martes, 11 de marzo de 2014

ALGUNHA QUE OUTRA SORPRESA NO EQUIPO IDEAL DO 8 E 9 DE MARZO:

O #7idealBoiroVoleibol regresa tras dúas semanas
O septeto ideal do Boiro Voleibol xa está de volta despois dunha semana onde tan só o noso primeiro equipo masculino tivo competición oficial. Os destacados da pasada xornada son: Colocador, Rubén Martínez: extraordinaria labor de dirección a realizada polo pequeno dos Martínez no derbi entre boirenses e rianxeiros que se saldou con vitoria para os de Adrián Alves por 0-3 na mañá do sábado. O seu saque foi un pesadelo para a liña de recepción rianxeira e fabricou multitude de xogadas favorables para os seus compañeiros. Oposto, Narciso Abalo: os seus 22 tantos divididos en 3 aces e 19 puntos de ataque convertiron ó de Cabo de Cruz nun dos destacados da 17ª xornada da categoría de prata do volei nacional. Receptor 1, Darío Outeiral: atinadísimo en recepción e brillante en ataque. A súa actuación foi determinante para que o JEALSA gañase de forma cómoda no Municipal de Rianxo. Receptora 2, Paula Vázquez: sobresaínte actuación da infantil no seu debut nesta posición. Foi sen lugar a dúbidas a xogadora máis destacada en facetas ofensivas no encontro que o cadete feminino venceu en Cambados por 1-3. Central 1, Alejandra Galbán: o seu potencial preto da rede resulta desequilibrante na Liga Galega Xuvenil. A súa aportación en ataque e bloqueo levan á xogadora saída da canteira do Boiro Voleibol a repetir nominación no 7 ideal. Central 2, Pablo Redondo: incisivo en bloqueo e moi efectivo en ataque no derbi rexional da 2ª División Masculina. Líbero, Paula Rial: seguridade en recepción e acerto en defensa son as credenciais presentadas pola líbero do primeiro equipo feminino para regresar ó equipo ideal. Parabéns a tod@s.

Ningún comentario: