Emilio traballa cos máis novos |
martes, 27 de decembro de 2011
ENTREVISTA A EMILIO PALACIO EN TELEBARBANZA:
mércores, 21 de decembro de 2011
Por cortesía do xogador cadete Raúl Lojo, que nos edita este vídeo de felices festas para todo o club, aproveitamos dende a xunta directiva e toda a familia do Boiro Voleibol para desexarvos un bo nadal e que o no ano 2012 a familia siga medrando para que os éxitos sociais e por suposto deportivos non paren de chegar á nosa vila. ¡Felices festas xente!
sábado, 17 de decembro de 2011
RESULTADOS DO 17 E 18 DE DECEMBRO:
REYCA BOIRO VOLEIBOL 3-0 VOLEIBOL DUMBRÍA
(25-13, 25-15, 25-18)-(Liga galega cadete masculina)
Importantísima vitoria a do equipo cadete masculino fronte a un rival que se antoxa directo na pelexa polos postos altos desta liga galega. O encontro comezaba co Reyca mandando en tódalas facetas do xogo. A boa recepción permitía que o colocador boirense Ismael Martínez xestionase o xogo con solvencia e a efectividade en ataque do receptor Xian Pérez desequilibraba a balanza en favor dos nosos nesta primeira manga. No segundo set a dinámica do equipo era a mesma. Motivados para cambiar as sensacións da mediocre actuación que se fixera a semana anterior en terras coruñesas saltouse ó terreo de xogo con convencimento para facer un bo traballo. Sin ningunha dúbida o bo facer en defensa dos rapaces do Boiro Voleibol e o tino en ataque do oposto Fran Dieste foron as claves para que o segundo tamén quedase na casa. No terceiro puidose ver a mellor cara dos centrais boirenses. Especialmente atinado estivo Raúl Lojo que fixo un gran traballo en bloqueo e ataque axudando ó equipo a cerrar a manga e o encontro por 3-0. Polo Reyca Boiro Voleibol xogaron: Ismael Martínez, Fran Dieste, Xian Pérez, Lois Vázquez, Raúl Lojo, Óscar Refojo e Adrián Gatbache (líbero). Como reserva estaba Dani Gey.
Destacada actuación defensiva dos boirenses do Reyca |
REDESYL BOIRO VOLEIBOL 3-0 NARÓN VOLEA
(25-20, 25-20, 25-19)-(2ª Div. Autonómica masculina)
O Redesyl comerá o turrón compartindo o liderato |
Cómodo triunfo do equipo filial masculino no que significaba a despedida da primeira volta da competición ligueira desta 2ª división autonómica. Comezaba o encontro con igualdade no luminoso e cunha intensidade moi baixa por parte dos nosos. Esta situación mantíñase ata que se chegou ós momentos quentes da manga onde a experiencia e o bo facer do Redesyl desequilibraban a balanza a favor dos de Felipe García. A tónica do inicio do encontro mantíñase tamén neste segundo xogo. A carencia de intensidade entre os boirenses provocaba que o nivel defensivo non fose o desexado e que os naroneses se mantivesen preto no tanteador. O técnico local movía moito o banco para intentar cambiar a dinámica máis o desenlace foi calcado ó do set precedente. No terceiro set repetíase a historia dos dous sets anteriores. O Redesyl, ben avanzado o set pisaba o acelerador e desmarcábase para cerrar o set e o encontro. Con esta vitoria os rapaces que dirixe Felipe García rematan a primeira volta no máis alto da clasificación empatados a puntos con dous equipos máis: Xuvenil Teis e Lancer-Zenale San Sadurniño. Polo Redesyl Boiro Voleibol xogaron: Andrés Martínez, Roberto Rodríguez, Martín Herrera, Pablo Suárez, Xavier Sarille, Diego Romero e Adrián Armental (líbero). Como reservas estaban Alén García, Felipe Resúa, Ignacio Cibeira, Fran López e o colocador xuvenil Daniel Vázquez.
NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL 3-1 MEX. DE OURO VB. RIANXO
(25-20, 23-25, 26-24, 25-21)-(1ª Div. Nacional masculina)
O Náutico mantén o liderato tras imporse no derbi comarcal |
Vitoria boirense no derbi comarcal da 1ª división nacional masculina na que un bo puñado de adeptos ó noso deporte e medios de comunicación se achegaban á Cachada para disfrutar do encontro. Comezaba o choque co Náutico moi acertado. O excelente servicio boirense impedía que o rival construise con comididade o seu ataque. A orde defensiva dos xogadores de Emilio Palacio posibilitaba contraataque tras contraataque que o Náutico se escapase no luminoso. Chegábase ós momentos importantes do primeiro set cunha vantaxe suficiente como para cerralo cun 25-20. No segundo a intensidade decreceu entre os locais. Apatía impropia do equipo e desorde defensiva propiciaban que os rianxeiros se metesen no encontro a base de ataques nos que asumían moito risco. O parcial chegaba cos visitantes en condicións de igualar o tanteador e así o fixeron. O terceiro foi un set de idas e voltas. Na primeira metade do mesmo mandaban os visitantes mais tras concentrarse no seu xogo demostraron os boirenses por que son os actuais líderes e campións da categoría. Nun final de infarto, dous acertos en defensa deixaron na casa a manga. Con 2-1 no tanteador xeral os boirenses saltaron á cancha con máis tranquilidade. Recuperábanse as sensacións do primeiro set e o Náutico cabalgaba decidido a cerrar o encontro. Un par de accións espectaculares, na que cabe destacar un bloqueo do central Antón Pérez, fixeron que os dous puntos da vitoria permanecesen en Boiro. Polo Náutico Boiro Voleibol xogaron: Iván Souto, Narciso Abalo, Jesús Vázquez, Óscar Gómez, Cristóbal Álvarez, Miguel Vázquez e Adrián Alves (líbero). Como reservas estaban Rubén Taibo, Diego Romero, Antón Pérez, Daniel Agra e Manuel Pérez.
CV PONTEVEDRA 2-3 O SECRETO BOIRO VOLEIBOL
(25-22, 20-25, 23-25, 25-12, 10-15)-(2ª Div. Autonómica feminina)
Importantísima a vitoria que o primeiro equipo feminino conseguiu en terras pontevedresas ante un rival do que agora está a tan só unha vitoria de distancia na táboa clasificatoria. Comezaba o encontro coas nosas nerviosas e inseguras, cometendo un bo puñado de erros que daban aire ás locais para anotarse, non sen problemas, o primeiro set. No segundo o ánimo das boirenses aumentou considerablemente e con el o nivel de xogo. Consistentes na liña defensiva e coa baza en ataque de Rebeca González conseguían distanciarse no marcador para rematar chegar a final de set sen pasar apuros (20-25). O Secreto comezaba o terceiro coa dinámica ascendente tralo xogo realizado intres antes pero o CV Pontevedra mellorou sustancialmente o seu xogo para facer que a igualdade reinase na pista. O desenlace foi de 25-23 para as de Andrés Martínez e Narciso Abalo. No cuarto as sensacións de nerviosismo e inseguridade volvían. Erros infantís e, por suposto, acerto do equipo rival, facían deste set un paseo para as locais (25-12). Saltaron as nosas ó tie-break convencidas de gañar o encontro. A manga estaba sendo moi axustada ata que a central Alicia Novoa chegou á liña de saque para conectar 4 saques consecutivos que percutiron con forza na liña de recepción pontevedresa. Deste xeito O Secreto ceraba o encontro con este vital 3-2. Por O Secreto Boiro Voleibol xogaron: Ángela Triñanes, Sandra Lojo, Alicia Novoa, Ángela Fernández, María Triñanes, Rebeca González e Sheila Outeiral (líbero). Como reservas estaban Ana Bugallo, Andrea Barreiro, Katy Sampedro e Luisa Ferreirós.
O Secreto volve a ser o equipo sólido de temporadas pasadas |
IES AMES B 1-3 BOIRO VOLEIBOL
(22-25, 7-25, 25-20, 24-26)-(Liga provincial cadete feminina)
As cadetes collen o tren da vitoria |
As de Emilio Palacio continúan mellorando semana a semana non só os resultados, sinon tamén o seu xogo que nos trae sensacións alentadoras do futuro deste cadro de xogadoras. O encontro da mañá do domingo comezaba equilibrado no primeiro parcial, no que o servicio boirense marcaba a diferencia e traía a vitoria parcial cara a terras barbanzás. No segundo set a repercusión do servicio das nosas elevábase á máxima potencia, tendo ás irmás Ana e Sara Bugallo como cabezas visibles nesta faceta. Na terceira manga as locais melloraron a súa recepción froito entre outras cousas da caída na efectividade do saque boirense. Esto creou inseguridade entre as nosas levándoas a cometer erros en ataque e defensa que ata ese momento non sucedera. O desenlace foi de 25-20 a prol de IES Ames B. O cuarto xogo tivo que resolverse pola mínima nos momentos decisivos e un par de accións de defensa máis contraataque boirense desequilibraron o choque ó noso favor. Polo Boiro Voleibol xogaron: Melissa Novoa, Ana Bugallo, Emma Ordóñez, Alejandra Galbán, Sara Bugallo, Sandra Fernández e Sheila Outeiral (líbero). Como reservas estaban Claudia Pinaque, Antía Sampedro, Ángela Alves, Isabel Gómez e Sara Lojo
venres, 16 de decembro de 2011
TÍTULO INVERNAL PARA O CMA SORIA:
"Título" invernal para o CMA Soria de Pablo Bugallo |
xoves, 15 de decembro de 2011
CAMPAÑA DE CAPTACIÓN DE SOCIOS:
O vindeiro sábado 17 de decembro a partires das 10:30h da mañá o Club Voleibol Cabo de Cruz celebrará na rúa peonil de Boiro (ó lado da plaza de abastos) unha xornada de captación de socios e venda de lotería de nadal para toda a afluencia de público que por alí se presente. Agardamos a asistencia de tódolos xogadores e xogadoras do noso club uniformados co chándal oficial para botar unha man nesta tarefa social que ano tras ano resulta exitosa. Pasaremos lista e recordade que entre todos formamos esta gran familia. Non falles ó teu club, él nunca o fai.
mércores, 14 de decembro de 2011
PARTIDOS DO 17 E 18 DE DECEMBRO
SÁBADO 17:
REYCA BOIRO VOLEIBOL - VOLEIBOL DUMBRÍA
(16:00h, A Cachada)-(Liga galega cadete masculina)
REDESYL BOIRO VOLEIBOL - NARÓN VOLEA
(16:00h, A Cachada)-(2ª Div. Autonómica masculina)
NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL - MEXILLÓN DE OURO VB. RIANXO
(18:00h, A Cachada)-(1ª Div. Nacional masculina)
CV PONTEVEDRA - O SECRETO BOIRO VOLEIBOL
(19:30h, Est. da Xuventude)-(2ª Div. Autonómica feminina)
DOMINGO 18:
IES AMES B - BOIRO VOLEIBOL
(11:00h, P. Milladoiro)-(Liga provincial cadete feminina)
sábado, 10 de decembro de 2011
ZALAETA 3-2 TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL
(25-20, 25-23, 23-25, 17-25, 15-13)-(Liga galega xuvenil masculina)
O Trillizos mostra dúas caras na súa visita ó Zalaeta |
STA. Mª DEL MAR 2-3 REYCA BOIRO VOLEIBOL
(25-18, 15-25, 25-22, 20-25, 15-17)-(Liga galega cadete masculina)
Si a fortuna facía que no partido xuvenil a balanza se desequilibrase para os rivais, nesta ocasión o tie-break premiaba ós rapaces do Reyca nun final moi axustado. Foi un encontro de ida e volta, tolo, onde se puideron ver múltiples facetas no xogo dos nosos. O acerto en ataque do oposto Fran Dieste axudaba moito ó Reyca para remintar o 1-2 a sets. Nesta situación os nosos sacaron a súa mellor versión para levarse o encontro tras remontar o adverso e complicado resultado que auguraba unha dolorosa derrota. Polo Reyca Boiro Voleibol xogaron: Ismael Martínez, Fran Dieste, Óscar Refojo, Raúl Lojo, Xian Pérez, Lois Vázquez e Adrián Outeiral (líbero). Como reservas comezaba Dani Gey.
O Reyca mantén unha boa clasificación ná táboa |
FISIOTERAPIA CINESIA NOIA 1-3 REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(17-25, 19-25, 25-22, 14-25)-(2ª Div. Autonómica masculina)
Vitoria do equipo filial masculino do Boiro Voleibol no derbi rexional desta 2ª división autonómica. Os de Felipe García seguen deste xeito encaramados ós postos altos da táboa clasificatoria. O encontro comezaba de cara para os nosos. A boa recepción e a excelente dirección de Andrés Martínez marcaban a diferencia no inicio do partido. Destacados neste tramo tamén foron o líbero Adrián Armental e o receptor Diego Romero, que convertía en punto cada balón que atacaba. A orde defensiva facía dano na moral noiesa, que unha e outra vez vían como o Redesyl contraatacaba con éxito un alto porcentaxe de accións de defensas positivas. O segundo parcial foi similar ó primeiro. Os receptores boirenses seguían atinados e a primeira liña de defensa (bloqueo) permitía manter un alto nivel de defensa. No terceiro parcial os locais medraron gracias ós erros dos nosos. A porcentaxe de recepcións boas baixaba e os nosos colocadores non podían xestionar o xogo en condicións óptimas. Mentras, o Noia asumía riscos no seu servicio para contrarrestar o adverso resultado de 0-2. A táctica funcionoulles e anotáronse a manga por 25-22. No cuarto todo volvía a comezar. O acerto en K2 dos boirenses facía que o luminoso presentase unha vantaxe moi ampla en case que todo o parcial, levando así os dous puntos da vitoria de camiño a Boiro. Cabe salientar unha anécdota interesante do encontro xa que o colocador en idade cadete de primeiro ano Ismael Martínez substituíu ó seu pai, Andrés Martínez, no segundo parcial para facer deste xeito o debut en categoría senior. Polo Redesyl Boiro Voleibol xogaron: Andrés Martínez, Roberto Rodríguez, Pablo Suárez, Martín Herrera, Diego Romero, Xavier Sarille e Adrián Armental (líbero). Como reservas estaban Ismael Martínez, Ignacio Cibeira, Felipe Resúa, Alén García e Diego Alcalde. Causou baixa por lesión o colocador Dani García.
Encontro moi serio do Redesyl no derbi comarcal da 2ª div. |
O SECRETO BOIRO VOLEIBOL 3-1 XAV CAMBADOS
(21-25, 25-17, 25-21, 25-16)-(2ª Div. Autonómica feminina)
Vitoria máis complicada do que se esperaba de O Secreto Boiro Voleibol contra o equipo do Salnés. O partido serviu para facer bastantes rotacións no campo e poñer en práctica os aspectos tácticos que se están entrenando. Comezaron as locais moi confiadas e cometendo bastantes erros, sobre todo en servicio. Este factor púxolle en bandexa a vitoria no primeiro set ás cambadesas. A partires de aquí, un cambio en actitude e unha boa organización en bloqueo-defensa propiciou que os tres seguintes xogos caeran de lado boirense para deixar na Cachada os dous puntos da vitoria. Por O Secreto Boiro Voleibol xogaron: Ángela Triñanes, Andrea Barreiro, Katy Sampedro, Alicia Novoa, María Triñanes, Ana Bugallo e Sheila Outeiral (líbero). Como reservas estaban Sandra Lojo, Evelyn Urrutia, Elena García e Rebeca González. A próxima semana o noso equipo senior feminino desprázase á cancha do CV Pontevedra, segundo clasificado e co que se pechará a primeira volta da competición.
O Secreto volve a vencer |
BOIRO VOLEIBOL 3-0 NARÓN VOLEA
(25-8, 25-22, 25-11)-(Liga provincial cadete feminina)
As cadetes continúan en forma |
Vitoria do equipo cadete feminino ás ordes de Emilio Palacio por un resultado de 3-0. Comezaban as boirenses moi fortes e mostrando moita solvencia desde a liña de saque cunha gran actuación nesa faceta de Ana Bugallo que lles permitía anotarse a primeira manga por un claro 25-8. No segundo parcial as visitantes melloraban no cambio e en gran parte beneficiábanse dos erros das nosas para dar máis batalla e achegarse na recta final para rematar cun 25-22. No terceiro e derradeiro xogo as boirenses volvían ás costumes do inicio do encontro. Efectividade no servicio e ataque atinado facían a ampla distancia no luminoso que se víu no final do encontro. Polo Boiro Voleibol xogaron: Melissa Novoa, Ana Bugallo, Emma Ordóñez, Antía Sampedro, Sara Bugallo, Sandra Fernández e Sheila Outeiral (líbero). Como reservas estaban Claudia Pinaque, Marta García, Ángela Alves, Isabel Gómez e Sara Lojo
venres, 9 de decembro de 2011
ENCONTROS DO SÁBADO 10 DE DECEMBRO:
ZALAETA - TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL
(10:00h, Pav. Instituto de Zalaeta)-(Liga galega xuvenil masculina)
BOIRO VOLEIBOL - NARÓN VOLEA
(11:00h, A Cachada)-(Liga provincial cadete feminina)
STA. Mª DEL MAR - REYCA BOIRO VOLEIBOL
(12:00h, Colexio Sta. Mª Del Mar)-(Liga galega cadete masculina)
FISIOTERAPIA CINESIA NOIA - REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(17:00h, P. Alonso Rodríguez)-(2ª Div. Autonómica masculina)
O SECRETO BOIRO VOLEIBOL - XAV CAMBADOS
(18:00h, A Cachada)-(2ª Div. Autonómica feminina)
xoves, 8 de decembro de 2011
O NÁUTICO CAE NAS SEMIFINAIS DA COPA GALICIA:
EMEVÉ LABORATORIOS NUPEL 3-0 NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(25-22, 25-23, 25-20)-(Semifinais da Copa Xunta de Galicia 2011)
O Náutico non consigue dar a sorpresa mais deixa boa imaxe |
luns, 5 de decembro de 2011
COPA GALICIA MASCULINA, FASE FINAL:
O Náutico buscará a sorpresa en Lugo, ¿conseguirao? |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)