Entre o 27 de xuño e o 3 de xullo celebrase na cidade de Ourense o VI torneo de volei praia ourensán. O único representante do noso club nesta proba será Adrián Alves "Chicho" que formará parella co vigués e ex-internacional absoluto coa selección española Kike de la Fuente.
xoves, 30 de xuño de 2011
mércores, 29 de xuño de 2011
EDM DE VOLEI PRAIA 2011:
O vindeiro día 11 de xullo darase o pistoletazo de saída ás Escolas Deportivas Municipais de volei praia deste verán 2011. Contaremos con dous monitores especializados na materia e as sesións celebraránse tódolos luns, mércores e venres na área deportiva do areal de Barraña en horario de 11:00-12:30. Para inscribirse na actividade tan só deberán achegarse á área de deportes do Concello de Boiro situada na casa da cultura. Agardamos manter o crecemento gradual dos últimos tempos e superar os case 50 rapaces e rapazas inscritos do ano pasado.
¡Arrancamos! |
xoves, 23 de xuño de 2011
CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB-17 EN PORTONOVO:
A vindeira fin de semana terá lugar en Portonovo o Campionato de España de seleccións autonómicas en idade cadete. O areal de Baltar será o escenario da batalla pola hexemonía do volei praia nacional na que participarán pola nosa comunidade os seguintes deportistas: en categoría masculina teremos dous equipos formados por Carlos López, Óscar Sánchez e Pablo Penedo (CV Vigo); Iago Varela (CV Aldebarán), Pablo Rodríguez (EMEVE) e Borja Álvarez (VPV). En féminas competirán Nuria Salgado, Elena Sardiña e Eva Diéguez do COVP. O día do sábado complétase coa maratón de Pequevoley, ó que acudirán os máis pequenos do Boiro Voleibol para disfrutar dun bo día xunto cos seus compañeiros e monitores.
mércores, 22 de xuño de 2011
II PROBA DO CIRCUITO GALEGO DE VOLEI PRAIA:
A pasada fin de semana tivo lugar a II proba do Circuito Galego de Volei Praia 2011. O sábado disputábanse en Bertamiráns as probas do sub-15 e do sub 17. O domingo era o turno das competicións dos máis grandes (sub-19 e sub-21) que se celebrou na cidade de Ourense.
SUB 15:
Pase de Ismael Martínez |
Xian Pérez-Fran Dieste |
SUB 19:
Héctor Fernández e Marcos Piñón do CV Aldebarán impuxéronse na categoría masculina ós vigueses Pablo Penedo e Óscar Sánchez. Pola súa banda Claudia Rozas e Blanca Carvajal conseguiron a medalla de ouro na categoría feminina. Do Boiro participaron en categoría masculina Miguel Lorenzo e Xian Pérez (8º); Arsenio Santos e Daniel Sieira (7º) e Fran Dieste e Raul Lojo (10º). En categoría feminina as nosas representantes foron Evelyn Urrutia e Sheila Outeiral (8ª), Katy Sampedro e Melissa Novoa (9ª): Alba Fernández e Aldara González (14ª) e Ángela Fernández e Sindy Oliveira (13ª).
SUB 21:
A familia Boiro Voleibol |
xoves, 16 de xuño de 2011
PREVIA II PROBA CPTO. GALEGO VOLEY PRAIA
Os días 18 e 19 son os elexidos para esta segunda proba do Campeonato galego de Base. As sedes son as seguintes:
- Categorías sub-15, sábado 18 Bertamiráns- Categoría sub-17, domingo 19 Bertamiráns.
- Categorías sub-19, sábado 18 Ourense
- Categorías sub-21, domingo 19 Ourense.
Haberá un autobús o sábado e outro o domingo. Saldrán da Cachada ás 8 da mañán de cada día e deixará en Bertamiráns ós equipos sub-15 e sub-17. O autobús regresará de Ourense cando remate o último partido no que xoguen algún dos nosos xogadores. Intentaremos que as categorías de Bertamiráns xa retornen a Boiro antes, da man das furgonetas do clube.
Calquera aclaración ou duda poñédevos en contacto con Andrés (629-824957).
Boa proba a todos.
mércores, 8 de xuño de 2011
I PROBA DO CIRCUITO GALEGO DE VOLEI PRAIA:
A pasada fin de semana disputouse en Dumbría a I proba do circuito galego de volei praia. O escenario foi a praia do Ézaro que presentou unha apariencia inmellorable con preto de 300 deportistas galegos de entre 13 e 21 anos. Trala disputa de tódalas modalidades o noso club sitúase ó frente na categoría masculina e segundo na feminina.
O sistema de competición desta categoría dicta que os equipos deben estar formados por catro integrantes con tres xogadores na pista. Un boirense, Ismael Martínez, proclamouse campión na categoría masculina xunto cos seus compañeiros do Ourense Volei Praia Víctor Conde, Nuno Paz e Cristian González. Na competición feminina o ouro foi para o combinado olívico composto por Xulia Larrán, Carmen Rodríguez e Sandra Araújo. Outros xogadores/as do Boiro Voleibol nesta competición foron: pola parte das rapazas Ana Bugallo (8ª xunto coas súas compañeiras do CV Bruxas) e o combinado formado por Julia Ces, Loreto Abalo, Emma Ordoñez e Irene Vivente (13ª). Pola banda dos rapaces ademais de Ismael Martínez (1º) tamén participaron Rubén Martínez, Brais Nieto, Pablo Nieto e Darío Outeiral (7º).
SUB 19:
Proclamáronse campións Héctor Fernández e Marcos Piñón do CV Aldebarán vencendo na final ós vigueses Pablo Penedo e Óscar Sánchez por 2-0. Nerea García e Miriam Buján venceron en rapazas a Laura Corral e Amara Santos do CV Aldebarán. Polo Boiro Voleibol participaron en rapazas Evelyn Urrutia e Sheila Outeiral (8ª); Katy Sampedro e Iria García (10ª); Sara Bugallo e Alejandra Galbán (11ª); Patricia Rodríguez e Andrea Barreiro (12ª). En categoría masculina participaron tamén representante do noso club como Fran Dieste e Raúl Lojo (12º); Miguel Lorenzo e Xian Pérez (10º) e Arsenio Santos e Daniel Sieira (9º).
SUB 17:
O combinado vigués formado por Óscar Sánchez, Pablo Penedo e Carlos López foron os campións desta I prona na que venceron na final a Iago Varela (CV Aldebarán), Pablo Rodríguez (EMEVE) e Borja Álvarez (VPV). Os boirenses Abel Sánchez, Daniel Vázquez e Ismael Martínez colgáronse a medalla de bronce e subiron o terceiro escalón do podium. Na categoría feminina as campioas foron as xogadoras do COVP Nuria Salgado, Elena Sardiña e Eva Diéguez que superaron a Susana Suárez, Alba Quirós e Aldara González do AD Liceo. Por parte do Boiro Voleibol tamén participaron: en rapazas Sara Bugallo, Ana Bugallo e Sheila Outeiral (5ª); Melissa Novoa, Irene Vicente e Loreto Abalo (8ª); Alba Triñanes, Andrea Davila e Alejandra Galbán (10ª). Na categoría masculina Fran Dieste, Xian Pérez e Adrián Gatbache (4º); Raúl Lojo, Alfonso Rey e Rubén Martínez (10ª).
SUB 21:
Miguel Chao e Javier Dovale proclamáronse campións nesta I proba tras superar na gran final ós boirenses Antón Pérez e Diego Romero por 2-1. Xa se enfrentaran no pase a semifinais estas dúas parellas con vitoria boirense pero os lucenses tomaron vinganza na final tras chegar pola ronda de perdedores. Na competición feminina a boirense Rebeca González xunto coa súa compañeira María Aguiar proclamábanse campioas sub-21 logo de desfacerse da tamén boirense Sandra Lojo que facía perella con Miriam Bravo (CV Zalaeta). Por parte do Boiro Voleibol tamén participaron: en rapazas Evelyn Urrutia e Patri Rodríguez (8ª); Katy Sampedro e Iria García (10). En categoría masculina tamén competiron Rubén Taibo e Xavier Sarille (4º) e Arsenio Santos e Daniel Sieira (13º).
domingo, 5 de xuño de 2011
RECORDOS QUE DEIXARON PEGADA...
Abrimos esta nova sección no blog para conmemorar a excelente temporada de voleibol que ven de baixar o telón na vila de Boiro. A causa merece a pena e agardamos poder repetir e mellorar éxitos como os recén acadados en vindeiras campañas. A temática da sección é a seguinte: gustaríanos que todos e cada un de vós (rapac@s das escolas deportivas, cadetes, xuvenís, senior, directivos, siareiros, socios, pais, santiegueses, noieses, vigueses, rianxeiros, etc, etc) escollades un momento, un recordo, unha vivencia desta pasada temporada que mereza a pena mencionar e recordar por todos nós. Animádevos!
Recordos 2010-2011 |
venres, 3 de xuño de 2011
COMEZA O CAMPIONATO GALEGO DE VOLEI PRAIA
Arranca a tempada de praia |
Esta fin de semana comeza o Campionato Galego de categorías base de volei praia. O escenario para esta proba é o areal de Ézaro, no concello de Dumbría. O sábado serán as probas das categorías sub-15 e sub-19 e o domingo terán lugar as de sub-17 e sub21. Un total de 25 equipos do noso clube van disputar as distintas categorías. Sorte a todos. Os autobuses sairán, tanto o sábado coma o domingo ás 8:15 horas na cachada.
¡SORTE PARA TODOS!
xoves, 2 de xuño de 2011
E CHEGOU O FINAL...
Escolas Deportivas Municipais |
A pasada fin de semana demos por rematada a exitosa tempada do Boiro Voleibol. O sábado pola mañá os nenos e nenas das escolas deportivas recibían un agasallo do concello mentres disfrutaban dos últimos partidos da temporada. O domingo, sobre as 11 da mañá comenzaban a chegar a Barraña, xogadores, directivos, pais, nais, socios, colaboradores e amigos para dar peche á temporada 2010-2011. Logo dun pouco de xogo, viñeron as entregas de trofeos ós xogadores, ós patrocinadores e colaboradores. Dúas grandes lonas homenaxeaban ós equipos de 1ª división masculina e 2ª división femenina por ser os campións de Liga este ano. Ó remate houbo unha degustación para todos os alí presentes. Boa festa para dar o peche a esta gran campaña na que todos puxemos o noso gran de area e da que nos sentimos orgullosos. Esperamos que coa axuda de todos, sigamos dándonos estas alegrías. NORABOA A TODO O CLUB
Festa en Barraña |
¡¡¡FORZA BOIRO VOLEIBOL!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)