Os xogadores do Boiro Voleibol Xian Pérez (nº 2 na imaxe), Ismael Martínez (nº 4) e Fran Dieste (nº 6) estiveron concentrados a pasada fin de semana coa selección galega cadete de voleibol co obxectivo de formar parte dos 12 seleccionados que acudirán ó campionato de España de autonomías. O feito non será sinxelo pero traballarán para conseguilo como veñen facendo ata o de agora. Parabéns rapaces, a seguir no día a día. Noraboa tamén para tódolos adestradores implicados no traballo de base do noso club. Bo traballo
Xian, Isma e Fran coa selección galega |
2 comentarios:
Parabéns motretes. Parece que algo ides aprendendo...Xa sabedes, a seguir currando día a día e a ver a donde podemos chegar. Bo traballo
FORZA CV BOIRO!!!
noraboaaaaa!!! a seguir entrenando chavalotes!
Publicar un comentario