Boiro Voleibol en Cee |
PROBOIN BOIRO VOLEIBOL 3-0 DOMPA GESTIÓN (Ourense)
(25-11,25-14,25-12)-(2ª Div. autonómica feminina)
Bloqueo de Ángela e Carolina frente o Dompa |
EQUIPO | PJ | PG | PP | NP | JF | JC | TF | TC | PUNTOS | |
1 | Proboin Boiro Voleibol | 12 | 10 | 2 | 0 | 34 | 9 | 1029 | 813 | 22 |
2 | Voley Arteixo | 12 | 10 | 2 | 0 | 32 | 10 | 979 | 780 | 22 |
3 | San Sadurniño | 12 | 9 | 3 | 0 | 32 | 14 | 1043 | 866 | 21 |
4 | Emeve Lab. Nupel B | 10 | 8 | 2 | 0 | 25 | 11 | 815 | 757 | 18 |
5 | XAV Cambados | 12 | 4 | 8 | 0 | 16 | 28 | 902 | 1004 | 16 |
6 | Comercial Durán | 10 | 5 | 5 | 0 | 19 | 17 | 798 | 769 | 15 |
7 | Calasancias Coruña B | 11 | 4 | 7 | 0 | 14 | 25 | 780 | 869 | 15 |
8 | Autos Rico UDC A | 11 | 3 | 8 | 0 | 15 | 26 | 831 | 916 | 14 |
9 | CD Conxo | 11 | 3 | 8 | 0 | 14 | 30 | 886 | 991 | 14 |
10 | Dompa Gestión | 11 | 0 | 11 | 0 | 2 | 33 | 565 | 863 | 11 |
REYCA BOIRO VOLEIBOL 0-3 C. MANUEL CRUZ CV OURENSE
(21-25,13-25,20-25)-(Liga galega cadete masculina)
Abel ó saque |
HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL 3-1 AURIAV. VOLEYOURENSE
(25-16,24-26,25-14,25-17)-(1ª Div. nacional masculina)
Hipescar en recepción |
Nova vitoria do primeiro equipo masculino que os permite permanecer unha semana máis á cabeza desta 1ª división nacional de voleibol. Comezaba o encontro co Hipescar sen dúbidas no seu xogo mantendo un nivel de defensa aceptable e unha contra boa como xa é habitual nos últimos tempos. O segundo set estivo dominado polas imprecisións locais. Múltiples erros en recepción e ataque permitíalles ós ourensáns mandar case que na totalidade do set. A intensidade do xogo boirense era practicamente nula pero tras un tempo morto o xogo do Hipescar volvía a ser efectivo. A reacción non foi suficiente e o desenlace era de vitoria visitante por un apretado 24-26. No inicio do terceiro set o equipo boirense non daba opción ó seu rival. Aprenderon a lección tras o desastre do segundo parcial os de Emilio Palacio e puxeron a directa cara o triunfo para levarse os dous seguintes xogos con autoridade e tanteador abultado. Polo Hipescar Boiro Voleibol xogaron: Iván Souto "Pas", Narciso Abalo, Cristóbal Álvarez, Gustavo Romero, Óscar Gómez, Jesús Vázquez e Adrián Alves "Chicho" (líbero). Como reservas atopábanse Miguel Vázquez, Daniel Eiras, Ignacio Cibeira, Antón Pérez e Martín Herrera. O primeiro equipo masculino afrontará a próxima semana a súa xornada de descanso e farao como líder da competición nacional na que milita. Noraboa para todos eles e a seguir así.
Equipo | J | G | P | PS | SF | SC | PF | PC | Pts |
1 | Hipescar Boiro Voleibol | 11 | 9 | 2 | 0 | 31 | 14 | 1034 | 911 | 20 |
2 | Club Vigo Voleibol | 10 | 7 | 3 | 0 | 23 | 15 | 859 | 793 | 17 |
3 | Universidad de Valladolid | 10 | 7 | 3 | 0 | 24 | 18 | 932 | 883 | 17 |
4 | Aule | 10 | 6 | 4 | 0 | 24 | 18 | 935 | 933 | 16 |
5 | C.V. Rianxo | 11 | 5 | 6 | 0 | 22 | 20 | 950 | 924 | 16 |
6 | Intasa San Sadurniño | 11 | 5 | 6 | 0 | 18 | 23 | 893 | 901 | 16 |
7 | CID Jovellanos | 10 | 4 | 6 | 0 | 18 | 21 | 869 | 866 | 14 |
8 | Zalaeta | 10 | 3 | 7 | 0 | 12 | 23 | 762 | 812 | 13 |
9 | Auria Vella Voleyourense | 11 | 1 | 10 | 0 | 11 | 31 | 796 | 1007 | 12 |
TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL 0-3 G.G. ENER. CV OURENSE
(14-25,16-25,18-25)-(Liga galega xuvenil masculina)
Derrota do equipo xuvenil do Boiro Voleibol en 3 sets. Diante estaba un experimentado equipo como é o ourensán que non permitía ós de Andrés Martínez a máis mínima distracción. O encontro estivo totalmente marcado polos numerosísimos erros en tódalas facetas dos xogadores do Trillizos. Por momentos o xogo dos nosos era bo, con fluidez e alegría pero as constantes imprecisións poñíanlle en bandexa a vitoria ó equipo visitante. Polo Trillizos Boiro Voleibol xogaron: Ismael Martínez, Antón Pérez, Diego Romero, Martín Herrera, Diego García, Miguel Lorenzo e Arsenio (líbero). Tamén xogaron Dani Sieira, Xian Pérez, Abel Sánchez, Daniel Vázquez e Fran Dieste.
Os xuvenís do Trillizos en recepción |
BOIRO VOLEIBOL 3-2 CV AMES
(25-22,23-25,25-15,15-25,15-13)-(Liga provincial cadete feminina)
As cadetes en recepción frente a Ames |
BOIRO VOLEIBOL 3-2 CV AMES
(25-27,25-21,25-21,16-25,15-5)-(Liga provincial xuvenil feminina)
Sheila fintando |
9 comentarios:
Antes de nada dar a noraboa ás rapazas por outra vitoria que as manteñen na cabeza unha semana máis e para continuar reprimenda: a todos nos gusta que haxa público cando xogamos en Boiro e hoxe contados éramos os que estabamos alí apoiando ou intentando apoiar ás rapazas...sei que moitos non poden acudir por causas "maiores" pero a gran parte dos non presentes ben podían achegarse e ver ó seu equipo que aínda por riba manda na súa liga outro ano máis...Basta xa de sermón!jeje
FORZA CV BOIRO!!!
Noraboa as rapazas!!! A seguir asi que esta liga vense para Boiro.
E en canto o público, estou de acordo con chicho, o mesmo pasa cando xogan os de Segunda, Juveniles, Cadetes, etc....
Un saudo
http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2011/02/13/0003_201102B13C9991.htm
Asi me gusta chavales, estamos en cabeza, AUPA BOIRO!!!!!!!!!!!!!!!
Muy bien chicas hay que seguir luchando!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Y el resto a continuar trabajando, que "non todos os dias e festa", ÁNIMO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Aprobecho para comunicar a todos los miembros del CLUB, que el Sábado de Carnaval hay una "Cena de Disfraces". Será en el restaurante "O Camping". Aún no se sabe la hora. Espero que me confirmen la asistencia a la misma, todos aquellos que quieran asistir.
Atentamente Iago!!!!!!!!!!!!!!!!!
Xa tendes engadido o enderezo de correo electrónico para tódalas suxerencias dos xogadores na barra informativa esquerda do blog. Recordade, si tedes algunha dúbida, inquietude, proposta, idea, etc, etc que queirades manifestar contactade co responsable desa sección (Gustavo Romero) mediante ese e-mail.Este trátase dun bo xeito para facer chegar máis facilmente as propostas de tódolos xogadores á xunta directiva. Entre todos farémolo mellor.
FORZA CV BOIRO!!!
Más o menos, el partido del sabado chicos al menos por mi parte, aunque tengo que decir en particular gran partido de Martin que es juvenil de primer año y el finde en primera destacó para bien, importante la victoria y la derrota de Vigo en Gijon que tambien nos sienta bien.Enhorabuena tambien a las chicas que están primeras.Por mi parte pido disculpas a la chicas por no acudir al partido de este find, tenía que estudiar aunque tampoco estaba al tanto de que jugaseis el sabado por la mañana. Me gustaron los juveniles en el partido contra orense hay que seguir trabajando pero en general bien y verdaderamente bien en bloqueo sobre todo Diego Romero y diego el central.
Chicho avisa de los videos de los partidos si es que hay alguno nuevo.
Otra cancion para la pagina por mi parte.
Sapos y culebras - Niños mutantes
http://todovoley.mforos.com/947551-primera-nacional-masculina/
http://circuitobarbanzavoleyplaya.blogspot.com/
ya está activa la página!!!
Enhorabuena tanto a los de primera como a las chicas que un finde más demuestran que merecen ir a la fase un año más.
Opino o mesmo que pivot. O sábado, os que estivemos nas gradas disfrutamos bastante do xogo dos nosos xuveniles, que por momentos chegou a ser moi bo. Penso que o marcador non reflexou o esforzo que están a facer.
Seguide entrenando que estades aprendendo moi rápido.
P.D.: Balboa, na tua vida defendeches tanto. A que xogas? XD
Publicar un comentario