martes, 26 de xaneiro de 2016

CRÓNICAS DA XORNADA:

ALDEBARÁN SAN SADURNIÑO 3-O NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(25-23, 25-21, 25-18) - (Superliga Masculina 2) 
Por segunda vez no que vai de ano, o derbi galego da Superliga 2 Masculina caeu en mans dos veciños do Aldebarán San Sadurniño. O actual e recente campión da Copa
Primeira derrota do Náutico neste 2016
Príncipe 2016 fixo valer a súa condición de gañador ante un Náutico Boiro Voleibol atenazado, errático, falto de alternativas e, por momentos, descoñecido. Sen dúbida algunha, a do sábado non foi a mellor tarde do noso primeiro equipo masculino.Tras un primeiro set igualado pola tensión que un derbi como este suscita, os locais foron gañando en confianza, acerto e dominio. Os 16 puntos (43% de efectividade) do receptor Francisco Fernández Rodríguez son boa mostra disto, máximo artilleiro e principal vía de escape dos ferroláns nos momentos decisivos. Polo Náutico destacou o vigués Gabriel Del Carmen, con 11 puntos e un 39% de efectividade insuficientes para levar a Boiro a segunda vitoria do ano. Así pois, tras dous sets de relativa equidade, o Municipal de San Sadurniño converteuse no aparatoso plató do estado anímico dos nosos, lacrado pola impotencia, a falta de acerto e de continuidade. Cando as cousas non saen, non saen. Con todo decido, unha accíón do receptor local Pablo Gómez poñía punto e final ao derradeiro encontro entre estos dous equipos na competición. Con esta derrota, o Náutico Boiro Voleibol pasa a ocupar a 5ª praza da liga, a tan só dous puntos do Aldebarán. Polo Náutico xogaron: Iván S., Emilio P., Gabriel Del C., Cristóbal A., Mario I., Pablo S., e Adrián A. (líbero). Como reservas actuaron: Ismael M., Xián P., Naji O., Manuel P. e Germán R

 

CALASANCIAS CORUÑA 1-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL 
(25-20, 24-26, 25-27, 19-25) - (1ª Div. Aut. Cadete Feminina)

CALASANCIAS CORUÑA 3-2 JEALSA BOIRO VOLEIBOL 
(19-25, 25-19, 25-17, 13-25, 15-12) - (1ª Div. Aut. Xuvenil Feminina)

IES DE AMES 3-2 JEALSA BOIRO VOLEIBOL B 
(17-25, 25-8, 25-20, 13-25, 15-12) - (2ª Div. Aut. Infantil Feminina)

CALASANCIAS CORUÑA 3-0 JEALSA BOIRO VOLEIBOL 
(25-17, 25-19, 25-18) - (1ª Div. Aut. Infantil Masculina)

CALASANCIAS CORUÑA 3-0 JEALSA BARRAÑA VOLEIBOL 
(25-8, 25-10, 25-19) - (1ª Div. Aut. Infantil Masculina)

CALASANCIAS CORUÑA 1-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL 
(25-23, 27-29, 19-25, 17-25) - (1ª Div. Aut. Xuvenil Masculina)

CALASANCIAS CORUÑA 1-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL 
(19-25, 18-25, 27-25, 11-25) - (1ª Div. Aut. Cadete Masculina)

Os cadetes, no alto da LGCM
A nosa sección cadete masculina suma e segue. Catorce vitorias en catorce encontros, corenta e dous sets a favor e tan só dous en contra, líderes en solitario da 1ª División Autonómica Cadete Masculina... Sen dúbida algunha, cifras de campión. Hai que dicilo, os nosos cadetes son os grandes dominadores da competición. O do domingo foi un encontro típico, habitual. Dende o principio, como nos teñen acostumados, o JEALSA dominou todos e cada un dos aspectos do xogo, facendo valer con autoridade a condición de favorito da LGCM. Con atino, orde e precisión, os visitantes gañaron sen apenas complicacións os dous primeiros parciais. Tan só no terceiro, resultado dos múltiples cambios no septeto boirense, os nosos dubidaron chegando a ceder o set pola mínima diferencia. Como era de prever, a reacción non se fixo agardar. De novo, o bo xogo e o dominio voltaron a ser os trazos dun equipo organizado e constante, eficazmente constante, que pouco tardou en pechar o encontro cun contundente 11-25 a favor. Con esta vitoria, o JEALSA continúa unha semana máis no alto da categoría, tan só perseguido por As Mariñas de Oleiros. Polo JEALSA Boiro Voleibol xogaron: Rubén M., Borja S., Christopher R., Daniel O., Juan O., Alex V., e Darío O. (líbero)

CALASANCIAS CORUÑA 3-1 JEALSA BOIRO VOLEIBOL 
(25-23, 25-16, 18-25, 27-25) - (1ª Div. Aut. Senior Masculina)

CALASANCIAS CORUÑA 3-O JEALSA BOIRO VOLEIBOL 
(25-18, 25-21, 25-18) - (1ª Div. Aut. Senior Feminina) 

Ningún comentario: