xoves, 29 de outubro de 2015

EMEVÉ DE LUGO E F.C. BARCELONA RIVAIS NESTA FIN DE SEMANA:

SÁBADO 31:

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL - F.C. BARCELONA
(19:00h, A Cachada)-(Superliga 2 Masculina)

DOMINGO 1:

H. VET. ACEÑA EMEVÉ LUGO - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(10:00h, Casa do Deporte)-(1ª Div Aut. Infantil Masculina)

H. VET. ACEÑA EMEVÉ LUGO - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(10:00h, Casa do Deporte)-(1ª Div Aut. Xuvenil Masculina)

MEL-FROR EMEVÉ - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(11:30h, Casa do Deporte)-(1ª Div. Aut. Senior Feminina)

H. VET. ACEÑA EMEVÉ LUGO - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(11:30h, Casa do Deporte)-(1ª Div Aut. Cadete Masculina)

MEL-FROR EMEVÉ - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(11:30h, Casa do Deporte)-(1ª Div. Aut. Cadete Feminina)

MEL-FROR EMEVÉ - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(13:00h, Casa do Deporte)-(1ª Div. Aut. Xuvenil Feminina)

mércores, 28 de outubro de 2015

A CANTEIRA COPA O EQUIPO IDEAL DESTA SEMANA. ¡PARABÉNS!

Equipazo o desta semana, felicidades a tod@s
6 vitorias en 6 partidos foi a bagaxe que nos deixou a pasada xornada, feito que non fai máis que demostrar as boas actuacións que se puideron presenciar na Cachada. Os 7 elixidos para o equipo ideal da semana son estes, comezamos. Colocador, Daniel Vázquez: extraordinaria labor de dirección a do infantil na vitoria dos seus ante os compañeiros do JEALSA Barraña. O novo esquema empregado polos infantís comeza a dar os seus resultados no xogo e Dani axuda de maneira activa. Oposto, Borja Santamaría: a seriedade ofensiva demostrada polo cadete no encontro que o JEALSA se levaba ante o CV Narón Volea sírvelle para ser o oposto máis destacado da xornada. Receptor 1, Alberto Tubío: preciso na recepción e mellorando a pasos axigantados en facetas ofensivas. A madurez e seguridade que transmite o rianxeiro dentro do campo é propia dun xogador de maior idade e o sábado puidose comprobar na cancha 1 da Cachada. Receptora 2, Alejandra Moledo: o gran momento de forma que atravesa a noiesa fanlle mostrarse desequilibrante en ataque tanto na liga cadete como na xuvenil feminina. Gran actuación, xunto coas súas compañeiras, para levarse o pleno de triunfos. Central 1, Mario Iglesias: sen dúbida estamos ante un dos xogadores máis en forma do clube. Na vitoria do Náutico por 3-1 ante os canarios de Playas del Médano o rianxeiro acadou nada máis e nada menos que a cifra de 15 puntos, convertíndose no 2º máximo anotador dos nosos. 11 puntos de ataque sobre 12 intentos (92%) e 3 bloqueos directos son as credenciais do 16 do Náutico para formar parte deste top 7. Central 2, Laura Olveira: incisiva desde a liña de saque e moi seria en tódalas facetas do xogo o pasado sábado, tanto no encontro cadete coma no xuvenil e senior feminino. Líbero, Darío Outeiral: extraordinaria aparición a de Darío na vitoria dos cadetes por 3-0. Precisión milimétrica en recepción e calidade na defensa son as virtudes que farán do de Barraña un líbero de primeiro nivel.

domingo, 25 de outubro de 2015

O NÁUTICO AÚPASE A POSTOS DE COPA PRÍNCIPE TRAS DERROTAR A PLAYAS DEL MÉDANO:

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL 3-1 PLAYAS DEL MÉDANO
(25-20, 25-22, 18-25, 25-20)-(4ª Xornada da SM-2)

O Náutico soña coa Copa Príncipe 2016
Primeiro triunfo como local para o Náutico nesta recén inaugurada temporada 2015-16 na categoría de prata do volei nacional. O rival, os canarios de Playas del Médano, presentábanse na Cachada buscando un resultado que os devolvese ó camiño da vitoria tralo tropezo ante o Club Vigo Voleibol da semana pasada nas illas. Pola súa contra o Náutico tiña en mente enlazar a súa segunda vitoria consecutiva tras doblegar ó CV Leganés na capital de España fai 7 días e meterse deste xeito na pelexa por disputar a Copa Príncipe 2016. O encontro tardaría uns minutos en ir ó seu sitio. As imprecisións dominaban o xogo na parte inicial do choque e o nerviosismo apoderábase de ambos conxuntos ata ben entrada a primeira manga. Sería a partires do ecuador da mesma cando os de Emilio Palacio pisaron o acelerador e conseguirían unha renda que a posteriori sería decisiva para adiantarse no tanteador. Co 1-0 a prol dos nosos ambos equipos delegaban a responsabilidade ofensiva nos seus canoneiros. Carlos Javier Hernández por parte dos canarios recibiría nada máis e nada menos que 39 balóns de mans do seu colocador, dos que 18 (46%) rematarían en punto. Por parte do Náutico Emilio Palacio e Gabriel del Carmen volverían a ser o sostén ofensivo dos boirenses recibindo 31 e 26 balóns respectivamente. O oposto convertiiría 10 tantos (32%) e o receptor vigués 14 (54%) convertíndose no máximo anotador da categoría. O 2º set foi de dominio boirense desde o comezo. A aparición extraordinaria de Mario Iglesias con 11 puntos de ataque sobre 12 intentos (92%) e 3 bloqueos directos foron determinantes para poñer terra de por medio no encontro. O 2-0 facía presaxiar un desenlace cómodo para os boirenses pero nada máis lonxe da realidade. A entrada do segundo colocador, Vladislad Susickis, cambioulle a cara ós canarios que pasaron a cometer menos erros e mostrarse máis sólidos que o Náutico no 3º xogo. Cun claro 18-25 recurtaban distancias os tinerfeños e sembraban as dúbidas na Cachada. A importancia dos 3 puntos era vital para ambos equipos e de novo a conexión dos xogadores boirenses coa grada volveu a ser determinante. Os de Emilio Palacio traballaron a reo en bloqueo-defensa para deixar a vitoria na Cachada e seguir así soñando coa Copa. Consulta nesta ligazón a estadística oficial do encontro. Polo Náutico xogaron Iván S., Emilio P., Mario I., Borja V., Cristóbal Á., Gabriel Del C. e Adrián A. (líbero). Tamén xogaron Ismael M., Xian P., Manuel P., Lois V. e Fran D.

mércores, 21 de outubro de 2015

NÁUTICO - PLAYAS DEL MÉDANO, CHOQUE ESTELAR PARA ESTE SÁBADO NA CACHADA:

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - IES DE AMES
(10:00h, A Cachada)-(1ª Div. Aut. Cadete Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - JEALSA BARRAÑA VOLEIBOL
(10:00h, A Cachada)-(1ª Div. Aut. Infantil Masculina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - CV BRUXAS
(11:30h, A Cachada)-(1ª Div. Aut. Senior Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - DISTRIBUCIONES SABÍN CV NARÓN VOLEA
(11:30h, A Cachada)-(1ª Div. Aut. Cadete Masculina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - CV BRUXAS
(13:00h, A Cachada)-(1ª Div. Aut. Xuvenil Feminina)

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL - PLAYAS DEL MÉDANO
(19:00h, A Cachada)-(4ª Xornada da SM-2)

domingo, 18 de outubro de 2015

O NÁUTICO TRAE DOUS VALIOSOS PUNTOS DE LEGANÉS:

CVLEGANÉS.COM 2-3 NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(18-25, 25-20, 25-23, 26-28, 6-15)-(3ª Xornada da SM-2)

ZALAETA 3-2 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(25-18, 21-25, 21-25, 25-16, 15-7)-(1ª Div. Aut. Senior Feminina)

ALDEBARÁN SAN SADURNIÑO 0-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(17-25, 25-27, 21-25)-(1ª Div. Aut. Xuvenil Masculina)

ZALAETA 3-1 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(25-15, 25-18, 16-25, 25-9)-(1ª Div. Aut. Xuvenil Feminina)

ALDEBARÁN SAN SADURNIÑO 0-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(6-25, 11-25, 16-25)-(1ª Div. Aut. Cadete Masculina)

XAV CAMBADOS 2-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(25-22, 25-22, 16-25, 14-25, 10-15)-(1ª Div. Aut. Cadete Feminina)

ASESORES VILA CASTRO 3-1 JEALSA BARRAÑA VOLEIBOL
(25-18, 25-9, 26-28, 25-18)-(1ª Div. Aut. Infantil Masculina)

xoves, 15 de outubro de 2015

HORARIOS PARA A FIN DE SEMANA NA QUE O NÁUTICO VIAXA A LEGANÉS:

SÁBADO17:

XAV CAMBADOS - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(10:00h, R. Cabanillas)-(1ª Div. Aut. Cadete Feminina)

ASESORES VILA CASTRO - JEALSA BARRAÑA VOLEIBOL
(16:30h, A Farixa)-(1ª Div. Aut. Infantil Masculina)

CVLEGANÉS.COM - NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(19:00h, Pavillón Emilia Pardo Bazán)-(3ª xornada da SM-2)

DOMINGO 18:

SAN SADURNIÑO - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(10:30h, PM San Sadurniño)-(1ª Div. Aut. Cadete Masculina)

ZALAETA - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(10:30h, Instituto Zalaeta)-(1ª Div. Aut. Senior Feminina)

ALDEBARÁN SAN SADURNIÑO - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(12:00h, PM San Sadurniño)-(1ª Div. Aut. Xuvenil Masculina)

ZALAETA - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(12:15h, Instituto Zalaeta)-(1ª Div. Aut. Xuvenil Feminina)

mércores, 14 de outubro de 2015

O PRIMEIRO TOP 7 DO BOIRO VOLEIBOL DESTA 2015-16 XA ESTÁ AQUÍ:

Pleno masculino neste primeiro top 7
Pleno dos nosos equipos masculinos neste primeiro septeto ideal da tempada 2015-16. Os encontros vistos na Cachada durante a pasada fin de semana deixáronnos un bo puñado de grandes actuacións, aquí tendes as máis destacadas. Colocador, Ismael Martínez: gran xestión de pelota a do xuvenil no encontro que definitivamente se levou o Asesores Vila Castro. Atopou, especialmente a partires do 3º set, a mellor opción de ataque en cada momento do partido. Oposto, Emilio Palacio: gran actuación a do oposto do primeiro equipo trala súa reaparición despois dos seus problemas físicos. 21 puntos repartidos en 3 bloqueos directos e 18 ataques (41% de acerto) son os números acadados por Emilio ante o Aldebarán. Receptor 1, Gaby Del Carmen: os 28 puntos de ataque (42%) que logrou no derbi da categoría de prata servíronlle ó vigués para ser o mellor atacante da xornada na SM-2. Receptor 2, Alan Davila: moi bo partido do infantil no encontro que o JEALSA gañou ante o Burgas o día que o xoven xogador boirense debutaba en competición oficial. Central 1, Mario Iglesias: os 4 puntos de bloqueo e 14 de ataque (61%) servíronlle ó rianxeiro para, ó igual que Gaby, formar no 7 ideal da xornada proposto pola RFEVB. Central 2, Rodrigo Martínez: sen ningunha dúbida foi un dos xogadores máis incisivos na vitoria por 3-2 dos nosos infantís. Acertado en ataque e moi perigoso co seu saque Roi propuxo na mañá do sábado unha firme candidatura a ser un dos destacados da xornada no Boiro Voleibol. Líbero, Darío Outeiral: seguro en recepción e moi participativo en defensa no encontro xuvenil masculino do pasado sábado.

domingo, 11 de outubro de 2015

RESULTADOS 10-10-2015. COMEZO DAS LIGAS AUTONÓMICAS 2015 E SM-2:

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL 2-3 ALDEBARÁN SAN SADURNIÑO
(27-25, 28-30, 25-19, 34-36, 15-17)-(2ª Xornada da Superliga 2 Masculina)

Gabriel Del Carmen sacando no encontro do sábado
Derrota do Náutico, por segundo ano consecutivo, nun dos derbis galegos da categoría de prata que os enfrontaba ós ferroláns do Aldebarán de San Sadurniño. A Cachada, como xa é costume nos últimos anos, vestía as súas mellores galas por motivo doble. A entrega do trofeo de campións de Copa Galicia de mans do presidente da FGVB, José Á. Luna, precedía a un gran espectáculo deportivo que non rematou da maneira que todos desexabamos. A igualdade foi máxima durante os dous primeiros sets, que se decidían nos instantes finais cun parcial para cada equipo. No terceiro o Náutico dominou con claridade. Un gran Gabriel Del Carmen (28 puntos) erixíase en baluarte ofensivo dos de Emilio Palacio, que camiñaban con decisión a por 3 puntos que os catapultarían á parte alta da táboa. Entonces chegaría o momento clave do encontro, o 4º set. Nada máis e nada menos que 45' de xogo e un tanteador de 34-36 levaría o choque ó tie-break logo de malgastar os nosos 2 oportunidades de pechar a contenda por 3-1. Como non podía ser doutra maneira o equilibrio entre as dúas escadras volvería a ser a tónica no set de desempate. Os pequenos detalles foron claves e o Aldebarán marchaba da Cachada con 2 valiosísimos puntos e cunha actuación sobresaínte do seu receptor murciano Francisco Fernández (31 puntos). O vindeiro sábado o Náutico viaxa a Madrid para medirse ó CV Leganés (19:00h, Pavillón Emilia Pardo Bazán). Polos boirenses xogaron de inicio Iván Souto, Emilio Palacio, Cristóbal Álvarez, Gabriel Del Carmen, Fran Dieste, Mario Iglesias e Adrián Alves (líbero). Como suplentes estaban Ismael Martínez, Xian Pérez, Naji Adrián Gatbache, Borja Vilas e Manuel Pérez. Nesta ligazón podes ver a estadística completa do partido.

mércores, 7 de outubro de 2015

ESTE SÁBADO COMEZAN AS LIGAS GALEGAS 2015, E FANO NA CACHADA:

SÁBADO 10:

JEALSA BARRAÑA VOLEIBOL - MANUELA RIAL MOUZO (CEE)
(10:00h, A Cachada)-(1ª División Autonómica Infantil Masculina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - AS MARIÑAS OLEIROS
(10:00h, A Cachada)-(1ª División Autonómica Cadete Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - ASESORES VILA CASTRO
(10:00h, A Cachada)-(1ª División Autonómica Cadete Masculina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - ASESORES VILA CASTRO
(11:30h, A Cachada)-(1ª División Autonómica Infantil Masculina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - MGS VOLEYOURENSE
(11:30h, A Cachada)-(1ª División Autonómica Xuvenil Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - ASESORES VILA CASTRO
(11:30h, A Cachada)-(1ª División Autonómica Senior Masculina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - ASESORES VILA CASTRO
(13:00h, A Cachada)-(1ª División Autonómica Xuvenil Masculina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - CALDARIA VOLEYOURENSE
(13:00h, A Cachada)-(1ª División Autonómica Senior Feminina)

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL - INTASA SAN SADURNIÑO
(19:00h, A Cachada)-(Superliga 2 Masculina)

domingo, 4 de outubro de 2015

O NÁUTICO REGRESA COS 3 PUNTOS DE BARCELONA NA SÚA ESTREA LIGUEIRA:

CVAA LLARS MUNDET 0-3 NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(20-25, 19-25, 19-25)-(Xornada 1ª da Superliga 2 Masculina)

Náutico Boiro Voleibol 15-16
Inmellorable arranque de temporada para un renovado Náutico Boiro que en menos de 7 días conseguiu levantar a primeira Copa Galicia na historia deste clube e regresar de Barcelona con 3 valiosísimos puntos. O rival, o sempre perigoso CVAA Llars Mundet, facía lembrar o derradeiro partido da pasada campaña na Cachada, onde os cataláns perdían o ascenso no último momento tras caer ante os nosos nun apretadísimo 3-2. No inicio do choque os dous equipos se mostraron un tanto erráticos e irregulares. Foi a partires do 10-10 cando os boirenses, cun gran Gabriel Del Carmen á cabeza, puxeron a directa hacia a primeira vitoria parcial. O segundo e terceiro sets estiveron marcados polo dominio dos de Emilio Palacio dende os primeiros compases. A efectividade do servicio boirense dificultáballes ós barceloneses ser precisos co primeiro toque, xerando deste xeito multitude de situacións de contraataque para os nosos. Digna de mención foi tamén a actuación en bloqueo-defensa do Náutico, capaz de controlar e contrarrestar á perfección a un consagrado atacante da categoría de prata nas últimas campañas como é o oposto Ignacio Calderé. Primeiros tres puntos e regreso a Galicia para afrontar a primeira semana previa a un derbi. O próximo sábado, ás 19:00h recibimos a un Intasa San Sadurniño que vén de derrotar por 3-1 ó CV Leganés. Polo Náutico xogaron: Iván Souto, Xian Pérez, Gabriel Del Carmen, Cristóbal Álvarez, Fran Dieste, Mario Iglesias e Adrián Alves (líbero). Como suplentes estaban Ismael Martínez, Manuel Pérez, Naji Adrián Gatbache e Borja Vilas. Causaron baixa Jesús Vázquez, Emilio Palacio e Germán Romero.