PABLO BUGALLO ACADA UN 7º POSTO MUNDIAL:
|
¡Parabéns rapaces! |
A selección española júnior na que milita o central boirense Pablo Bugallo ven de acadar un máis que meritorio 7º posto no campionato do mundo que se celebrou estes días en Brasil. Para esto tivo que derrotar nun electrizante encontro á selección india por un axustadísimo marcador de 3-2 e tendo que remontar unha desvantaxe de dous sets en contra. Os rapaces ás ordes de Francisco Hervás conseguiron deste xeito igualar o mellor resultado histórico da nosa selección nun torneo desta índole tal e como ocorrera no ano 1996. 15 anos despois estes rapaces escriben o seu nome na historia do voleibol español: Carlos Baos, Jesús Bruque, Jorge Almansa, Toni Llabrés, Borja Ruiz, Andrés Villena, Ignacio Sánchez, Pablo Bugallo, Fran Ruiz, Miguel Ángel Fornés, David Sanllehi e Raúl Muñoz foron os nomes propios cos que o noso combinado loitou en Brasil. Non cabe duda de que o futuro do combiando nacional está asegurado e que o traballo de formación que se está levando a cabo na cidade de Palencia é o axeitado. Por outra banda o equipo gañador foi Rusia quen, contra todo pronóstico, se impuxo ó potente equipo arxentino nunha final digna dun torneo deste calibre e cun desenlace axustado no tie-break.
3 comentarios:
Si señor, que cracks. Noraboa para todos en xeral e para Pablo en particular. Agora a descansar un pouco na casiña e despois a dar caña en Soria.
Jugón!
FORZA BOIRO VB!!
Muchas felicidades por ese 7º puesto... Para nuestro club es todo un orgullo. Un abrazo a todos. Ben xogaaaooooooo
como se nota que tuvestes a Frigu de primeiro entrenador eh!! jajaja
noraboa Buga!!
Publicar un comentario