domingo, 26 de xaneiro de 2014

AS LESIÓNS FREAN Ó NÁUTICO NUN POLÉMICO ENCONTRO EN LEGANÉS:

CVLEGANÉS.COM 3-2 NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(27-29, 25-19, 25-13, 19-25, 15-11)-(Superliga 2 Masculina)

A lesión de Iván quedou nun susto
O infortunio cebouse co Náutico no desprazamento que efectuaron á Capital na 11ª xornada desta SM-2. Narciso Abalo era baixa de última hora por unha doenza nas cervicais e Iván Souto lesionaríase nun xeonllo durante o 4º set. O encontro comezaba cun tanteo mutuo. Os madrileños dominaban o tanteo do set por 21-19 cando a garra e o traballo defensivo dos nosos tomaron a dianteira para golpear primeiro no encontro. O segundo parcial arrancaba de maneira negativa para os boirenses. O receptor andaluz Manuel de Amo bombardeaba na súa primeira rotación de saque ós branquiazuis, conseguindo un parcial inicial de 8-2. Tal distanciamento chegaría ata o final de set onde os locais empataban con este 25-19. A terceira manga arrancaba igualada. Os ataques superaban ás defensas e o equilibrio era a tónica no xogo ata que o colexiado tomou unha decisión que decantaría a balanza de lado madrileño. Un cartón vermello ó receptor e capitán en pista Cristóbal Álvarez por tentar manter unha conversa co árbitro sería unha pedra no camiño que os nosos non poderían superar. Ante esta inxustiza os boirenses conxuráronse fortemente en gañar o encontro. O descanso entre sets foi un soplo de aire fresco que devolvería a iniciativa do choque ós nosos ata que chegou a gota que colmaría o vaso do infortunio galego. Iván Souto caía lesionado nun xeonllo impedíndolle xogar o que restaba de encontro. O tie-break tomou cor madrileña nun encontro para esquecer, no que o punto conseguido pode ser a única nota positiva dos boirenses sumado ó debut en categoría de prata do xuvenil Adrián Gatbache. Consulta a estadística do encontro aquí. Polo Náutico xogaron: Iván S., Emilio P., Cristóbal Á., Manuel P., Jesús V., Mario I. e Adrián A. (líbero). Como reservas estaban Ismael M., Adrián A., Adrián G. e Gustavo R.

1 comentario:

Jesus_pivot dixo...

O partido foi un caos porque nos fixemos que fose un caos. Un punto non esta mal dispois de 1200 kilometros. Xogar 5 sets, competir, sumar un punto, debutantes novos...