CÁCERES PATRIMONIO HUMANIDAD 3-1 NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(25-22, 26-24, 23-25, 25-19)-(Superliga 2 Masculina)
12 bloqueos extremeños desnivelan a balanza |
Axustada derrota do noso primeiro equipo masculino na súa visita a terras extremeñas para xogar o partido corresponde a 16ª xornada da Superliga 2 Masculina. O encontro comezaba cos nosos atinados. O bloqueo-defensa dos de Emilio Palacio de contado faría acto de presencia para colocar ós branquiazuis 4 puntos por diante no primeiro tempo técnico (4-8). A medida que avanzaba o set os locais afinaban a puntería e os seus canoneiros conseguiron contrarrestar esta diferencia no tramo final do parcial. A segunda manga foi un calco exacto da precedente. Desta volta un 13-16 no parón do set confirmaba as boas sensacións experimentadas minutos antes. O receptor canario Kevin Medina e o ex internacional júnior Jesús Montero tiraron de repertorio en ataque e situaron a pesadísima lousa do 2-0 sobre a expedición galega. As pésimas novas non amilanaron ó Náutico que, lonxe de tirar o encontro, pelexou con coraxe por seguir vivos no mesmo. Apoiando as súas opcións de vitoria dende o servicio e o tino no side out as distancias recurtaríanse nun desenlace de set de infarto tal e como reflexa o tanteador final. No cuarto os folgos alimentados pola vitoria parcial de facía escasos momentos de contado se foron por terra froito dun bloqueo, o extremeño, que marcaría as diferencias no desenlace desta película. Para consultar a estadística do encontro entra aquí. Polo Náutico xogaron: Iván Souto, Narciso Abalo, Cristóbal Álvarez, Gustavo Romero, Emilio Palacio, Mario Iglesias e Adrián Alves (líbero). Como suplentes estaban Andrés Martínez, Miguel Vázquez, Manuel Pérez e Jesús Vázquez.
1 comentario:
Pabellón de Copa Principe.
Pabellón de cemento pintado, altura escasa do pabellón, balóns cutres gastadisimos, iluminación cegadora, goteras que limpaban os xogadores do Boiro Voleibol, 15 persoas na grada. Un "pracer" xogar en Cáceres.
¬¬ ¬¬ ¬¬ ¬¬ ¬¬ ¬¬
Publicar un comentario