mércores, 18 de decembro de 2013

EQUIPO IDEAL DA XORNADA (14 E 15 DE DECEMBRO):

Septeto ideal do 14 e 15 de decembro
As catro vitorias acadadas polos nosos equipos nesta fin de semana déixannos ós seguintes destacados: Colocadora, Lea Gatbache: xenial actuación a realizada pola xoven directora de orquesta do JEALSA no encontro que as cadetes gañaron por 3-0 ante o equipo pontevedrés do CVP. O seu servicio e tino na xestión do caudal ofensivo do equipo foi chave para lograr os dous puntos. Oposto, Narciso Abalo: o crucense destacou no encontro no que o Náutico pereceu ante o Mediterráneo de Castellón. Con 13 puntos e un 45% de efectividade en ataque foi o máximo artilleiro do seu equipo e o 2º de toda a xornada da categoría de prata. Receptora 1, Ana Bugallo: vital a súa aportación ofensiva no triunfo das cadetes. En todo momento superou a defensa pontevedresa nun encontro no que destacou por riba das demais xogadoras. Receptor 2, Xian Pérez: baluarte ofensivo do Redesyl na 4ª vitoria da tamporada para o noso equipo filial. Central 1, Alejandra Galbán: foi un muro (4 bloqueos) no encontro que o noso primeiro equipo feminino venceu ante o Comercial Durán de Pontevedra. Central 2, Lía Villar: por segunda semana consecutiva no 7 ideal gracias ó seu saber facer en ataque e á estabilidade que aporta ó seu equipo dende a liña de saque. Malia a derrota do equipo infantil Lía é unha das destacadas da xornada no Boiro Voleibol. Líbero, Paula Rial: primeira nominación para a líbero do JEALSA nesta tempada. Segura en recepción e moi dinámica en defensa, características que a converten na mellor no seu posto nesta pasada fin de semana.

Ningún comentario: