Narciso e Cristóbal no 7 ideal da RFEVB |
A última xornada da Superliga 2 Masculina deixounos unha extraordinaria vitoria do Náutico en Castellón que non pasou desapercibida para os estadistas e o gabinete de prensa da RFEVB. Os 26 puntos do oposto de Cabo de Cruz Narciso Abalo sirven para convertilo en MVP e máximo anotador da 18ª xornada desta categoría de prata do volei nacional. Ademais, os seus 6 bloqueos directos colócano como 2º mellor bloqueador da fin de semana por detrás do central catalán do CyL Palencia Albert Graells (8 bloqueos). Entre os destacados da xornada aparecen tamén Cristóbal Álvarez como 3º máximo anotador (20 puntos) e Adrián Alves como 2º mellor líbero gracias a un 91% de envíos positivos en recepción sobre 47 intentos. Doce despedida para unha exitosa campaña que remata co Náutico acadando a permanencia, para o ano máis e agardemos que mellor. Forza Boiro Voleibol.
1 comentario:
Un trío de ases!!!!!
Publicar un comentario