martes, 25 de marzo de 2014

SEPTETO IDEAL BOIRO VOLEIBOL DO 22 E 23 DE MARZO:

Maior representación feminina no septeto desta xornada
Máis repartido ca nunca e cunha participación elevada nas votacións regresa o equipo ideal da xornada formado con xogadores e xogadoras dos nosos equipos. Colocadora, Ángela Triñanes: completísimo encontro da crucense en labores de dirección no partido que as de Mario Iglesias gañaron en Pontevedra no tie-break. Oposta, Mariana Díaz: foi unha das solucións á hora da consecución dos puntos por parte do noso primeiro equipo feminino. Receptora 1, María Triñanes: a súa seguridade en recepción, defensa e ataque fai da pequena das irmás Triñanes unha das habituais do combinado ideal do Boiro VB. Receptor 2, Marcos Alvite: o amiense foi sen lugar a dúbidas un oasis ofensivo para o JEALSA no encontro co que os xuvenís pechaban a fase regular da competición autonómica. Central 1, Alejandra Mato: excelente aparición da central sénior no Multiusos da Xunqueira para colaborar coas súas accións preto da rede á 16ª vitoria ligueira para o JEALSA. Central 2, Félix Romero: evidente melloría confirmada por unha correcta actuación en saque, bloqueo e ataque a do xuvenil de primeiro ano ante o líder da LGXM (Club Vigo Voleibol). Líbero, Jorge Dieste: a predisposición defensiva é un valor imprescindible para ser un líbero competente, e Jorge en isto vai sobrado. Gran encontro para confirmar unha gran primeira temporada no mundo do voleibol.

Ningún comentario: