domingo, 4 de outubro de 2015

O NÁUTICO REGRESA COS 3 PUNTOS DE BARCELONA NA SÚA ESTREA LIGUEIRA:

CVAA LLARS MUNDET 0-3 NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(20-25, 19-25, 19-25)-(Xornada 1ª da Superliga 2 Masculina)

Náutico Boiro Voleibol 15-16
Inmellorable arranque de temporada para un renovado Náutico Boiro que en menos de 7 días conseguiu levantar a primeira Copa Galicia na historia deste clube e regresar de Barcelona con 3 valiosísimos puntos. O rival, o sempre perigoso CVAA Llars Mundet, facía lembrar o derradeiro partido da pasada campaña na Cachada, onde os cataláns perdían o ascenso no último momento tras caer ante os nosos nun apretadísimo 3-2. No inicio do choque os dous equipos se mostraron un tanto erráticos e irregulares. Foi a partires do 10-10 cando os boirenses, cun gran Gabriel Del Carmen á cabeza, puxeron a directa hacia a primeira vitoria parcial. O segundo e terceiro sets estiveron marcados polo dominio dos de Emilio Palacio dende os primeiros compases. A efectividade do servicio boirense dificultáballes ós barceloneses ser precisos co primeiro toque, xerando deste xeito multitude de situacións de contraataque para os nosos. Digna de mención foi tamén a actuación en bloqueo-defensa do Náutico, capaz de controlar e contrarrestar á perfección a un consagrado atacante da categoría de prata nas últimas campañas como é o oposto Ignacio Calderé. Primeiros tres puntos e regreso a Galicia para afrontar a primeira semana previa a un derbi. O próximo sábado, ás 19:00h recibimos a un Intasa San Sadurniño que vén de derrotar por 3-1 ó CV Leganés. Polo Náutico xogaron: Iván Souto, Xian Pérez, Gabriel Del Carmen, Cristóbal Álvarez, Fran Dieste, Mario Iglesias e Adrián Alves (líbero). Como suplentes estaban Ismael Martínez, Manuel Pérez, Naji Adrián Gatbache e Borja Vilas. Causaron baixa Jesús Vázquez, Emilio Palacio e Germán Romero.

Ningún comentario: