mércores, 29 de xaneiro de 2014

HORARIOS DA XORNADA NA QUE O F.C. BARCELONA CHEGA Á CACHADA:

SÁBADO 1:

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - VOLEIBOL DUMBRÍA
(10:30h, A Cachada)-(Liga Galega Cadete Masculina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - MANUELA RIAL MOUZO
(10:30h, A Cachada)-(Liga Galega Infantil Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - MANUELA RIAL MOUZO
(12:00h, A Cachada)-(Liga Galega Infantil Masculina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - VOLEIBOL DUMBRÍA
(12:00h, A Cachada)-(Liga Galega Xuvenil Masculina)

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL - F.C. BARCELONA
(19:00h, A Cachada)-(Superliga 2 Masculina)

DOMINGO 2:

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - ZALAETA
(10:30h, A Cachada)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - CLUB VIGO VOLEIBOL
(11:00h, A Cachada)-(Liga Galega Cadete Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - ZALAETA
(12:00h, A Cachada)-(2ª Div. Autonómica Feminina)

domingo, 26 de xaneiro de 2014

AS LESIÓNS FREAN Ó NÁUTICO NUN POLÉMICO ENCONTRO EN LEGANÉS:

CVLEGANÉS.COM 3-2 NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(27-29, 25-19, 25-13, 19-25, 15-11)-(Superliga 2 Masculina)

A lesión de Iván quedou nun susto
O infortunio cebouse co Náutico no desprazamento que efectuaron á Capital na 11ª xornada desta SM-2. Narciso Abalo era baixa de última hora por unha doenza nas cervicais e Iván Souto lesionaríase nun xeonllo durante o 4º set. O encontro comezaba cun tanteo mutuo. Os madrileños dominaban o tanteo do set por 21-19 cando a garra e o traballo defensivo dos nosos tomaron a dianteira para golpear primeiro no encontro. O segundo parcial arrancaba de maneira negativa para os boirenses. O receptor andaluz Manuel de Amo bombardeaba na súa primeira rotación de saque ós branquiazuis, conseguindo un parcial inicial de 8-2. Tal distanciamento chegaría ata o final de set onde os locais empataban con este 25-19. A terceira manga arrancaba igualada. Os ataques superaban ás defensas e o equilibrio era a tónica no xogo ata que o colexiado tomou unha decisión que decantaría a balanza de lado madrileño. Un cartón vermello ó receptor e capitán en pista Cristóbal Álvarez por tentar manter unha conversa co árbitro sería unha pedra no camiño que os nosos non poderían superar. Ante esta inxustiza os boirenses conxuráronse fortemente en gañar o encontro. O descanso entre sets foi un soplo de aire fresco que devolvería a iniciativa do choque ós nosos ata que chegou a gota que colmaría o vaso do infortunio galego. Iván Souto caía lesionado nun xeonllo impedíndolle xogar o que restaba de encontro. O tie-break tomou cor madrileña nun encontro para esquecer, no que o punto conseguido pode ser a única nota positiva dos boirenses sumado ó debut en categoría de prata do xuvenil Adrián Gatbache. Consulta a estadística do encontro aquí. Polo Náutico xogaron: Iván S., Emilio P., Cristóbal Á., Manuel P., Jesús V., Mario I. e Adrián A. (líbero). Como reservas estaban Ismael M., Adrián A., Adrián G. e Gustavo R.

xoves, 23 de xaneiro de 2014

XUVENIL DE TEIS E LEGANÉS, DESTINOS DESTA FIN DE SEMANA:

VIERNES 24:

XUVENIL TEIS - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(17:30h, PM de Teis)-(Liga Galega Cadete Feminina)

XUVENIL TEIS - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(17:30h, PM de Teis)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)

SÁBADO 25:

CVLEGANÉS.COM - NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(16:00h, Emilia Pardo Bazán)-(Superliga 2 Masculina)

XUVENIL TEIS - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(20:00h, PM de Teis)-(Liga Galega Cadete Masculina)

XUVENIL TEIS - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(20:00h, PM de Teis)-(Liga Galega Infantil Feminina)

XUVENIL TEIS B - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(20:00h, PM de Teis)-(2ª Div. Autonómica Feminina)

mércores, 22 de xaneiro de 2014

NARCISO ABALO, MELLOR ATACANTE DA XORNADA NA SUPERLIGA 2 MASCULINA:

Narciso Abalo, máximo anotador na SM-2
Boas novas chegan despois de que a RFEVB sacara á luz o equipo ideal desta 10ª xornada da Superliga 2 Masculina. Narciso Abalo, oposto do Náutico Boiro VB foi o máximo artilleiro da xornada gracias ós seus 19 puntos de ataque (40% de efectividade), polo que a súa inclusión no septeto ideal da xornada está máis que xustificada. A grave lesión de nocello que sufriu hai algo máis dun ano xa forma parte do pasado, mostrando na actualidade un gran estado de forma culminado con este merecido recoñecemento. O MVP da xornada foi a parar a mans do receptor do CyL Palencia Carlos Jiménez, gracias á súa espectacular actuación o pasado sábado na Cachada. Entre os destacados na categoría de prata tamén podemos atopar a Cristóbal Álvarez (2º mellor receptor), Jesús Vázquez (2º mellor sacador) e Adrián Alves (3º mellor líbero). 

martes, 21 de xaneiro de 2014

OS VOTOS DÉIXANNOS ESTE EQUIPO IDEAL DA XORNADA:

Septeto ideal do 18-19 de xaneiro. ¡Parabéns!
Outra semana máis os votos d@s amig@s do Boiro Voleibol confeccionan o septeto ideal dunha xornada na que eles volven a ser protagonistas na formación, aquí vai. Colocador, Ismael Martínez: sabia dirección e letal desde a liña de saque no encontro que o Redesyl venceu ante o Ames Voleibol na xornada 13 da 2ª División Masculina. Oposto, Daniel Olveira: o xogador en idade infantil foi un dos destacados en facetas ofensivas na vitoria do JEALSA fronte o Sta Mª del Mar coruñés. Receptora 1, Sara Castaño: foi claramente o ataque sobre o que se apoiaron as xuvenís para derrotar ó IES de Ames A na 13ª xornada da LGXF. Sara tamén participou de maneira activa no alto nivel que mostrou a liña de recepción das de Mario Iglesias. Receptor 2, Adrián Armental: a súa seguridade en recepción e ataque e a súa predisposición defensiva son motivos máis que suficientes para ver ó xogador do Redesyl no septeto ideal por segunda semana consecutiva. Central 1, Christopher Rodríguez: fiable en recepción e un pesadelo en ataque para os herculinos tanto no encontro infantil como no cadete. O seu servicio e unha das grandes armas deste JEALSA con números de record. Central 2, Fran Dieste: o seu servicio serviu para desequilibrar a balanza no encontro do filial masculino na tarde do sábado. Atinado en bloqueo e cada vez mellor en ataque Fran é de xeito merecido un dos destacados da xornada. Líbero, Sheila Outeiral: calidade, garra e paixón son os ingredientes que convirten á líbero xuvenil nunha das mellores do Boiro Voleibol no seu posto.

domingo, 19 de xaneiro de 2014

I XORNADA DE DEPORTE ESCOLAR, ESTREA POSITIVA D@S MÁIS PEQUEN@S:

Formación alevín en Noia
O pasado sábado, no Polideportivo Alonso Rodríguez da localidade veciña de Noia celebrouse a primeira xornada de competición oficial para os nosos benxamíns e alevíns das Escolas Deportivas Municipais que promove o Concello de Boiro desde o seu Departamento de Deportes. Nun pavillón ateigado de xogadores e familiares celebrábanse multitude de encontros que, ademais de diversión e relación con compañeiros doutros clubes, nos deixaban os seguintes resultados para os nosos equipos: o equipo benxamín mixto gañaba o seu primeiro encontro nun derbi ante CV Rianxo B (2-0) e caía ante o CV Rianxo A (0-2). Pola súa parte, o Boiro Voleibol M1 da categoría alevín mixto acadaba tamén unha vitoria (ante ED Ames M2 por 2-1) e unha derrota (ante ED Ames M1 por 0-2). En categoría alevín feminino o Boiro Voleibol F1 caía ante o Manuela Rial de Cee por 2-1 e o Boiro Voleibol F2 caía por 2-0 os partidos que nos enfrentaban a ED Lousame e ó equipo do Manuela Rial F1. Agora agárdannos dúas fins de semana de parón nesta competición en idede escolar, o vindeiro 8 de febreiro repetimos experiencia, a seguir adestrando.

RESULTADOS DA XORNADA NA QUE A SUPERLIGA 2 REGRESA Á CACHADA:

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL 1-3 CyL PALENCIA 2014
(18-25, 25-22, 20-25, 20-25)-(Superliga 2 Masculina)

Espectáculo da Superliga 2 na Cachada
A Cachada vestía as súas mellores galas para recibir ó líder incontestable desta Superliga 2 Masculina. Ó redor de 300 persoas se congregaban nas bancadas para ver como o seu equipo, a pesar da derrota, plantaba cara a un talentoso rival. O encontro comezaba co Náutico moi intenso. Os de Ricardo Maldonado sentían o empuxe da bancada e vían como os locais chegaban por diante ó primeiro tempo técnico do encontro (8-5) gracias ó tino en ataque de Narciso Abalo (20 puntos) e Cristóbal Álvarez (16). A altura en bloqueo dos casteláns non tardaría en facer acto de presencia e da man do seu receptor e capitán, Carlos Jiménez (21), conseguirían revertir a situación para anotarse o primeiro set. O inicio do segundo parcial sería un calco do primeiro. Os ánimos dos locais non caían malia a derrota na primeira manga e de novo se chegaba ós dous primeiros descansos cos branquiazuis á fronte no luminoso. A intensidade defensiva dos de Emilio Palacio facía que os visitantes cometesen algún erro no que non adoitan caer e, deste xeito, perdesen o seu 6º set no que vai de liga. Coas táboas no marcador as alarmas encendéronse na Selección Júnior Masculina. A artillería e os centímetros do CyL Palencia 2014 saltaron á cancha concentrados en non sufrir máis contratempos e así sería. Coa entrada do colocador Javier Sánchez os visitantes melloraron exponencialmente. A súa velocidade de balón era demasiado para o bloqueo-defensa do Náutico que xa non podía actuar coa mesma fluidez dos instantes anteriores. Esta derrota deixa ó Náutico na penúltima posición desta categoría de prata (8º). A vindeira semana a expedición boirense fará as maletas para viaxar á capital de España e medirse no Emilia Pardo Bazán ó cvleganés.com. Preme aquí para consultar a estadística do encontro. Polo Náutico xogaron: Iván S., Narciso A., Cristóbal Á., Miguel V., Jesús V., Mario I. e Adrián A. (líbero). Como reservas estaban Ismael M., Fran D., Emilio P., Manuel P. e Gustavo R.

xoves, 16 de xaneiro de 2014

A 1ª XORNADA DE DEPORTE ESCOLAR, PROTAGONISTA NESTA FIN DE SEMANA:

SÁBADO 18:

1ª XORNADA DEPORTE ESCOLAR
(Desde as 10:00h, Alonso Rodríguez de Noia)-(Benxamín e Alevín)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - STA. MARÍA DEL MAR
(10:30h, A Cachada)-(Liga Galega Infantil Masculina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - LICEO
(10:30h, A Cachada)-(Liga Galega Infantil Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - STA. MARÍA DEL MAR
(12:00h, A Cachada)-(Liga Galega Cadete Masculina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - LICEO
(12:00h, A Cachada)-(Liga Galega Cadete Feminina)

REDESYL BOIRO VOLEIBOL - AMES VOLEIBOL
(16:00h, A Cachada)-(2ª Div. Autonómica Masculina)

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL - CyL PALENCIA 2014
(19:00h, A Cachada)-(Superliga 2 Masculina)

DOMINGO 19:

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - IES DE AMES A
(10:30h, A Cachada)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - IES DE AMES
(11:30h, A Cachada)-(Liga Galega Xuvenil Masculina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - CV BRUXAS
(12:00h, A Cachada)-(2ª Div. Autonómica Feminina)

martes, 14 de xaneiro de 2014

OS RAPACES COPAN A FORMACIÓN DO PRIMEIRO SEPTETO IDEAL DO 2014:

Primeiro #7idealBoiroVoleibol do 2014
As 3 vitorias que nos brindaron esta pasada fin de semana os equipos da nosa sección masculina trouxeron consigo actuacións máis que destacables, polo que son os rapaces os que copan os postos deste primeiro septeto ideal do ano. Colocadora: Paula Vázquez: imprescindible a súa aportación desde a liña de saque na vitoria das infantís ante o Calasancias Coruña. A xove colocadora boirense xestionou de xeito extraordinario o balón, dotando de sentido todo o caudal ofensivo do seu equipo. Oposto, Xian Pérez: espectacular actuación ofensiva do xuvenil na que foi a súa estrea neste posto específico. Mostrouse imparable en ataque durante o encontro que o Redesyl venceu en Carballo. Receptora 1, María Triñanes: axilidade en defensa, calidade en recepción e regularidade en ataque son as credenciais que presenta a pequena das irmás Triñanes para formar de xeito merecido no equipo ideal da semana. Receptor 2, Adrián Armental: pilar en recepción para o Redesyl que na tarde do sábado mostrou a súa mellor versión en saque e ataque, rompendo o encontro durante a primeira manga dende a liña dos 9 metros. Central 1, Christopher Rodríguez: foi claramente o mellor xogador do JEALSA. Intelixente en ataque e certeiro en bloqueo, Christopher mantivo ós nosos cadetes na pelexa durante todo o encontro. Central 2, Alejandra Galbán: notable cerca da rede. Colaborou de maneira activa a que a defensa do JEALSA se posicionase de maneira ordeada chegando a desesperar ó equipo rival sobre todo durante o transcurso do primeiro set. Líbero, Jorge Dieste: a súa actitude e predisposición defensiva é un soplo de aire fresco no equipo xuvenil. Malia ser a súa estrea Jorge merece ser un dos destacados da xornada.

domingo, 12 de xaneiro de 2014

O REGRESO ÁS CANCHAS TRALAS VACACIÓNS DÉIXANNOS UN 50% DE TRIUNFOS:

XIRIAVOLEI 0-3 REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(9-25, 22-25, 19-25)-(2ª Div. Autonómica Masculina)

Bo xogo e 3 puntos do Redesyl en Carballo
Serio encontro o disputado polo equipo filial masculino en Carballo para sumar a súa 5ª vitoria da temporada. Coa baixa de última hora do oposto Diego Romero por lesión se presentaron os branquiazuis no Polideportivo Municipal Vila de Noia con 5 xuvenís no septeto inicial e cunha clara intención: regresar con 3 puntos no peto. Os primeiros compases do choque estiveron marcados pola eficacia do Redesyl en bloqueo-defensa. Ismael Martínez e Adrián Armental conseguían rachar a primeira manga exercendo moita presión desde a liña de saque. No segundo parcial os locais melloraron pero lonxe de virse abaixo, os boirenses pecharon a manga cun Xian Pérez atinadísimo na súa estrea desempeñando labores de oposto. No terceiro parcial os nosos arrancaban con sensacións semellantes ás do inicio do encontro. As referencias defensivas eran efectivas e moitas eran as ocasións nas que os de Adrián Alves tiñan opción de contraataque. Bagaxe positiva a que nos deixa a visita a Carballo, con 3 puntos máis na clasificación (15) e deixando a tan só dous puntos a un Mexillón de Ouro Voleibol Rianxo que na mañá do sábado caía por 0-3 ante o EMEVE de Lugo. A vindeira semana visita a Cachada o Ames Voleibol, equipo que na primeira volta doblegou ós nosos por 3-0. Polo Redesyl xogaron: Ismael M., Xian P., Adrián A., Adrián G., Fran D., Lois V. e Felipe R. (líbero). Como reservas estaban Andrés M, Pablo R., Félix R., Dani G. e Juan O.

xoves, 9 de xaneiro de 2014

E TRALO NADAL, RETOMAMOS AS COMPETICIÓNS AUTONÓMICAS:

CALASANCIAS CORUÑA - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(10:00h, Colexio Calasancias)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)

CALASANCIAS CORUÑA - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(11:00h, Colexio Calsancias)-(Liga Galega Xuvenil Masculina)

CALASANCIAS CORUÑA - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(11:30h, Colexio Calasancias)-(Liga Galega Cadete Feminina)

CALASANCIAS CORUÑA - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(12:00h, Colexio Calasancias)-(Liga Galega Cadete Masculina)

CALASANCIAS CORUÑA - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(13:00h, Colexio Calasancias)-(Liga Galega Infantil Feminina)

CALASANCIAS CORUÑA - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(14:00h, Colexio Calasancias)-(Liga Galega Infantil Masculina)

CALASANCIAS CORUÑA - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(18:00h, PM Barrio de las Flores)-(2ª Div. Autonómica Feminina)

XIRIAVOLEI - REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(20:00h, Carballo Calero)-(2ª Div. Autonómica Masculina)