venres, 28 de febreiro de 2014

PARTIDOS PROGRAMADOS PARA ESTE SÁBADO DÍA 1 DE MARZO:

4ª XORNADA DE DEPORTE ESCOLAR
(Desde as 10:00h, Alonso Rodríguez de Noia)-(Benxamín e Alevín)

XUVENIL TEIS - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(17:30h, PM de Teis)-(Liga Galega Infantil Feminina)

XUVENIL TEIS - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(17:30h, PM de Teis)-(Liga Galega Cadete Masculina)

AD CÁCERES EXTREMADURA - NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(18:00h, PM Teodoro Casado)-(Superliga 2 Masculina)

mércores, 26 de febreiro de 2014

EQUIPO IDEAL DA XORNADA DO 22 E 23 DE FEBREIRO:

Equipo ideal do 22 e 23 de febreiro
A xornada que acabamos de deixar atrás foi sen lugar a dúbidas unha das máis prolíferas en canto ós resultados obtidos polos nosos equipos. Dos 8 encontros disputados conseguimos saír victoriosos en 6 polo que a pelexa por entrar neste septeto ideal foi moi reñida. Colocador, Rubén Martínez: o pequeno dos Martínez estivo espectacular no encontro que os cadetes gañaron ante o San Sadurniño. O seu saber facer desde a liña dos 9 metros e a extraordinaria labor de timonel fan que Rubi sexa un dos destacados da fin de semana. Oposto-Colocador, Daniel Olveira: Foi o xogador máis destacado en ataque do JEALSA no partido cadete masculino. Receptor 1, Lois Vázquez: Atinado en recepción e un seguro de vida en ataque no encontro que os xuvenís venceron ante o San Sadurniño por 3-0. Receptora 2, Katy Sampedro: foi sen ningún tipo de discusión a xogadora máis desequilibrante do encontro xuvenil onde as nosas doblegaron ó CV Santiago en 3 sets. Central 1, Laura Olveira: os seus remates polo medio da rede levaron ás infantís a deixar que os dous puntos da vitoria quedasen en Boiro. Central 2, Jesús Vázquez: os seus 5 puntos de ataque (62% de efectividade), 2 bloqueos e 1 saque directo convirten por segunda semana consecutiva a Jesús nun dos destacados da fin de semana no Boiro Voleibol. Líbero, Felipe Resúa: o seu tino en recepción e a personalidade que transmite a un equipo tan novo como é o Redesyl fan de Felipe un dos mellores líberos do clube tal e como se puido apreciar o pasado sábado na Cachada.

domingo, 23 de febreiro de 2014

RESULTADOS DA XORNADA NA QUE O NÁUTICO CERTIFICA A PERMANENCIA:

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL 3-1 INTASA SAN SADURNIÑO
(25-16, 25-19, 24-26, 25-20)-(Superliga 2 Masculina)

Foto de Jose Fernández Souto
O Náutico, empurrado polos case 400 espectadores que ateigaban unha vez máis A Cachada, logrou de xeito matemático a permanencia na categoría de prata do volei español. A empresa non ía ser fácil xa que un encontro destas características sempre conleva motivacións adicionais que impiden falar dun claro favorito. O choque arrancaba cos locais mandando de xeito claro no parqué. O dominio de tódalas facetas do xogo por parte dos de Emilio Palacio poñía contra as cordas ós visitantes que pouco podían facer ante o aluvión branquiazul. Presión co saque, recepción sobresaínte, dirección maxistral e contundencia no ataque eran as armas que os boirenses utilizaban para se adiantar no luminoso. Durante a segunda manga todo seguía igual. O servicio dos nosos complicaba tremendamente a fase creativa dos de Eloy Mahía que vían como os do Barbanza sempre atopaban o xeito de enviar ó chan os ataques tras un bloqueo-defensa atinadísimo ata o momento. O oposto Narciso Abalo e o receptor Cristóbal Álvarez foron os canoneiros branquiazuis con cadanseus 14 tantos. O panorama no terceiro set non cambiaba. Un elevadísimo ritmo de xogo parecía levar ós de Boiro hacia unha vitoria cómoda en tres sets pero como bo derbi sempre agardan sorpresas. Tras controlar a manga con parciais tales como 16-12 ou 21-18 a aparición do bloqueo ferrolano co ex Boiro Voleibol Pablo Suárez á cabeza fixo unha extraordinaria labor intimidatoria que recurtaría distancias. As dúbidas instaláronse entre os locais que vían como o Intasa abría fenda no luminoso na primeira metade do 4º parcial. Foi nese momento cando a conexión entre o equipo e a bancada devolveron un dominio que xa non abandonarían ata o derradeiro punto onde Gustavo Romero conseguiría mediante un ace un tanto para a ilusión, un tanto que manterá a un equipo de Boiro entre e elite nacional deste deporte. Consulta aquí a estadística do encontro. Polo Náutico xogaron: Iván S., Narciso A., Cristóbal Á., Miguel V., Jesús V., Emilio P. e Adrián A. (líbero). Ismael M., Fran D., Manuel P., Gustavo R. e Lois V. agardaban a súa oportunidade desde o banco de reservas.

mércores, 19 de febreiro de 2014

AXENDA DEPORTIVA DESTA FIN DE SEMANA DO 22 E 23 DE FEBREIRO:

SÁBADO 22:

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - SAN SADURNIÑO
(10:00h, A Cachada)-(Liga Galega Cadete Masculina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - CV SANTIAGO
(10:00h, A Cachada)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - SAN SADURNIÑO
(11:30h, A Cachada)-(Liga Galega Xuvenil Masculina)

REDESYL BOIRO VOLEIBOL - INTASA SAN SADURNIÑO B
(16:00h, A Cachada)-(2ª Div. Autonómica Masculina)

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL - INTASA SAN SADURNIÑO
(19:00h, A Cachada)-(Superliga 2 Masculina)

DOMINGO 23:

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - DOMPA GESTIÓN
(10:30h, A Cachada)-(Liga Galega Cadete Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - ESCOLA DOMPA GESTIÓN
(12:00h, A Cachada)-(Liga Galega Infantil Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - DOMPA GESTIÓN
(12:00h, A Cachada)-(2ª Div. Autonómica Feminina)

martes, 18 de febreiro de 2014

SEPTETO IDEAL DO BOIRO VOLEIBOL NA XORNADA DO 15 DE FEBREIRO:

Equipo ideal do sábado 15 de febreiro
As máis que notables actuacións individuais da pasada xornada ofrécennos unha dura pugna por entrar no combinado ideal do Boiro Voleibol que definitivamente queda da siguiente maneira: Colocador, Rubén Martínez: extraordinaria dirección a do pequeno da saga dos Martínez nun encontro no que a súa actuación desde a liña de saque foi determinante para a vitoria do JEALSA. Oposto, Diego Romero: extraordinaria aparición ofensiva a do oposto do equipo filial que foi chave para que o Redesyl regresara da cidade das Burgas con 3 importantísimos puntos. Receptor 1, Lois Vázquez: Os seus tantos de ataque axudaron a que o JEALSA gañara un encontro moi axustado que se resolveu no tie-break. Receptora 2, Sara Tubío: brillante encontro o realizado pola punta rianxeira colaborando de maneira clara a conseguir unha vitoria gracias ó acerto en recepción e ataque. Central 1, Mario Iglesias: 7 bloqueos directos e 4 puntos de ataque (36%) son motivos suficientes para que o central do noso primeiro equipo masculino fose incluido no  septeto da 14ª xornada da Superliga 2. Central 2, Jesús Vázquez: o seu 6.8 de avaliación sustentado por 2 bloqueos, 1 ace e 5 puntos de ataque (45%) convirten ó central boirense nun dos destacados desta fin de semana. Líbero, Irea Triñanes: efectiva en recepción e moi activa en defensa. As actuacións desta xogadora en idade infantil garantizan que o futuro nesta demarcación esté asegurado na nosa sección feminina.

domingo, 16 de febreiro de 2014

5 VITORIAS E DÚAS DERROTAS, RESUMO DESTA ÚLTIMA XORNADA:

CDV TEXTIL SANTANDERINA 3-2 NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(25-14, 17-25, 19-25, 25-23, 15-10)-(Superliga 2 Masculina)

ASESORES VILA CASTRO-BURGAS VOLEI 1-3 REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(22-25, 25-20, 14-25, 18-25)-(2ª Div. Autonómica Masculina)

ASESORES VILA CASTRO-BURGAS VOLEI 2-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(21-25, 25-21, 17-25, 25-20, 11-15)-(Liga Galega Xuvenil Masculina)

ASESORES VILA CASTRO-BURGAS VOLEI 0-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(14-25, 14-25, 22-25)-(Liga Galega Cadete Masculina)

VOLEYOURENSE 3-1 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(25-9, 18-25, 25-17, 25-21)-(Liga Galega Cadete Feminina)

ASESORES VILA CASTRO-BURGAS VOLEI 0-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(6-25, 10-25, 13-25)-(Liga Galega Infantil Masculina)

CVO DIVINA PASTORA 2-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(17-25, 25-22, 10-25, 25-23, 14-16)-(Liga Galega Infantil Feminina)

xoves, 13 de febreiro de 2014

NOIA, OURENSE E SANTANDER SON OS DESTINOS DESTE SÁBADO:

3ª XORNADA DE DEPORTE ESCOLAR
(Desde as 10:00h, Alonso Rodríguez de Noia)-(Benxamín e Alevín)

CVO DIVINA PASTORA - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(16:00h, IES Ferro Couselo)-(Liga Galega Infantil Feminina)

ASESORES VILA CASTRO-BURGAS VOLEI - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(16:30h, Casa da Xuventude)-(Liga Galega Xuvenil Masculina)

VOLEYOURENSE - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(17:30h, IES Ferro Couselo)-(Liga Galega Cadete Feminina)

ASESORES VILA CASTRO-BURGAS VOLEI - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(18:00h, Casa da Xuventude)-(Liga Galega Infantil Masculina)

ASESORES VILA CASTRO-BURGAS VOLEI - REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(18:30h, Paco Paz)-(2ª Div. Autonómica Masculina)

CDV TEXTIL SANTANDERINA - NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(18:30h, P. Municipal)-(Superliga 2 Masculina)

ASESORES VILA CASTRO-BURGAS VOLEI - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(19:30h, Casa da Xuventude)-(Liga Galega Cadete Masculina)

mércores, 12 de febreiro de 2014

ALE E O "DIABLO", EN CABEZA POLO MVP DA TEMPORADA:

A carreira polo MVP do Boiro Voleibol, moi apretada
Alejandra Galbán e Cristóbal Álvarez son os nomes propios destacados na carreira polo MVP da temporada no Boiro Voleibol. Con 5 aparicións cada un nos equipos ideais da semana, a central xuvenil do JEALSA e o receptor do Náutico son a ollos dos votantes para o #7idealBoiroVoleibol os dous xogadores máis en forma do noso club e principais candidatos a conseguir este galardón. No segundo escalón do podio atopamos ata a 7 xogadores: María Triñanes, Lois Vázquez, Felipe Resúa, Christopher Rodríguez, Lea Gatbache, Xian Pérez e Lía Villar seguen moi de preto os pasos dos grandes favoritos acadando a nada despreciable cifra de 4 nominacións. A medalla de bronce, a día de hoxe, sería para 6 xogadores: Rebeca González, Rubén Martínez, Paula Vázquez, Ana Bugallo, Sheila Outeiral e Iván Souto reunen 3 convocatorias no septeto ideal da semana, dato que mantén intactas as súas aspiracións a convertirse no xogador ou xogadora máis valios@ da temporada no noso club. Damas e cabaleiros, fagan as súas apostas...

martes, 11 de febreiro de 2014

ELAS, PROTAGONISTAS NO #7IDEALBOIROVOLEIBOL DA SEMANA:

As rapazas enchen o septeto ideal desta xornada
Non cabe dúbida que a actuación das xogadoras da nosa sección feminina chamou a atención dos internautas que participaron na formación deste equipo ideal da semana, onde 6 dos 7 integrantes son rapazas. Colocadora, Lea Gatbache: letal desde a liña de saque e cerebro do JEALSA unha semana máis. Colocadora-Oposta, Ada Villar: o seu saber facer en labores de distribución mantivo vivas ás súas compañeiras nun encontro en moitos tramos do partido infantil. Receptora 1, María Triñanes: os seus 24 puntos foron a catapulta do JEALSA na vitoria que as de Mario Iglesias conseguiron ante ó líder da 2ª División Feminina. Receptor 2, Juan José Outeiral: foi o corazón do Redesyl no derbi da 2ª autonómica. A súa entrada ó campo coincidiu cos mellores momentos do noso equipo filial masculino. Central 1, Alejandra Galbán: foi o principal pilar sobre o que se apoiaron as xuvenís para tentar quedarse cunha vitoria que finalmente se escaparía no tie-break. Central 2, Lía Villar: principal baza ofensiva das infantís unha semana máis e un seguro desde os 9 metros. Líbero, Paula Rial: gran encontro tanto en defensa como en recepción da líbero do primeiro equipo feminino. Participou activamente no afianzamento dunha segunda liña que outorgou moitas oportunidades de contraataque ó JEALSA.

luns, 10 de febreiro de 2014

OS MÁIS NOVOS VOLVEN Á COMPETICIÓN NA II XORNADA DO DEPORTE ESCOLAR:

As nosas alevíns en Noia
A II xornada do deporte en idade escolar vólvenos a deixar satisfeitos cos primeiros pasos dos nosos cativos nas canchas de volei. Ata Noia se desprazaron os nosos equipos benxamín mixto, alevín mixto e alevíns femininos para competir contra compañeir@s de outros clubes. Máis alá dos resultados acadados a experiencia volve a ser sumamente positiva. A relación cos outros rapaces e rapazas, o ambiente de volei e os propios partidos son un esceario extraordinario para que a base da nosa canteira se afiance e que os rapaces e rapazas do Boiro Voleibol comecen a arraigarse cunha práctica deportiva saudable. Os resultados dos encontros dos nosos foron os seguintes; Benxamín Mixto: venceu 2-1 a ED Lousame e caeu 0-2 ante o Manuela Rial de Cee. Alevín Mixto: gañou 2-0 a CV Noia M1 e perdeu 1-2 contra CV Rianxo M1. Alevín Feminino 1: caeu 0-2 ante ED Lousame e gañou 2-0 ante EDM Padrón. Alevín Feminino 2: perdeu 1-2 ante CV Noia F1.

RESULTADOS DA XORNADA DO SÁBADO 8 DE FEBREIRO:

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-1 GALITRANS VIAJES EMBAJADOR UDC
(25-17, 25-20, 17-25, 28-26)-(2ª Div. Autonómica Feminina)

O JEALSA tumba ó lider na Cachada. ¡Bravo!
Importantísimo triunfo o acadado polas rapazas que dirixe Mario Iglesias nun encontro que as enfrontaba nada máis e nada menos que ó líder da categoría. O comezo das nosas foi fulgurante. O servicio local danaba gravemente a unha recepción coruñesa que fixo que a defensa do JEALSA fose a clara protagonista do primeiro parcial, ofrecendo moitas oportunidades de contra claras a unhas atacantes excelsas neste arranque de choque. Na segunda manga as nosas non baixaron o ritmo. Atinadas en bloqueo-defensa e contundentes en contraataque malia a baixa da oposta Mariana Díaz as nosas daban un golpe enriba da mesa e colocábanse cun claro 2-0 que as facía optar claramente á vitoria final. O peor tramo do encontro chegaría co 3º acto. Agora era o servicio herculino o que facía dubidar e cometer uns erros que lles custarían o set as branquiazuis. Na reanudación vivimos o parcial máis axustado. JEALSA e UDC chegaban igualadas a un final de set no que o poderío ofensivo das nosas deixaron os 3 puntos da vitoria na Cachada e remataban coa tensión vivida minutos antes. Tras este triunfo as nosas engánchanse á parte alta da táboa clasificatoria, na que permanecen aínda na 6ª praza cun partido menos que as súas inmediatas predecesoras, o CV Pontevedra Comercial Durán. Polo JEALSA xogaron: Ángela T., Laura M., Rebeca G., María T., Alejandra G., Alejandra M. e Paula R. (líbero). Tamén xogaron Carla O., Sheila O., Cristina F., Sheila P. e Verónica C.

xoves, 6 de febreiro de 2014

HORARIOS PROGRAMADOS PARA ESTE SÁBADO 8 DE FEBREIRO:

2ª XORNADA DE DEPORTE ESCOLAR
(Desde as 10:00h, Alonso Rodríguez de Noia)-(Benxamín e Alevín)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - FISIOTERAPIA CINESIA A-SOLUCIÓNS NOIA
(16:00h, A Cachada)-(Liga Galega Infantil Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - FISIOTERAPIA CINESIA A-SOLUCIÓNS NOIA
(16:00h, A Cachada)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - FISIOTERAPIA CINESIA A-SOLUCIÓNS NOIA
(17:30h, A Cachada)-(Liga Galega Cadete Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - GALITRANS VIAJES EMBAJADOR UDC
(18:00h, A Cachada)-(2ª Div. Autonómica Feminina)

REDESYL BOIRO VOLEIBOL - FISIOTERAPIA CINESIA A-SOLUCIÓNS NOIA
(19:00h, A Cachada)-(2ª Div. Autonómica Masculina)

mércores, 5 de febreiro de 2014

3 XOGADORES DO NÁUTICO NO #7IDEALBOIROVOLEIBOL DESTA XORNADA:

Septeto ideal do 1 e 2 de febreiro
A histórica vitoria que o Náutico acadou ante o FC Barcelona na 12ª xornada da Superliga 2 non pasa por alto nas votacións dos nosos lectores para conformar o septeto da xornada no Boiro Voleibol e 3 son os integrantes do primeiro equipo incluidos nesta selección. Colocador, Iván Souto: sobresaínte labor de distribución nun encontro no que o santiagués situou a case que tódolos seus atacantes por riba do 50% de efectividade en ataque. 1 punto de ataque, outro de bloqueo e 2 saques directos son motivos máis que suficientes como para que Iván forme parte do 7 ideal da RFEVB e do Boiro Voleibol. Oposta, Mariana Díaz: os seus 15 puntos no encontro que o JEALSA venceu ante o Zalaeta convirten á rianxeira na oposta máis destacada da fin de semana. Receptor 1, Cristóbal Álvarez: a súa actuación ante os culés convertiron ó "Diablo" no MVP da xornada na categoría de prata. 15 puntos de ataque, 1 bloqueo, 1 ace, un extraordinario 88% de acerto en recepción e unha bagaxe de +10 en tres sets para o seu equipo xustifican sobradamente a súa presencia neste septeto. Receptor 2, Rebeca González: determinante a súa actuación ofensiva para decantar un encontro que se decidiría no tie-break e no que a boirense remataría coa frioleira de 23 puntos. Central 1, Mario Iglesias: 3 bloqueos, 7 puntos de ataque (70% de efectividade) e un cómputo xeral de +8 convirten a Mario no mellor central da fin de semana. Central 2, Lía Villar: gran actuación de Lía no encontro que as infantís dominaron ante o Manuela Rial. Efectiva en ataque e letal desde a liña de saque desequilibrou a balanza dun encontro entre dous conxuntos parellos. Líbero, Sheila Outeiral: atinadísima en recepción e moi activa en labores defensivas no encontro que as xuvenís perderon ante as coruñesas do Zalaeta.

martes, 4 de febreiro de 2014

CRISTÓBAL ÁLVAREZ, XOGADOR MÁIS VALIOSO DA 12ª XORNADA DA SM-2:

Iván e Cristóbal entre os destacados da xornada
O extraordinario encontro vivido na Cachada o pasado sábado entre o Náutico e o FC Barcelona non pasou desapercibido entre os responsables da RFEVB. Cristóbal Álvarez, receptor do conxunto boirense acaba de ser proclamado MVP da 12ª xornada de liga da categoría de prata do volei español froito da súa espectacular actuación. 15 puntos de ataque (56% de efectividade), 1 bloqueo, 1 saque directo e un fenomenal 88% de acerto en recepción son as credenciais que o "Diablo" presentou para optar claramente a este galardón. Esta non foi a única sopresa positiva do día: Iván Souto, colocador do Náutico, foi incluido ó igual que Cristóbal no septeto ideal da xornada gracias a un encontro no que, demostrando unhas dotes excepcionais para a dirección do xogo, colocou a case que tódolos seus atacantes por riba do 50% de efectividade. Parabéns a ambos. ¡Forza Boiro Voleibol!

domingo, 2 de febreiro de 2014

O F.C. BARCELONA PERECE ANTE A PRESIÓN DA CACHADA:

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL 3-0 F.C. BARCELONA
(26-24, 25-17, 25-22)-(Superliga 2 Masculina)

O Náutico regálalle un 3-0 ós seus siareiros
A do sábado será unha desas tardes que quedarán grabadas no recordo de todos nós. Diante de medio milleiro de espectadores fieis ó volei boirense conseguía o noso primeiro equipo masculino doblegar por 3-0 ó todopoderoso F.C Barcelona. A espectacular actuación do receptor Cristóbal Álvarez (17 puntos e 88% de efectividade en recepción) catapultou ós de Emilio Palacio a unha vitoria na que o bloqueo barbanzano vestiu as súas mellores galas conseguindo a nada despreciable cifra de 9 tantos. O encontro comezaba igualado. Os altísimos centrais cataláns marcaban o territorio mentras os branquiazuis lle tomaban o pulso ó ritmo de xogo. Tan só nos momentos decisivos da primeira manga puido o Náutico dasequilibrar a balanza gracias a dúas accións defensivas extraordinarias que colocaban 0 26-24 no luminoso. Esta derrota parcial foi un duro mazazo para os da cidade condal que comezaban o 2º set cos ánimos polo chan e padecendo a efectividade do servicio local. Os boirenses camiñaban sen dúbidas a polo 2-0 nun set no que chegaron por diante ós dous tempos técnicos (8-6 e 16-11) gracias ó acerto en recepción e ataque. A 3ª manga foi un calco do anterior. O empuxe dos nosos era demasiado para os blaugranas que nada podían facer para impedir que os tres puntos da vitoria se quedasen en Galicia. Para consultar a estadística completa do encontro pulsa aquí. Polo Náutico xogaron Iván S., Narciso A., Cristóbal Á., Emilio P., Jesús V., Mario I. e Adrián A. (líbero). Como reservas ficaban Ismael M., Fran D., Miguel V., Manuel P. e Adrián G.