mércores, 14 de outubro de 2015

O PRIMEIRO TOP 7 DO BOIRO VOLEIBOL DESTA 2015-16 XA ESTÁ AQUÍ:

Pleno masculino neste primeiro top 7
Pleno dos nosos equipos masculinos neste primeiro septeto ideal da tempada 2015-16. Os encontros vistos na Cachada durante a pasada fin de semana deixáronnos un bo puñado de grandes actuacións, aquí tendes as máis destacadas. Colocador, Ismael Martínez: gran xestión de pelota a do xuvenil no encontro que definitivamente se levou o Asesores Vila Castro. Atopou, especialmente a partires do 3º set, a mellor opción de ataque en cada momento do partido. Oposto, Emilio Palacio: gran actuación a do oposto do primeiro equipo trala súa reaparición despois dos seus problemas físicos. 21 puntos repartidos en 3 bloqueos directos e 18 ataques (41% de acerto) son os números acadados por Emilio ante o Aldebarán. Receptor 1, Gaby Del Carmen: os 28 puntos de ataque (42%) que logrou no derbi da categoría de prata servíronlle ó vigués para ser o mellor atacante da xornada na SM-2. Receptor 2, Alan Davila: moi bo partido do infantil no encontro que o JEALSA gañou ante o Burgas o día que o xoven xogador boirense debutaba en competición oficial. Central 1, Mario Iglesias: os 4 puntos de bloqueo e 14 de ataque (61%) servíronlle ó rianxeiro para, ó igual que Gaby, formar no 7 ideal da xornada proposto pola RFEVB. Central 2, Rodrigo Martínez: sen ningunha dúbida foi un dos xogadores máis incisivos na vitoria por 3-2 dos nosos infantís. Acertado en ataque e moi perigoso co seu saque Roi propuxo na mañá do sábado unha firme candidatura a ser un dos destacados da xornada no Boiro Voleibol. Líbero, Darío Outeiral: seguro en recepción e moi participativo en defensa no encontro xuvenil masculino do pasado sábado.

Ningún comentario: