venres, 31 de decembro de 2010

O Boiro Voleibol deséxavos un feliz 2011:

En nome do corpo directivo do Boiro Voleibol, e no meu propio desexarvos a todos e cada un de vós un feliz ano novo. É un pracer formar parte desta gran familia.



¡¡No 2011, máis e mellor!!

O Hipescar sae victorioso en Bertamiráns:


Cristóbal Álvarez en acción
Ata Bertamiráns se desplazaba o primeiro equipo masculino do Boiro Voleibol para formar parte desta festa organizada polo club local, o Bertamiráns FC Voleibol. Moitas eran as baixas coas que contaba o cadro de Emilio Palacio pero coas colaboracións de última hora do receptor do filial boirense Xavier Sarille, o oposto xuvenil Martín Herrera e o central que milita nas filas da selección española júnior Pablo Bugallo fixeron posible presentar un equipo serio e con garantías no municipal de Bertamiráns.
O transcurso do encontro estivo marcado polas numerosísimas sustitucións no conxunto boirense de tal maneira que tódolos xogadores disfrutaran do bo ambiente que gozaba o polideportivo. O desenlace foi de victoria para o Hipescar Boiro Voleibol por 2-3. Polos nosos xogaron: Iván Souto "Pas", Narciso Abalo, Cristóbal Álvarez, Manuel Pérez, Jesús Vázquez "Pivot", Antón Pérez e Andrés Martínez (Líbero). Tamén participaron Daniel Eiras, Martín Herrera, Xavier Sarille e Pablo Bugallo.


Equipo desplazado a Bertamiráns polo Boiro Voleibol

xoves, 30 de decembro de 2010

Cea de aninovo do Boiro Voleibol:

Comprácenos informar que o vindeiro  día 8 de xaneiro (sábado) celebrarase no restaurante "Arume" a cea de aninovo do Boiro Voleibol. O prezo do menú (aínda por confirmar) será de 20€ por persoa e a hora de comezo entorno ás 22:30h.
Todos estades convidados e para confirmar asistencia debedes chamar en persoa a Iago Vidal (Lóstrego) ó teléfono 655570639. Animádevos todos, pasaremos unha entretida noite xuntos.

mércores, 29 de decembro de 2010

Promoción do voleibol en Bertamiráns:

O vindeiro venres día 31 de decembro celebrarase en Bertamiráns un evento oficial para promocionar o voleibol nese municipio que dará comezo as 16:00h. Organizado polo club local coa intención de repercutir o máximo posible entre a xente da zona un dos atractivos do día será a presencia do primeiro equipo masculino do noso club, o Hipescar Boiro Voleibol que se enfrentara ás 17:00h no polideportivo municipal de Bertamiráns a unha ampla selección de xogadores realizada por técnicos do club local. En nome do corpo directivo do Boiro Voleibol agradecemos dende aquí a invitación para  unha cita de este tipo, desexando moita sorte na futura andadura do CV Bertamiráns.

Hipescar Boiro Voleibol 2010-2011

Torneo 3x3 de nadal en Noia:

O pasado domingo 26 de decembro varios dos nosos xogadores participaron no torneo de Nadal que xa é un clásico na zona do Barbanza, obtendo inmellorables resultados en categoría cadete e senior. Noraboa para todos eles.

Lance do torneo con Isma en recepción


Na categoría cadete venceron os boirenses Fran Dieste, Ismael Martínez e Rubén Martínez. Tamén participaron nesta categoría Sara e Ana Bugallo acompañadas de Katy que remataron nunha meritoria 3ª posición.
Campións: Isma, Rubi e Fran


Na categoría absoluta os vencedores foron o equipo "TOP", cos tamén xogadores boirenses Adrián Alves, Narciso Abalo, Jesús Calo e Victor Regos. Outros integrantes do Boiro Voleibol no torneo eran Luci Paz, Cristóbal Alvarez, Juan Resúa, Daniel Agra, Paula Martínez, Manuel Pérez "Cholo", Diego Romero, Andrés Martínez, Ismael Martínez, Rubén Martínez, Miguel Vázquez, Rubén Taibo, Xavier Sarille, Adrián Armental, Pablo Bugallo, Sara Bugallo, Ana Bugallo, Arsenio e Roberto Rodríguez "Tito".


Equipo "TOP": Narciso, Adrián, Jesús e Victor

xoves, 23 de decembro de 2010

¡¡¡Felicita o nadal no blog do teu clube!!!




EN NOME DO CLUB VOLEIBOL CABO DE CRUZ DESEXÁMOSVOS A TODOS UNHAS FELICES FESTAS E UN ANO 2011 CHEO DE VOLEIBOL.UN FORTE E AGARIMOSO ABRAZO PARA TODOS.


¡BOAS FESTAS!

martes, 21 de decembro de 2010

Información dos adestramentos en nadal:

O primeiro equipo masculino, o Hipescar Boiro Voleibol adestrará durante as vacacións de nadal en horario excepcional de 21:00-23-00 no polideportivo de "A Cachada" os seguintes días: luns 27 de decembro, mércores 29 de decembro, luns 3 de xaneiro e mércores 5 de xaneiro.


Pola súa banda, o Proboin Boiro Voleibol entrenará esos mismos días (luns e mércores) en horario de 19:00 a 21:00, tamén no polideportivo de "A Cachada".


O Redesyl  Boiro Voleibol, ás ordes de Antón Pérez adestrarán os seguintes días no polideportivo de Barraña: mércores 29 (21:00-23:00h); xoves 30 (20:30-23:00h); mércores 5 (21:00-23:00h) e venres 7 (20:30-23:00).

Os equipos xuvenil e cadete masculino do Boiro Voleibol, manteñen os horarios habituais de adestramento: martes e xoves en "A Cachada" de 19:00 a 20:30.


Os equipo cadete e xuvenil feminino do Boiro Voleibol manteñen tamén os cotidianos horarios de adestramento: martes e xoves en "A Cachada" de 20:30 a 22:00h.


As EDM (escolas deportivas municipais) terán un parón hasta o comenzo do curso académico en xaneiro.

domingo, 19 de decembro de 2010

Resultados do 18 de decembro:

CD CONXO 3-2 PROBOIN BOIRO VOLEIBOL
(20-25,24-26,25-21,25-22,15-9)-(2ª división autonómica feminina)

Carla e María disputan un balón en Cambados (Arquivo)
Inesperada derrota do PROBOIN. Partido ó que as nosas viaxaron con numerosas baixas, comezou cunha vitoria sen dificultades nos dous primeiros sets. A partir do terceiro set, a habitualmente poderosa defensa das nosas xogadoras fallou, e o partido foise escapando das súas mans, acabando a victoria no casilleiro do equipo santiagués. Polo Proboin Boiro Voleibol xogaron: Ángela Triñanes, María Triñanes, Alicia Novoa, Leonor Lorenzo, Luci Paz e Ángela (xuvenil); como reserva estivo Luisa.




EQUIPOPJPGPPNPJFJCTFTCPUNTOS
1Proboin Boiro Voleibol761020458246513
2Emeve Lab. Nupel B761018656050213
3Voley Arteixo752017858247412
4San Sadurniño651016548638711
5Calasancias Coruña B6420131048348010
6Comercial Durán7340131357256010
7XAV Cambados72509175365919
8CD Conxo72508195426089
9Autos Rico UDC A71607184975758
10Dompa Gestión70700213275257

IES TURISMO DE VIGO CAIXANOVA 3-0 BOIRO VOLEIBOL
(25-23,25-19,25-16)-(Liga galega xuvenil maculina)

Derrota do equipo xuvenil masculino do Boiro Voleibol por un claro 3-0 en terras viguesas que lle impiden por segunda semana consecutiva lograr un triunfo nesta liga galega. O equipo de Andrés Martínez contaba coa importante baixa do central boirense Antón Pérez que se atopaba nese intre viaxando a Gijón co primeiro equipo. Polo Boiro Voleibol xogaron: Dani Sieira, Diego Romero, Diego García, Martín Herrera, Fran Dieste, Ismael Martínez e Adán (líbero). Como reservas atopábanse Abel Sánchez, Daniel Vázquez e Xian Pérez.

IES TURISMO DE VIGO CAIXANOVA 3-0 BOIRO VOLEIBOL
(25-7,25-23,25-17)-(Liga galega cadete maculina)

Derrota en tres sets dos rapaces ás ordes de Andrés Martínez que comezaron o encontro totalmente irrecoñecibles recibindo un contundente parcial de 25-7. Tras precisar en detalles do xogo e gañar en confianza e intensidade o equipo sufreu un importante lavado de cara que no foi suficiente para lograr a vitoria. Polo Boiro Voleibol xogaron: Ismael, Daniel Vázquez, Lois Vázquez, Abel Sánchez, Xian Pérez e Fran Dieste. Como reservas actuaron Alfonso e Raul Lojo.

TURISMO DE VIGO 3-0 REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(25-20,25-21,25-14)-(2ª división autonómica maculina)

Xogada na Cachada frente ó Com.Durán (Arquivo)
Tan contundente como sorprendente foi a derrota do equipo filial masculino que dirixe Antón Pérez diante do Turismo de Vigo en terras viguesas. Boa actuación do conxunto olívico demostrando orde e criterio no seu xogo e impedindo a remontada do Redesyl en todo momento. A pesar deste tropezo, os boirenses dependen de sí mesmos para rematar a primeira volta da competición regular como líderes da mesma.Polo Redesyl Boiro Voleibol xogaron: Rubén Taibo "Mechas", Alén García, Juan "Mande", Diego Romero, Fran Outeiral, Fran López e Diego Alcalde (líbero). Como reservas estaban Manuel Pérez "Cholo", Roberto Rodríguez "Tito", Xavier Sarille, Román Vidarte e Luis Lustres.

EQUIPOPJPGPPNPJFJCTFTCPUNTOS
1Turismo de Vigo642014749442810
2Redesyl Boiro Voleibol4310932802327
3CV Vagalume43101063713467
4Zalaeta B52309114174457
5Comercial Durán52306113704037
6EMEVE Lab. Nupel B51406133854506
7Aldebarán S. Sadurniño B3120472362494

IES AMES 3-0 BOIRO VOLEIBOL
(25-16,25-18,25-17)-(Liga provincial xuvenil feminina)

As xuvenís, dirixidas por Juan Resúa, viaxaron a Ames con ganas e ilusión na vitoria. Sen embargo, a maior experiencia das xogadores do Ames e fallos por parte das nosas xuvenís non permitiron que o marcador estivese a favor do Boiro Voleibol.

IES AMES 3-0 BOIRO VOLEIBOL
(25-19,25-22,25-23)-(Liga provincial cadete feminina)

As cousas ocorreron de maneira similar que no caso das nosas xuvenís. Atopáronse cun equipo con máis tempo de rodaxe nas pistas e que soubo aproveitar os erros das boirenses para acadar a vitoria.

CID JOVELLANOS (Gijón) 1-3 HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL
(23-25,18-25,25-18,21-25)-(1ª división nacional masculina)

Iniciando o famoso saudo "Hipescar"
Clara vitoria do primeiro equipo masculino en terras asturianas e ante un rival sempre complicado como é o CID Jovellanos. Non acusaron a longa viaxe nin a importante baixa do receptor Iago Vidal os de Emilio Palacio saltando ó terreo de xogo cunha solidez, orde, precisión, contundencia e intensidade no xogo dignas de mención dende o primeiro punto do encontro. Logrou o Hipescar situarse cun favorable tanteador de 0-2 sets baseándose nun moi bo K1 e nun potentísimo no día de onte K2. Cabe destacar na faceta defensiva ó receptor santiagués Manuel Pérez que completou un moi bo encontro no que significaba o seu debut como titular e tendo a difícil misión de sustituir a Iago Vidal. 


Gustavo Romero voando en Asturias
Polo Hipescar Boiro Voleibol xogaron: Iván Souto "Pas", Narciso Abalo, Cristóbal Álvarez, Manuel Pérez, Jesús Vázquez, Antón Pérez e Adrian Alves "Chicho" (líbero). Como reservas estaban Miguel Vázquez, Gustavo Romero, Daniel Eiras, Andrés Martínez e Ignacio Cibeira.








Con este triunfo o Hipescar sitúase a tiro de pedra dos postos que dan opción a acudir á fase de ascenso a liga FEV quedando a clasificación deste xeito:

EQUIPOPJPGPPNPJFJCTFTCPUNTOS
1Universidad de Valladolid660018757049112
2Club Vigo Voleibol B651017856350711
3Hipescar Boiro Voleibol6420161159956610
4Aule633013105205219
5Zalaeta633011115074929
6CV Rianxo725012176356549
7San Sadurniño72509185736379
8CID Jovellanos624010155535618
9Auria Vella Voleyourense61507164575487