sábado, 12 de febreiro de 2011

Resultados do 12-13 de febreiro:


Boiro Voleibol en Cee
Ata Cee se desplazaban os máis cativos do Boiro Voleibol para disputar esta nova concentración do deporte escolar. Diante había rapaces doutras escolas como Rianxo, Noia, Cee ou Padrón polo que as vivenzas foron intensas e moi productivas para os nosos que empezan a relacionarse con rapaces que practican a súa mesma actividade, o voleibol. No apartado deportivo, cabe destacar o bo traballo que están a levar a cabo os técnicos do noso clube cos máis pequenos xa que as evolucións son evidentes en todos e cada un dos mozos. A seguir traballando.


PROBOIN BOIRO VOLEIBOL 3-0 DOMPA GESTIÓN (Ourense)
(25-11,25-14,25-12)-(2ª Div. autonómica feminina)

Bloqueo de Ángela e Carolina frente o Dompa
Cómoda vitoria das rapazas de Andrés Martínez en 3 sets ante o equipo colista desta 2ª división galega. Non deron opción as boirenses ó seu rival mantendo un ritmo constante en todo o encontro. As nosas non chegaron a alcanzar, nin moito menos, o seu máximo nivel xa que a esixencia do encontro era moi reducida. Cabe destacar a aportación en ataque de Rebeca González e a orde defensa-contraataque que mantivo o cadro do Proboin durante toda a disputa. Esta vitoria permítelle ó primeiro equipo feminino do Boiro Voleibol manterse na loita pola primeira plaza xa que antes desta xornada se encontraba compartindo o liderado con Voley Arteixo e San Sadurniño. Polo Proboin Boiro Voleibol xogaron: Ángela Triñanes, Luci Paz, María Triñanes, Rebeca González, Alicia Novoa, Carolina Cuadros e Carla Castro (líbero). Como reservas esperaban o seu momento Leonor Lorenzo, Luisa e a xuvenil Ángela Fernández.

EQUIPOPJPGPPNPJFJCTFTCPUNTOS
1Proboin Boiro Voleibol121020349102981322
2Voley Arteixo121020321097978022
3San Sadurniño129303214104386621
4Emeve Lab. Nupel B10820251181575718
5XAV Cambados124801628902100416
6Comercial Durán10550191779876915
7Calasancias Coruña B11470142578086915
8Autos Rico UDC A11380152683191614
9CD Conxo11380143088699114
10Dompa Gestión11011023356586311

REYCA BOIRO VOLEIBOL 0-3 C. MANUEL CRUZ CV OURENSE
(21-25,13-25,20-25)-(Liga galega cadete masculina)

Abel ó saque
Derrota en tres sets dos cadetes do Boiro Voleibol ante un rival con maior experiencia que salvo contadas ocasións controlou o ritmo do encontro. Os de Andrés Martínez demostraron as súas evolucións e non llo puxeron nada sinxelo ós ourensáns. Cabe destacar a actuación do boirense Fran Dieste que no primeiro parcial da disputa se meteu no peto unha cifra de 4 puntos directos de bloqueo. A orde e a distribución táctica dos nosos cadetes mellorou significativamente pero malia esto a vitoria non foi posible. Poro Reyca Boiro Voleibol xogaron: Ismael Martínez, Fran Dieste, Xian Pérez, Daniel Vázquez, Abel Sánchez,Óscar Refojo, Raúl Lojo e Lois Vázquez.


HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL 3-1 AURIAV. VOLEYOURENSE
(25-16,24-26,25-14,25-17)-(1ª Div. nacional masculina)


Hipescar en recepción
Nova vitoria do primeiro equipo masculino que os permite permanecer unha semana máis á cabeza desta 1ª división nacional de voleibol. Comezaba o encontro co Hipescar sen dúbidas no seu xogo mantendo un nivel de defensa aceptable e unha contra boa como xa é habitual nos últimos tempos. O segundo set estivo dominado polas imprecisións locais. Múltiples erros en recepción e ataque permitíalles ós ourensáns mandar case que na totalidade do set. A intensidade do xogo boirense era practicamente nula pero tras un tempo morto o xogo do Hipescar volvía a ser efectivo. A reacción non foi suficiente e o desenlace era de vitoria visitante por un apretado 24-26. No inicio do terceiro set o equipo boirense non daba opción ó seu rival. Aprenderon a lección tras o desastre do segundo parcial os de Emilio Palacio e puxeron a directa cara o triunfo para levarse os dous seguintes xogos con autoridade e tanteador abultado. Polo Hipescar Boiro Voleibol xogaron: Iván Souto "Pas", Narciso Abalo, Cristóbal Álvarez, Gustavo Romero, Óscar Gómez, Jesús Vázquez e Adrián Alves "Chicho" (líbero). Como reservas atopábanse Miguel Vázquez, Daniel Eiras, Ignacio Cibeira, Antón Pérez e Martín Herrera. O primeiro equipo masculino afrontará a próxima semana a súa xornada de descanso e farao como líder da competición nacional na que milita. Noraboa para todos eles e a seguir así.

Equipo
J
G
P
PS
SF
SC
PF
PC
Pts
1Hipescar Boiro Voleibol
11
9
2
0
31
14
1034
911
20
2Club Vigo Voleibol
10
7
3
0
23
15
859
793
17
3Universidad de Valladolid
10
7
3
0
24
18
932
883
17
4Aule
10
6
4
0
24
18
935
933
16
5C.V. Rianxo
11
5
6
0
22
20
950
924
16
6Intasa San Sadurniño
11
5
6
0
18
23
893
901
16
7CID Jovellanos
10
4
6
0
18
21
869
866
14
8Zalaeta
10
3
7
0
12
23
762
812
13
9Auria Vella Voleyourense
11
1
10
0
11
31
796
1007
12


TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL 0-3 G.G. ENER. CV OURENSE
(14-25,16-25,18-25)-(Liga galega xuvenil masculina)


Os xuvenís do Trillizos en recepción
Derrota do equipo xuvenil do Boiro Voleibol en 3 sets. Diante estaba un experimentado equipo como é o ourensán que non permitía ós de Andrés Martínez a máis mínima distracción. O encontro estivo totalmente marcado polos numerosísimos erros en tódalas facetas dos xogadores do Trillizos. Por momentos o xogo dos nosos era bo, con fluidez e alegría pero as constantes imprecisións poñíanlle en bandexa a vitoria ó equipo visitante. Polo Trillizos Boiro Voleibol xogaron: Ismael Martínez, Antón Pérez, Diego Romero, Martín Herrera, Diego García, Miguel Lorenzo e Arsenio (líbero). Tamén xogaron Dani Sieira, Xian Pérez, Abel Sánchez, Daniel Vázquez e Fran Dieste.

BOIRO VOLEIBOL 3-2 CV AMES
(25-22,23-25,25-15,15-25,15-13)-(Liga provincial cadete feminina)

As cadetes en recepción frente a Ames
Encontro disputadísimo en tódalas facetas tal e como indican os parciais no que o noso equipo cadete feminino mostrou unha moi boa actitude durante todo o encontro que as levou a doblegar ó líder da categoría. Con esta vitoria as rapazas que dirixe Juan Resúa siguen optando as prazas que dan o ascenso á liga galega cadete feminina. Polo Boiro Voleibol xogaron: Ana, Alejandra, Katy, Sara, Alba e Sheila. Como reservas esperando a súa oportunidade estaban Sandra, Andrea e Cristina. O próximo encontro das rapazas cadetes do Boiro Voleibol será en Dodro, nun partido que as enfrontará a "Os Bacelos".



BOIRO VOLEIBOL 3-2 CV AMES
(25-27,25-21,25-21,16-25,15-5)-(Liga provincial xuvenil feminina)

Sheila fintando
Igualado encontro o que se viu nesta mañá de domingo no polideportivo de "A Cachada" no que os altibaixos de ámbalas escadras foron a tónica xeral do partido. Por momentos houbo un xogo de calidade pero por outro lado os erros e as imprecisións tamén estiveron presentes en gran medida. Cabe destacar a aportación de Ana Bugallo no equipo local, chegando a anotarse a boa cifra de 24 puntos. Na tarefa defensiva do Boiro Voleibol destacou Sheila Outeiral, actuando de oposta e solucionando os habituais problemas defensivos en zona 1 que arrastraba o equipo xuvenil feminino do club. Por parte do Boiro Voleibol xogaron: Patri, Ana, Katy, Sheila, Évelyn, Ángela e Iria (líbero). Como reservas estaban Andrea, Adriana, Sara e Sindy. A vindeira xornada as nosas desplazaranse ata Carballo para enfrontarse ó lider da categoría, o AD Xiria Asesoría Cervantes.

9 comentarios:

Adrián Alves dixo...

Antes de nada dar a noraboa ás rapazas por outra vitoria que as manteñen na cabeza unha semana máis e para continuar reprimenda: a todos nos gusta que haxa público cando xogamos en Boiro e hoxe contados éramos os que estabamos alí apoiando ou intentando apoiar ás rapazas...sei que moitos non poden acudir por causas "maiores" pero a gran parte dos non presentes ben podían achegarse e ver ó seu equipo que aínda por riba manda na súa liga outro ano máis...Basta xa de sermón!jeje


FORZA CV BOIRO!!!

mechas dixo...

Noraboa as rapazas!!! A seguir asi que esta liga vense para Boiro.

E en canto o público, estou de acordo con chicho, o mesmo pasa cando xogan os de Segunda, Juveniles, Cadetes, etc....

Un saudo

María Cortés dixo...

http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2011/02/13/0003_201102B13C9991.htm

LOST dixo...

Asi me gusta chavales, estamos en cabeza, AUPA BOIRO!!!!!!!!!!!!!!!
Muy bien chicas hay que seguir luchando!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Y el resto a continuar trabajando, que "non todos os dias e festa", ÁNIMO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Aprobecho para comunicar a todos los miembros del CLUB, que el Sábado de Carnaval hay una "Cena de Disfraces". Será en el restaurante "O Camping". Aún no se sabe la hora. Espero que me confirmen la asistencia a la misma, todos aquellos que quieran asistir.
Atentamente Iago!!!!!!!!!!!!!!!!!

Adrián Alves dixo...

Xa tendes engadido o enderezo de correo electrónico para tódalas suxerencias dos xogadores na barra informativa esquerda do blog. Recordade, si tedes algunha dúbida, inquietude, proposta, idea, etc, etc que queirades manifestar contactade co responsable desa sección (Gustavo Romero) mediante ese e-mail.Este trátase dun bo xeito para facer chegar máis facilmente as propostas de tódolos xogadores á xunta directiva. Entre todos farémolo mellor.


FORZA CV BOIRO!!!

Jesus_pivot dixo...

Más o menos, el partido del sabado chicos al menos por mi parte, aunque tengo que decir en particular gran partido de Martin que es juvenil de primer año y el finde en primera destacó para bien, importante la victoria y la derrota de Vigo en Gijon que tambien nos sienta bien.Enhorabuena tambien a las chicas que están primeras.Por mi parte pido disculpas a la chicas por no acudir al partido de este find, tenía que estudiar aunque tampoco estaba al tanto de que jugaseis el sabado por la mañana. Me gustaron los juveniles en el partido contra orense hay que seguir trabajando pero en general bien y verdaderamente bien en bloqueo sobre todo Diego Romero y diego el central.
Chicho avisa de los videos de los partidos si es que hay alguno nuevo.
Otra cancion para la pagina por mi parte.
Sapos y culebras - Niños mutantes

mechas dixo...

http://todovoley.mforos.com/947551-primera-nacional-masculina/

Sandra! dixo...

http://circuitobarbanzavoleyplaya.blogspot.com/

ya está activa la página!!!

Enhorabuena tanto a los de primera como a las chicas que un finde más demuestran que merecen ir a la fase un año más.

Narciso dixo...

Opino o mesmo que pivot. O sábado, os que estivemos nas gradas disfrutamos bastante do xogo dos nosos xuveniles, que por momentos chegou a ser moi bo. Penso que o marcador non reflexou o esforzo que están a facer.
Seguide entrenando que estades aprendendo moi rápido.

P.D.: Balboa, na tua vida defendeches tanto. A que xogas? XD