mércores, 5 de febreiro de 2014

3 XOGADORES DO NÁUTICO NO #7IDEALBOIROVOLEIBOL DESTA XORNADA:

Septeto ideal do 1 e 2 de febreiro
A histórica vitoria que o Náutico acadou ante o FC Barcelona na 12ª xornada da Superliga 2 non pasa por alto nas votacións dos nosos lectores para conformar o septeto da xornada no Boiro Voleibol e 3 son os integrantes do primeiro equipo incluidos nesta selección. Colocador, Iván Souto: sobresaínte labor de distribución nun encontro no que o santiagués situou a case que tódolos seus atacantes por riba do 50% de efectividade en ataque. 1 punto de ataque, outro de bloqueo e 2 saques directos son motivos máis que suficientes como para que Iván forme parte do 7 ideal da RFEVB e do Boiro Voleibol. Oposta, Mariana Díaz: os seus 15 puntos no encontro que o JEALSA venceu ante o Zalaeta convirten á rianxeira na oposta máis destacada da fin de semana. Receptor 1, Cristóbal Álvarez: a súa actuación ante os culés convertiron ó "Diablo" no MVP da xornada na categoría de prata. 15 puntos de ataque, 1 bloqueo, 1 ace, un extraordinario 88% de acerto en recepción e unha bagaxe de +10 en tres sets para o seu equipo xustifican sobradamente a súa presencia neste septeto. Receptor 2, Rebeca González: determinante a súa actuación ofensiva para decantar un encontro que se decidiría no tie-break e no que a boirense remataría coa frioleira de 23 puntos. Central 1, Mario Iglesias: 3 bloqueos, 7 puntos de ataque (70% de efectividade) e un cómputo xeral de +8 convirten a Mario no mellor central da fin de semana. Central 2, Lía Villar: gran actuación de Lía no encontro que as infantís dominaron ante o Manuela Rial. Efectiva en ataque e letal desde a liña de saque desequilibrou a balanza dun encontro entre dous conxuntos parellos. Líbero, Sheila Outeiral: atinadísima en recepción e moi activa en labores defensivas no encontro que as xuvenís perderon ante as coruñesas do Zalaeta.

Ningún comentario: