luns, 31 de marzo de 2014

TAN SÓ AS SENIOR CONSIGUEN VENCER NESTA XORNADA:

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-0 ELLAEL VIGO VOLEY
(25-16, 25-12, 25-11)-(2ª Div. Autonómica Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 0-3 AD A PINGUELA
(15-25, 24-26, 22-25)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 0-3 AD A PINGUELA
(16-25, 17-25, 13-25)-(Liga Galega Cadete Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 1-3 AD A PINGUELA
(25-22, 14-25, 14-25, 11-25)-(Liga Galega Infantil Feminina)

venres, 28 de marzo de 2014

A 22ª XORNADA DAS LIGAS GALEGAS CHEGA Á CACHADA ESTE SÁBADO 29:

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - AD A PINGUELA
(10:00h, A Cachada)-(Liga Galega Infantil Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - AD A PINGUELA
(10:00h, A Cachada)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)

CV DUMBRÍA - BOIRO VOLEIBOL
(11:30h, Alonso Rodríguez)-(Deporte Escolar, Benxamín Mixto)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - AD A PINGUELA
(11:30h, A Cachada)-(Liga Galega Cadete Feminina)

BOIRO VOLEIBOL - ED AMES B
(13:0h, Alonso Rodríguez)-(Deporte Escolar, Benxamín Mixto)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - ELLAEL VIGO VOLEY
(16:00h, A Cachada)-(2ª Div. Autonómica Feminina)

martes, 25 de marzo de 2014

SEPTETO IDEAL BOIRO VOLEIBOL DO 22 E 23 DE MARZO:

Maior representación feminina no septeto desta xornada
Máis repartido ca nunca e cunha participación elevada nas votacións regresa o equipo ideal da xornada formado con xogadores e xogadoras dos nosos equipos. Colocadora, Ángela Triñanes: completísimo encontro da crucense en labores de dirección no partido que as de Mario Iglesias gañaron en Pontevedra no tie-break. Oposta, Mariana Díaz: foi unha das solucións á hora da consecución dos puntos por parte do noso primeiro equipo feminino. Receptora 1, María Triñanes: a súa seguridade en recepción, defensa e ataque fai da pequena das irmás Triñanes unha das habituais do combinado ideal do Boiro VB. Receptor 2, Marcos Alvite: o amiense foi sen lugar a dúbidas un oasis ofensivo para o JEALSA no encontro co que os xuvenís pechaban a fase regular da competición autonómica. Central 1, Alejandra Mato: excelente aparición da central sénior no Multiusos da Xunqueira para colaborar coas súas accións preto da rede á 16ª vitoria ligueira para o JEALSA. Central 2, Félix Romero: evidente melloría confirmada por unha correcta actuación en saque, bloqueo e ataque a do xuvenil de primeiro ano ante o líder da LGXM (Club Vigo Voleibol). Líbero, Jorge Dieste: a predisposición defensiva é un valor imprescindible para ser un líbero competente, e Jorge en isto vai sobrado. Gran encontro para confirmar unha gran primeira temporada no mundo do voleibol.

luns, 24 de marzo de 2014

BALANCE NEGATIVO NOS RESULTADOS DO 22 E 23 DE MARZO:

ALIANZA ESPAÑOLA SEGUROS S.A. CVP 3-1 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(25-21, 25-17, 25-27, 25-7)-(Liga Galega Infantil Feminina)

ALIANZA ESPAÑOLA SEGUROS S.A. CVP 3-2 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(25-12, 19-25, 25-27, 25-17, 15-5)-(Liga Galega Cadete Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 0-3 CLUB VIGO VOLEIBOL
(14-25, 18-25, 10-25)-(Liga Galega Xuvenil Masculina)

CV PONTEVEDRA 2-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(22-25, 25-17, 13-25, 25-20, 9-15)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)

CALDARIA VOLEYOURENSE 3-0 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(25-11, 25-16, 25-8)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)

REDESYL BOIRO VOLEIBOL 0-3 CLUB VIGO VOLEIBOL
(15-25, 19-25, 18-25)-(2ª Div. Autonómica Masculina)

CV PONTEVEDRA COMERCIAL DURÁN 3-0 REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(25-13, 25-17, 25-13)-(2ª Div. Autonómica Masculina)

CALDARIA VOLEYOURENSE 1-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(16-25, 21-25, 26-24, 21-25)-(2ª Div. Autonómica Feminina)

CV PONTEVEDRA COMERCIAL DURÁN 2-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(16-25, 25-18, 21-25, 25-23, 5-15)-(2ª Div. Autonómica Feminina)

xoves, 20 de marzo de 2014

¡ESTÁ DE MODA!

ENCONTROS DAS LIGAS AUTONÓMICAS PARA O 22 E 23 DE MARZO:

SÁBADO 22:

ALIANZA ESPAÑOLA SEGUROS S.A. CVP - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(10:00h, Estadio da Xuventude)-(Liga Galega Cadete Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - CLUB VIGO VOLEIBOL
(10:00h, A Cachada)-(Liga Galega Xuvenil Masculina)

REDESYL BOIRO VOLEIBOL - CLUB VIGO VOLEIBOL B
(11:30h, A Cachada)-(2ª Div. Autonómica Masculina)


ALIANZA ESPAÑOLA SEGUROS S.A. CVP - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(12:00h, Estadio da Xuventude)-(Liga Galega Infantil Feminina)

CV PONTEVEDRA COMERCIAL DURÁN - REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(16:00h, Multiusos da Xunqueira)-(2ª Div. Autonómica Masculina)

CV PONTEVEDRA - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(16:00h, Multiusos da Xunqueira)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)


CV PONTEVEDRA COMERCIAL DURÁN - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(18:00h, Multiusos da Xunqueira)-(2ª Div. Autonómica Feminina)

DOMINGO 23:

CALDARIA VOLEYOURENSE - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(11:00h, IES Ferro Couselo)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)

CALDARIA VOLEYOURENSE - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(12:30h, IES Ferro Couselo)-(2ª Div. Aut. Feminina)

mércores, 19 de marzo de 2014

2 XOGADORES DO NÁUTICO NO #7IDEALBOIROVOLEIBOL DESTA SEMANA:

#7idealBoiroVoleibol do 15-16 de marzo
A vitoria do noso primeiro equipo na Comunidade Valenciana foi sen lugar a dúbidas unha das grandes novas desta fin de semana xunto co triunfo dos xuvenís fronte ó EMEVÉ de Lugo. Por este motivo, o combinado ideal desta semana reúne dúas das caras do Náutico que a RFEVB destacan na 18ª xornada da Superliga 2. Colocador, Ismael Martínez: atinada labor de dirección a do colocador xuvenil da nosa canteira na importante vitoria que os xuvenís conseguiron ante o EMEVE. Oposto, Narciso Abalo: os 26 tantos conseguidos no Pablo Herrera castellonense convertiron ó xogador crucense no MVP da xornada da categoría de prata. Receptor 1, Cristóbal Álvarez: incluido tamén no 7 ideal da RFEVB o vigués presenta os seus 20 puntos e un extraordinario 71% de efectividade en recepción como credenciais. Receptor 2, Darío Outeiral: sobresaínte en recepción e defensa e inspirado en ataque. A actuación do infantil no encontro cadete demostra o estado de forma polo que está a pasar o JEALSA, campión da fase regular infantil e ás portas de clasificarse para o play-off na liga galega cadete. Central 1, Lía Villar: demoledora desde a liña de saque e letal preto da rede. Central 2, Christopher Rodríguez: completo encontro a pesar da derrota no tie-breal no Municipal de Teis. Destacado en segunda liña e seguro preto da rede. Líbero, Sheila Outeiral: nova demostración de facultades en defensa en recepción que lle sirven para entrar neste septeto da xornada.

martes, 18 de marzo de 2014

NARCISO ABALO MVP. ADRIÁN ALVES E CRISTÓBAL ÁLVAREZ DESTACADOS.

Narciso e Cristóbal no 7 ideal da RFEVB
A última xornada da Superliga 2 Masculina deixounos unha extraordinaria vitoria do Náutico en Castellón que non pasou desapercibida para os estadistas e o gabinete de prensa da RFEVB. Os 26 puntos do oposto de Cabo de Cruz Narciso Abalo sirven para convertilo en MVP e máximo anotador da 18ª xornada desta categoría de prata do volei nacional. Ademais, os seus 6 bloqueos directos colócano como 2º mellor bloqueador da fin de semana por detrás do central catalán do CyL Palencia Albert Graells (8 bloqueos). Entre os destacados da xornada aparecen tamén Cristóbal Álvarez como 3º máximo anotador (20 puntos) e Adrián Alves como 2º mellor líbero gracias a un 91% de envíos positivos en recepción sobre 47 intentos. Doce despedida para unha exitosa campaña que remata co Náutico acadando a permanencia, para o ano máis e agardemos que mellor. Forza Boiro Voleibol.

luns, 17 de marzo de 2014

O NÁUTICO REGRESA DE CASTELLÓN CON 3 PUNTOS NA MALETA:

CV MEDITERRÁNEO DE CASTELLÓN 1-3 NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(31-29, 25-27, 19-25, 17-25)-(Superliga 2 Masculina)

Vitoria boirense en Castellón
A temporada do debut do noso primeiro equipo masculino na Superliga 2 chegou ó seu fin o pasado sábado no polideportivo castellonense Pablo Herrera e fíxoo cun triunfo que deixa un excelente sabor de boca e trae cara Galicia 3 puntos máis. A igualdade era máxima durante a primeira manga. Os ataques superaban claramente ás defensas e ámbolos dous conxuntos mostraban as súas bazas para opositar ó triunfo final. O receptor internacional júnior Óscar Prades (21 puntos) sería o argumento dos locais para poñerse por diante nun primeiro parcial onde os erros non forzados dos nosos impedirían golpear primeiro nunha manga na que ambos equipos tuveron balón de set. A derrota danou tremendamente a confianza boirense. Un catastrófico inicio de 2º set poñía un tanteador de 8-1 a prol do CV Mediterráneo no primeiro tempo técnico. A situación era límite e o encontro parecía achegarse ó seu fin. Coa paciencia por bandeira pouco a pouco os de Emilio Palacio afinaron os seus intrumentos e paseniño foron recurtando as diferencias ata chegar a pechar pola mínima un set que sería a chave da vitoria branquiazul. A partires de aquí só houbo un equipo sobre a cancha, e ese sería o Náutico. O potencial ofensivo dos locais sentíase maniatado ante o extraordinario bloqueo-defensa dos boirenses que, a base dun side-out de matrícula de honra onde destacou Narciso Abalo con 26 tantos, conseguía consumar a remontada e voar destino Galicia con 3 puntos máis no seu haber. Coa permanencia acadada e 17 puntos na táboa clasificatoria o primeiro equipo do Boiro Voleibol despedíase deste xeito da categoría de prata do volei español. Consulta aquí a estadística completa do encontro. Polo Náutico xogaron Iván S., Narciso A., Miguel V., Cristóbal Á., Jesús V., Mario I. e Adrián A. (líbero). Tamén xogaron Emilio P. e Gustavo R.


venres, 14 de marzo de 2014

O NÁUTICO DESPIDE A SÚA PRIMEIRA TEMPORADA EN SM-2 EN CASTELLÓN:

SÁBADO 15:

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - EMEVE ELIDE
(10:00h, A Cachada)-(Liga Galega Infantil Masculina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - EMEVE ELIDE
(10:00h, A Cachada)-(Liga Galega Cadete Feminina)

REDESYL BOIRO VOLEIBOL - EMEVE ELIDE B
(11:30h, A Cachada)-(2ª Div. Autonómica Masculina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - EMEVE ELIDE
(11:30h, A Cachada)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - EMEVE ELIDE
(17:00h, A Cachada)-(Liga Galega Infantil Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - EMEVE ELIDE
(17:00h, A Cachada)-(Liga Galega Cadete Masculina)

CV MEDITERRÁNEO DE CASTELLÓN - NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(18:00h, P. Pablo Herrera)-(Superliga 2 Masculina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - EMEVE ELIDE
(18:30h, A Cachada)-(Liga Galega Xuvenil Masculina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL - EMEVE ELIDE B
(18:30h, A Cachada)-(2ª Div. Autonómica Feminina)

DOMINGO 16:

XUVENIL TEIS - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(10:00h, PM de Teis)-(Liga Galega Infantil Feminina)

XUVENIL TEIS - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(10:00h, PM de Teis)-(Liga Galega Cadete Masculina)

XUVENIL TEIS B - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(10:00h, PM de Teis)-(2ª Div. Autonómica Feminina)

martes, 11 de marzo de 2014

ALGUNHA QUE OUTRA SORPRESA NO EQUIPO IDEAL DO 8 E 9 DE MARZO:

O #7idealBoiroVoleibol regresa tras dúas semanas
O septeto ideal do Boiro Voleibol xa está de volta despois dunha semana onde tan só o noso primeiro equipo masculino tivo competición oficial. Os destacados da pasada xornada son: Colocador, Rubén Martínez: extraordinaria labor de dirección a realizada polo pequeno dos Martínez no derbi entre boirenses e rianxeiros que se saldou con vitoria para os de Adrián Alves por 0-3 na mañá do sábado. O seu saque foi un pesadelo para a liña de recepción rianxeira e fabricou multitude de xogadas favorables para os seus compañeiros. Oposto, Narciso Abalo: os seus 22 tantos divididos en 3 aces e 19 puntos de ataque convertiron ó de Cabo de Cruz nun dos destacados da 17ª xornada da categoría de prata do volei nacional. Receptor 1, Darío Outeiral: atinadísimo en recepción e brillante en ataque. A súa actuación foi determinante para que o JEALSA gañase de forma cómoda no Municipal de Rianxo. Receptora 2, Paula Vázquez: sobresaínte actuación da infantil no seu debut nesta posición. Foi sen lugar a dúbidas a xogadora máis destacada en facetas ofensivas no encontro que o cadete feminino venceu en Cambados por 1-3. Central 1, Alejandra Galbán: o seu potencial preto da rede resulta desequilibrante na Liga Galega Xuvenil. A súa aportación en ataque e bloqueo levan á xogadora saída da canteira do Boiro Voleibol a repetir nominación no 7 ideal. Central 2, Pablo Redondo: incisivo en bloqueo e moi efectivo en ataque no derbi rexional da 2ª División Masculina. Líbero, Paula Rial: seguridade en recepción e acerto en defensa son as credenciais presentadas pola líbero do primeiro equipo feminino para regresar ó equipo ideal. Parabéns a tod@s.

domingo, 9 de marzo de 2014

RESUMO DA XORNADA NA QUE A SUPERLIGA 2 SE DESPIDE DA CACHADA:

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL 1-3 CVAA LLARS MUNDET
(26-28, 18-25, 25-23, 22-25)-(Superliga 2 Masculina)

Axustada derrota do Náutico ante o CVAA Llars Mundet
A Cachada viviu o pasado sábado a última tarde de festa desta primeira temporada do Náutico na categoría de prata do panorama voleibolístico nacional. O rival era o actual campión da Copa Príncipe, o barcelonés CVAA Llars Mundet. Moi intensos e concentrados comezaban a disputa os de Emilio Palacio que, cunha extraordinaria presión dende a liña de saque conseguían frear as embestidas dos potentísimos atacantes cataláns. Os tempos técnicos eran favorables ós nosos (8-4, 16-13) pero o bloqueo-defensa dos de Toni Alemany e a maxistral dirección do colocador internacional e ex CAI Voleibol Teruel Sergi Arranz revertían a situación chegada a vintena no luminoso. Despois de desperdiciar algún punto de set os boirenses cedían ante o poderío físico visitante e perdían a oportunidade de golpear primeiro nesta batalla. Os ánimos locais víronse moi afectados tras esta derrota parcial. Agora eran os da cidade condal os que conseguían esa vantaxe de 3-4 puntos que lles permitiría desenvolver todo o seu repertorio cun nivel de confianza elevado. A muralla catalana seguía a facer dubidar ós atacantes branquiazuis e a actuación do seu oposto Ignacio Calderé (22 puntos) axudaría sobre maneira  a colocar un duro 0-2 no tanteador do feudo boirense. Lonxe de baixar os brazos e demostrando unha vez máis a coraxe deste equipo o Náutico reaccionou. Aferrándose ó traballo en equipo conseguirían da man dun atinadísimo Narciso Abalo (22 puntos cun 45% de efectividade) recurtar distancias nun final de set de infarto no que o respetable volveu a conectar co equipo. Tal esforzo pasaría factura entre os nosos e os cataláns volverían a tomar a manixa do encontro no 4º set para pechar un encontro no que foron superiores. A calidade en facetas de reconstrucción dos cataláns foron chaves. Os 14 puntos directos de bloqueo, a capacidade de Sergi Arranz como director e a contundencia ofensiva foron demasiado para un Náutico que a semana que vén viaxa a Castellón coa intención de pechar o curso cun triunfo. Consulta a estadística do encontro aquí. Polo Náutico xogaron: Iván S., Narciso A., Cristóbal Á., Manuel P., Jesús V., Mario I. e Adrián A. (líbero). Tamén xogaron Ismael M., Fran D., Emilio Palacio, Gustavo R. e Miguel Vázquez.

xoves, 6 de marzo de 2014

A SUPERLIGA 2 MASCULINA DESPÍDESE DA CACHADA POR ESTA TEMPORADA:

SÁBADO 8:

MEXILLÓN DE OURO VB RIANXO - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(10:30h, PM de Rianxo)-(Liga Galega Cadete Masculina)

MEXILLÓN DE OURO VB RIANXO - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(12:00h, PM de Rianxo)-(2ª Div. Autonómica Masculina)

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL - CVAA LLARS MUNDET
(19:00h, A Cachada)-(Superliga 2 Masculina)

XAV CAMBADOS - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(20:00h, O Pombal)-(2ª Div. Autonómica Feminina)

DOMINGO 9:

CV XAV CAMBADOS - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(10:00h, O Pombal)-(Liga Galega Infantil Feminina)

CV XAV CAMBADOS - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(11:30h, O Pombal)-(Liga Galega Cadete Feminina)

CV XAV CAMBADOS - JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(13:00h, O Pombal)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)

luns, 3 de marzo de 2014

O NÁUTICO CEDE ANTE O BLOQUEO E O PODERÍO OFENSIVO CACEREÑO:

CÁCERES PATRIMONIO HUMANIDAD 3-1 NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(25-22, 26-24, 23-25, 25-19)-(Superliga 2 Masculina)

12 bloqueos extremeños desnivelan a balanza
Axustada derrota do noso primeiro equipo masculino na súa visita a terras extremeñas para xogar o partido corresponde a 16ª xornada da Superliga 2 Masculina. O encontro comezaba cos nosos atinados. O bloqueo-defensa dos de Emilio Palacio de contado faría acto de presencia para colocar ós branquiazuis 4 puntos por diante no primeiro tempo técnico (4-8). A medida que avanzaba o set os locais afinaban a puntería e os seus canoneiros conseguiron contrarrestar esta diferencia no tramo final do parcial. A segunda manga foi un calco exacto da precedente. Desta volta un 13-16 no parón do set confirmaba as boas sensacións experimentadas minutos antes. O receptor canario Kevin Medina e o ex internacional júnior Jesús Montero tiraron de repertorio en ataque e situaron a pesadísima lousa do 2-0 sobre a expedición galega. As pésimas novas non amilanaron ó Náutico que, lonxe de tirar o encontro, pelexou con coraxe por seguir vivos no mesmo. Apoiando as súas opcións de vitoria dende o servicio e o tino no side out as distancias recurtaríanse nun desenlace de set de infarto tal e como reflexa o tanteador final. No cuarto os folgos alimentados pola vitoria parcial de facía escasos momentos de contado se foron por terra froito dun bloqueo, o extremeño, que marcaría as diferencias no desenlace desta película. Para consultar a estadística do encontro entra aquí. Polo Náutico xogaron: Iván Souto, Narciso Abalo, Cristóbal Álvarez, Gustavo Romero, Emilio Palacio, Mario Iglesias e Adrián Alves (líbero). Como suplentes estaban Andrés Martínez, Miguel Vázquez, Manuel Pérez e Jesús Vázquez.