luns, 17 de marzo de 2014

O NÁUTICO REGRESA DE CASTELLÓN CON 3 PUNTOS NA MALETA:

CV MEDITERRÁNEO DE CASTELLÓN 1-3 NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(31-29, 25-27, 19-25, 17-25)-(Superliga 2 Masculina)

Vitoria boirense en Castellón
A temporada do debut do noso primeiro equipo masculino na Superliga 2 chegou ó seu fin o pasado sábado no polideportivo castellonense Pablo Herrera e fíxoo cun triunfo que deixa un excelente sabor de boca e trae cara Galicia 3 puntos máis. A igualdade era máxima durante a primeira manga. Os ataques superaban claramente ás defensas e ámbolos dous conxuntos mostraban as súas bazas para opositar ó triunfo final. O receptor internacional júnior Óscar Prades (21 puntos) sería o argumento dos locais para poñerse por diante nun primeiro parcial onde os erros non forzados dos nosos impedirían golpear primeiro nunha manga na que ambos equipos tuveron balón de set. A derrota danou tremendamente a confianza boirense. Un catastrófico inicio de 2º set poñía un tanteador de 8-1 a prol do CV Mediterráneo no primeiro tempo técnico. A situación era límite e o encontro parecía achegarse ó seu fin. Coa paciencia por bandeira pouco a pouco os de Emilio Palacio afinaron os seus intrumentos e paseniño foron recurtando as diferencias ata chegar a pechar pola mínima un set que sería a chave da vitoria branquiazul. A partires de aquí só houbo un equipo sobre a cancha, e ese sería o Náutico. O potencial ofensivo dos locais sentíase maniatado ante o extraordinario bloqueo-defensa dos boirenses que, a base dun side-out de matrícula de honra onde destacou Narciso Abalo con 26 tantos, conseguía consumar a remontada e voar destino Galicia con 3 puntos máis no seu haber. Coa permanencia acadada e 17 puntos na táboa clasificatoria o primeiro equipo do Boiro Voleibol despedíase deste xeito da categoría de prata do volei español. Consulta aquí a estadística completa do encontro. Polo Náutico xogaron Iván S., Narciso A., Miguel V., Cristóbal Á., Jesús V., Mario I. e Adrián A. (líbero). Tamén xogaron Emilio P. e Gustavo R.


REDESYL BOIRO VOLEIBOL 0-3 EMEVE ELIDE B
(20-25, 17-25, 14-25)-(2ª Div. Autonómica Masculina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-0 EMEVE ELIDE B
(25-22, 25-23, 25-13)-(2ª Div. Autonómica Feminina)

XUVENIL TEIS B 0-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(19-25, 17-25, 18-25)-(2ª Div. Autonómica Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-0 EMEVE ELIDE
(25-18, 25-13, 25-18)-(Liga Galega Xuvenil Masculina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 0-3 EMEVE ELIDE
(17-25, 21-25, 19-25)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 0-3 EMEVE ELIDE
(12-25, 22-25, 23-25)-(Liga Galega Cadete Masculina)

XUVENIL TEIS 3-2 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(13-25, 25-17, 25-18, 21-25, 15-13)-(Liga Galega Cadete Masculina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 0-3 EMEVE ELIDE
(14-25, 15-25, 20-25)-(Liga Galega Cadete Feminina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-0 EMEVE ELIDE
(25-14, 25-15, 25-10)-(Liga Galega Infantil Masculina)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-2 EMEVE ELIDE
(25-17, 18-25, 25-16, 22-25, 15-1)-(Liga Galega Infantil Feminina)

XUVENIL TEIS 3-0 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(25-11, 25-17, 25-21)-(Liga Galega Infantil Feminina)

1 comentario:

Jesus_pivot dixo...

Grandes chicos. Bo partido.
Migui e Narciso 7 ideal do boiro, este ultimo por Defender.

:)