domingo, 6 de febreiro de 2011

Resultados do 4 e 5 de febreiro:

AUTOS RICO UDC A 0-3 PROBOIN BOIRO VOLEIBOL
(23-25,16-25,14-25)-(2ª div. autonómica feminina)

Rebe en ataque na Coruña
Volvían as rapazas do Proboin ó camiño da vitoria tralo tropezo da semana pasada ante o Emeve. Foi un partido dominado dende os comezos polas de Andrés Martínez que impuxeron o seu ritmo dificultando os sistemas das coruñesas en todo momento. Despois das dúbidas iniciais das boirenses que levaron o primeiro parcial a un axustado pero favorable desenlace, as locais baixaron os brazos e sucumbiron ante a orde e efectividade das nosas. Un día máis o primeiro equipo feminino demostra o saber facer e a efectividade da que disfrutan as súas accións. Polo Proboin Boiro Voleibol xogaron: Ángela Triñanes, Luci Paz, María Triñanes, Rebeca González, Alicia Novoa, Carolina Cuadros e Carla Castro (líbero). Tamén xogaron Sara Martínez, Anael Gómez e Luisa. Con este triunfo a táboa clasificatoria queda da seguimte forma, mantendo as nosas intactas as opcións de fase de ascenso á 1ª división nacional:

EQUIPOPJPGPPNPJFJCTFTCPUNTOS
1Voley Arteixo1192029888267920
2Proboin Boiro Voleibol1192031995477620
3San Sadurniño11920301194276920
4Emeve Lab. Nupel B10820251181575718
5Comercial Durán10550191779876915
6Calasancias Coruña B10460132270378114
7Autos Rico UDC A11380152683191614
8XAV Cambados11380132781492714
9CD Conxo11380143088699114
10Dompa Gestión10010023052878810


BERTAMIRÁNS FC VOLEIBOL 3-1 REYCA BOIRO VOLEIBOL
(25-19,12-25,25-21,25-20)-(Liga galega cadete masculina)

Bloqueo-defensa do Reyca
Non puido darse a vitoria dos nosos cadetes do Reyca en Bertamiráns. O primeiro set comezou con moitos erros pola nosa parte por falta de concentración. No segundo set os xogadores do Reyca demostraron do que son capaces, acadando a vitoria con relativa facilidade, tal e como demostra o parcial. Nos derradeiros sets, os boirenses volveron a caer na rutina dos erros, que unido a algunha acción  desafortundada, propiciou que a atención dos xogadores se mantivera axena ó xogo, o que souberon aproveitar os xogadores do Bertamiráns. Polo Reyca Boiro Voleibol xogaron: Abel, Isma, Xián, Fran, Dani, Lois, Raúl e Oscar.

FISIOTERAPIA CINESIA NOIA 3-2 BOIRO VOLEIBOL
(25-22,18-25,25-13,24-26,15-10)-(Liga prov. cadete feminina)

En palabras do adestrador Juan Resúa, mal partido das boirenses no seu desplazamento a Noia. As nosas saíron ó terreo de xogo toatalmente condicionadas polo ambiente que se vivía no polideportivo noiés no que se congregaron un bo número de siareiros que non foron todo o deportivos que se debe ser nun espectáculo deste tipo. Imprecisións en ataque e recepción propiciaron a derrota do equipo cadete feminino do Boiro Voleibol. Polo Boiro Voleibol xogaron: Alejandra, Sara, Sheila, Ana, Katy, Alba, Marta e Lara.

UNIV. DE VALLADOLID 0-3 HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL
(23-25,22-25,21-25)-(1ª div. nacional masculina)

Bloqueo de Cristóbal e Jesús
Poderíase calificar de vital para as aspiracións ligueiras dos de Emilio Palacio a contundente vitoria do primeiro equipo masculino do Boiro Voleibol ante un rival directo como é o UVA. Chegaban a Valladolid os nosos moi enchufados e sendo coñecedores da importancia deste choque. Comezaba o encontro co Hipescar moi concentrado, reflexando directamente esta situación no luminoso no que sempre estiveron con 3-4 puntos de vantaxe. As chaves deste primeiro xogo foron a continuidade no cambio e o acerto no complexo bloqueo-defensa, destacando a aportación en primeira liña de Iván Souto "Pas" e Óscar Gómez que conseguiron un bo puñado de puntos directos de bloqueo. O segundo set comezaba cun Hipescar menos intenso e alegre no seu xogo. Os locais agarráronse á pista e conseguiron situarse cun 15-10 favorable. Tras un tempo morto solicitado polo técnico boirense a imaxe mudou. Volveu a habitual fluidez, alegría e acerto sobre todo en bloqueo e contraataque. Deste xeito os nosos, cun parcial de 1-7 deron a volta ó tanteador e conseguiron impoñerse por 22-25. No terceiro e definitivo o Hipescar non dou opción aos vallisoletanos. Boa construcción do xogo, actitude propia dun equipo cunha personalidade moi forte e acerto nos momentos importantes levaron ó marcador favorable durante todo o set para rematar 21-25. Polo Hipescar Boiro Voleibol xogaron: Iván Souto "Pas", Narciso Abalo, Cristóbal Álvarez, Manuel Pérez Andrade, Jesús Vázquez "Pivot", Óscar Gómez e Adrián Alves "Chicho" (líbero). Como reservas esperaban a súa oportunidade Miguel Vázquez, Gustavo Romero, Ignacio Cibeira "Frigu", Antón Pérez e Daniel Eiras. Con este triunfo o Hipescar mantén o liderado da 1ª división nacional, deixando ó Universidade de Valladolid cun triunfo menos.


Equipo
J
G
P
PS
SF
SC
PF
PC
Pts
1Hipescar Boiro Voleibol
10
8
2
0
28
13
935
838
18
2Universidad de Valladolid
10
7
3
0
24
18
932
883
17
3Club Vigo Voleibol
9
7
2
0
23
12
794
718
16
4C.V. Rianxo
10
5
5
0
21
17
861
832
15
5Aule
9
5
4
0
21
17
843
844
14
6Aldebarán San Sadurniño
10
4
6
0
15
23
818
843
14
7CID Jovellanos
9
3
6
0
15
21
794
801
12
8Zalaeta
9
3
6
0
12
20
704
737
12
9Auria Vella Voleyourense
10
1
9
0
10
28
723
908
11

7 comentarios:

Adrián Alves dixo...

Increíble fin de semana en Valladolid rapaces!!!

A seguir que queda moito moito!!



FORZA CV BOIRO!!!

LOST dixo...

Bien hecho chavales, sois unos animaliños...!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
AUPA BOIRO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Jesus_pivot dixo...

Grandisimos chicos, un verdadero placer jugar en este equipo con vosotros, y tambien disfrutar de las actividades ludicas.Hay que seguir entrenando y ganando chicos lo de ayer estuvo genial ahora dos seguidos en casa para demostrar todo lo que hacemos.Increible.

Oscar dixo...

Gran fin de semana, chavales sois una panda de cracks

Lois dixo...

Na miña galería de fotos, hai un video gravado o sábado en Bertamiráns no que unhas compañeiras da selección feminina de volei saúdan moi agarimosamente a Ana Bugallo.
Ánimo cadetes!
FORZA CV BOIRO!!!!

Xavi dixo...

Actividades lúdicas pivot? jajajajajaja
sodes uns maquinas, a seguir asi e a fevb fenomenos!!

Diablo dixo...

una vez mas tremendos, sois enormes y aun encima jugando sois la caña. Gracias por dejarme disfrutar de estos momentos con todos vosotros. ya tengo ganas de que sea el próximo entrenamiento para darle duro.