AS MARIÑAS OLEIROS 0-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(21-25, 13-25, 16-25)-(Liga Galega Cadete Masculina)
AS MARIÑAS OLEIROS 3-0 JEALSA BOIRO VOLEIBOLPrimeiros dous puntos para o JEALSA cadete masculino |
Vitoria en tres sets do noso equipo cadete masculino na súa visita a un reforzado equipo de As Mariñas. O choque comezaba frío, con indecisións en ambos bandos. Pasada a metade de set foi o servicio do pequeno dos Martínez o que golpearía con forza na liña de recepción local para poñer en vantaxe ós nosos e pechar cunha renda cómoda o primeiro set. A partires de aquí o JEALSA atopouse máis cómodo na cancha do colexio Valle Inclán. Malia que en ataque non se mantivo unha eficacia tan sobresaínte coma en outras ocasións o ritmo de xogo marcado polos boirenses foi demasiado para os coruñeses e os dous puntos da vitoria puxeron como destino A Cachada. A vindeira semana visita ó sempre complicadísimo Municipal de San Sadurniño, a preparalo a conciencia. Polo JEALSA xogaron: Rubén M., Daniel O., Pablo N., Darío O., Gabriel S., Christopher R. e Borja S. (líbero). Como reservas estiveron Álvaro P., Manuel T., Pablo D. e Álex V.
(29-27, 25-12, 25-8)-(Liga Galega Infantil Masculina)
Plantel Infantil Masculino en Oleiros |
Boa imaxe a transmitida polo noso novo equipo infantil masculino na súa estrea. Os primeiros compases do encontro estiveron marcados polo tanteo de ambos equipos. Chegado o ecuador do primeiro parcial os locais marchaban 3-4 puntos por diante pero a insistencia dos boirenses en defensa igualaría o tanteador e levaría o set a un desenlace trepidante. Despois de malgastar varios balóns de set os de Adrián Alves vían como As Mariñas desequilibraba a balanza desde a liña de saque. Esta derrota parcial fixo dano ó JEALSA. O ritmo de saque xa non era tan fluido entre os branquiazuis e os coruñeses non tiveron maiores problemas para levar o mando das seguintes mangas. Polo JEALSA xogaron: Daniel V., Alberto T., Manuel L., Sergio C., Alexis S. e Carlos L. Tamén xogaron David F., Ethan L., Agustín L., Esteban P. e Rodrigo M. A vindeira fin de semana toca xornada de descanso, a adestrar duro para o seguinte.
IES DE AMES 0-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(16-25, 0-25, 0-25)-(Liga Galega Xuvenil Masculina)
Marcos e Lois en bloqueo durante o segundo set |
O debut dos xuvenís na Liga Galega estivo marcado pola suspensión obrigada do encontro no transcurso do segundo set. Unha lesión de nocello nun xogador local obrigou ó seu equipo a abandoar o encontro xa que non dispoñía de efectivos no banco. Durante a primeira manga víuse un JEALSA superior, forte en bloqueo-defensa e contundente en ataque sobre todo cos seus centrais. Como dato a destacar cabe subliñar o debut dos cadetes Darío Outeiral, Rubén Martínez e Daniel Olveira co equipo xuvenil. A vindeira fin de semana o Aldebarán San Sadurniño recibirá a visita dos de Adrián Alves. Para consultar os outros resultados na xornada da Liga Galega Xuvenil Masculina pulsa aquí. Polo JEALSA xogaron: Ismael M., Xian P., Marcos A., Adrián G., Lois V., Fran D. e Darío O. (líbero). Como reservas estaban Rubén M., Daniel O., Dani G., Félix R. e Óscar R.
IES DE AMES 0-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(19-25, 11-25, 16-25)-(Liga Galega Cadete Feminina)
Boas impresións no primeiro encontro de liga |
Vitoria das cadetes no primeiro encontro de Liga Galega. Tras uns minutos de tanteo o JEALSA tomaba a iniciativa do 1º set gracias á súa mellor xestión dos erros. A rigurosidade e responsabilidade nas súas accións ofensivas servirían para poñer o primeiro ladrillo da vitoria. A partires de aquí as de Emilio Palacio soltaron lastre e conseguiron xogar con maior tranquilidade e calidade. O acerto desde a liña de saque sería a chave que abriría a porta da vitoria no PM de Bertamiráns. A vindeira semana viaxe a Monforte de Lemos para medirse ó CV Ribeira Sacra, importante pedra de toque para coñecer o estado de forma das nosas. O resto da xornada da LGCF premendo aquí. Polo JEALSA xogaron Lea G., Paula V., Laura P., Laura O., Alejandra M., Lía V. e Irea T. (líbero). Tamén participaron Marta S., Verónica P., Sara T., Luciana V e Ada V.
IES DE AMES 0-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(21-25, 13-25, 18-25)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)
Melissa Novoa regresou ó Boiro VB con vitoria |
Incontestable vitoria a do JEALSA xuvenil feminino na súa visita ó PM de Bertamiráns para medirse ó IES de Ames. Cun equipo repleto de xogadoras en idade cadete conseguían as boirenses manter a iniciativa no xogo en tódalas fases do encontro. Superiores en saque, bloqueo-defensa e sobre todo en ataque os dous puntos da vitoria caeron con merecementos en saco branquiazul. Difícil saída a que afrontarán as nosas a próxima fin de semana. Un equipo con tanta tradición como é o CV Ribeira Sacra recibirá ás nosas despois de doblegar no tie-break ás pontevedresas do Alianza Española Seguros S.A. Consulta neste enlace os outros resultados da fin de semana na Liga Galega Xuvenil Feminina. Polo JEALSA xogaron de inicio: Sara B., Lea G., Alejandra M., Melissa N., Alejandra G., Laura O., e Sheila O. (líbero). No banco de reservas agardaban a súa oportunidade Lía V., Ada V., Marta S., Paula V. e Laura P.
CV BRUXAS 3-0 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(25-19, 25-20, 25-22)-(2ª División Autonómica Feminina)
O primeiro equipo feminino comeza con mal pé en Ames |
Derrota do primeiro equipo feminino nun encontro marcado polos erros non forzados. O pistoletazo de saída estivo protagonizado pola vantaxe inicial que colleron as locais. Chegando a estar 8 puntos por riba no luminoso as amienses desaproveitaron tal renda para ver como as de Mario Iglesias chegaban a fase decisiva da manga con opcións reais de vitoria. Neste momento as pantasmas de comezos de set regresaron e os erros imprediron ó JEALSA adiantarse. A mesma tónica errática de finais de set foi a que se puido ver establecida no xogo boirense ó longo de todo o encontro. Os erros de saque, sumados ás imprecisións de ataque e recepción puxeron en bandexa a vitoria ó CV Bruxas. O resto da xornada deparou estes resultados. Polo JEALSA xogaron: Laura M., Mariana D., Rebeca G., Melissa N., Alejandra G., Katy S. e Sheila O. (líbero). Como reservas estaban Sara B., Cristina F., María T., Verónica C. e Xiana R.
Ningún comentario:
Publicar un comentario