sábado, 22 de outubro de 2011

Resultados do 22-23 de outubro:

NÁUTICO BOIRO VB. 4-0* MEX. DE OURO VB. RIANXO
(Amigable da 1ª Div. Nacional Masculina)
Vitoria do Náutico no primeiro derbi do ano
Vitoria dos xogadores que dirixe Emilio Palacio neste último amigable de pretemporada ante os veciños do CV Rianxo e na semana antes de partir a terras leonesas para medirse ó AULE no que será o debut ligueiro para os nosos. Moitos son os detalles que teñen que pulir aínda os actuais campións boirenses para estar ó 100% pero de seguro que a competición se encargará de poñelos ó día. Foi un clásico encontro de pretemporada, con moitas imprecisións e onde ámbolos adestradores aproveitaron para mover o banco e darlle entrada a tódolos seus xogadores. Tódolos sets comezaban bastante parellos, pero de contado o Náutico conseguía distanciarse dos rianxeiros para finiquitar os sets con relativa comodidade debido en gran medida ós numerosos erros dos pupilos de Mario Iglesias. Merece mención especial o debut como xogador do primeiro equipo de Rubén Taibo "Mechas", que ascende á disciplina do Náutico Boiro Vb. procedente do equipo filial onde foi colocador varias tempadas. Polo Náutico Boiro Voleibol xogaron: Ivan Souto "Pas", Narciso Abalo, Cristóbal Álvarez, Miguel Vázquez, Óscar Gómez, Jesús Vázquez "Pivot" e Adrián Alves (líbero). Como reservas estaban Rubén Taibo "Mechas", Manuel Pérez, Gustavo Romero e Antón Pérez.


O SECRETO BOIRO VOLEIBOL 0-3 AUTOS RICO UDC A
(23-25, 11-25, 16-25)-(2ª Div. Feminina)

Derrota de O Secreto por 0-3
Derrota en tres sets do primeiro equipo feminino que dirixen Andrés Martínez e Narciso Abalo ante un rival que castigou o K1 boirense co seu servicio en case que todo o encontro. Contaban as boirenses coas importantes baixas das irmás Triñanes e de Anael Gómez polo que a dificultade do encontro se tornaba maior aínda. Comezaba o partido con igualdade no tanteador. A receptora Rebeca González mantiña as aspiracións de vitoria nas locais chegando a ter unha renda no primeiro parcial de ata 5 puntos. Erros na recepción desmoronaron tal vantaxe e propiciaron o triunfo visitante por un axustado 23-25. Dende este momento as xogadoras de O Secreto perderon a confianza no seu xogo. Constantes imprecisións na recepción e na defensa facía que accións aparentemente sinxelas se tornaran na contra das locais. O servicio das coruñesas fixo estragos no segundo e sobre todo no terceiro parcial, onde chegaron a conseguir 8 puntos directos de saque. O comezo da competición ligueira de seguro que non é do desexado por todos para este equipo pero con traballo e coa volta de xogadoras importantes a situación mudará con toda seguridade. Por O Secreto Boiro Voleibol xogaron: Sandra Lojo, Elena García, Rebeca González, Andrea Barreiro, Ángela Fernández, Alicia Novoa e Carla Castro (líbero). Como reservas estaba Luisa Ferreirós.

3 comentarios:

Adrián Alves dixo...

Partido irregular por parte dos dous equipos...Hai q espabilar e poñerse as pilas que esto arranca señores!!

FORZA CV BOIRO!!

Adrián Alves dixo...

Ánimo rapazas, a liga non fixo máis que comezar e hoxe contábase con baixas moi importantes...María, Anael, Ángela...Hai que levantarse, ánimo!!

P.D: Persoalmente fastidiame bastante ver que a xente non acude ó polideportivo a ver @s compañeir@s...Cando se trata de esixir, protestar, rajar, etc, etc sempre hai voces que escoitar e aturar. Outra cousa é cando hai que dar a cara polo club, animar, axudar na montaxe, ou calquera outra tarefa...aí aparecen sempre os mesmos e cando estes se cansen... Comprendo perfectamente que hai xente que terá cousas que facer pero a min sígueme faltando xente de Boiro na grada da Cachada, é triste...

Por suposto agradecer tamén ós que sempre están aí para botar unha man...Emilio, Bugallo, Andrés, Antón, Ermitas, Gus e algún que outro máis. Gracias a eles todos vós podedes xogar ó voleibol sen pensar en ningunha outra cousa...Non o esquenzades!!

FORZA CV BOIRO!!

Anónimo dixo...

NORABOA MECHAS!!!! ASCENDICHES O PRIMERIRO EQUIPO!!!