mércores, 10 de decembro de 2014

A SECCIÓN MASCULINA MONOPOLIZA O EQUIPO IDEAL DA XORNADA PASADA:

Eles son os protagonistas neste #7IdealBoiroVoleibol
Unha semana máis o apartado que recolle ós xogadores máis destacados da xornada está aquí e desta volta a sección masculina do clube é a auténtica protagonista. Colocador, Daniel Vázquez: gran actuación a do infantil malia a derrota por 0-3 ante EMEVE. A súa melloría semana a semana convírteno nun dos referentes do JEALSA. Oposto, Daniel Olveira: gran actuación en facetas ofensivas e moi incisivo en bloqueo para parar ós potentes receptores do EMEVE na vitoria que coloca ós nosos cadetes no 1º posto da LGCM. Receptora 1, Rebeca González: o primeiro equipo feminino conseguíu o pasado sábado unha traballadísima vitoria ante EMEVE e en gran parte foi gracias ós números desta boirense. Segura en recepción e contundente en ataque Rebeca é a primeira peza na dupla de puntas do noso equipo ideal. Receptor 2, Pablo Nieto: fin de semana redondo para o cadete de primeiro ano. O seu ataque por zona 4 foi unha das claves na vitoria do JEALSA cadete sobre o EMEVE. A súa recepción raiou a gran nivel e a súa actuación posteriormente no encontro xuvenil foi máis que notable. Central 1, Mario Iglesias: 8 puntos de ataque (42%) e 4 bloqueos son as credencias do rianxeiro para ser un dos mellores da xornada. Central 2, Álex Velo: gran paso adiante o dado por Álex nun encontro trascendental para os nosos. O seu bloqueo axudou a deter ós fortes atacantes de banda lucenses e o seu saque foi un pesadelo constante para a liña de recepción visitante. Líbero, Darío Outeiral: Preciso en recepción e desequilibrante na defensa de segunda liña do JEALSA cadete masculino. A súa labor proporciona unha orde fóra do normal en un equipo desta idade, por este motivo é merecidamente nomeado o mellor líbero da semana.

Ningún comentario: