martes, 11 de febreiro de 2014

ELAS, PROTAGONISTAS NO #7IDEALBOIROVOLEIBOL DA SEMANA:

As rapazas enchen o septeto ideal desta xornada
Non cabe dúbida que a actuación das xogadoras da nosa sección feminina chamou a atención dos internautas que participaron na formación deste equipo ideal da semana, onde 6 dos 7 integrantes son rapazas. Colocadora, Lea Gatbache: letal desde a liña de saque e cerebro do JEALSA unha semana máis. Colocadora-Oposta, Ada Villar: o seu saber facer en labores de distribución mantivo vivas ás súas compañeiras nun encontro en moitos tramos do partido infantil. Receptora 1, María Triñanes: os seus 24 puntos foron a catapulta do JEALSA na vitoria que as de Mario Iglesias conseguiron ante ó líder da 2ª División Feminina. Receptor 2, Juan José Outeiral: foi o corazón do Redesyl no derbi da 2ª autonómica. A súa entrada ó campo coincidiu cos mellores momentos do noso equipo filial masculino. Central 1, Alejandra Galbán: foi o principal pilar sobre o que se apoiaron as xuvenís para tentar quedarse cunha vitoria que finalmente se escaparía no tie-break. Central 2, Lía Villar: principal baza ofensiva das infantís unha semana máis e un seguro desde os 9 metros. Líbero, Paula Rial: gran encontro tanto en defensa como en recepción da líbero do primeiro equipo feminino. Participou activamente no afianzamento dunha segunda liña que outorgou moitas oportunidades de contraataque ó JEALSA.

Ningún comentario: