xoves, 26 de decembro de 2013

SEPTETO IDEAL DA XORNADA DE NADAL:

Septeto ideal da xornada previa ó Nadal
A xornada previa ás vacacións de Nadal non foi todo o fructífera que desexaríamos en canto ós seus resultados, pero cabe destacar a actuación de algún dos nosos xogadores e xogadoras. Alá imos. Colocadora, Ángela Triñanes: o seu saber facer na dirección do JEALSA axudou de maneira clara na vitoria que as de Mario Iglesias acadaron en Vigo. Oposta, Mariana Díaz: os seus 10 puntos en ataque son as credenciais que presentou a rianxeira para optar a este equipo ideal do que definitivamente forma parte. Receptor 1, Ana Bugallo: Destacada a actuación en labores ofensiva da irmá pequena dos Bugallo. Semana tras semana demostra que é unha das grandes canoneiras da Liga Galega Cadete Feminina. Receptor 2, Xian Pérez: contundente en ataque e atinado en recepción foi un oasis no encontro que o Redesyl disputou en Coia. Central 1, Alejandra Galbán: a súa melloría na rede dota ó JEALSA dun maior podería ofensivo e ofensivo. Foi unha das destacadas na derrota que as xuvenís sufriron en Monforte. Central 2, Lois Vázquez: por momentos imparable en ataque era unha vía de escape segura para o caudal ofensivo do noso equipo xuvenil masculino. Malia o potencial do rival, Lois consegue de xeito merecido esta convocatoria. Líbero, Sheila Outeiral: seria en defensa e moi atinada en recepción no tropezo no tie-break das xuvenís ante a AD A Pinguela.

luns, 23 de decembro de 2013

RESULTADOS DUNHA XORNADA CON TAN SÓ UNHA VITORIA:

ELLAEL VIGO VOLEY 0-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(23-25, 18-25, 15-25)-(2ª Div. Autonómica Feminina)

3 puntos de ouro antes do parón de Nadal
Importantísimo triunfo o do noso primeiro equipo feminino para seguir de preto a estela dos conxuntos da parte alta da táboa clasificatoria. As de Mario Iglesias atópanse na 6ª praza a 5 puntos do 4º clasificado e cun partido pendente de xogar ante o XAV de Cambados. Despois dunha semana complicada pola incertidume creada polas obras no Complexo Polidepertivo da Cachada chegaba o JEALSA a Vigo coas baixas de Rebeca González, Paula Rial e Sheila Pouso. As típicas dúbidas das nosas nos compases iniciais dos encontros volveron aflorar en Pista Vermella. As imprecisións en recepción e ataque impedíalle ó JEALSA atopar un ritmo de xogo axeitado para dominar cómodamente o tanteador. Deste xeito, as locais chegaban por diante ó momento decisivo do primeiro parcial (22-21) aproveitando a indecisión branquiazul. Neste momento, o control dos erros non forzados e a orde táctica fixo que as boirenses lle deran a volta ó marcador e se adiantasen no partido nun axustadísimo final de set. As seguintes mangas non foron moi diferentes en canto ó guión. Malia non exhibir un xogo vistoso as nosas conseguían voltar a terras barbanzás con 3 valiosísimos puntos froito da presión exercida dende a liña de saque, factor que imposibilitaba unha construcción de calidade por parte das olívicas. Polo JEALSA xogaron: Ángela T., Mariana D., María T., Cristina F., Alejandra M., Andrea B. e Verónica D. (líbero). Tamén xogou Carla O.

xoves, 19 de decembro de 2013

SÁBADO 21, XORNADA PREVIA ÁS VACACIÓNS DE NADAL:

CLUB VIGO VOLEIBOL - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(12:15h, PM de Coia)-(Liga Galega Xuvenil Masculina)

CLUB VIGO VOLEIBOL B - REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(16:00h, PM de Coia)-(2ª Div. Autonómica Masculina)

AD A PINGUELA - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(16:30h, PM A Pinguela)-(Liga Galega Infantil Feminina)

AD A PINGUELA - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(18:00h, PM A Pinguela)-(Liga Galega Cadete Feminina)

AD A PINGUELA - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(19:30h, PM A Pinguela)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)

ELLAEL VIGO VOLEY - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(19:30h, Pista Vermella)-(2ª Div. Autonómica Feminina)

mércores, 18 de decembro de 2013

EQUIPO IDEAL DA XORNADA (14 E 15 DE DECEMBRO):

Septeto ideal do 14 e 15 de decembro
As catro vitorias acadadas polos nosos equipos nesta fin de semana déixannos ós seguintes destacados: Colocadora, Lea Gatbache: xenial actuación a realizada pola xoven directora de orquesta do JEALSA no encontro que as cadetes gañaron por 3-0 ante o equipo pontevedrés do CVP. O seu servicio e tino na xestión do caudal ofensivo do equipo foi chave para lograr os dous puntos. Oposto, Narciso Abalo: o crucense destacou no encontro no que o Náutico pereceu ante o Mediterráneo de Castellón. Con 13 puntos e un 45% de efectividade en ataque foi o máximo artilleiro do seu equipo e o 2º de toda a xornada da categoría de prata. Receptora 1, Ana Bugallo: vital a súa aportación ofensiva no triunfo das cadetes. En todo momento superou a defensa pontevedresa nun encontro no que destacou por riba das demais xogadoras. Receptor 2, Xian Pérez: baluarte ofensivo do Redesyl na 4ª vitoria da tamporada para o noso equipo filial. Central 1, Alejandra Galbán: foi un muro (4 bloqueos) no encontro que o noso primeiro equipo feminino venceu ante o Comercial Durán de Pontevedra. Central 2, Lía Villar: por segunda semana consecutiva no 7 ideal gracias ó seu saber facer en ataque e á estabilidade que aporta ó seu equipo dende a liña de saque. Malia a derrota do equipo infantil Lía é unha das destacadas da xornada no Boiro Voleibol. Líbero, Paula Rial: primeira nominación para a líbero do JEALSA nesta tempada. Segura en recepción e moi dinámica en defensa, características que a converten na mellor no seu posto nesta pasada fin de semana.

luns, 16 de decembro de 2013

CRÓNICAS DUNHA XORNADA QUE NOS DEIXA 4 TRIUNFOS:

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL 0-3 CV MEDITERRÁNEO DE CASTELLÓN
(23-25, 27-29, 15-25)-(Superliga 2 Masculina)

Narciso A. ataca ante o bloqueo castellonense
Axustada derrota dos homes de Emilio Palacio a pesar do 0-3 reflexado no tanteador final. Os boirenses dominaron os dous primeiros sets en case que tódolos tempos técnicos, deixando escapar rendas tales coma un 24-19 no segundo parcial. A falta de mordente nos momentos finais dos sets son unha cara peaxe que está a pagar o Náutico nos últimos tempos, poñendo en bandexa encontros nos que o desenlace podía ter sido ben diferente. O encontro comezaba igualado. O tanteo inicial entre ámbolos dous equipos levaba o encontro igualada ata o primeiro tempo técnico (8-7). Foi a partires de aquí cando o servicio boirense desequilibrou a balanza para abrir unha fenda no tanteador que nos levaría ó segundo parón con 3 puntos de vantaxe 16-13). Tal renda persistiu ata que o Náutico chegou á vintena de puntos, momento no que os castellonenses aproveitaron o pouco instinto depredador dos nosos para poñerse por diante no encontro. O segundo parcial arrancaba con dominio branco e azul. Da man de Narciso Abalo, máximo anotador boirense con 13 puntos, conseguían os nosos superar á defensa do Mediterráneo, chegando ó derradeiro tempo técnico do set cun favorable 21-19. Neste momento chegaba á liña de saque o colocador Iván Souto. Con 3 canonazos imparables conseguía o santiagués o primeiro balón de set (24-19). Desde este momento o infortunio instaurouse en campo do Náutico, que chegou a desperdiciar ata 7 oportunidades de gañar o set. O que perdoa acaba pagando e así foi, o Mediterráneo aproveitou a súa primeiro oportunidade e puxo un pesadísimo 0-2 na Cachada. O terceiro foi un set marcado pola desilusión local. A derrota nos dous primeiros sets era unha carga con demasiado lastre para os nosos que vían como agora os castellonenses levaban a manixa do encontro xogando a favor de corrente. O oposto visitante Álvaro Villalba sería o puñal que acabaría co Náutico cos seus 17 puntos saíndo desde o banco de suplentes e levando ós seus compañeiros á Copa Príncipe que se disputará en Cáceres. Consulta aquí a estadísitica do encontro. Polo Náutico xogaron: Iván S., Narciso A., Cristóbal Á., Gustavo R., Jesús V., Emilio P. e Adrián A. (líbero). Como reservas estaban Ismael M., Fran D., Manuel P., Miguel V. e Antón P. Causou baixa Mario I.

xoves, 12 de decembro de 2013

XA ESTÁN DISPOÑIBLES OS HORARIOS DOS PARTIDOS DESTA FIN DE SEMANA:

SÁBADO 14:

REDESYL BOIRO VOLEIBOL - CV PONTEVEDRA COMERCIAL DURÁN
(16:00h, A Cachada)-(2ª Div. Autonómica Masculina)

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL - CV MEDITERRÁNEO DE CASTELLÓN
(19:30h, A Cachada)-(Superliga 2 Masculina)

DOMINGO 15:

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - ALIANZA ESPAÑOLA SEGUROS S.S. CVP
(10:30h, A Cachada)-(Liga Galega Infantil Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - CV PONTEVEDRA
(10:30h, A Cachada)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - ALIANZA ESPAÑOLA SEGUROS S.A. CVP
(12:30h, A Cachada)-(Liga Galega Cadete Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - CV PONTEVEDRA COMERCIAL DURÁN
(12:30h, A Cachada)-(2ª Div. Autonómica Feminina)

martes, 10 de decembro de 2013

EQUIPO IDEAL DA XORNADA ANTE O EMEVÉ DE LUGO:

#7idealBoiroVoleibol (7-12-2013)
Moitas son as actuacións destacadas que nos deixan os nosos xogadores nunha fin de semana onde 5 dos equipos do Boiro Voleibol voltaron coa vitoria debaixo do brazo. Alá imos. No posto de colocadora temos a Ada Villar: intelixente dirección e moito criterio nos momentos importantes do encontro no que as infantís conseguiron a súa 4ª vitoria do ano. Colocador-Oposto, Darío Outeiral: excepcional en servicio tanto no partido infantil como no cadete. Cada rotación súa de saque era un respiro para os seus compañeiros. Destacada actuación tamén en labores ofensivas e de director de equipo. Receptora 1, Rebeca González: extraordinaria aportación ofensiva a da xogadora da canteira boirense na vitoria do primeiro equipo feminino sobre as lucenses. O seu potente servicio axudou enormemente a facer tremer a recepción local no desempate. Receptor 2, Rubén Martínez: clase maxistral do pequeno dos Martínez na Casa do Deporte. A súa actuación ofensiva, en saque, en defensa e sobre todo en carácter convírteno probablemente na figura destacada da fin de semana. Central 1, Lois Vázquez: atinado en bloqueo e decisivo en ataque. Malia a derrota do equipo xuvenil ante o EMEVÉ Lois deixou as mellores accións do partido na rede, motivo polo cal se gaña unha semana máis o dereito a formar neste #7idealBoiroVoleibol. Central 2, Lía Villar: semana a semana o seu ataque é máis determinante e axuda a que o equipo infantil consiga vitorias. Líbero, Felipe Resúa: a súa presencia mellora por sí mesma a autoestima do equipo filial. Nun equipo plagado de xogadores en idade xuvenil Felipe é un oasis de experiencia, saber estar e veteranía.

domingo, 8 de decembro de 2013

5 VITORIAS EN 8 ENCONTROS É A BAGAXE QUE NOS DEIXA A VISITA Ó EMEVÉ:

EMEVÉ ÉLIDE B 2-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(25-19, 21-25, 22-25, 25-20, 8-15)-(2ª Div. Autonómica Feminina)

A vitoria en Lugo deixa ó JEALSA 6º na 2ª División
Vitoria axustada do equipo senior feminino nun encontro que dende cedo se lles complicara polos erros cometidos en recepción. As luguesas, cunha renda inicial de 5-1 xa non a perderían ata o desenlace do primeiro acto. Chegado este punto tivo lugar un dos acontecementos do día. Ángela Triñanes, colocadora da canteira crucense, volveu a vestir a elástica branquiazul e aportou tranquilidade a un equipo que dominou os dous seguintes sets. Co 1-2 no luminoso favorable para as de Boiro as pantasmas do arranque de partido regresaron. Os erros de recepción sumados á imprecisión en servicio brindáballes ás locais a posibilidade de levar o encontro ó set de desempate. Moi concentradas conseguiron as de Mario Iglesias levar a cabo unha xestión dos seus erros máis intelixente para pechar o encontro no seu favor. Destacable a actuación ofensiva da receptora Rebeca González, conseguindo máis de 20 puntos de ataque e 6 saques directos. Polo JEALSA xogaron: Carla O., Mariana D., María T., Rebeca G., Alejandra G., Alejandra M. e Paula R. (líbero). Como reservas estaban Ángela T., Sheila P., Ana B., Cristina F. e Andrea B.

xoves, 5 de decembro de 2013

ESTE SÁBADO DÍA 7 CARRUSEL DE ENCONTROS NA CIDADE DA MURALLA:

EMEVE ELIDE - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(10:00h, Casa do Deporte)-(Liga Galega Infantil Masculina)

EMEVE ELIDE - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(10:00h, Casa do Deporte)-(Liga Galega Cadete Feminina)

EMEVE ELIDE - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(10:00h, Casa do Deporte)-(Liga Galega Xuvenil Masculina)

EMEVE ELIDE - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(11:15h, Casa do Deporte)-(Liga Galega Infantil Feminina)

EMEVE ELIDE - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(11:15h, Casa do Deporte)-(Liga Galega Cadete Masculina)

EMEVE ELIDE - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(11:15h, Casa do Deporte)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)

EMEVE ELIDE B - REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(12:30h, Casa do Deporte)-(2ª Div. Autonómica Masculina)

EMEVE ELIDE B - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(12:30h, Casa do Deporte)-(2ª Div. Autonómica Feminina)

mércores, 4 de decembro de 2013

XENTE DO BOIRO VOLEIBOL, FALAMOS CON XAVI FOLGUERA:

Andorrano, catalán, soriano, ibicenco... ¡¡¡UNIVERSAL!!!

Xavi Folguera, coa camisola ibicenca
Xavi Folguera es un joven colocador  andorrano de 25 años, que lleva viviendo el mundo del voley desde muy chico por circunstancias familiares. Su padre fue presidente, fundador, jugador  del club de su tierra. Siendo imberbe todavía, ingresa en la Blume de Barcelona, centro de alto rendimiento deportivo, para profundizar en la especialidad del voleibol como practicante cualificado. Regresa a casa,  y luego de poner en práctica todo lo aprendido en tierras catalanas, defendiendo los colores de Andorra, llama  la atención del Numancia de Soria su buen hacer. Entretanto, también se enreda en el voley playa bajo la enseña de su país  obteniendo campeonatos.

-(Bugallo) Nueva temporada,  ¿nuevo equipo? 
-(Xavi Folguera) Si, jugaré en Ibiza esta temporada. 

-Xavi es andorrano, ¿juegas como extranjero en Superliga? 
-No, juego como español debido a que tengo doble nacionalidad. 

-Andorra, Soria, Ibiza... cada vez más cerca del ecuador,. ¿ buscas temperaturas más cálidas por las circunstancias del voley? 
-¿Soria cálida? Jaja, bueno hay que ser realistas las cosas en España desafortunadamente están muy mal. Me encantaría jugar en el extranjero pero mientras,  hay que elegir bien hasta llegar ahí…. 

martes, 3 de decembro de 2013

EMILIO PALACIO E ADRIÁN ALVES, DESTACADOS NA XORNADA DA SUPERLIGA 2:

O Boiro Voleibol volve a estar de noraboa. Dous dos integrantes do primeiro equipo masculino foron seleccionados para formar parte do equipo ideal da 7ª xornada da categoría de prata do volei español. O central Emilio Palacio e o líbero Adrián Alves son os nomes propios dos afortunados desta semana. Emilio, desempeñando tarefas de central mostrou uns números máis propios dun oposto nun encontro no que se mostrou imparable en ataque. Con 12 puntos de ataque (75% de efectividade), 1 ace e 3 puntos directos de bloqueo foi claramente o mellor do seu equipo no encontro ante o AD Cáceres Extremadura no que foi valorado cun altísimo 7.1. Pola súa parte, Adrián Alves mostrou un 90% de efectividade en recepción, cun 33% en envíos perfectos que o destacan xusto por riba de Óscar Gabas do FC Barcelona. Parabéns aos dous.

SEPTETO IDEAL DA XORNADA, SÁBADO 30-11-2013:

Xa están aquí os destacados da xornada no Boiro Voleibol
Xa está aquí o equipo ideal da semana seleccionado de entre tódalas categorías do Boiro Voleibol. Alá imos. Colocadora, Lea Gatbache: sobresaínte levando a manixa do seu equipo a pesar da súa xuventude e un constante pesadelo para o XAV Cambados dende a liña de saque. Lea foi un dos piares sobre os que se apoiou o terceiro triunfo do JEALSA nesta 8ª xornada da LGXF. Oposto-Colocador, Rubén Martínez: o pequeno da saga dos Martínez brillou con luz propia no encontro que os nosos cadetes gañaron ante os veciños rianxeiros do Mexillón de Ouro. Atínadísimo en saque, intelixente na dirección e efectivo en ataque foi, sen lugar a dúbidas, un dos destacados da xornada. Receptora 1, Sara Castaño: o tino en servicio da rianxeiro axudou de maneira clara a que as nosas xuvenís dominasen o econtro ante as cambadesas convertindo nun seguro de vida para as de Mario Iglesias a súa rotación de saque. Receptor 2, Miguel Vázquez: 14 puntos de ataque (56% de efectividade), 1 bloqueo e un 85 % en recepción son os datos que constatan o gran partido do canteirán ante o AD Cáceres Extremadura. Central 1, Emilio Palacio: espectacular encontro do multiusos do Náutico que lle sirve para entrar no 7 ideal da xornada da RFEVB. 12 puntos de ataque sobre 16 intentos (75%), 1 ace e 3 puntos de bloqueo directo son as credenciais presentadas por Emilio para ser probablemente o mellor xogador da fin de semana. Central 2, Gabriel Seijas: foi o faro en ataque do JEALSA. Contundente dende posición 3 desestabilizou a defensa rianxeira no derbi correspondente á LGCM. Líbero, Felipe Resúa: xa un habitual entre os destacados de cada xornada. A súa presencia dalle un salto de calidade ó novísimo plantel do Redesyl, proba delo o seu excelente encontro ante o Mexillón de Ouro. Atinado en recepción e traballador en defensa Felipe merece o galardón simbólico de figurar unha semana máis no #7idealBoiroVoleibol.

domingo, 1 de decembro de 2013

CATRO VITORIAS E DÚAS DERROTAS SON O BALANCE QUE DEIXA ESTA XORNADA:

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL 1-3 AD CÁCERES EXTREMADURA
(25-19, 19-25, 25-27, 21-25)-(Superliga 2 Masculina)

Narciso Abalo ataca contra o altísimo bloqueo extremeño
A cuarta vitoria na SM-2 terá que agardar. Ante case 300 espectadores que abarrotaban unha vez máis A Cachada caía o noso primeiro equipo nun encontro que se deixou escapar no desenlace do 3º set. O choque comezaba cun Náutico pletórico. A confianza na súa construcción facía que pouco puidesen facer os extremeños para deter as ofensivas locais. Emilio Palacio, cunha actuación memorable, conseguía unhas cifras ó alcance de poucos centrais que de seguro o situarán entre os destacados da xornada: 12 puntos de ataque sobre 16 intentos (75%) e 3 bloqueos directos. No segundo set a intensidade local baixou. Os visitantes non perdoaron e da man do canario Kevin Medina (15 pts) e do ex internacional Jesús Montero (16) igualaban a contenda. No 3º set a chispa regresaba a campo branquiazul. A melloría en recepción permitía atopar mellores camiños para anotar. Deste xeito os nosos chegaban por diante a tódolos tempos técnicos (8-4, 16-14, 21-16). Xusto no momento de darlle a puntilla ó set as tornas volveron a virar. Despois de desperdiciar un favorable 23-20 e malgastar 2 balóns de set que situarían o luminoso cun 2-1 que aseguraría un punto máis na clasificación o colocador extremeño J.A. Acedo tiraría de repertorio ó servicio para cerrar a manga cun saque corto extraordinario. Tódolos presentes coñecían xa o guión. A historia de dúas semanas atrás ante a CDV Textil Santanderina repetíase. Retornaban á cancha os de Boiro coa moral moi tocada, factor que aproveitarían á perfección os visitantes para salvagardar os 3 puntos da vitoria. Parabéns Cáceres. Consulta aquí a estadística do choque. Polo Náutico xogaron: Iván S., Narciso A., Cristóbal Á., Miguel V., Emilio P., Jesús V. e Adrián A. (líbero). Como reservas estaban Ismael M., Manuel P., Gustavo R., Antón P. e Adrián A. (2º líbero)