xoves, 18 de decembro de 2014

OS XUVENÍS, PROTAGONISTAS NA FORMACIÓN DO SEPTETO IDEAL DESTA SEMANA:

Os xuvenís monopolizan o septeto ideal
As lesións mermaron seriamente o potencial do noso equipo xuvenil masculino na súa visita o pasado sábado ó Calasancias Coruña. Á convocatoria de Ismael Martínez co primeiro equipo sumábanse as lesións de Marcos Alvite e Adrián Gatbache. Malia este panorama, os xogadores que representaron ó JEALSA en terras herculinas cumpliron ás mil marabillas para anotarse unha importantísima vitoria, por esto tantos nomeamentos. Colocador, Rubén Martínez: extraordinaria labor de distribución a realizada polo cadete no encontro xuvenil. Completou cunha traballadísima vitoria o seu primeiro partido completo coa categoría superior. Oposto, Xian Pérez: baluarte ofensivo dos xuvenís nos momentos quentes do encontro. A súa altísima eficacia atacante foi vital para regresar con 2 valiosísimos puntos. Receptora 1, Paula Vázquez: denda hai varias semanas está destacando polas súas actuacións en recepción e ataque. O pasado domingo non foi diferente e protagonizou unha das boas noticias que nos deron as xuvenís na derrota sufrida ante Calasancias. Receptor 2, Lois Vázquez: a lesión de Adrián Gatbache deixaba orfa a liña de recepción do JEALSA. O pequeno dos irmáns Vázquez apuntalouna á perfección e erixiuse nun dos piares atacantes dos nosos xuvenís. Central 1, Fran Dieste: tardou en chegar a súa conexión con Rubén pero cando o fixo foi unha baza imparable para os coruñeses. O traballo do de Brión dándolle forma ó bloqueo boirense foi vital para a gran actuación da defensa de segunda liña branquiazul. Central 2, Álex Velo: segunda inclusión consecutiva para o cadete demostrando deste xeito o seu bo estado de forma. O seu crecemento en ataque e a enorme incidencia defensiva que tivo na vitoria por 3-1 do JEALSA son as credenciais para ser a segunda peza da dupla de centrais. Líbero, Darío Outeiral: tocouno todo en defensa no Colexio Calasancias. Cando está enchufado é un soplo de aire fresco na segunda liña do JEALSA.

Ningún comentario: