Equipo ideal do sábado 15 de febreiro |
As máis que notables actuacións individuais da pasada xornada ofrécennos unha dura pugna por entrar no combinado ideal do Boiro Voleibol que definitivamente queda da siguiente maneira: Colocador, Rubén Martínez: extraordinaria dirección a do pequeno da saga dos Martínez nun encontro no que a súa actuación desde a liña de saque foi determinante para a vitoria do JEALSA. Oposto, Diego Romero: extraordinaria aparición ofensiva a do oposto do equipo filial que foi chave para que o Redesyl regresara da cidade das Burgas con 3 importantísimos puntos. Receptor 1, Lois Vázquez: Os seus tantos de ataque axudaron a que o JEALSA gañara un encontro moi axustado que se resolveu no tie-break. Receptora 2, Sara Tubío: brillante encontro o realizado pola punta rianxeira colaborando de maneira clara a conseguir unha vitoria gracias ó acerto en recepción e ataque. Central 1, Mario Iglesias: 7 bloqueos directos e 4 puntos de ataque (36%) son motivos suficientes para que o central do noso primeiro equipo masculino fose incluido no septeto da 14ª xornada da Superliga 2. Central 2, Jesús Vázquez: o seu 6.8 de avaliación sustentado por 2 bloqueos, 1 ace e 5 puntos de ataque (45%) convirten ó central boirense nun dos destacados desta fin de semana. Líbero, Irea Triñanes: efectiva en recepción e moi activa en defensa. As actuacións desta xogadora en idade infantil garantizan que o futuro nesta demarcación esté asegurado na nosa sección feminina.
Ningún comentario:
Publicar un comentario