mércores, 19 de marzo de 2014

2 XOGADORES DO NÁUTICO NO #7IDEALBOIROVOLEIBOL DESTA SEMANA:

#7idealBoiroVoleibol do 15-16 de marzo
A vitoria do noso primeiro equipo na Comunidade Valenciana foi sen lugar a dúbidas unha das grandes novas desta fin de semana xunto co triunfo dos xuvenís fronte ó EMEVÉ de Lugo. Por este motivo, o combinado ideal desta semana reúne dúas das caras do Náutico que a RFEVB destacan na 18ª xornada da Superliga 2. Colocador, Ismael Martínez: atinada labor de dirección a do colocador xuvenil da nosa canteira na importante vitoria que os xuvenís conseguiron ante o EMEVE. Oposto, Narciso Abalo: os 26 tantos conseguidos no Pablo Herrera castellonense convertiron ó xogador crucense no MVP da xornada da categoría de prata. Receptor 1, Cristóbal Álvarez: incluido tamén no 7 ideal da RFEVB o vigués presenta os seus 20 puntos e un extraordinario 71% de efectividade en recepción como credenciais. Receptor 2, Darío Outeiral: sobresaínte en recepción e defensa e inspirado en ataque. A actuación do infantil no encontro cadete demostra o estado de forma polo que está a pasar o JEALSA, campión da fase regular infantil e ás portas de clasificarse para o play-off na liga galega cadete. Central 1, Lía Villar: demoledora desde a liña de saque e letal preto da rede. Central 2, Christopher Rodríguez: completo encontro a pesar da derrota no tie-breal no Municipal de Teis. Destacado en segunda liña e seguro preto da rede. Líbero, Sheila Outeiral: nova demostración de facultades en defensa en recepción que lle sirven para entrar neste septeto da xornada.

Ningún comentario: