEV?
-Está moi ben, hai equipos con nivel, non é o mesmo que estar en Segunda. En Segunda hai tres ou catro partidos interesantes, pero... A ver, non considero que teñamos un nivel moi por enriba, pero si penso que esta non debe ser a nosa liga. E estar en FEV gústache, sempre tes tensión, motívache a xogar ben... Pero bueno, co club quedaría con este sen dúbida. Por algo me vin.

-Estas a estudar. Como o compaxinas cos adestramentos?
-Adestramos os venres.  O problema que temos é que adestramos moi pouco. Aínda así, para o que adestramos non está nada mal, non? Por iso digo, que de chegarmos a adestrar...

-Normalmente a partir de certa idade é máis difícil que as mulleres sigan a facer deporte. Veste xogadora a longo prazo?
-Pois nós temos a Luci, que terá arredor de 30 anos e ten máis ganas que ninguén. Tamén Ángela, desde que eu empecei, facendo o MIR, facendo de todo, e nunca deixou. Leo tamén aí está... Eu véxome xogadora a longo prazo, traballando ou o que sexa, pero sen deixar de xogar. Sobre todo na praia.

-Como viches ao Proboin este ano, despois dunha temporada tan exitosa?
-Ben, nós gañemos ou perdamos sempre nolo pasamos ben. Queremos gañar, pero tomámonolo con humor. Por iso digo que non hai suficiente tensión nesta Liga, así na fase nos pasou o que nos pasou. Eu teño ganas de subir. De feito, xa pensei que subiriamos este ano, pero non hai maneira. Ademais, se subes tamén é posible que veña máis xente, porque para xogar en Segunda non é facil que as xogadoras se despracen, nen motiva tanto.

-Que cómpre facer para que non se escape o ascenso a temporada que vén?
-Os adestramentos deberian ser máis intensos. Deberíamos forzar máis, se mudara o noso ritmo de adestrar, mudaría o noso ritmo de xogar. E sería máis divertido. 
De forma o noso equipo está ben, pero tecnicamente adestramos pouco. No pouco tempo que temos hai que adestrar xogo. Fáltanos tensión. Eu querería adestrar cos rapaces; de feito xa estiveron vindo Cristobal, Diego... E que sete somos poucas.

-Algo que dicir dos outros equipos do Boiro Voleibol?
-Os do Hipescar gustáronme moitísimo, compenétranse moi ben. Nótaselles que se entenden. Os de Segunda parece que son mellores individualmente que en equipo. Velos adestrando e fano moi moi ben, moi unidos. Eu pensei que gañarían a Liga.

-Algunha xogadora referencial para ti?
-Luci, sen dúbida. O seu lema é non renderse nunca. Véxoa e transmite iso. É a que tira do carro, da igual que haxa unha bóla tirada no chan; ela sempre está animando, subíndonos. E de rapaces Iago. Coñézoo desde que cheguei, para min era o mellor do equipo, agora estivo lesionado, e non sei que vai facer, pero eu víao desde pequena e pensaba “quero ser coma el”.

“De pequena vía a Iago e pensaba, eu quero ser coma el”

-Vale, vaiamos agora á praia. Que ten a praia?
-Verán, sol, estarmos todos xuntos, festa, festa, festa (risas). En cada circuito o sábado xuntámonos todos e é unha festa. E os domingos. Todo o mundo se leva moi ben; en pista aínda pode haber algúns piques entre equipos, pero na praia... Sexas do equipo que sexas todos somos unha piña.

-Entón entre praia e pista, non pergunto?
-Non. praia, praia, praia, praia, vamos... (risas)

-Que tal vai o verán?
-Ben, agora estou xogando con María Trinañes no circuito do Barbanza e con Maria Aguiar, do EMEVÉ, para ir ao campionato de España, só que con ela adestrei moi pouco.

-Que pasou con Sandra, compañeira túa de praia durante catro anos?
-Somos amigas, viviamos xuntas, estabamos todo o dia xuntas...e deixámolo. En rapazas, se deixas unha parella parece que é como “mima! Seguro que discutiron, que se levan mal, que lles pasou algo”. Pero non debería verse como un problema. Os tios mudan de parella e non pasa nada. Poden variar as espectativas de cada unha, ou calquera cousa, non pasou nada malo.

-E en Canarias, que vai pasar?
-Este ano... a ver que tal. Somos sunha parella nova, e apenas adestramos. Imos ter que apretar bastante, para pasar de grupos. Eu espero chegar a semifinais, pero a ver... Majo vai como favorita, compite con Murcia, cunha xogadora da selección española, que van ir xuntas aos europeos. Aquí a murciana non podía competir, pero alí a federación debe ter unha normativa distinta, por iso pode ir Majo, que é de Lugo, alí.

“Non vou regalar nada, pero... tensión vai haber”

-Que pasaría nunha final Galiza-Murcia?
-Majo vai como favorita. Non sei...

-Polo menos pelealo, non?
-Si oh! Non o vou regalar! Pero... van as dúas que van ir ao europeo, non sei. Tensión vai haber.

venres, 8 de xullo de 2011

NOVAS DA PRAIA

CAMPEONATO GALEGO ABSOLUTO


Antón e Migui loitan na rede
Varios equipos do noso club desplazáronse a Bertamiráns e Ourense para disputar estas primeiras probas do campeonato Galego de volei praia. Rebeca e María e as irmáns Triñanes conseguían a 6ª e 7ª prazas  da categoría femenina; na masculina Chicho e Migui acadaban o 8º posto. O resto dos equipos terían a seguintes posicións: Araña-Gus 12º, Mechas-Xavi 15º, Pivot-Emilio 22º e Antón-Eiras 23º. As seguintes probas do campeonato galego xa estarán incluidas no Circuito Barbanza de  Voley Praia.





I PEQUE VOLEI PRAIA VIGOARENA

Pablo, Darío e Rubi, campións
Este xoves disputouse este primeiro torneo de volei-praia no areal de Samil en Vigo, cunha participación de 8 equipos das categorías base, en formato 3x3. O Boiro Voleibol participaba con dous equipos dos cales, Marta, Emma e Lea acadaron a 6ª posición, e os nosos cachorros Darío, Pablo e Rubi conseguían impoñerse na final por un apretado 2-1. Noraboa Campións. A seguir traballando.







ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DE VOLEI-PRAIA

En Portonovo


A vindeira semana dan comenzo as escolas deportivas de volei-praia en Barraña. Os días serán os luns, mércores e venres e os horarios de 11 a 12:30. Podedes pasar a apuntarvos na Casa da Cultura na Cachada.