AD XIRIA ASESORÍA CERVANTES 3-0 BOIRO VOLEIBOL
(25-23, 25-17, 25-16)-(Liga provincial xuvenil feminina)
(25-23, 25-17, 25-16)-(Liga provincial xuvenil feminina)
Saúdo das xuvenís ó comezo do partido |
Derrota en 3 sets das nosas xuvenís ante o líder da súa categoría. O Boiro comezou o primeiro parcial con acerto, bo ataque, boa posición (sobre todo en defensa) e bo saque. O parcial estivo marcado pola igualdade entre ambos equipos, e os cambios no luminoso, xa que ambos conseguían ter momentos co tanteador favorable en 3-4 puntos, que logo o contrincante rebaixaba. Un parcial moi igualado, que puido ser para calquera, pero que se levou o Xiria. A partires de ahí o Boiro desaparecía do encontro. O xogo das nosas veuse marcado pola imprecision, erros en ataque e fallos en recepción. As locais souberon aproveitar esta circunstancia para levarse a vitoria sen dificultades. Polo Boiro Voleibol xogaron: Ana, Sara, Ángela, Katy, Evelyn, Sheila e Iria (líbero). Tamén viaxaron Andrea, Adriana e Patri.
HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL 1-3 CV RIANXO
(25-15,17-25,24-26,20-25)-(1ª división nacional masculina)
Bloqueo de Manu e Óscar |
Malia o adverso resultado o Hipescar segue ó frente da clasificación e conserva o liderado desta 1ª división nacional masculina. Os rivais directos dos nosos tiveron sorte dispar nos seus encontros, por unha parte o Universidade de Valladolid vencía con solvencia ó Zalaeta de Coruña por 3-1. En cambio o Club Vigo Voleibol sucumbía ante o Intasa San Sadurniño por un rotundo 3-0.
Equipo | J | G | P | PS | SF | SC | PF | PC | Pts |
1 | Hipescar Boiro Voleibol | 12 | 9 | 3 | 0 | 32 | 17 | 1120 | 1002 | 21 |
2 | Universidad de Valladolid | 12 | 9 | 3 | 0 | 30 | 19 | 1102 | 1018 | 21 |
3 | Club Vigo Voleibol | 12 | 8 | 4 | 0 | 26 | 20 | 1030 | 953 | 20 |
4 | Intasa San Sadurniño | 13 | 7 | 6 | 0 | 24 | 23 | 1047 | 1034 | 20 |
5 | C.V. Rianxo | 13 | 6 | 7 | 0 | 25 | 24 | 1113 | 1089 | 19 |
6 | Aule | 12 | 6 | 6 | 0 | 27 | 24 | 1110 | 1144 | 18 |
7 | CID Jovellanos | 12 | 6 | 6 | 0 | 24 | 23 | 1071 | 1042 | 18 |
8 | Zalaeta | 12 | 3 | 9 | 0 | 14 | 29 | 925 | 1008 | 15 |
9 | Auria Vella Voleyourense | 12 | 1 | 11 | 0 | 11 | 34 | 854 | 1082 | 13 |
REYCA BOIRO VOLEIBOL 3-0 STA. MARÍA DEL MAR
(25-23,25-15,25-18)-(Liga galega cadete masculina)
Apoio do Reyca |
Contundente triunfo do equipo cadete masculino do Boiro Voleibol ante un rival directo nesta liga galega. Os de Andrés Martñinez comezaron o encontro dubitativos, situación que aproveitarían os coruñeses para adiantarse no primeiro xogo na metade do mesmo. A medida que se achegaban os momentos decisivos deste primeiro parcial o Reyca afinaba o seu xogo para igualar o tanteador e conseguir levarse o set por 25-23, apoiándose na orde defensiva e acerto en contrataque dos seus xogadores. No segundo, os nosos non daban opción ós visitantes. Orde táctica e acerto no seu ataque por ambas bandas foron as balas que usaron os boirenses para anotarse o parcial. Destacaron neste set Daniel Vázquez (4 puntos) e Abel Sánchez (3 puntos). A tónica mantíñase no terceiro tempo. Os rapaces do Reyca Boiro Voleibol mostraron un xogo ben organizado e cunha alta porcentaxe de acerto no seu ataque motivos máis que suficientes para facer perecer ós de Sta. María del Mar. Destacados neste set foron Ismael Martínez (6 puntos) e Fran Dieste e Abel Sánchez (3 puntos cada un). Polo Reyca xogaron: Abel Sánchez, Daniel Vázquez, Xián Pérez, Ismael Martínez, Lois Vázquez e Fran Dieste. Como reservas estaban Óscar Refojo, Raúl Lojo e Alfonso Rey.