Amosando publicacións coa etiqueta Crónicas da fin de semana. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Crónicas da fin de semana. Amosar todas as publicacións

xoves, 17 de novembro de 2016

DAVID DOMÉNECH E MARIO IGLESIAS NO SETE IDEAL DA SUPERLIGA 2.


A vitoria do pasado sábado do primeiro equipo na cancha do CyL Palencia 2018, no que milita o boirense Pablo Nieto, deixou como destacados da xornada a dous xogadores do Náutico: David Domènech e Mario Iglesias. O       catalán, nova incorporación desta tempada,  malia estar en proceso de adaptación ao bloque, destacou con 18 puntos, 16 de ataque, demostrando a capacidade ofensiva que o levou a ser segundo   máximo anotador e mellor oposto da 15-16. Pola súa parte, o central rianxeiro, estivo moi acertado con 4 bloqueos e 5 puntos de ataque, ante unha selección española xuvenil que destaca polo seu poderío preto da rede, demostrando ser dos mellores da competición na súa posición. Parabéns aos dous! 

luns, 21 de marzo de 2016

O NÁUTICO CAE EN VIGO. CRÓNICAS DA XORNADA:

CALASANCIAS CORUÑA 0-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(15-25, 9-25, 11-25) - (1ª Div. Aut. Cad. Masc./2ª Fase, Grupo A)
Os cadetes seguen sen coñecer a derrota
Novo triunfo do JEALSA Boiro Voleibol que, nesta tempada 2015/2016, segue sen coñecer a derrota. Dende logo, os de Adrián Alves son os claros dominadores da 1ª División Autonómica Cadete Masculina. O do pasado sábado foi un encontro típico, habitual para os nosos cadetes. Dende o comezo do partido, a presión dende a liña dos 9 metros convertíase na principal baza dos visitantes, que combinando orde, constancia e acerto non pasaban apuros para levar o primeiro parcial por un cómodo 15-25. Os dous sets seguintes foron de idéntica dinámica. O Calasancias Coruña defendía con intensidade, pero non era suficiente para deter as acometidas dun JEALSA cada vez máis dominador. Con un panorama coma o presentado, os locais pouco poideron facer para arrebatar aos boirenses a súa vixésima vitoria da temapada. Deste xeito, o 0-3 conseguido en A Coruña sitúa ao JEALSA Boiro Voleibol na segunda praza do Grupo A desta 2ª Fase, a un punto do Club Vigo Voleibol, cun partido máis. Polo JEALSA xogaron: Rubén M., Borja S., Daniel O., Christopher R., Juan O., Álex V. e Darío O. Como reservas actuaron: Mauro M. e Sergio C.

luns, 14 de marzo de 2016

DERROTA DO NÁUTICO NA CACHADA. CRÓNICAS DA XORNADA:

CALASANCIAS CORUÑA 3-0 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(25-9, 25-20, 25-17) - (1ª Div. Aut. Inf. Masc./2ª Fase, Grupo B)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-2 ZALAETA
(26-24, 25-18, 19-25, 13-25, 15-11) - (2ª Div. Aut. Inf. Fem./2ª Fase, Grupo E)

AS MARIÑAS OLEIROS 3-0 JEALSA BOIRO VOLEIBOL B
(25-19, 25-16, 25-19) - (2ª Div. Aut. Inf. Fem./2ª Fase, Grupo G)

FISIOTERAPIA CINESIA NOIA 2-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(7-25, 18-25, 27-25, 25-19, 10-15) - (2ª Div. Aut. Sén. Fem./2ª Fase, Grupo A)

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL - CYL PALENCIA 2016
(21-25, 17-25, 20-25) - (Superliga Masculina 2)
   

luns, 7 de marzo de 2016

TRIUNFO DO NÁUTICO EN XÁTIVA. CRÓNICAS DA XORNADA:


CLUB VIGO VOLEIBOL 1-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(25-23, 17-25, 16-25, 22-25) - (1ª Div. Aut. Cad. Masculina/2ª Fase, Grupo A)

XÁTIVA VOLEIBOL 0-3 NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(18-25, 26-28, 25-27) - (Superliga Masculina 2)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-1 ESCOLAPIOS
(25-20, 25-18, 27-29, 25-15) - (2ª Div. Aut. Inf. Fem./2ª Fase, Grupo E)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-1 ASESORES VILA CASTRO
(25-15, 25-15, 20-25, 25-20) - (1ª Div. Aut. Sén. Masc./2ª Fase, Grupo B)

MOCAVI XUVENIL TEIS 3-0 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(25-17, 25-23, 25-18) - (1ª Div. Aut. Cad. Fem./2ª Fase, Grupo B)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 2-3 ASESORES VILA CASTRO
(19-25, 25-20, 25-19, 21-25, 12-15) - (1ª Div. Aut. Xuv. Masc./2ª Fase, Grupo B)
      

luns, 29 de febreiro de 2016

UN NÁUTICO DESCOÑECIDO NON PODE CO HOTEL RÍO CARNAVAL BADAJOZ. CRÓNICAS:

MANUELA RIAL MOUZO 3-0 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(25-18, 27-25, 25-14) - (1ª Div. Aut. Inf. Masculina/2ª Fase, Grupo B)
       
JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-0 CVP ALIANZA ESPAÑOLA SEGUROS S.A.
(25-12, 25-20, 25-22) - (1ª Div. Aut. Cad. Feminina/2ª Fase, Grupo B)

COLEXIO GUILLELME BROWM 1-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(23-25, 20-25, 25-23, 18-25) - (2ª Div. Aut. Inf. Feminina/2ª Fase, Grupo E) 

JEALSA BOIRO VOLEIBOL B 1-3 AS MARIÑAS OLEIROS
(13-25, 25-23, 20-25, 23-25) - (2ª Div. Aut. Inf. Feminina/2ª Fase, Grupo G)

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL 0-3 HOTEL RÍO CARNAVAL BADAJOZ
(16-25, 20-25, 17-25) - (Superliga 2 Masculina)
Dura derrota do Náutico na tarde do sábado
Terceira derrota consecutiva do Náutico Boiro Voleibol nesta Superliga Masculina 2. O marcador é, sen dúbida algunha, o perfecto e máis verídico espello do encontro do pasado sábado. Para os máis de 250 siareiros que ateigaron o Pavillón Municipal de A Cachada, os de Emilio Palacio non foron os xogadores que acostumaban a ver. Total e colectivamente descoñecidos. Dende un primeiro momento, o Hotel Río Carnaval Badajoz marcou o ritmo dun partido efímero e moi desigual. Da man do central Albert Graells reconvertido en receptor (15 puntos, 65% de efectividade), os visitantes fixéronse absolutos dominadores do xogo, facendo desaparecer en cuestión de minutos a teórica "igualdade" existente entre ambos conxuntos. Faltos de ideas, desconcertados e máis erráticos do normal, os boirenses pouco podían facer ante as acometidas, cada vez máis fortes, dun Badajoz netamente superior. De pouco serviron os 14 puntos de Gabriel Del Carmen ou os 4 bloqueos directos do central Pablo Súarez, nin tan sequera para reducir o magnitude do resultado final. Deste xeito, un dos encontros clave da primeira volta converteuse nunha hora de eterna e sufrida decepción. A nota positiva do encontro déixaa a titularidade do receptor Naji Gatbache Outeiral. Con este dispar resultado o Náutico Boiro Voleibol pasa a ocupar a 7ª praza da competición, con tres puntos de vantaxe sobre o seu próximo rival: o CV Xátiva. Polo Náutico xogaron: Iván S., Gabriel Del C., Naji G., Cristóbal A., Mario I., Pablo S. e Adrián A. (líbero). Como reservas actuaron: Ismael M., Xián P., Manuel A., German R. e Jesús V.

luns, 22 de febreiro de 2016

DERROTA DO NÁUTICO EN BARCELONA. CRÓNICAS:

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-1 DOMPA GESTIÓN
(21-25, 25-14, 25-20, 25-23) - (1ª Div. Aut. Sénior Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-0 VOLEIBOL DUMBRÍA
(25-21, 25-19, 25-14) - (1ª Div. Aut. Sénior Masculina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-0 MANUELA RIAL MOUZO
(25-6, 25-13, 25-22) - (2ª Div. Aut. Infantil Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-1 VOLEIBOL DUMBRÍA
(25-17, 21-25, 25-15, 25-23) - (1ª Div. Aut. Xuvenil Masculina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-0 LICEO
(25-20, 25-19, 25-22) - (1ª Div. Aut. Cadete Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 0-3 MANUELA RIAL MOUZO
(18-25, 16-25, 15-25) - (1ª Div. Aut. Infantil Masculina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-0 VOLEIBOL DUMBRÍA
(25-19, 25-20, 25-21) - (1ª Div. Aut. Cadete Masculina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-0 DOMPA GESTIÓN
(25-9, 25-18, 25-17) - (1ª Div. Aut. Xuvenil Feminina) 

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-0 SANTA Mª DEL MAR
(25-7, 25-14, 25-23) - (1ª Div. Aut. Cadete Masculina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 2-3 PULPEIRA TRES PUERTAS X. TEIS
(25-20, 25-19, 14-25, 18-25, 4-15) - (1ª Div. Aut. Xuvenil Feminina)

F. C. BARCELONA 3-1 NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(25-18, 25-11, 14-25, 27-25) - (Superliga Masculina 2)

domingo, 14 de febreiro de 2016

8 VITORIAS E 3 DERROTAS NESTA PASADA XORNADA. CRÓNICAS:

JEALSA BARRAÑA VOLEIBOL 0-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(18-25, 17-25, 14-25) - (1ª Div. Aut. Infantil Masculina)

C.V.A.B 0-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(15-25, 22-25, 9-25) - (2ª Div. Aut. Infantil Feminina)
Clara vitoria do JEALSA contra o C.V.A.B
Partido sen moita historia o da mañá do sábado para o JEALSA Boiro Voleibol nesta 2ª División Autonómica Infantil Feminina. O rival eran as veciñas do Club Voleibol Atlético Boiro, penúltimas clasificadas da competición. O encontro estivo marcado dende un primeiro momento polo factor que determina a meirande parte dos xogos desta categoría: o servizo. Desta vez, serían as rapazas de Emilio Palacio, con múltiples xeiras dende a liña dos 7 metros, as que farían do saque a súa princial baza para levar o econtro pola vía rápida. Destacar nesta faceta a actuación de Ana, decisiva en moitos momentos do partido. Así pois, como reflexa o resultado, pouco pudo facer equipo local contra un JEALSA dominante e incisivo. Con esta vitoria por 0-3, o JEALSA pasa a ocupar a segunda praza da competición, con tan só un punto de vantaxe sobre a nosa outra sección infantil feminina: o JEALSA Boiro Voleibol B. A fin de semana que ven, as nosas rapazas reciben ao Voleibol Dumbría coa segunda praza asegurada e o dereito a participar na seguinte ronda para a Fase de Ascenso. Polo JEALSA Boiro Voleibol xogaron: Ana, Sara, Mara, Helena, Laura e Candela. Como suplentes actuaron: Lourdes, Lidia e Noelia. 

 CLUB VIGO VOLEIBOL 0-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(15-25, 20-25, 22-25) - (1ª Div. Aut. Cadete Masculina)
Os cadetes, campións da Liga Regular
Nova vitoria do JEALSA Boiro Voleibol nesta 1ª División Autonómica Cadete Masculina. E con ela, xa van un total dezaseis. Un rexistro envidiable e do que sentirnos máis que orgullosos. O do sábado, sen ser o econtro máis lúcido da tempada, estivo marcado polas constantes que levan acompañando aos de Adrián Alves durante toda a competición: seriedade e control, elevados á máxima e combinados á perfección. Así pois, un firme servizo visitante servía para desestabilizar por completo dende o primeiro set ao K1 vigués, gran aliado dos boirenses en todo momento. Sen poder reconstruír con comodidade, as accións ofensivas do Club Vigo Voleibol apenas lograban inquietar a defensa do JEALSA, férrea e ben posicionada. O bo suceder do partido fixo que todo o plantel participara no triunfo que, a día de hoxe, converte matematicamente ao JEALSA Boiro Voleibol como campión da Fase Regular deste ano. Polo JEALSA Boiro Voleibol xogaron: Rubén M., Borja S., Christopher R., Daniel O., Álex V., Juan O. e Darío O. (líbero). Como reservas estaban: Manuel T., Sergio C., e Pablo D. 

luns, 8 de febreiro de 2016

DERROTA DO NÁUTICO EN TENERIFE. CRÓNICAS DA XORNADA:


JEALSA BOIRO VOLEIBOL 0-3 CV RIBEIRA SACRA
(16-25, 16-25, 22-25) - (1ª Div. Aut. Cadete Feminina)
 
JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-1 CV RIBEIRA SACRA
(16-25, 25-20, 25-17, 25-21) - (1ª Div. Aut. Xuvenil Feminina)

JEALSA BARRAÑA VOLEIBOL 1-3 CLUB KORBIS
(13-25, 25-15, 7-25, 13-25) - (1ª Div. Aut. Infantil Masculina) 

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 0-3 CLUB KORBIS
(25-12, 25-17, 25-18) - (1ª Div. Aut. Infantil Masculina)

A. D. XIRIA ASESORÍA CERVANTES 3-0 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(25-19, 25-15, 25-21) - (1ª Div. Aut. Sénior Feminina)

PLAYAS DEL MÉDANO 3-1 NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(21-25, 29-27, 25-20, 25-23) - (Superliga 2 Masculina)

luns, 1 de febreiro de 2016

O NÁUTICO, NA PELEXA POLO ASCENSO. CRÓNICAS DA XORNADA:


JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-1 MOCAVI XUVENIL TEIS
(25-20, 25-23, 15-25, 31-29) - (1ª Div. Aut. Cadete Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-0 AS MARIÑAS OLEIROS
(25-21, 25-18, 25-22) - (1ª Div. Aut. Cadete Masculina)
O JEALSA segue sen coñecer a derrota
Nova vitoria para a nosa sección cadete masculina, que unha semana copa o máis alto da clasificación desta 1ª División Autonómica Cadete Masculina. En fronte, un dos rivais máis perigosos da competición: As Mariñas Oleiros, 2º clasificado da liga. Sen embargo, os tan só dous puntos que separan a ambos equipos non se reflectiron no encontro, dominado en todo momento polo facer do JEALSA. Así pois, tratouse dun partido moi serio e acertado en facetas ofensivas por parte dos nosos, liderados polo receptor Daniel Olveira, clave dende a liña dos 9 metros cun saque en potencia que desarticulou en momentos clave o k1 do equipo visitante. Esta dinámica de dominio e control plasmaríase na totalidade dos tres parciais, non dando opción en ningún momento a unha posible reacción oleirense. Con este novo triunfo, o JEALSA continúa invicto na categoría, con tan só dous sets en contra. Polo JEALSA Boiro Voleibol xogaron: Rubén M., Borja S., Daniel O., Chirstopher R., Álex V., Juan O., e Darío O. (líbero). Como reservas actuaron: Mauro M., Manuel T., Sergio C. e Pablo D.

martes, 26 de xaneiro de 2016

CRÓNICAS DA XORNADA:

ALDEBARÁN SAN SADURNIÑO 3-O NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(25-23, 25-21, 25-18) - (Superliga Masculina 2) 
Por segunda vez no que vai de ano, o derbi galego da Superliga 2 Masculina caeu en mans dos veciños do Aldebarán San Sadurniño. O actual e recente campión da Copa
Primeira derrota do Náutico neste 2016
Príncipe 2016 fixo valer a súa condición de gañador ante un Náutico Boiro Voleibol atenazado, errático, falto de alternativas e, por momentos, descoñecido. Sen dúbida algunha, a do sábado non foi a mellor tarde do noso primeiro equipo masculino.Tras un primeiro set igualado pola tensión que un derbi como este suscita, os locais foron gañando en confianza, acerto e dominio. Os 16 puntos (43% de efectividade) do receptor Francisco Fernández Rodríguez son boa mostra disto, máximo artilleiro e principal vía de escape dos ferroláns nos momentos decisivos. Polo Náutico destacou o vigués Gabriel Del Carmen, con 11 puntos e un 39% de efectividade insuficientes para levar a Boiro a segunda vitoria do ano. Así pois, tras dous sets de relativa equidade, o Municipal de San Sadurniño converteuse no aparatoso plató do estado anímico dos nosos, lacrado pola impotencia, a falta de acerto e de continuidade. Cando as cousas non saen, non saen. Con todo decido, unha accíón do receptor local Pablo Gómez poñía punto e final ao derradeiro encontro entre estos dous equipos na competición. Con esta derrota, o Náutico Boiro Voleibol pasa a ocupar a 5ª praza da liga, a tan só dous puntos do Aldebarán. Polo Náutico xogaron: Iván S., Emilio P., Gabriel Del C., Cristóbal A., Mario I., Pablo S., e Adrián A. (líbero). Como reservas actuaron: Ismael M., Xián P., Naji O., Manuel P. e Germán R

martes, 22 de decembro de 2015

CRÓNICAS DA FIN DE SEMANA:

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 1-3 ZALAETA
(25-21/21-25/20-25/19-25) - (1ª Div. Aut. Xuvenil Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-2 ZALAETA
(25-22/23-25/25-19/15-25/15-12) - (1ª Div. Aut. Senior Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-0 ALDEBARÁN SAN SADURNIÑO
(25-10/25-16/25-15) - (1ª Div. Aut. Xuvenil Masculina)

5º triunfo do JEALSA nesta LGXM
Nova vitoria da nosa sección xuvenil masculina para pechar o ano de competición da 1ª División Autonómica Xuvenil Masculina. Desta vez, o rival era un vello coñecido: o San Sadurniño (equipo no que milita Óscar Prieto, líbero do JEALSA no pasado Campionato de España disputado en Almería). A pesar de tratarse do colista da liga e co casilleiro de triunfos aínda por estrear, todos somos conscientes da peligrosidade dos ferroláns, sempre dispostos a levar algún punto da Cachada. Sen embargo, desta vez non sería posible. Tratouse dun partido notablemente plácido para os nosos, marcado por un dominio dende o servizo que facilitaba unha óptima construción do xogo materializada no acerto ofensivo de Lois Vázquez e Daniel Olveira, que convertían en punto cada balón que tocaban. Así pois, con pragmatismo e comodidade, o JEALSA levaba o partido por un contundente 3-0 que o sitúa na 2ª praza da competición, a tan só un punto do líder: o Asesores Vila Castro de Ourense. Polo JEALSA Boiro Voleibol xogaron: Ismael M., Daniel O., Lois V., Christopher R., Félix R., Juan O. e Darío O. (líbero). Como suplentes estaban: Rubén M., Manuel T. e Iván G. (2º líbero)


JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-0 XAV CAMBADOS
(25-22, 25-11, 25-15)-(1ª Div. Aut. Cadete Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-0 SAN SADURNIÑO
(25-13, 25-7, 25-16)-(1ª Div. Aut. Cadete Masculina)

JEALSA BARRAÑA VOLEIBOL 0-3 ASESORES VILA CASTRO OURENSE
(8-25, 17-25, 14-25)-(1ª Div. Aut. Infantil Masculina)

domingo, 13 de decembro de 2015

O NÁUTICO, ÁS PORTAS DA COPA PRÍNCIPE. RESULTADOS DA XORNADA:

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL 3-0 EMEVÉ
(25-17, 25-14, 25-22)-(Superliga 2 Masculina)


O Náutico acaba o ano na 5ª posición
Sexta vitoria do Náutico Boiro Voleibol no último encontro desta primeira volta da SVM2. O rival, un EMEVÉ de Lugo xoven e con escasa experiencia cun renovado plantel. A pesar de tratarse dun encontro contra o colista da competición, a expectación era máxima. Un triunfo dos nosos acompañado das derrotas conxuntas  de Hotel Río Carnaval Badajoz e Playas del Médano aupábaos á Copa Príncipe que se celebrará finalmente os días 9 e 10 de xaneiro en San Sadurniño. Así pois, a nosa primeira sección masculina non deu opción algunha a un EMEVÉ maniatado durante todo o encontro polo servizo local (8 aces en total), que poñía en serios apuros a reconstrucción do equipo lugués. Deste xeito, o Náutico dominou con absoluta solvencia os dous primeiros parciais, dando mostra da trascendencia e vitalidade de acadar un contundente triunfo. E así foi, en menos dunha hora de xogo o Náutico cumpría sobradamente co seu cometido. Non se podía facer máis, tocaba agardar polos resultados en San Sadurniño e Badaxoz. Desafortunadamente, a derrota por 3-2 de Playas del Médano non era suficiente e un 3-1 para Hotel Río Carnaval Badajoz contra o Club Vigo Voleibol deixaba ao Náutico sen opcións copeiras para este ano. Como nota positiva do encontro, ademais do triunfo, salientar o debut do cadete Daniel Olveira. Polo Náutico Boiro Voleibol xogaron: Iván S., Xián P., Cristóbal A., Gabriel Del C., Mario I., Pablo S. e Adrián A. (líbero). Como reservas actuaron: Ismael M., Daniel O., Germán R., Fran D. e Manuel A.

martes, 8 de decembro de 2015

DERROTA DO NÁUTICO NA CASA DO LÍDER DA SVM2. CRÓNICAS:


VOLEIBOL DUMBRÍA 1-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(Agardando parciais)-(1ª Div. Aut. Cadete Masculina)

MANUELA RIAL MOUZO 3-0 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(25-15, 25-19, 25-10)-(1ª Div. Aut. Infantil Masculina)

VOLEIBOL DUMBRÍA 3-1 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(25-23, 25-20, 26-28, 25-12)-(1ª Div. Aut. Xuvenil Masculina)

LICEO 3-0 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(25-11, 25-12, 25-11)-(1ª Div. Aut. Cadete Feminina)

VOLEIBOL DUMBRÍA 2-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(25-23, 26-28, 25-23, 17-25, 15-13)-(1ª Div. Aut. Sénior Masculina)

DOMPA GESTIÓN 2-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(25-15, 21-25, 22-25, 25-17, 12-15))-(1ª Div. Aut. Xuvenil Feminina)

JEALSA BARRAÑA VOLEIBOL 0-3 AS MARIÑAS OLEIROS
(20-25, 14-25, 10-25)-(1ª Div. Aut. Infantil Masculina)

CA'N VENTURA PALMA 3-0 NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(25-23, 28-26, 25-15)-(Superliga 2 Masculina)

DOMPA GESTIÓN 1-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(15-25, 19-25, 25-23, 21-25)-(1ª Div. Aut. Sénior Feminina)

domingo, 29 de novembro de 2015

ROZANDO O PLENO DE VITORIAS...CRÓNICAS DA FIN DE SEMANA:

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL 3-1 CLUB VIGO VOLEIBOL
(25-17, 20-25, 25-23, 25-20)-(Superliga 2 Masculina)

O Náutico queda cos 3 puntos en xogo no derbi
Triunfo boirense neste derbi da Superliga 2 Masculina diante do Club Vigo Voleibol que viviu o debut do cadete Christopher Rodríguez co primeiro equipo e o regreso á Cachada do central noiés Pablo Suárez. Os do sábado foron 3 puntos moi traballados que lles sirven ós de Emilio Palacio para seguir aspirando a ese 4º posto que dá dereito a xogar Copa Príncipe. No arranque o Náutico mostrouse intratable. A presión exercida sobre a liña de recepción olívica e os puntos de ataque de Gabriel del Carmen (21) e Xian Pérez (14) desencadearon no luminoso unha ampla vantaxe coa que se pecharía a primeira manga. Na reanudación os de Suso Penedo reaccionaron. O seu cambio de saque mellorou sobre maneira e a actuación do oposto Nathan Matos (21 pts) foi a culpable principal. Os 9 erros non forzados cometidos polos nosos nesta manga serían unha lousa demasiado pesada que colocaría o empate no tanteador xeral. No 3º set viviríamos o que podemos denominar como momento decisivo do choque. Logo de ir dominando sempre 3 puntos por diante e colocarse en disposición de pechar o set cun favorable 23-20 no marcador, dous bloqueos directos dos vigueses equilibraban a balanza e facían pender o desenlace deste xogo dun fío. Definitivamente dous erros consecutivos en ataque dos visitantes daríanlle a vitoria parcial ó Náutico. A partires de aquí só houbo un equipo sobre a cancha da Cachada. Un comezo fulgurante de 4º set guiado polo acerto en servizo e ataque levaría ós nosos a gozar de rendas tales como un 10-4 ou un posterior 17-9. Co 24-17 no luminoso os vigueses apretaron os dentes para sembrar o nerviosismo en campo boirense pero despois de malgastar 4 balóns de partido conseguirían os nosos anotarse esta importante vitoria que pode servir como empurrón anímico de cara o final desta primeira ronda da competición. Consulta nesta ligazón a estadística oficial do partido. Polo Náutico xogaron Iván S., Xian P., Gabriel Del C., Cristóbal Á., Mario I., Pablo S. e Adrián A. (líbero). Como reservas estaban Ismael M., Fran D., Manuel P., Christopher R. e Germán R.

luns, 23 de novembro de 2015

PASO ATRÁS DO NÁUTICO NA SÚA VISITA A PALENCIA. CRÓNICAS:

CYL PALENCIA 2016 3-0 NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(25-17, 25-22, 25-22)-(Superliga 2 Masculina)


O Náutico non pode co CyL Palencia 2016
  Dende que o Náutico Boiro Voleibol milita na división de prata do volei nacional, a Selección Española Júnior sempre foi un rival a bater. E así, por terceiro ano consecutivo, a nosa primeira sección masculina dispúxose na tarde do sábado 21 de novembro a traer consigo unha importantísima vitoria, vital para as súas aspiracións copeiras. O comezo do partido foi excelente, todo marchaba segundo o previsto. O K1 funcionaba á perfección, brindando ao Náutico unha vantaxe de catro puntos mediado o 1º set. Non obstante, logo dunha pausa provocada por un choque ente Gabriel e Germán, Palencia faríase arriscadamente forte. Cunha insalvable presión co servizo e un brutal dominio no bloqueo-defensa, os de Benjamín Vicedo levaban un primeiro parcial con relativa facilidade. A partir deste momento, un mesmo patrón rexería o resto do encontro. Os nosos comezan mandando pero de novo, unha e outra vez, o bloqueo pacense condicionábao todo. De pouco servirían os 22 puntos e 50% de efectividade de Gabriel Del Carmen (máximo anotador do encontro), incapaz de liderar aos boirense en dous sets de idéntico resultado. Mais non todo é negativo. A desgraza da derrota sálvaa o triunfo de Playas del Médano sobre Hotel Río Carnaval de Badajoz, rival directo polo 4º posto da SVM2. Ademais do dito, a nota positiva do encontro déixaa a primeira convocatoria do boirense Pablo Nieto nesta competición, debutando contra o seu equipo de formación. Con este resultado, o Náutico Boiro Voleibol pasa a ocupar a 6ª praza da, empatado co Hotel Río Carnaval de Badajoz e os veciños do Intasa San Sadurniño. Polo Náutico Boiro Voleibol xogaron: Iván S., Emilio P., Gabriel Del C., Cristóbal A., Mario I., Germán R. e Adrián A. (líbero). Como reservas estaban: Ismael M., Manuel A., Xian P., Fran D. e Pablo S.

domingo, 15 de novembro de 2015

O NÁUTICO ACHÉGASE Á COPA PRÍNCIPE TRAS DERROTAR AO CV XÁTIVA. CRÓNICAS:

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL 3-0 C.V. XÁTIVA
(25-19, 26-24, 25-20)-(Superliga 2 Masculina)

Emilio Palacio contra o bloqueo do C.V. Xátiva
Segunda vitoria como local para o noso primeiro equipo masculino nesta tempada 2015-2016, nun encontro fundamental á hora de determinar os aspirantes á xa próxima Copa Príncipe 2016. Así pois, coa minúscula vantaxe dun punto na clasificación, o C.V. Xátiva presentábase no Pavillón de A Cachada cun claro e único obxectivo en mente: arrebatar toda aspiración copeira ao combinado boirense. Mais iso non ía ser posible. Nunha exhibición de concentración, firmeza e poderío, os nosos fixeron do partido un auténtico monólogo, que unicamente titubearía no segundo parcial. Con Emilio Palacio (17 puntos) e Gabriel Del Carmen (14 puntos) como referentes ofensivos, o Naútico eclipsaría todos os aspectos do xogo, imposibilitando a correcta reconstrucción da escuadra setabense. Tan só no segundo set, as accións en ataque de Carlos Acedo e Borja Bueno (10 e 8 puntos, respectivamente) serían quen de desequilibrar o bloque boirense, que xa miraba con decisión á pronta resolución do encontro. Desta forma, cos 3 puntos sumados na tarde do sábado, o Náutico sitúase na 6ª praza desta SVM2. Para a semana agarda outro rival directo, o CyL Palencia 2016.   Polo Náutico Boiro Voleibol xogaron: Iván S., Emilio P., Mario I., Germán R., Cristóbal A., Gabriel Del C. e Adrián A. Como reservas actuaron: Ismael M., Xián P., Manuel A., Diego R., e Fran D.