xoves, 8 de decembro de 2011

O NÁUTICO CAE NAS SEMIFINAIS DA COPA GALICIA:

EMEVÉ LABORATORIOS NUPEL 3-0 NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(25-22, 25-23, 25-20)-(Semifinais da Copa Xunta de Galicia 2011)
O Náutico non consigue dar a sorpresa mais deixa boa imaxe
Non puideron dar a sorpresa os rapaces de Emilio Palacio nesta primeira semifinal do torneo autonómico ante o equipo lucense do EMEVÉ, que milita na Superliga 2 española. Os nosos plantexaron un partido moi serio, no que mereceron un premio maior que o de marcharse para a casa co seu tanteador a cero. O primeiro set comezaba co Náutico mandando no luminoso. Boa recepción e orde defensiva complicaba o traballo ós de David Sánchez que só puideron meterse no parcial gracias ós toques de rede dos boirenses e a un erro arbitral que marcaría o desenlace da primeira gama onde o colexiado sinalaba como boa unha pelota que claramente caíu fóra do terreo de xogo. No segundo parcial os anfitrións melloraban o seu xogo aproveitando o desconcerto dos nosos. O dano que fixo perder o primeiro set, sumado ó acerto en ataque dos xogadores de banda do equipo rival levaba o dominio local na primeira metade do xogo. Tras un tempo morto os boirenses enfriaron a cabeza e conseguiron ir remontando ata situarse en disposición de anotarse o parcial, que de novo quedaba en peto lucense tras un erro de servicio do Náutico. No terceiro a intensidade boirense decaíu e un equipo da categoría do EMEVÉ non perdoa. Avanzaba o parcial cunha vantaxe que os nosos xa non podían contrarrestar. Polo Náutico Boiro Voleibol xogaron; Iván Souto, Narciso Abalo, Jesús Vázquez, Óscar Gómez, Miguel Vázquez, Cristóbal Álvarez e Adrián Alves (líbero). Como reservas estaban Daniel Eiras, Rubén Taibo, Antón Pérez, Gustavo Romero e Manuel Pérez.

3 comentarios:

Adrián Alves dixo...

Non puido ser. Pelexamos como eu xa sabía que faríamos pero a velocidade e ritmo de xogo dun equipo que xoga dúas ligas por riba fíxose notar. De todas formas eu véñome para Boiro coa intención de que perfectamente nos puidemos haber anotado algún set, sobre todo o primeiro. Agora toca pensar xa na liga e adestrar desde mañá mesmo para cumplir cos nosos obxectivos. Que non decaia!!

Graciñas ós que nos acompañaron a Lugo para ver o partido,

FORZA CV BOIRO!!!

Jesus_pivot dixo...

Más agrio que dulce el resultado del partido, a pesar de como fue el partido, un 3-0 es duro de diregir, un aplauso al Emeve jugaron un gran partido que al fin y al cabo es lo que hay que hacer para ganarnos.Gracias a toda la plantilla por estar en partido, y tambien a los que vinieron a animar con la misma ilusiónde que ganasemos que nosotros.

Anónimo dixo...

rapaces,sodes un orgullo para boiro,
non importan os resultados,o realmente importante e a sensación de satisfación,orgullo,amistade e entrega que demostrades sempre no campo.
Con esa aptitude non tardaran as alegrias no parquet,non importan os resultados de un dia,pois todos sabemos que mañan os levantaredes pensando solo en salir a pista a divertirvos,ganar e romper balons.
Dende ó CNB-marina cabo cruz-GRACIAS POR SER COMO SODES.
O lema do noso club:SEMPRE SUMAR NUNCA RESTAR.
gracias